DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.302

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE CIUTADELLA (MENORCA)

EDICTO (254/2008).

Evangelina de la Fuente Rubio, secretaria de lo Social número un de Ciutadella de Menorca, fago saber que por proposta de providencia ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Ángel Muñoz Lorenti contra Construcciones Carreira y Martínez, S.L., UTE Sacyr SAU Constructora San José, S.A., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 254/2008 acordouse citar a Construcciones Carreira y Martínez, S.L., UTE Sacyr SAU Constructora San José, S.A., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 1 de abril de 2009 ás 11.00 horas para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo.

Terán lugar en desprazamento á sala de audiencias do xulgado do penal, sita en Mahón, rúa Artrutx, número 22-23, local 6, debendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e, con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que estes actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E, para que sirva de citación a Construcciones Carreira y Martínez, S.L. expídese esta cédula para a súa publicación no BOP e colocación no taboleiro de anuncios.

Ciutadella, 20 de febreiro de 2009.

A secretaria xudicial

Rubricado