DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.301

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO TRES DE VILAGARCÍA DE AROUSA

EDICTO (185/2008).

Xulgado de Primeira Instancia número tres de Vilagarcía de Arousa.

Xuízo procedemento ordinario 185/2008.

Parte demandante Volkswagen Finance, S.A., EFC.

Parte demandada Jorge Luis Ferre Casar.

No xuízo referenciado ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 24.

En Vilagarcía de Arousa o doce de febreiro de dous mil nove.

Vistos por min, Santiago Rodríguez de Vicente-Tutor, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número tres de Vilagarcía de Arousa, estes autos de xuízo ordinario seguido neste xulgado co nº 185/2008, en que actúa como parte demandante a mercantil Volkswagen Finance, S.A., representada pola procuradora Sra. Pereira Rodríguez, e como demandado Jorge Luis Ferre Casar, en situación procesual de rebeldía, en virtude das facultades que me confire a Constitución e en nome de el-Rei dito a seguinte sentenza.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolvo estimar a demanda interposta pola procuradora Sra. Pereira Rodríguez, en nome e representación da mercantil Volkswagen Finance, S.A. e, en consecuencia, condenar a Jorge Luis Ferre Casar, en situación procesual de rebeldía, a que lle aboe á demandante a cantidade de 11.777,21 euros máis os xuros de demora pactados ao 2% mensual (24% anual) e os que se vaian xerando desde a data desta resolución e ata o seu completo pagamento a razón de 7,74 euros diarios, todo iso con imposición das custas ao demandado.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación, no prazo de cinco días, ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, o cal se preparará ante este mesmo xulgado.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Por esta miña sentenza, así o pronuncio, mando e asino. Santiago Rodríguez de Vicente-Tutor. Xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número tres de Vilagarcía de Arousa.

O xuíz O secretario

Rubricado Rubricado»

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4º e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, expídese este edicto para que lle sirva de notificación a Jorge Luis Ferre Casar.

Vilagarcía de Arousa, 13 de febreiro de 2009. O secretario xudicial, rubricado.

Dilixencia de constancia. Expídoa eu, o secretario xudicial, para facer constar que este edicto quedou fixado no día de hoxe no taboleiro de anuncios. Dou fe.

O secretario xudicial

Rubricado