DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.300

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (140/2008).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número tres de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de xuízo verbal 140/2008, seguido por instancia de BBVA Seguros, S.A., Compañía de Seguros y Reaseguros, contra María Milagros Martínez García, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Mónica Sánchez Romero, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número tres desta localidade e do seu partido xudicial, viu estes autos de xuízo verbal seguidos ante este xulgado co nº 140/2008 por instancia da entidade BBVA Seguros S.A., representada pola procuradora dos tribunais Soledad Sánchez Silva e asistida polo letrado Francisco Javier Belmonte Navas, contra María Milagros Martínez García, en rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade, e resolvo que, estimando a demanda presentada pola procuradora dos tribunais Soledad Sánchez Silva, en representación de BBVA Seguros, S.A., contra María Milagros Martínez García, en rebeldía procesual, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar á parte demandante a cantidade de dous mil trescentos corenta e cinco euros con setenta e catro céntimos (2.345,74 euros), cos xuros legais correspondentes desde a interposición da demanda e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil. As custas impóñense á parte demandada. Contra

esta resolución cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña que, de ser o caso, se deberá preparar ante este mesmo xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación. Por esta miña sentenza así o ordeno, mando e asino.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á demandada rebelde, María Milagros Martínez García, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o 21 de novembro de 2008.

O secretario xudicial

Rubricado