DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.300

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO MERCANTIL NÚMERO UN DE PONTEVEDRA

EDICTO (84/2008 O).

José María Blanco Saralegui, maxistrado xuíz do Xulgado do Mercantil número un de Pontevedra, fago saber que neste xulgado se seguiron autos de xuízo ordinario número 84/2008, promovido por instancia de Comercial Senra, S.A., representada pola procuaradora Mª Amor Angulo Gascón e asistida polo letrado sr. González Cuenca, contra Eusebio Lestón Rodríguez, declarado en rebeldía procesual no cal se ditou a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza 00017/2009.

En Pontevedra o 9 de febreiro de 2009.

José Mª Blanco Saralegui, maxistrado xuíz do Xulgado do Mercantil número un de Pontevedra, tendo visto os autos de xuízo ordinario rexistrados co número 84/2008, instados pola procuradora sra. Angulo Gascón, en nome e representación de Comercial Senra, S.A., asistida polo letrado sr. González Cuenca contra Eusebio Lestón Rodríguez, en situación de rebeldía procesual, en reclamación de cantidade.

Decido que estimando integramente a demanda interposta pola procuradora sra. Angulo, na representación acreditada, debo condenar e condeno a Eusebio Lestón Rodríguez a satisfacer á demandante a cantidade de 6.471,30 euros, máis xuros de demora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento, máis xuros legais desde a interpelación xudicial, todo isto con expersa imposición á demanda das custas causadas.

Notifíqueselle está resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme, e ante esta cabe interpoñer recurso de apelación perante este xulgado perante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de cinco días desde a súa notificación ás partes.

Así, por esta miña sentenza, que se rexistrará no libro de sentenzas e da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, o pronuncio, o mando e o asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Eusebio Lestón Rodríguez, esténdese a presente para que sirva de notificación de sentenza que será publicada no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2009.

O secretario xudicial

Rubricado