DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.297

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2009, da Xerencia do Hospital Virxe da Xunqueira pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe de grupo da área de dirección deste hospital.

Por Resolución do 12 de xaneiro de 2009 (DOG nº 17, do 26 de xaneiro) convocouse para a súa provisión, polo sistema de libre designación, o posto de xefe de grupo da área de dirección deste hospital.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, esta Xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

ACORDA:

Primeiro.-Adxudicar o posto de traballo convocado á persoa citada no anexo desta resolución.

Segundo.-A profesional nomeada deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Terceiro.-A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde ou dun mes, se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo xerente do hospital.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto.-Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada ante a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Cee, 26 de marzo de 2009

Francisco José Pazos Soto

Director xerente do Hospital Virxe da Xunqueira

ANEXO

Posto: xefa de grupo da área de dirección.

Nome e apelidos: Josefa Santos Díaz.

DNI: 32746315-L.