DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.297

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 16 de marzo de 2009 pola que se declara deserta unha praza pertencente á estrutura directiva do Hospital Comarcal de Valdeorras.

A Orde do 3 de novembro de 2008 (DOG nº 225, do 19 de novembro) anuncia a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo vacante no Hospital Comarcal de Valdeorras. Esta consellería, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, en exercicio das competencias que ten atribuídas,

DISPÓN:

Primeiro.-Declarar deserto o seguinte posto de persoal directivo pertencente á estrutura directiva do Hospital Comarcal de Valdeorras convocado pola Orde do 3 de novembro de 2008 (DOG nº 225, do 19 de novembro):

Director médico.

Segundo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. De non considerar a interposición deste recurso poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2009.

Mª José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade