DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.296

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2009, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección da Resolución do 12 de febreiro de 2009 pola que se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal subalterno da Xunta de Galicia.

Unha vez advertidos erros materiais nas relacións definitivas de admitidos e excluídos do proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal subalterno da Xunta de Galicia, publicadas pola Resolución do 12 de febreiro de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 34, do 18 de febreiro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Incluír na relación definitiva de aspirantes admitidos pola cota de reserva de discapacitados para o ingreso na agrupación profesional de persoal subalterno da Xunta de Galicia, os seguintes aspirantes:

NIF: 11965112-Y.

Apelidos e nome: Rodríguez Vázquez, Narciso Carlos.

NIF: 36078991-H.

Apelidos e nome: Sotelo González, Paz.

Segundo.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as/os aspirantes poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2009.

Mª del Mar Rodríguez Fernández

Directora xeral da Función Pública