DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.278

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2009 pola que se procede á convocatoria para o exercicio 2009, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para facilitar a análise empresarial das empresas galegas cara ao acceso ao Mercado Alternativo Bolsista (MAB).

Mediante a Resolución do 10 de decembro de 2008 publicouse a redacción das bases reguladoras das axudas para facilitar a análise empresarial das empresas galegas cara ao acceso ao Mercado Alternativo Bolsista (MAB) (DOG nº 244, do 17 de decembro).

As ditas bases prevén que as convocatorias de axudas, que conterán en todo caso o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados a elas, serán aprobadas mediante resolución do director xeral do Igape e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Convócanse en réxime de concorrencia competitiva as axudas das bases reguladoras de axudas para facilitar a análise empresarial das empresas galegas cara ao acceso ao Mercado Alternativo Bolsista (MAB), publicadas mediante a Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG nº 244, do 17 de decembro), cuxo prazo de presentación de solicitudes se abrirá o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia; e pecharase aos corenta días naturais; no caso de coincidir o inicio ou o remate do prazo en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela o prazo trasladarase ao día hábil seguinte.

Segundo.-Os créditos dispoñibles para a concesión nesta convocatoria ascenden a 300.000 €, que se aboarán con cargo á aplicación orzamentaria 02.02-E4/10/03-651700 dos orzamentos do Igape para 2009.

Terceiro.-Á vista do volume das solicitudes presentadas e mediante resolución, o director xeral do Igape poderá modificar e/ou ampliar os créditos aprobados, do cal se dará a corresponde publicidade no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Os requisitos das letras c), e) e l) do artigo 20.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e os requisitos das letras f), h), i), j), k), m) e n) do citado artigo, sinálase respectivamente nas bases reguladoras das axudas para facilitar a análise empresarial das empresas galegas cara ao acceso ao Mercado Alternativo Bolsista (MAB) e nas bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape publicadas mediante a Resolución do 5 de febreiro de 2009 (DOG 31, do 13 de febreiro).

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2009.

Álvaro Álvarez-Blázquez Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME

E DA MULLER