DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.273

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 18 de marzo de 2009 pola que se amplía o prazo de presentación das solicitudes ao abeiro da Orde do 19 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009 (IN519B).

A Consellería de Innovación e Industria ditou a Orde do 19 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas encamiñadas a habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009 (Diario Oficial de Galicia nº 41, do 27 de febreiro).

No artigo 3.4º da citada disposición establécese que o prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Tendo en conta o número de solicitudes recibidas ata o momento, considérase necesario ampliar o prazo de presentación de solicitudes.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Ampliar o prazo para a presentación das solicitudes, que será ata o 16 de abril de 2009.

Para todo o non previsto nesta orde, atenderase ás bases reguladoras e a convocatoria da Orde do 19 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas encamiñadas a habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009 (Diario Oficial de Galicia nº 41, do 27 de febreiro).

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2009.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria