DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.272

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 18 de marzo de 2009 pola que se amplía o prazo de presentación das solicitudes ao abeiro da Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a substitución de guindastres-torre desmontables para obras na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2009, e se procede á súa convocatoria (IN420A).

A Consellería de Innovación e Industria ditou a Orde do 18 de marzo de 2009 pola que se amplía o prazo de presentación das solicitudes que se acollan ao abeiro da Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a substitución de guindastres-torre desmontables para obras na Comunidade Autónoma de Galicia, no ano 2009 (Diario Oficial de Galicia nº 41, do 27 de febreiro).

No artigo 3.4º da citada disposición establécese que o prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Tendo en conta o número de solicitudes recibidas ata o momento, considérase necesario ampliar o prazo de presentación de solicitudes.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Ampliar o prazo para a presentación das solicitudes, que será ata o 16 de abril de 2009.

Para todo o non previsto nesta orde, atenderase ás bases reguladoras e a convocatoria da Orde do 18 de marzo de 2009 pola que se amplía o prazo de presentación das solicitudes que se acollan ao abeiro da Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a substitución de guindastres-torre desmontables para obras na Comunidade Autónoma de Galicia, no ano 2009 (Diario Oficial de Galicia nº 41, do 27 de febreiro).

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2009.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria