En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e seis de marzo de dous mil nove,
DISPOÑO:
Que cese, por petición propia, Aurora Moinelo Paradela como delegada provincial da Consellería de Presidencia, Administación Públicas e Xustiza na Coruña, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, vinte e seis de marzo de dous mil nove.
Emilio Pérez Touriño
Presidente
José Luis Méndez Romeu
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza