DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Xoves, 26 de marzo de 2009 Páx. 6.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ACORDO do 13 de febreiro de 2009, da Dirección Xeral de Transportes, polo que se somete a información pública o estudo de viabilidade dunha rede de metro lixeiro na Coruña.

A Dirección Xeral de Transportes, en cumprimento do disposto no artigo 112 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, acorda someter a información pública o estudo de viabilidade dunha rede de metro lixeiro na Coruña, polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo calquera persoa poderá examinalo, en horario de oficina, nas dependencias do Servizo de Transportes provincial, na rúa Alcalde Pérez Ardá, 4 (estación de autobuses), na Coruña, e presentar as alegacións, documentos e xustificacións que xulgue pertinentes.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2009.

Mar Chao López

Directora xeral de Transportes