DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Xoves, 26 de marzo de 2009 Páx. 6.159

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2009 pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de xaneiro de 2008, pola que se establece o prazo para a presentación de solicitudes de subvencións a proxectos colectivos de xestión pesqueira para o exercicio 2008 e se particulariza o seu importe global máximo, tramitada como expediente anticipado de gasto (Diario Oficial de Galicia número 9, do 14 de xaneiro de 2008).

De conformidade co disposto no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 26 da Orde do 10 de agosto de 2007 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos colectivos de xestión pesqueira, e se establece a súa convocatoria, procédese á publicación das axudas concedidas ao abeiro da citada orde.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2009.

Carmen Gallego Calvar

Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO

Aplicación orzamentaria: 14.02.723A.770.1 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.

Finalidade da axuda: asistencia técnica para a implantación de técnicas de semicultivo ou outras medidas técnicas para a mellora da xestión dos recursos (letra a) do artigo 6º das bases reguladoras).

Ver referencia pdf "05900D007P015.PDF"