DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Xoves, 26 de marzo de 2009 Páx. 6.157

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2009, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sobre aprobación definitiva do proxecto de delimitación do solo do núcleo rural da Vila, na parroquia de Pereda, concello San Cristovo de Cea (Ourense).

O Concello de San Cristovo de Cea remitiu o expediente de delimitación do núcleo rural da Vila, tramitado ao abeiro do punto 2 da disposición adicional 2ª da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (en diante LOUG) solicitando a súa aprobación definitiva.

I. Antecedentes.

1. O Concello de San Cristovo de Cea non dispón de ningún instrumento de planeamento xeral municipal.

2. O expediente foi tramitado de acordo co previsto no inciso terceiro do número 2 da disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, na redacción dada pola Lei 15/2004, e nel constan:

-O sometemento ao trámite de información pública, que se levou a cabo mediante a publicación de anuncios no DOG nº 199, do 14 de outubro de 2008, e nos xornais La Región no 7 de outubro de 2008 e Faro de Vigo no 9 de outubro de 2008.

-Certificación do secretario municipal do 20 de novembro de 2008 en que se reflicte que no devandito período non se presentaron alegacións.

-Certificado do acordo de aprobación provisional, adoptado polo pleno do concello na súa sesión do 24 de novembro de 2008.

II. Consideracións e motivación.

1. No proxecto remitido queda xustificada a preexistencia e o recoñecemento do núcleo rural da Vila.

2. Á vista da ordenación aplicable, a delimitación proposta para o asentamento tradicional é admisible, xa que cumpre os requisitos establecidos no artigo 13.3º da Lei 9/2002. O réxime xurídico aplicable aos terreos incluídos na delimitación será o establecido pola Lei 9/2002 para o solo de núcleo rural; seralle igualmente aplicable, en todo aquilo que non vulnere nin vaia contra o devandito réxime xurídico, o contido da ordenanza do «solo non urbanizable de núcleo rural» das vixentes normas provinciais.

3. De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG, (modificada pola Lei 15/2004), e co artigo 6 do Decreto 188/2008, do 28 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleo rural corresponde ao director xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución.

1. Visto canto antecede, apróbase definitivamente o proxecto de delimitación do solo de núcleo rural da Vila, na parroquia de Pereda, concello de San Cristovo de Cea, (Ourense).

2. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer, se for o caso, calquera outro que consideren procedente (artigos 48, 58, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

No suposto de que o interesado sexa unha administración pública, non caberá interpoñer recurso en vía administrativa, podendo interpoñer recurso contencioso administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación, sen prexuízo da formulación, se for o caso do requirimento previo en igual prazo (artigos 44 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

3. Notifíquese esta resolución ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2009.

Ramón Saúl Lueje Espina

Director xeral de Ordenación do Territorio

e Urbanismo

Ver referencia pdf "05900D006P013.PDF"