DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Xoves, 26 de marzo de 2009 Páx. 6.152

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 2 de marzo de 2009 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para o curso 2009/2010.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG número 47, do día luns, 9 de marzo de 2009, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 4.922, columna dereita, artigo 8º.2 c), segundo parágrafo, cuarta alínea, onde di: «…que acrediten oficialmente a situación económica», debe dicir: «que acrediten oficialmente a situación económica, sempre e cando as variacións de ingresos supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20% no cómputo anual fronte aos ingresos declarados na solicitude da praza, variacións que deberán ter unha duración temporal dun mínimo de 4 meses para ser tidas en conta».

Na páxina 4.924, columna esquerda, artigo 13º.5, onde di: «Na relación definitiva de admitidas/os e lista de espera estarán incluídas...», debe dicir: «Na relación definitiva de admitidas/os estarán incluídas...».

Na páxina 4.924, columna esquerda, ao final do artigo 14º, debe engadirse un quinto parágrafo onde diga: «Na relación definitiva da lista de espera estarán incluídas as solicitudes presentadas fóra de prazo con xustificación que teñan entrada con anterioridade á data de aprobación da antedita relación pola/o delegada/o provincial».

No anexo VII, páxina 4.932, despois do centro «155902 Santa Cristina...», débese engadir:

Ver referencia pdf "05900D002P008.PDF"