DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 23 de marzo de 2009 Páx. 5.845

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2008.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga, por medio desta resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2008 pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2009.

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca

e Asuntos Marítimos

Ver referencia pdf "05600D003P009.PDF"

Ver referencia pdf "05600D004P010.PDF"