DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 23 de marzo de 2009 Páx. 5.844

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de febreiro de 2009 pola que se autoriza o centro privado Vigo, do concello de Redondela (Pontevedra), para impartir as ensinanzas correspondentes aos niveis I, II e III, modalidade presencial, da educación básica de adultos en quenda de tarde-noite.

Visto o expediente sobre autorización para impartir as ensinanzas correspondentes aos niveis I, II e III, modalidade presencial, da educación básica de adultos, en quenda de tarde-noite, no centro privado Vigo, do concello de Redondela, iniciado ao abeiro do artigo 5º do Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e do punto primeiro.1 da Orde do 20 de setembro de 1995 pola que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que o devandito centro conta con autorización definitiva por Orde do 19 de maio de 1997 para impartir educación secundaria obrigatoria.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en virtude do establecido no artigo 14º do Decreto 88/1999, do 11 de marzo, polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros e por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,

DISPÓN:

Autorizar o centro privado Vigo, do concello de Redondela, para impartir as ensinanzas correspondentes aos niveis I, II e III , modalidade presencial, da educación básica de adultos, en quenda de tarde-noite, segundo os datos que se relacionan no anexo desta orde.

Esta orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2009.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Redondela.

Localidade: Redondela.

Enderezo: Rande A Formiga s/n.

Denominación: Centro privado Vigo.

Código do centro: 36018033.

Titular: Sociedad Mercantil Colegio Vigo, S.A.

Composición resultante:

Educación infantil: 3 unidades.

Educación primaria: 6 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

Bacharelato: 4 unidades de bacharelato da modalidade de ciencias e tecnoloxía.

Formación profesional específica:

1 ciclo formativo de grao medio de comercio (1 unidade para 30 alumnos).

1 ciclo formativo de grao superior de comercio internacional (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

1 ciclo formativo de grao medio de electromecánica de vehículos (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

1 ciclo formativo de grao medio de equipamentos electrónicos de consumo (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción (2 unidades para 20 alumnos/unidade).

Quenda de tarde-noite:

Educación básica de adultos:

Nivel I: 1 unidade.

Nivel II: 1 unidade.

Nivel III: 2 unidades.