DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 17 de marzo de 2009 Páx. 5.531

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 12 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas aos investimentos en transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, do marisqueo e da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo da Pesca.

Na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 36, do venres 20 de febreiro, cómpre realizar as seguintes correccións:

1. No punto 9 do anexo A2.a), páxina 3.589, onde di: «As persoas físicas relacionadas no punto 7.c) deberán emitir certificado axustado ao modelo do anexo A2.b)», debe dicir: «As persoas relacionadas no punto 7.b) deberán emitir certificado axustado ao modelo do anexo A2.b)».

2. No anexo A2.b), páxina 3.590, onde di: «Cubrir por cada persoa das que aparezan relacionadas no número 7.c) do anexo A2.a)», debe dicir: «Cubrir por cada persoa das que aparezan relacionadas no número 7.b) do anexo A2.a)».

3. No número 1.3 da epígrafe de «Outra documentación» do anexo A4, páxina 3.612, anúlase a letra e).

4. No número 4 da epígrafe de «Outra documentación» do anexo A4, páxina 3.612, anúlanse as letras c) e d) e modifícase a letra d).

5. No número 5 da epígrafe de «Outra documentación» do anexo A4, páxina 3.612, onde di: «Certificado expedido por banco ou entidade financeira que acredite a titularidade da conta bancaria a nome do solicitante e na cal se efectuará o pagamento, do importe da axuda, de ser o caso», debe dicir: «Documento orixinal do certificado expedido por banco ou entidade financeira que acredite a titularidade da conta bancaria a nome do solicitante e na cal se efectuará o pagamento do importe da axuda, de ser o caso».

Advertida unha omisión na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 50 do xoves 12 de marzo de 2009, debe publicarse no anexo I:

Ver referencia pdf "05300D002P007.PDF"

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE SANIDADE