DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 06 de marzo de 2009 Páx. 4.793

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 44/2009, do 29 de xaneiro, polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo e técnico deportivo superior en atletismo.

O Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro e o Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polos que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, desenvolven as ensinanzas que conducen á obtención dos títulos de técnico deportivo e técnico deportivo superior, mencionadas no artigo 55 da Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte. Así mesmo, aproban as directrices xerais sobre os títulos e as correspondentes ensinanzas.

Os citados reais decretos, que se ditan sobre a base da competencia que se atribúe ao Goberno na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE), introduce as ensinanzas deportivas no sistema educativo, tal e como queda recollido no artigo 7.3º da Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación (LOCE) e no artigo 3 e no capítulo VIII da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE).

O Real decreto 254/2004, do 13 de febreiro, que establece para a modalidade deportiva de atletismo os títulos de técnico deportivo e técnico deportivo superior, fixa as súas respectivas ensinanzas comúns e determina os diversos aspectos da ordenación académica que, sen prexuízo das competencias atribuídas ás administracións educativas competentes no establecemento do currículo destas ensinanzas de réxime especial, garantan unha formación básica común a todos os alumnos e alumnas. Deste xeito, regula a duración total das ensinanzas de cada título e a duración dos bloques e módulos formativos. Tamén se especifican os requisitos académicos e profesionais do profesorado, as equivalencias de titulacións para os efectos de docencia, as probas de carácter específico para o acceso á formación e os requisitos mínimos dos centros que impartan estas ensinanzas.

O Real decreto 254/2004 e este decreto crean a vía que permite mellorar a formación dos técnicos da modalidade de atletismo.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, establece o sistema nacional de cualificacións e formación profesional como marco das accións formativas dirixidas a responder ás demandas do sector produtivo. Atendendo á capacidade de crecemento, diversidade de servizos e relevancia para efectos económicos da actividade física e o deporte, exíxese a profesionalización de recursos humanos, incrementándose as competencias requiridas polos técnicos e vinculándose estes á formación profesional. Por isto, a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), establece a posibilidade de que as ensinanzas deportivas se refiran ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

As ensinanzas que regula este decreto configuráronse para dotar os alumnos e alumnas dos coñecementos suficientes para permitirlles o exercicio competente das súas funcións. De acordo con este obxectivo xenérico, ponse o acento en conseguir unha formación completa, cun equilibrio entre o carácter teórico e práctico, de maneira que o proceso de formación se vincule á realidade científico-técnica e social do atletismo.

No desenvolvemento deste decreto por parte dos centros educativos terase en conta o disposto no artigo 11 do Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo.

De conformidade co exposto, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, logo do informe do Consello Escolar de Galicia, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e nove de xaneiro de dous mil nove,

DISPOÑO:

Capítulo I

As ensinanzas: finalidade, organización e requisitos

de acceso

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

Este decreto establece o currículo das ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de técnico deportivo e técnico deportivo superior en atletismo, que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega, con validez académica e profesional en todo o territorio do Estado, baseándose no Real decreto 254/2004, do 13 de febreiro.

Artigo 2º.-Consideración de ensinanzas de réxime especial.

De acordo co previsto no artigo 1 do Real decreto 254/2004, do 13 de febreiro, as ensinanzas conducentes á obtención dos títulos oficiais de técnico deportivo e técnico deportivo superior na modalidade de atletismo, que regula este decreto, terán a consideración de ensinanzas de réxime especial.

Artigo 3º.-Establecemento dos títulos, probas específicas de acceso, ensinanzas, correspondencias e requisitos dos centros.

1. De conformidade co artigo 2 do Real decreto 254/2004, do 13 de febreiro, e de acordo co previsto no artigo 55 da Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte, establécense os seguintes títulos:

1. De grao medio: técnico deportivo en atletismo.

2. De grao superior: técnico deportivo superior en atletismo.

2. Establécese a duración das ensinanzas e as probas de carácter específico e apróbase o perfil profesional dos títulos, as ensinanzas, as correspondencias e o acceso a outros estudos, así como os requisitos mínimos dos centros de formación, que se fixan nos anexos I, II, III, IV e V.

Artigo 4º.-Finalidade das ensinanzas.

As ensinanzas conducentes á obtención dos títulos oficiais a que se refire o artigo anterior teñen por finalidade proporcionar ao alumnado a formación necesaria para:

a) Garantir a súa competencia técnica e profesional en atletismo e unha madureza profesional motivadora de futuras aprendizaxes e adaptacións ao cambio das cualificacións.

b) Comprender as características e a organización da súa modalidade deportiva e coñecer os dereitos e obrigas que derivan das súas funcións.

c) Adquirir os coñecementos e habilidades necesarias para desenvolver o seu labor en condicións de seguranza.

Artigo 5º.-Estruturación das ensinanzas.

1. De acordo co establecido no artigo 4 do Real decreto 254/2004, do 13 de febreiro, as ensinanzas estrutúranse en:

a) Un bloque común composto por módulos transversais de carácter científico e técnico xeral, que son coincidentes e obrigatorios para todas as modalidades e especialidades deportivas.

b) Un bloque específico que contén os módulos de formación deportiva de carácter científico e técnico propios de atletismo.

c) Un bloque complementario que comprende os contidos que teñen por obxectivo formativo o deporte adaptado, así como a atención aos aspectos tecnolóxicos e aqueles outros que desexen incorporar ao currículo as administracións educativas no ámbito das súas respectivas competencias.

d) Un bloque de formación práctica que se realizará ao superar os bloques común, específico e complementario de cada nivel ou grao.

2. No desenvolvemento dos bloques e módulos, así como nas programacións didácticas que se realicen teranse en conta as especificacións que se establecen na Lei galega 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes, e especialmente no seu artigo 9.1º, así como as prescricións do artigo 24 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, como garantía dunha educación acorde co principio de igualdade.

Artigo 6º.-Formación práctica.

1. De acordo co disposto no artigo 5 do Real decreto 254/2004, do 13 de febreiro, o bloque de formación práctica levarase a cabo en institucións deportivas de titularidade pública ou entidades privadas, así como no marco de programas de intercambio internacional.

2. Este bloque de formación práctica terá por finalidade:

a) Completar os coñecementos e destrezas adquiridos nos módulos que integran o currículo.

b) Contribuír ao logro das competencias previstas no anexo III deste decreto.

3. A consellería competente en materia de educación, no ámbito das súas competencias, poderá regular a organización e avaliación do bloque de formación práctica correspondente a cada un dos títulos que se establecen no artigo 2.

Artigo 7º.-Proxecto final.

1. De acordo co artigo 6 do Real decreto 254/2004, do 13 de febreiro, para a obtención do título de técnico deportivo superior en atletismo o alumnado, ademais de cursar as ensinanzas correspondentes ao grao superior, deberá superar un proxecto final.

2. No proxecto final o alumno ou alumna deberá acreditar os coñecementos e a metodoloxía exixibles para o exercicio profesional en atletismo. Este proxecto elaborarao o alumnado de acordo coas características, procedementos de elaboración e criterios de avaliación que se recollen no anexo III.

3. Para os efectos do cómputo total horario, atribúense ao proxecto final 75 horas.

4. O proxecto presentarase despois de superar todos os bloques do proceso formativo.

5. A realización do proxecto final non requirirá a escolarización do alumno ou alumna; non obstante, e para facilitar a realización do proxecto final, o centro facilitará os medios e o asesoramento necesario para completalo con éxito.

Artigo 8º.-Requisitos de acceso.

1. Para acceder ao primeiro nivel das ensinanzas de grao medio será necesario ter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para efectos académicos, e superar as probas de carácter específico que figuran no anexo II.

2. Para acceder ao segundo nivel das ensinanzas de grao medio será necesario acreditar ter superado o primeiro nivel en atletismo.

3. Para acceder ao grao superior será necesario ter o título de bacharel ou equivalente para os efectos académicos, así como o título de técnico deportivo en atletismo.

4. Será posible acceder a estas ensinanzas sen ter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou de bacharel, sempre que o/a aspirante reúna os outros requisitos de carácter xeral e específico establecidos e, ademais, cumpra as condicións de idade e supere a proba correspondente, segundo se especifica a seguir:

a) Proba de acceso ao grao medio. Ten por obxecto demostrar os coñecementos e habilidades abondas para cursar con aproveitamento as ensinanzas do devandito grao. Os contidos da proba versarán sobre o currículo de educación secundaria obrigatoria da Comunidade Autónoma de Galicia. Para realizar esta proba requírese unha idade mínima de 17 anos.

b) Proba de acceso ao grao superior. Ten por obxecto demostrar a madureza en relación cos obxectivos formativos do bacharelato. Esta proba versará sobre os contidos das materias comúns do currículo de bacharelato da Comunidade Autónoma de Galicia. Para realizar esta proba requírese unha idade mínima de 19 anos e estar en posesión do título de técnico deportivo en atletismo, ou de 18 anos cando se posúa, ademais do título anterior, un título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder.

Tanto nun como noutro caso, a idade mínima establecida deberá cumprirse dentro do ano natural de realización da proba.

5. En relación coa exención das probas específicas de acceso a estas ensinanzas, observarase o disposto na disposición transitoria segunda do Real decreto 1363/2007, onde se establece a vixencia das ensinanzas establecidas ao abeiro do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro.

Artigo 9º.-Acceso para persoas en circunstancias especiais.

1. Para o acceso das persoas con minusvalidez, en aplicación do que se establece no artigo 8 do Real decreto 254/2004, do 13 de febreiro, deberán cumprirse os seguintes requisitos:

a) Acreditarán o grao de minusvalidez mediante un certificado emitido polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) ou órgano competente das comunidades autónomas.

b) O tribunal que xulga as probas de carácter específico poderá adaptar os requisitos específicos a que se refire o anexo II.

2. O citado tribunal avaliará se o grao da minusvalidez e as limitacións que acredita a persoa solicitante lle permiten completar con eficacia a formación e levar a cabo o posterior exercicio da actividade formativo-deportiva inherente ao título que se obteña.

Artigo 10º.-Efectos e vixencia das probas de acceso.

1. De conformidade co artigo 9 do Real decreto 254/2004, do 13 de febreiro, a superación das probas de carácter específico que se establecen para o acceso ás ensinanzas de atletismo terán efectos en todo o ámbito do Estado.

2. A superación das probas de carácter específico que se establecen no anexo II terán unha vixencia de 18 meses contados a partir da data de terminación das probas.

Artigo 11º.-Aplicación e inspección das probas de acceso.

A consellería competente en materia de educación regulará, no ámbito das súas competencias, a aplicación e inspección das probas de acceso para asegurar o cumprimento obxectivo dos criterios de ingreso e os efectos das probas en todo o Estado.

Artigo 12º.-Criterios de admisión.

1. Nos centros sostidos con fondos públicos, cando o número de aspirantes supere o número de prazas ofertadas, aplicaranse os seguintes criterios de admisión:

a) Para o acceso ao ciclo inicial de grao medio, o mellor expediente académico dos aspirantes na educación secundaria obrigatoria.

b) Para o acceso ao ciclo superior, a mellor cualificación final das ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo en atletismo.

2. A consellería competente en materia de educación establecerá unha porcentaxe de prazas reservadas nas ensinanzas deportivas de:

a) Polo menos un 5% das prazas ofertadas para quen acredite algún grao de minusvalidez.

b) Polo menos un 10% das prazas ofertadas para deportistas de alto rendemento.

c) Polo menos un 10% das prazas ofertadas para quen acceda acreditando a proba de acceso substitutoria dos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharel para o acceso ás ensinanzas de grao medio e de grao superior.

d) Polo menos un 10% das prazas ofertadas para quen acredite, segundo o caso, a homologación do seu diploma federativo, ou a validación ou a correspondencia a que se refiren a disposición adicional cuarta e a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007.

3. Dentro da cota de prazas para deportistas de alto rendemento terán prioridade os/as deportistas de alto nivel.

Capítulo II

Establecemento do currículo da modalidade de atletismo

Artigo 13º.-Aprobación do currículo.

1. Para os efectos do disposto neste decreto, enténdese por currículo o conxunto de obxectivos, contidos, competencias básicas, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación en cada un dos niveis e graos.

2. Ao establecer o currículo, tivéronse en conta as necesidades de desenvolvemento económico e social, os recursos humanos do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a adaptación ao ámbito, a participación dos axentes sociais e deportivos, a autonomía pedagóxica, organizativa e económica dos centros e, de forma especial, a súa relación coa organización e práctica deportiva do atletismo.

3. O currículo das ensinanzas determina a configuración práctica dos módulos e as horas que corresponden aos contidos que merezan tal consideración.

Artigo 14º.-Proxecto educativo e desenvolvemento dos currículos. A autonomía pedagóxica.

1. Os centros docentes, dentro do marco xeral que estableza a consellería competente en materia de educación, elaborarán o proxecto educativo en que fixarán os obxectivos e as prioridades educativas, así como os procedementos de actuación. Igualmente, os centros farán público o proxecto educativo e facilitarán canta información favoreza unha maior participación da comunidade educativa.

2. Así mesmo, os centros docentes desenvolverán os currículos establecidos pola consellería competente en materia de educación mediante as programacións didácticas, entendidas como os instrumentos de planificación curricular específicos para cada un dos módulos e bloques de formación.

3. A autonomía pedagóxica entenderase conforme queda fixada no artigo 120 da Lei orgánica 2/2006, do 3 maio, de educación (LOE).

Capítulo III

Avaliación

Artigo 15º.-Criterios xerais da avaliación.

1. A obtención do correspondente certificado de primeiro nivel ou do título correspondente ao grao medio das ensinanzas que se regulan neste decreto requirirá a avaliación positiva dos distintos módulos en que se organizan as ensinanzas así como do bloque de formación práctica. Para a obtención do título de grao superior, ademais da avaliación positiva dos módulos e do bloque de formación práctica, deberase superar o proxecto final.

2. A avaliación da aprendizaxe do alumnado en cada un dos graos realizarase por módulos, considerando os obxectivos formativos e os criterios de avaliación establecidos no currículo para cada módulo, así como a madureza académica dos alumnos e das alumnas en relación coas competencias que se establecen no anexo III.

3. A avaliación da formación práctica realizaraa o titor ou titora correspondente, de acordo cos criterios e condicións que se establecen neste decreto.

Artigo 16º.-Regulación dos elementos básicos dos informes de avaliación.

Os elementos básicos dos informes de avaliación das ensinanzas que se regulan neste decreto, así como os requisitos formais derivados do proceso de avaliación, que sexan precisos para garantir a mobilidade dos alumnos e das alumnas, axustaranse ao disposto na Orde ECD/454/2002, do 22 de febreiro, ou ao regulamento que a substitúa.

Capítulo IV

Efectos académicos e profesionais dos títulos de grao medio e grao superior de atletismo

Artigo 17º.-Validez académica e profesional dos títulos.

1. Os títulos de técnico deportivo en atletismo e de técnico deportivo superior en atletismo obteranse tras a superación das correspondentes ensinanzas e, se é o caso, do proxecto final.

2. Os títulos de grao medio e grao superior citados serán equivalentes para todos os efectos aos correspondentes títulos de técnico deportivo e técnico deportivo superior aos que se refire o artigo 65 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE).

3. A completa superación do primeiro nivel do grao medio das ensinanzas que se regulan neste decreto dará lugar á obtención do certificado de superación do primeiro nivel en atletismo.

Artigo 18º.-Validez dos módulos do bloque común.

A superación do bloque común dun determinado nivel ou grao das ensinanzas terá validez para as ensinanzas do mesmo nivel ou grao da modalidade de atletismo.

Artigo 19º.-Acceso a outros estudos.

1. O título de técnico deportivo en atletismo permitirá o acceso directo a todas as modalidades de bacharelato, aínda que se accedese ás ensinanzas acreditando a superación da proba de madureza a que se refire este decreto.

2. O título de técnico deportivo superior en atletismo permitirá o acceso directo aos estudos que se establecen no número 2 do anexo IV.

Artigo 20º.-Correspondencias destas ensinanzas.

Poderán ser obxecto de correspondencia coa práctica deportiva os módulos que se establecen no número 1 do anexo IV.

Capítulo V

Disposicións relativas aos centros e ao profesorado que imparta estas ensinanzas

Artigo 21º.-Centros públicos e privados.

As ensinanzas que se regulan neste decreto impartiranse en centros públicos ou privados dotados dos recursos educativos humanos e materiais necesarios para garantir un ensino de calidade.

Artigo 22º.-Denominación xenérica e específica dos centros.

Os centros das ensinanzas a que se refire este decreto terán a denominación xenérica de centro público ou centro autorizado, segundo o seu carácter público ou privado, seguido doutra que será a que figure na correspondente inscrición rexistral e que non poderá ser coincidente coa de ningún outro centro.

A denominación completarase especificando o grao ou graos da formación que o centro imparta, seguido do termo atletismo, a cuxas ensinanzas se refire este decreto.

Artigo 23º.-Condicións básicas dos centros.

1. Os centros de formación de técnicos de atletismo poderán ser autorizados para impartir as ensinanzas de grao medio, de grao superior ou de ambos os graos.

2. Os centros de formación de técnicos de atletismo deberán garantir a continuidade das ensinanzas para as cales sexan autorizados. Así mesmo, os centros deberán aplicar os elementos básicos da avaliación a que se refire o capítulo III, de forma que se garanta a mobilidade dos alumnos e das alumnas entre os centros do territorio do Estado.

3. Os centros de formación de técnicos de atletismo deberán cumprir as condicións materiais e os requisitos de profesorado que se establecen no anexo V.

4. Os centros poderán levar a cabo as ensinanzas en lugares e instalacións distintas daquelas para as cales inicialmente recibisen a autorización, sempre que as novas instalacións reúnan os requisitos establecidos, logo da solicitude e da correspondente autorización da consellería competente en materia de educación. A devandita autorización terá carácter provisorio e só será válida polo tempo que se determine.

Artigo 24º.-Relación de alumnos e alumnas por aula.

Para impartir os contidos teóricos e para as sesións prácticas, o número máximo de alumnos e alumnas por aula será de 35, incluído o alumnado repetidor.

Artigo 25º.-Cumprimento de requisitos de uso público establecidos por outra lexislación vixente aplicable.

1. Os centros ou as instalacións en que estes desenvolvan as súas actividades contarán coas condicións que se exixan na lexislación vixente para este tipo de uso público, ademais dos requisitos que se establecen no anexo V.

2. Os edificios posibilitarán o acceso e a utilización das instalacións ás persoas con minusvalideces, de acordo co disposto na lexislación vixente aplicable.

Artigo 26º.-Apertura e funcionamento dos centros privados.

1. A apertura e funcionamento dos centros privados que impartan as ensinanzas reguladas neste decreto someteranse ao principio de autorización administrativa, que se concederá sempre que reúnan os requisitos establecidos pola consellería competente en materia de educación.

2. Os centros privados relacionaranse, para os efectos administrativos e académicos, coa consellería competente en materia de educación de acordo co número anterior.

3. Para as solicitudes de autorización para os centros promovidos pola Federación Española de Atletismo, observarase o disposto no Real decreto 254/2004, polo que se establecen os títulos de técnico deportivo e técnico deportivo superior en atletismo.

Artigo 27º.-Inscrición dos centros nos rexistros oficiais.

Con relación á inscrición dos centros de formación de técnicos deportivos de atletismo, observarase o disposto no artigo 25 do Real decreto 254/2004, do 13 de febreiro.

Artigo 28º.-Inspección dos centros.

Con relación á inspección dos centros de formación de técnicos deportivos de atletismo, observarase o disposto no capítulo II do título VII da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE).

Artigo 29º.-Requisitos de titulación do profesorado.

1. As titulacións concordantes requiridas para impartir os distintos módulos das ensinanzas dos técnicos de atletismo son as que se establecen no anexo V deste decreto.

2. A acreditación de formación suficiente do profesorado para impartir un módulo realizarase mediante certificación académica persoal, na cal conste cursar a materia obxecto de acreditación.

3. Para a demostración da competencia en lingua galega o profesorado acreditará estar en posesión do Celga 4 ou ter realizado o curso de perfeccionamento.

Disposición adicional

Primeira.-Non regulación de profesión titulada.

Os elementos que definen o perfil profesional nas correspondentes ensinanzas conducentes aos títulos oficiais de técnicos de atletismo non constitúen regulación do exercicio de profesión titulada.

Segunda.-Habilitación docente de expertos e especialistas.

1. A consellería competente en materia de educación poderá informar o Consello Superior de Deportes sobre deportistas con méritos sobresaíntes no nivel internacional e persoas en que concorran méritos deportivos con prestixio recoñecido e experiencia profesional que asegure, en cada caso, a preparación necesaria para o desempeño da súa función docente, para os efectos de obter habilitación por parte do ministerio competente en materia de educación, segundo o disposto na disposición adicional segunda do Real decreto 254/2004, para impartir as ensinanzas de determinados módulos do bloque específico ou do bloque de formación práctica que se regulan neste decreto.

2. A devandita habilitación docente permite obter a condición de profesor ou profesora especialista para impartir a docencia do módulo correspondente.

Terceira.-Recoñecemento das formacións deportivas e prazo para solicitar a homologación, validación e equivalencia das formacións anteriores de adestradores/as deportivos/as, na modalidade de atletismo.

1. O procedemento de recoñecemento das formacións anteriores de adestradores/as deportivos/as, na modalidade de atletismo efectuarase, en canto á solicitude e documentación, prazos de emenda, prácticas de dilixencias e trámite de audiencia, conforme o previsto na Orde do 30 de xullo de 1999.

2. A instrución do procedemento corresponde á Dirección Xeral de Infraestruturas Deportivas, do Consello Superior de Deportes, tal e como establece o Real decreto 254/2004.

3. As solicitudes de homologación, validación e equivalencia para os efectos profesionais das formacións de adestradores/as deportivos/as, na modalidade de atletismo, poderanas formular individualmente as persoas interesadas, dentro dun prazo de 10 anos, contado a partir do 18 de xullo de 2006, data en que se publicou no BOE a Resolución do 3 de xullo de 2006, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se fan públicos os criterios aprobados pola comisión creada pola Orde do 8 de novembro de 1999, para as propostas de homologación, validación e equivalencia das formacións anteriores de atletismo, baloncesto e balonmán.

Disposición transitoria

Primeira.-Habilitación especial do profesorado para impartir docencia.

1. No caso de acreditar experiencia docente previa, observarase o que se establece no Real decreto 118/2004, do 23 de xaneiro, polo que se regula o título de especialización didáctica.

2. Ata que se realicen os cursos de especialización didáctica a que se refire o artigo 27 do Real decreto 234/2007, sen prexuízo do expresado no número anterior, a consellería competente en materia de educación, no ámbito das súas competencias e para impartir as ensinanzas dos/das técnicos deportivos de atletismo:

a) Habilitará temporalmente a quen reúna os requisitos de titulación e para quen se determina a equivalencia para os efectos de docencia no anexo V.

b) Poderá habilitar temporalmente para impartir determinados módulos do bloque específico ou a titorización da formación práctica a quen estea en posesión do diploma ou certificado de máximo nivel federativo de atletismo, que fose recoñecido polo Consello Superior de Deportes, conforme o previsto no artigo 42 do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, logo de acreditación pola persoa interesada de que posúe formación ou experiencia docente na materia.

Segunda.-Extinción do período transitorio.

De acordo co establecido no número 2 da disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, para a modalidade de atletismo, a extinción do período transitorio a que se refire a Orde ECD/3310/2002, do 16 de decembro, que regula os aspectos curriculares e os requisitos xerais das formacións en materia deportiva, iniciarase no ámbito territorial de competencias da comunidade autónoma, segundo o que estableza a norma de aprobación do correspondente currículo.

O Real decreto 254/2004, do 13 de febreiro, fixou a extinción do período transitorio dentro dos dous anos seguintes á súa entrada en vigor.

A extinción do período transitorio realizarase, a partir do seu inicio, curso por curso, de forma que os que iniciasen formacións conforme o disposto na citada Orde ECD/3310/2002, do 16 de decembro, poidan completala nos seus tres niveis previstos.

Unha vez extinguido na súa totalidade o período transitorio, os que non completasen a formación soamente poderán facelo a través da súa incorporación ás ensinanzas deportivas de réxime especial que se regulan neste decreto, unha vez resoltos os expedientes de correspondencia formativa conforme ao disposto na Orde ECD/3310/2002, do 16 de decembro.

Disposición derrogatoria

Única.-Derrogación normativa.

Quedan derrogadas todas aquelas disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ou contradigan o disposto neste decreto.

Disposición derradeira

Primeira.-Autorízase a consellería competente en materia de educación para ditar as disposicións que sexan necesarias para a execución e o desenvolvemento do establecido neste decreto.

Segunda.-Entrada en vigor.

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e nove de xaneiro de dous mil nove.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Títulos oficiais e duración das ensinanzas que conducen

aos títulos de grao medio e grao superior de técnicos deportivos en atletismo

1. Títulos de grao medio.

Técnico deportivo en atletismo.

2. Títulos de grao superior.

Técnico deportivo superior en atletismo.

3. Duración total das ensinanzas.

3.1 Grao medio.

Técnico deportivo en atletismo.

Horas

1º Nivel 500

2º Nivel 600

Total 1.100

3.2. Grao superior.

Técnico deportivo superior en atletismo.

Horas

Total 1.100

Ver referencia pdf "04600D002P005.PDF"

ANEXO II

Probas de carácter específico e requisitos deportivos para

o acceso ás ensinanzas de técnicos deportivos en atletismo.

Probas de carácter específico de acceso ás ensinanzas

1. Obxectivo e características xerais das probas.

As probas de acceso ás ensinanzas de técnicos en atletismo teñen por obxectivo que os/as aspirantes demostren que posúen a condición física imprescindible e as destrezas específicas necesarias para seguir con aproveitamento as ensinanzas elixidas.

As probas estarán compostas de dúas partes, cuxos contidos serán os que se establecen no número 4 deste anexo.

Os/as aspirantes actuarán individualmente e na orde que se estableza mediante sorteo público.

2. Avaliación das probas.

Os/as aspirantes disporán de dúas oportunidades para superar os contidos establecidos no número 4 deste anexo, contabilizándose a de mellor resultado.

Nas probas de acceso só se concederá a cualificación de apto/a ou non apto/a. Para alcanzar a cualificación de apto/a, os/as aspirantes deberán superar as dúas partes que a conforman, de acordo co establecido no número 4 deste anexo.

3. O tribunal.

O tribunal que vai organizar e xulgar as probas de acceso será designado polo órgano competente da comunidade autónoma, logo de informe do centro que as convoca, e estará composto por un/unha presidente/a, un/unha secretario/a e polo menos tres avaliadores/as.

A función do/a presidente/a do tribunal será garantir o correcto desenvolvemento das probas de acceso e dos exercicios que a compoñen e comprobar que os obxectivos, contidos e a avaliación dos exercicios que compoñen as probas se ateñen ao establecido neste decreto.

A función do/a secretario/a é elaborar a acta do desenvolvemento das probas e certificar que o desenvolvemento se atén ao establecido neste anexo. Tamén realizará as funcións do/a presidente/a na súa ausencia.

Os/as avaliadores/as realizarán a avaliación da primeira e a segunda parte das probas conforme os criterios que se determinan nos apartados 4.1 e 4.2 deste anexo.

Os/as avaliadores/as nas probas de acceso estarán en posesión do título de técnico deportivo superior en atletismo. Poderán tamén actuar como avaliadores da primeira parte das probas a que se refire o número 4.1 os que acrediten as titulacións requiridas para impartir os módulos de adestramento deportivo que se determinan no anexo V.

Na designación das persoas integrantes do tribunal atenderase ao principio de paridade, procurando unha representación equilibrada de homes e mulleres, segundo o previsto na Lei 7/2004, para a igualdade de mulleres e homes na Comunidade Autónoma de Galicia e na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

Estrutura, contidos e avaliación.

Primeira parte.

a) Obxectivo.

Valoración da condición física.

b) Contidos:

-Valoración da velocidade de translación. Percorrer unha distancia de 50 metros, en terreo chan, de piso regular e de trazado recto, nun tempo inferior a 8 segundos (homes) e de 9,5 segundos (mulleres).

-Valoración da potencia dos músculos extensores das extremidades inferiores: saltar adiante, desde parado e cos pés xuntos, para alcanzar polo menos unha distancia de 1,90 metros (homes) e 1,70 metros (mulleres).

-Valoración da potencia muscular xeral: de pé coas pernas separadas e pés colocados en posición paralela, lanzar coas dúas mans un balón medicinal por encima da cabeza e cara a adiante a unha distancia superior a 6 metros. O peso do balón medicinal será de catro quilogramos para os homes e de dous quilogramos para as mulleres.

c) Avaliación:

Para superar esta primeira parte, os/as aspirantes terán que realizar todos e cada un dos contidos exixidos dentro do tempo ou alcanzando a distancia mínima establecida para cada caso.

Segunda parte.

a) Valoración das destrezas específicas.

b) Contido:

-Valoración da destreza técnica da carreira con paso de valado: percorrer, no menor tempo posible, sobre terreo chan, de piso regular e trazado recto, unha distancia de 40 metros con tres valados.

Ver referencia pdf "04600D002P005.PDF"

c) Avaliación.

Cada avaliador cualificará de un a cinco puntos a actuación do/a aspirante, valorando que durante o percorrido manteña sen perturbar a súa actitude e o seu equilibrio e coordine a técnica, o ritmo e a velocidade segmentaria.

Para obter os cinco puntos será imprescindible que, ademais de superar a proba conforme as exixencias xa expresadas, o percorrido se complete realizando tres pasos entre cada valado.

Ver referencia pdf "04600D002P005.PDF"

Técnico deportivo en atletismo

Perfís profesionais. Nivel 1

Definición xenérica do perfil profesional

O certificado de primeiro nivel de técnico deportivo en atletismo acredita que o seu titular posúe as competencias necesarias para realizar a iniciación nas técnicas das especialidades atléticas, así como para promocionar esta modalidade deportiva.

Unidades de competencia e módulos asociados

Polas competencias que corresponden a este nivel, os contidos de todos os módulos teñen un carácter transversal.

Unidades de competencia:

-Instruír o/a deportista nos principios elementais das técnicas das especialidades atléticas.

-Conducir e acompañar o/a deportista e o equipo durante a práctica deportiva.

-Garantir a seguranza dos/as deportistas e aplicar en caso necesario os primeiros auxilios.

Capacidades profesionais

Este/a técnico debe ser capaz de:

-Realizar o ensino do atletismo, seguindo os obxectivos, os contidos, recursos e métodos de avaliación, en función da programación xeral da actividade.

-Instruír o alumnado sobre as técnicas básicas do atletismo, utilizando os equipamentos e materiais apropiados, amosando os movementos e os xestos segundo os modelos de referencia e corrixindo os erros de execución dos/as deportistas, preparándoos para as fases posteriores de tecnificación deportiva.

-Avaliar ao seu nivel a progresión da aprendizaxe, identificar os erros de execución técnica dos/as atletas, as súas causas e aplicar os métodos e medios necesarios para a súa corrección, preparándoos para as fases posteriores de tecnificación deportiva.

-Ensinar a utilización dos equipamentos das pistas de atletismo e os materiais específicos da especialidade deportiva, así como o seu mantemento preventivo e a súa conservación.

-Informar sobre os materiais e vestimentas adecuados para a práctica do atletismo.

-Seleccionar, preparar e supervisar o material de ensino.

-Dirixir os/as atletas na súa participación en competicións deportivas de categorías inferiores.

-Ensinar e facer cumprir as normas básicas do regulamento das competicións das distintas especialidades atléticas.

-Exercer o control do grupo, cohesionando e dinamizando a actividade.

-Ensinar e facer cumprir as normas básicas do regulamento das especialidades de atletismo.

-Motivar o alumnado no progreso técnico e mellora da condición física.

-Transmitir aos/ás deportistas as normas, valores e contidos éticos da práctica deportiva.

-Introducir os/as deportistas na práctica deportiva saudable.

-Previr as lesións máis frecuentes nas especialidades atléticas e evitar os accidentes máis comúns durante a práctica deportiva.

-Aplicar en caso necesario a asistencia de urxencia seguindo os protocolos e pautas establecidos.

-Controlar a dispoñibilidade da asistencia sanitaria existente.

-Organizar o traslado das persoas enfermas ou accidentadas, en caso de urxencia, en condicións de seguranza e empregando o sistema máis adecuado á lesión e nivel de gravidade.

-Colaborar cos servizos de asistencia médica da instalación deportiva.

-Colaborar na conservación dos espazos naturais utilizados no adestramento dos/as atletas.

-Detectar a información técnica relacionada coas súas funcións profesionais.

Situación no ámbito deportivo

Exercerá a súa actividade no ámbito da iniciación deportiva. Este técnico actúa sempre no seo dun organismo público ou privado relacionado coa práctica do atletismo. Os distintos tipos de entidades ou empresas onde poden desenvolver as súas funcións son:

-Escolas e centros de iniciación deportiva.

-Clubs e asociacións deportivas.

-Federacións deportivas.

-Padroados deportivos e fundacións.

-Empresas de servizos deportivos.

-Centros escolares (actividades extraescolares).

Responsabilidade nas situacións de traballo

Este/a técnico actuará baixo a supervisión xeral de técnicos e/ou profesionais de nivel superior ao seu. Séndolle requiridas as responsabilidades seguintes:

-O ensino do atletismo ata a obtención por parte do/a deportista dos coñecementos técnicos e tácticos elementais que o/a capaciten para participar con seguranza nas competicións deportivas do seu nivel e a súa especialidade.

-A elección dos obxectivos, medios, métodos e materiais máis adecuados para a realización do ensino.

-A avaliación e control do proceso do ensino deportiva.

-Informar os practicantes sobre os materiais e vestimenta adecuados máis apropiados en razón das condicións climáticas existentes.

-O ensino da utilización dos materiais específicos do atletismo, así como o seu coidado e mantemento.

-O ensino da utilización dos equipamentos específicos das pistas de atletismo.

-O acompañamento aos/ás deportistas durante a práctica da actividade deportiva.

-A seguranza do grupo durante o desenvolvemento da actividade.

-A administración dos primeiros auxilios en caso de accidente ou enfermidade en ausencia de persoal facultativo.

-O cumprimento do regulamento das competicións de atletismo.

-O cumprimento das instrucións xerais procedentes do responsable da entidade deportiva.

Ensinanzas. Nivel 1

Bloque común

Módulo de bases anatómicas e fisiolóxicas o deporte

Obxectivos formativos

-Describir as características xerais dos ósos do corpo humano.

-Identificar as articulacións e clasificalas en razón das súas características e a súa función.

-Interpretar os conceptos básicos da biomecánica relacionados coa actividade física.

-Determinar as características más significativas dos músculos.

-Identificar as rexións anatómicas do corpo humano relacionando a súa estrutura e a súa función.

-Coñecer a anatomía básica do sistema cardiorrespiratorio e determinar a súa función.

-Determinar os fundamentos do metabolismo enerxético.

-Explicar os fundamentos da nutrición e da hidratación.

-Empregar a terminoloxía básica das ciencias biolóxicas.

Contidos

Bases anatómicas da actividade deportiva

-O tecido óseo. Características e funcións. O óso.

-As articulacións. Características, clasificación e propiedades mecánicas.

-O tecido muscular e tendinoso. Características e funcións dos principais músculos.

* Tipos de músculos.

* Estrutura e función do músculo esquelético.

-As rexións anatómicas.

* Pescozo e tronco. Estruturas musculares e a súa función.

-Columna vertebral. Aspectos fundamentais. Curvaduras. Músculos troncozonais. Equilibrio muscular.

* O membro superior. Función dos grupos musculares. Os ósos. As articulacións e os seus movementos.

* O membro inferior. Función dos grupos musculares. Os ósos. As articulacións e os seus movementos.

Fundamentos biomecánicos da actividade deportiva

-Fundamentos da biomecánica do aparello locomotor.

* Conceptos básicos da biomecánica.

* Introdución á biomecánica do movemento humano.

* Biomecánica do movemento articular.

Bases fisiolóxicas da actividade deportiva

-O aparello respiratorio e a función respiratoria.

* Características anatómicas.

* Mecánica respiratoria.

* Intercambio e transporte de gases.

-O corazón e o aparello circulatorio.

* O corazón. Estrutura e funcionamento.

* Sistema vascular. Estrutura e funcionamento.

* Circulación do sangue.

* Respostas circulatorias ao exercicio.

-O tecido sanguíneo.

* O sangue. Compoñentes e funcións.

-Metabolismo enerxético e principais vías metabólicas.

-Fundamentos da nutrición. Dieta equilibrada. A hidratación.

-Nutrición e hidratación na práctica da actividade física.

Criterios de avaliación

-Localizar nun corpo humano os principais ósos, articulacións e grupos musculares e vinculalos á súa función.

-Sinalar a influencia dos principais elementos osteomusculares na postura ergueita do corpo humano.

-Describir o funcionamento do sistema cardiovascular e do sistema respiratorio e vinculalos ao transporte e intercambio dos gases.

* Definir o papel do sangue no transporte e intercambio dos gases.

-Definir as principais vías metabólicas de produción de enerxía durante o exercicio.

-Definir conceptos fundamentais de biomecánica e a súa aplicación práctica.

-Describir os diferentes grupos musculares e os principais movementos en que se encontran implicados.

-Explicar os compoñentes fundamentais da dieta equilibrada e a demanda como consecuencia do exercicio físico.

Módulo de bases psicopedagóxicas do ensino

e do adestramento I

Obxectivos formativos

-Describir as principais características psicolóxicas nas distintas etapas do desenvolvemento e a súa influencia na iniciación deportiva.

-Aplicar as técnicas básicas para a motivación dos/as deportistas novos/as.

-Identificar os factores que interveñen no proceso de adquisición das accións técnico-tácticas deportivas.

-Determinar o papel que xoga o/a técnico deportivo na adquisición de destrezas e habilidades deportivas.

-Aplicar os métodos e sistemas de ensino das habilidades deportivas.

-Empregar a terminoloxía básica da didáctica.

-Organizar o proceso de iniciación dun/dunha deportista ou grupo deles/as aplicando diferentes técnicas e recursos metodolóxicos en función das súas características e da modalidade.

Contidos

-Características psicolóxicas dos/as deportistas en función do seu grupo de idade e a súa repercusión na aprendizaxe.

-A motivación dos/as deportistas novos/as: conceptos básicos.

-Intervencións psicolóxicas do técnico deportivo.

-Aprendizaxe do acto motor.

-Estilos de ensino-aprendizaxe e métodos de traballo na adquisición das habilidades deportivas.

-Avaliación do ensino-aprendizaxe da actividade física.

Criterios de avaliación

-Definir as características físicas e psicolóxicas dos/as deportistas en función da súa idade, así como a súa influencia na práctica de actividades deportivas.

-Definir os principios da aprendizaxe motora e as súas implicacións para o ensino de actividades físico-deportivas.

-Aplicar métodos de traballo para o desenvolvemento e mellora das habilidades deportivas.

-Enunciar os elementos que compoñen o proceso da comunicación e a súa aplicación ao ensino deportivo.

-Expoñer o proceso de desenvolvemento psicomotor e do crecemento físico na idade escolar e a adolescencia e a súa influencia na aprendizaxe de habilidades deportivas.

-Enunciar os principios da aprendizaxe e a súa influencia no ensino de actividades físico-deportivas.

-Expoñer os factores que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe do deporte.

-Enunciar e caracterizar os tipos de avaliación do ensino-aprendizaxe do deporte.

-Aplicar os aspectos fundamentais para avaliar a aprendizaxe do acto motor.

Módulo de adestramento deportivo I

Obxectivos formativos

-Identificar os aspectos básicos do adestramento deportivo.

-Coñecer as capacidades físicas condicionais, a súa evolución e o seu desenvolvemento en función da idade.

-Coñecer as capacidades perceptivo-motrices e o seu desenvolvemento en función da idade.

-Aplicar os métodos e medios básicos para o desenvolvemento das capacidades físicas e perceptivo-motrices en función da idade.

-Aplicar correctamente os conceptos básicos á execución das diferentes partes dunha sesión.

-Empregar a terminoloxía básica da teoría do adestramento deportivo.

Contidos

-A teoría básica do adestramento deportivo. Conceptos e definicións.

* A adaptación.

* A carga e a recuperación.

-A condición física e as capacidades físicas básicas.

-As capacidades físicas condicionais. As etapas sensibles para o seu desenvolvemento. Os conceptos e adaptación do adestramento en función das diferentes idades.

-Os métodos de traballo para o desenvolvemento das capacidades físicas condicionais en función da idade.

-As capacidades perceptivo-motrices. As etapas sensibles para o seu desenvolvemento. Os conceptos e adaptación do adestramento en función das diferentes idades.

-Os métodos de traballo para o desenvolvemento das capacidades perceptivo-motrices.

-A sesión e as súas partes.

* O quecemento, a parte principal e a volta á calma.

* As actividades e os exercicios. A súa aplicación.

-O exercicio físico e a saúde.

Criterios de avaliación

-Identificar os elementos básicos que compoñen o adestramento deportivo.

-Determinar as capacidades físicas condicionais e as capacidades perceptivo-motrices establecendo as etapas sensibles para o seu desenvolvemento.

-Efectuar unha sesión para desenvolvemento e mellora das capacidades físicas condicionais para un grupo de deportistas dunha idade determinada.

-Efectuar unha sesión para desenvolvemento e mellora das capacidades perceptivo-motrices para un grupo de deportistas dunha idade determinada.

-Xustificar a elección dos exercicios para o desenvolvemento dunha determinada capacidade física.

-Identificar os erros máis frecuentes na realización dos exercicios tipo para o desenvolvemento das capacidades físicas e perceptivo-motrices.

-Elixir o equipamento e material tipo para o desenvolvemento das capacidades físicas condicionais e perceptivo-motrices.

Módulo de organización e lexislación do deporte I

Obxectivos formativos

-Coñecer a estrutura administrativa para o deporte na Comunidade Autónoma de Galicia e a súa relación coa Administración xeral do Estado.

-Diferenciar entre as competencias administrativas que no ámbito do deporte corresponden á Administración autonómica, das que, no mesmo ámbito, son propias das entidades locais.

-Diferenciar as vías de formación dos/as técnicos do deporte en España.

Contidos

-A comunidade autónoma e a Administración xeral do Estado:

* A estrutura administrativa para o deporte na comunidade autónoma e na Administración xeral do Estado.

* Competencias no ámbito do deporte na comunidade autónoma.

-As entidades locais:

* A estrutura administrativa para o deporte.

* Competencias no ámbito do deporte.

-O modelo asociativo no ámbito autonómico:

* Os clubs deportivos.

* As federacións deportivas.

* Outras figuras asociativas de ámbito autonómico.

Criterios de avaliación

-Situar as competencias da Administración deportiva da Comunidade Autónoma de Galicia no marco das correspondentes á Administración xeral do Estado.

-Comparar as competencias, en materia de deporte, da Administración autonómica galega, coas propias das entidades locais.

-Comparar as funcións das asociacións deportivas recoñecidas no ámbito autonómico.

-Describir a estrutura da formación dos/as técnicos deportivos.

Módulo de fundamentos sociolóxicos do deporte

Obxectivos formativos

-Identificar os valores transmisibles a través do deporte.

-Identificar os medios e métodos máis adecuados na transmisión de normas e valores.

-Caracterizar os modelos de intervención do/a técnico deportivo na transmisión dos valores a través do deporte.

-Concienciarse sobre a responsabilidade do/a técnico deportivo na transmisión de valores.

Contidos

-Valores do deporte. Diferentes concepcións.

-Os valores transmisibles a través da práctica deportiva.

-Actuacións do/a técnico deportivo no proceso de transmisión de valores.

Criterios de avaliación

-Comparar as distintas concepcións sobre o deporte e identificar valores transmisibles a través deste.

-Identificar as actuacións do/a técnico deportivo no proceso de transmisión de valores.

-Empregar correctamente as técnicas útiles na transmisión dos valores na elaboración dunha sesión.

Módulo de primeiros auxilios e hixiene no deporte

Obxectivos formativos

-Coñecer a lexislación que limita a intervención do/a técnico deportivo en materia de primeiros auxilios.

-Identificar as lesións e feridas e avaliar a súa gravidade.

-Aplicar os métodos e as técnicas dos primeiros auxilios.

-Aplicar os protocolos de avaliación de lesionados e feridos.

-Coñecer os efectos sobre o organismo humano por inxestión de produtos nocivos (drogodependencia, etc.) .

-Identificar os factores que inducen ao tabaquismo e ao alcoholismo e definir os efectos que producen estas dependencias sobre o organismo dos/as deportistas novos/as.

-Explicar os principios xerais da hixiene no deporte.

-Describir as técnicas recuperadoras despois do exercicio físico.

Contidos

-Límites normativos da actuación do/a técnico deportivo en materia de primeiros auxilios.

-Introdución aos primeiros auxilios.

-Avaliación do paciente ferido.

-Reanimación cardiopulmonar (R.C.P.) .

-Anxina de peito e infarto de miocardio.

-Hemorraxias.

-Feridas.

-Contusións.

-Traumatismos e politraumatismos do aparello locomotor.

-Queimaduras.

-Signos e síntomas do shock.

-Signos e síntomas dos cadros convulsivos.

-Ataque histérico.

-Trastornos producidos polas alteracións térmicas.

-Reaccións alérxicas.

-Alteracións por híper ou hipoglicemia.

-Intervención primaria e evacuación en situacións de urxencia.

Hixiene

-Hixiene corporal, postural e prevención no deporte.

-Técnicas recuperadoras despois do exercicio físico.

-Principais drogodependencias.

-Tabaquismo.

-Alcoholismo.

Criterios de avaliación

-Explicar e demostrar o procedemento que se debe seguir para a avaliación do estado dunha persoa accidentada.

-Efectuar correctamente, durante un tempo prefixado, as técnicas de recuperación cardiorrespiratoria sobre modelos e manequíns.

-Efectuar correctamente as técnicas ante un atragoamento dunha persoa consciente e outra inconsciente.

-Realizar técnicas de inmobilización ante fracturas previamente determinadas.

-Executar as manobras de inhibición de hemorraxias.

-Trasladar correctamente persoas accidentadas en razón do estado de gravidade e do tipo de lesión.

-Aplicar as técnicas de recuperación.

-Indicar a actuación a realizar por parte dun técnico deportivo nun/nunha deportista en coma diabético ou en choque insulínico.

-Explicar a incidencia do tabaquismo, a drogadición e o consumo de bebidas alcohólicas na saúde do individuo.

-Describir as indicacións e o seguimento que deben realizar os/as deportistas despois dunha sesión de adestramento ou participación en competición, desde o punto de vista da hixiene persoal.

-Aplicar correctamente os principios da educación postural en supostos prácticos.

Bloque específico

Módulo de desenvolvemento profesional I

Obxectivos formativos

-Coñecer a lexislación laboral aplicable aos titulares do certificado de primeiro nivel en atletismo.

-Describir os requisitos legais para o exercicio da profesión.

-Especificar as competencias, funcións, tarefas e responsabilidades do certificado de primeiro nivel en atletismo.

-Determinar o sistema básico de organización territorial do atletismo: a Federación Galega de Atletismo.

-Describir a estrutura formativa dos/as técnicos deportivos de atletismo en España e na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos

-A figura profesional do/a técnico deportivo. Requisitos laborais e fiscais para o exercicio da profesión. Traballador/a por conta allea.

-Réxime de responsabilidades do/a técnico deportivo no exercicio profesional.

-Lexislación aplicable ás relacións laborais.

-Competencias profesionais do primeiro nivel en atletismo.

-Traballo sen remuneración do primeiro nivel en atletismo.

-Federación territorial de atletismo. Organización e funcións.

-Clubs de atletismo. Clasificación e características.

-Regulación de actividades deportivas no medio natural.

-Consideracións sociais e marco cultural onde se realizan as actividades.

-Plans de formación dos/as técnicos deportivos de atletismo.

Criterios de avaliación

-Citar a lexislación laboral aplicable ao exercicio da profesión do primeiro nivel en atletismo.

-Diferenciar as responsabilidades civís e penais do/a técnico deportivo no exercicio da súa profesión.

-Describir as competencias, tarefas e limitacións do certificado de primeiro nivel en atletismo.

-Describir os dereitos, obrigacións e responsabilidades de carácter laboral e fiscal que corresponden ao/á técnico deportivo no exercicio da súa profesión.

-Identificar a estrutura organizativa do atletismo nun territorio autonómico, diferenciando as funcións das federacións deportivas e os clubs deportivos.

-Describir o funcionamento dun club elemental de atletismo.

-Explicar a normativa legal que afecta ao desenvolvemento de actividades deportivas no medio natural.

-Estruturar a formación dos/as técnicos deportivos de atletismo.

Módulo de formación técnica e de metodoloxía

do ensino do atletismo

Obxectivos

-Coñecer os elementos básicos dos xestos técnicos das especialidades atléticas.

-Empregar os métodos de ensino e as progresións pedagóxicas que facilitan a aprendizaxe do atletismo e o acceso axeitado á competición.

-Coñecer os fundamentos da iniciación ao adestramento metódico no atletismo.

-Identificar os principais erros técnicos e as sincinesias máis frecuentes na execución dos xestos básicos das especialidades atléticas e aplicar os métodos para corrixilo.

-Coñecer a implicación das capacidades físicas básicas na aprendizaxe da técnica básica das especialidades atléticas.

-Adaptar os distintos sistemas de adestramento das capacidades físicas básicas ás diferentes idades.

-Coñecer a implicación das capacidades perceptivo-motrices na aprendizaxe da técnica das especialidades atléticas.

-Adaptar os distintos sistemas de adestramento das capacidades perceptivo-motrices ás diferentes idades.

Contidos

Carreiras

-Consideracións xerais sobre as capacidades físicas e perceptivo-motrices que interveñen na aprendizaxe da carreira.

-Xeneralidades da técnica da carreira.

-División das probas de carreira en función da distancia e das necesidades enerxéticas nas diferentes idades.

-Descrición da carreira atlética nas súas fases.

-Descrición diferenciada da técnica básica das carreiras de velocidade, medio fondo e fondo.

-Descrición da técnica de saída de tacos.

-Aplicación de exercicios para o desenvolvemento das diferentes manifestacións da velocidade.

-Progresións pedagóxicas e tarefas para a aprendizaxe da técnica de carreira.

-O desenvolvemento básico e a adaptación da velocidade segundo as diferentes idades.

Carreiras de remudas:

-A técnica básica do cambio na remuda curta e longa.

-Progresións pedagóxicas e tarefas para a aprendizaxe da técnica de cambio da testemuña na remuda curta e longa.

Carreiras con valados:

-A técnica básica das carreiras con valados e a súa aprendizaxe.

-Progresións pedagóxicas e tarefas para a aprendizaxe da técnica dos valados.

Marcha

-A marcha atlética.

-Descrición básica da técnica da marcha.

* Consideracións xerais sobre as capacidades físicas e perceptivo-motrices que interveñen na aprendizaxe da marcha.

* Progresións pedagóxicas e tarefas para a aprendizaxe da técnica da marcha.

Saltos

-Xeneralidades dos saltos.

a) Salto de altura:

-Descrición elemental da técnica de salto de altura en cada unha das súas fases.

-Consideracións xerais sobre as capacidades físicas e perceptivo-motrices que interveñen na aprendizaxe do salto de altura.

-Progresións pedagóxicas e tarefas para a aprendizaxe da técnica.

b) O salto de lonxitude:

-Descrición elemental da técnica de salto de lonxitude en cada unha das súas fases.

-Consideracións xerais sobre as capacidades físicas e perceptivo-motrices que interveñen na aprendizaxe do salto de lonxitude.

-Progresións pedagóxicas e tarefas para a aprendizaxe da técnica.

c) O salto con pértega:

-Descrición elemental do salto con pértega.

-Consideracións xerais sobre as capacidades físicas e perceptivo-motrices que interveñen na aprendizaxe do salto con pértega.

-Progresións pedagóxicas e tarefas para a aprendizaxe da técnica.

-Elección de pértegas axeitadas ás categorías inferiores.

d) O triplo salto:

-Descrición elemental da técnica de triplo salto en cada unha das súas fases.

-Consideracións xerais sobre as capacidades físicas e perceptivo-motrices que interveñen na aprendizaxe do salto triplo.

-Progresións pedagóxicas e tarefas para a aprendizaxe da técnica.

Lanzamentos

-Xeneralidades dos lanzamentos.

-Material adaptado para os distintos lanzamentos.

-Medidas de seguranza no desenvolvemento do adestramento.

a) O lanzamento de peso:

-Descrición elemental da técnica básica de lanzamento de peso en cada unha das súas fases.

-Consideracións xerais sobre as capacidades físicas e perceptivo-motrices que interveñen na aprendizaxe do lanzamento de peso.

-Progresións pedagóxicas e tarefas para a aprendizaxe da técnica de lanzamento de peso.

b) O lanzamento de disco:

-Descrición elemental da técnica básica de lanzamento de disco en cada unha das súas fases.

-Consideracións xerais sobre as capacidades físicas e perceptivo-motrices que interveñen na aprendizaxe do lanzamento de disco.

-Progresións pedagóxicas e tarefas para a aprendizaxe da técnica do lanzamento de disco.

c) O lanzamento de martelo:

-Descrición elemental da técnica básica de lanzamento de martelo en cada unha das súas fases.

-Consideracións xerais sobre as capacidades físicas e perceptivo-motrices que interveñen na aprendizaxe do lanzamento de martelo.

-Progresións pedagóxicas e tarefas para a aprendizaxe da técnica de lanzamento de martelo.

d) O lanzamento de xavelina:

-Descrición elemental da técnica básica de lanzamento de xavelina en cada unha das súas fases.

-Consideracións xerais sobre as capacidades físicas e perceptivo-motrices que interveñen na aprendizaxe do lanzamento de xavelina.

-Progresións pedagóxicas e tarefas para a aprendizaxe da técnica de lanzamento de xavelina.

Probas combinadas

-As probas combinadas como favorecedoras da formación na iniciación ao atletismo.

-Xeneralidades das probas combinadas desde a perspectiva do conxunto (orde de aprendizaxe, secuenciación, etc.).

Criterios de avaliación

-Realizar a descrición dos xestos motores e das fases de execución técnica de cada especialidade atlética.

-Realizar as demostracións necesarias para a comprensión do movemento realizado.

-Elaborar a progresión pedagóxica dunha determinada especialidade para a aprendizaxe axeitada ás categorías menores, utilizando xogos e formas xogadas.

-Indicar as dificultades, os erros de execución e as sincinesias máis frecuentes dos xestos técnicos das especialidades atléticas, as súas causas e o xeito de evitalos e/ou corrixilos.

-Indicar os erros de execución ante a observación de imaxes de xestos técnicos de determinadas especialidades atléticas e propoñer exercicios para a súa corrección.

-Describir os diferentes recursos que se poden utilizar para dar soporte ao proceso de ensino-aprendizaxe do atletismo nas súas diferentes especialidades deportivas.

-Avaliar o/a técnico deportivo, nunha situación dada de ensino-aprendizaxe dalgunha especialidade atlética:

* A situación con respecto ao grupo que permita unha boa comunicación.

* A adopción da actitude idónea que lle permita controlar e motivar o grupo.

* A emisión dunha información dada de forma clara e precisa sobre os obxectivos e contidos da sesión.

* A observación da evolución dos/as atletas e a información axeitada sobre os seus progresos e erros.

-Describir os elementos básicos do adestramento en cada período.

-Describir os compoñentes básicos dunha sesión de iniciación atlética.

-Valorar, nun suposto práctico, o rendemento de deportistas.

-Planificar, programar e organizar o traballo dos días de competicións.

Módulo de regulamento das especialidades atléticas

Obxectivos

-Coñecer os aspectos básicos do regulamento do atletismo nas súas diferentes especialidades e probas.

-Determinar as probas do calendario oficial nas categorías de menores.

-Aplicar os criterios para modificar os regulamentos das competicións para utilización con fins de promoción deportiva.

Contidos

-Xeneralidades do regulamento.

-Regulamento básico da competición.

-Probas de atletismo en función das idades.

-Criterios para as modificacións de competicións non oficiais.

Criterios de avaliación

-Interpretar correctamente a regulamentación básica.

-Aplicar o regulamento nun suposto dado.

-Indicar as posibles modificacións para competicións non oficiais co obxectivo de facer máis atractivas e motivantes as probas.

Módulo de seguranza deportiva

Obxectivos

-Previr as lesións por sobrecarga e axentes indirectos máis frecuentes nas especialidades atléticas en idades novas.

-Aplicar as medidas de seguranza ao ensino das especialidades atléticas.

Contidos

-Lesións por sobrecarga e axentes indirectos máis frecuentes no atletismo.

-Condicións de seguranza na práctica das especialidades atléticas.

Criterios de avaliación

-Identificar as causas, síntomas, normas de actuación e factores que predispoñen ás lesións máis significativas nas especialidades atléticas e establecer pautas para a súa prevención.

-Describir as situacións de risco que se poden presentar no desenvolvemento de sesións do ensino ou adestramento.

-Describir o tipo de accidentes e lesións máis usuais en función da especialidade atlética exercitada.

Bloque complementario

Módulo de deporte adaptado

Obxectivos formativos

-Coñecer de forma xeral a historia e a organización do deporte adaptado.

-Identificar diferentes discapacidades e minusvalideces.

-Recoñecer as estruturas básicas organizativas do deporte adaptado e as súas modalidades.

-Detectar as dificultades de aprendizaxe no deporte adaptado nas persoas con minusvalidez.

-Comprender os aspectos básicos do regulamento do deporte adaptado e as súas diferenzas máis notables respecto ao regulamento convencional.

-Coñecer os fundamentos técnico-tácticos do deporte adaptado.

Contidos

-A historia e a estrutura básica organizativa do deporte adaptado.

-Características, terminoloxía e clasificación taxonómica das distintas discapacidades e minusvalideces.

-Procedementos para a detección das dificultades de aprendizaxe no deporte adaptado.

-Regras básicas do xogo e as súas consideracións para a iniciación.

-Fundamentos técnico-tácticos do deporte adaptado.

Criterios de avaliación

-Coñecer a historia e a estrutura organizativa do deporte adaptado.

-Describir as características dos diferentes grupos de discapacidades e minusvalideces.

-Identificar as dificultades de aprendizaxe nas persoas con discapacidade ou minusvalidez.

-Diferenciar os aspectos do xogo adaptado delimitados polas regras e a súa influencia na iniciación deportiva.

-Apreciar as diferenzas técnico-tácticas básicas con respecto a deportistas sen discapacidade, na fase de iniciación deportiva.

Bloque de formación práctica

Obxectivos

O bloque de formación práctica do primeiro nivel do técnico deportivo en atletismo ten como finalidade, ademais das indicadas no artigo 6 deste decreto, que o alumnado desenvolva de forma práctica as competencias adquiridas durante o período de formación, aplicando en situacións reais os coñecementos e habilidades adquiridos na formación teórico-práctica, e obteñan a experiencia necesaria para realizaren con eficacia a iniciación ao atletismo e ao adestramento metódico, conduciren e acompañaren os/as atletas durante a práctica deportiva, e garantiren a seguranza dos/as deportistas.

Desenvolvemento

-A formación práctica do primeiro nivel do técnico deportivo en atletismo consistirá na asistencia continuada, durante un período de tempo previamente fixado, a sesións de iniciación e adestramento do atletismo, baixo a supervisión dun/unha titor/a asignado/a e con atletas designados para ese efecto. Este período deberá conter no seu desenvolvemento sesións de iniciación ao atletismo entre o 50 e o 70% do total do tempo do bloque de formación práctica, sesións de adestramento das capacidades físicas e perceptivo-motrices entre o 10 e o 20% do total do tempo do bloque de formación práctica e entre o 20 e o 40 % en sesións de programación das actividades realizadas.

-O bloque de formación práctica constará de tres fases: fase de observación, fase de colaboración e fase de actuación supervisada. A observación polo alumnado da actividade formativo-deportiva levaraa a cabo o/a titor/a; a colaboración do/a alumno/a co/coa titor/a versará sobre os labores propios da acción deportiva, e na actuación supervisada, o/a alumno/a asumirá de forma responsable o conxunto de tarefas propias do proceso de ensino-aprendizaxe que lle sexa encomendada polo/a titor/a, de acordo cos obxectivos que correspondan.

-Ao final das tres fases o/a alumno/a realizará unha memoria de prácticas, a cal deberá ser avaliada polo/a titor/a e polo centro onde se realice a súa formación.

Criterios de avaliación

No bloque de formación práctica concederase só a cualificación de apto/a ou non apto/a. Para acadar a cualificación de apto/a o alumnado terá que:

-Ter asistido como mínimo ao 80 por cento das horas establecidas para cada unha das fases.

-Participar de forma activa nas sesións de traballo.

-Acadar os obxectivos formativos en cada unha das sesións.

-Utilizar unha linguaxe clara e unha correcta terminoloxía específica.

-Presentar axeitadamente a memoria de prácticas.

-Estruturar a memoria de prácticas polo menos nos puntos seguintes.

* Descrición da estrutura e funcionamento do centro, das instalacións e os espazos das prácticas e do grupo ou grupos con que realice o período de prácticas.

* Desenvolvemento das prácticas: fichas de seguimento das prácticas de cada sesión agrupadas por fases.

* Informe de autoavaliación das prácticas.

* Informe de avaliación do titor ou titora.

Perfís profesionais. Nivel 2

Definición xenérica do perfil profesional

O título de técnico deportivo en atletismo acredita que o seu titular posúe as competencias necesarias para programar e efectuar o ensino e o adestramento do atletismo con vistas ao perfeccionamento da execución técnica e táctica de atletas de categorías cadetes e xuvenís.

Unidades de competencia e módulos asociados

Dadas as competencias que corresponden a este nivel, os contidos de todos os módulos teñen un carácter transversal.

-Unidades de competencia:

* Programar e efectuar o ensino do atletismo e programar e dirixir o adestramento de atletas de categorías cadetes e xuvenís.

* Dirixir atletas das categorías de cadetes e xuvenís durante a súa participación nas competicións.

* Dirixir atletas das categorías de cadetes e xuvenís durante a súa participación nas competicións.

Capacidades profesionais

Este/a técnico debe ser capaz de:

-Programar o ensino do atletismo e a avaliación do proceso de ensino.

-Realizar o ensino das especialidades atléticas con vistas ao perfeccionamento técnico e táctico do/a deportista.

-Avaliar a progresión da aprendizaxe.

-Identificar os erros de execución técnica e táctica de atletas, detectar as causas e aplicar os medios e os métodos necesarios para a súa corrección, preparándoos para as fases posteriores de tecnificación deportiva.

-Efectuar a programación do adestramento a curto e medio prazo.

-Dirixir as sesións de adestramento en razón dos obxectivos deportivos, garantindo as condicións de seguranza.

-Dirixir, ao seu nivel, o acondicionamento físico de atletas en función do rendemento deportivo.

-Dirixir deportistas ou equipos en competicións de atletismo de ámbito autonómico, facendo cumprir o regulamento das competicións.

-Realizar a proposta táctica aplicable á competición deportiva.

-Dirixir a deportistas ou equipos na súa actuación técnica e táctica durante a competición.

-Avaliar a actuación do/a deportista ou o equipo despois da competición.

-Colaborar na detección de individuos con características físicas e psíquicas susceptibles de introducirse en procesos de alto rendemento deportivo.

-Establecer o plan de actuacións para o desenvolvemento das actividades de atletismo co fin de alcanzar o obxectivo deportivo proposto, garantindo as condicións de seguranza, en razón da condición física e os intereses dos practicantes.

-Controlar a dispoñibilidade da prestación de todos os servizos das instalacións deportivas.

-Detectar e interpretar a información técnica relacionada co seu traballo, co fin de incorporar novas técnicas e tendencias, e utilizar novos equipamentos e materiais do sector.

-Detectar e interpretar os cambios organizativos, económicos e sociais que inciden na actividade profesional.

-Posuír unha visión global e integradora do proceso, comprendendo a función das instalacións e equipamentos, e as dimensións técnicas, pedagóxicas, organizativas, económicas e humanas do seu traballo.

Situación no ámbito deportivo

-Este título acredita a adquisición dos coñecementos e das competencias profesionais suficientes para asumir as súas responsabilidades de forma autónoma ou no seo dun organismo público ou empresa privada.

-Exercerá a súa actividade no ámbito do ensino e do adestramento das especialidades atléticas. Os distintos tipos de entidades ou empresas onde poden desenvolver as súas funcións son:

* Escolas deportivas e centros de iniciación e perfeccionamento deportivo ou polideportivo.

* Clubs de atletismo ou asociacións deportivas.

* Federacións deportivas.

* Padroados e fundacións deportivas.

* Empresas de servizos deportivos.

* Centros escolares (actividades extraescolares) .

Responsabilidade nas situacións de traballo

-A este/a técnico sonlle requiridas as responsabilidades seguintes:

* O ensino do atletismo ata o perfeccionamento da execución técnica e táctica do/a deportista.

* O adestramento dos/as atletas.

* O control e avaliación do proceso de instrución deportiva.

* O control ao seu nivel do rendemento deportivo.

* A seguranza do individuo ou grupo durante o desenvolvemento da actividade de atletismo.

* A dirección técnica dos/as deportistas durante a participación en competicións de atletismo.

* O seguimento e cumprimento das instrucións xerais que marque ou determine o/a director/a técnico/a do club.

Bloque común

Módulo de bases anatómicas e fisiolóxicas do deporte II

Obxectivos formativos

-Determinar as características anatómicas dos segmentos corporais e interpretar os seus movementos.

-Explicar a mecánica da contracción muscular.

-Aplicar os fundamentos básicos das leis mecánicas ao coñecemento dos distintos tipos de movemento humano.

-Relacionar as respostas do sistema cardiorrespiratorio co exercicio.

-Interpretar as bases do metabolismo enerxético.

-Describir as bases do funcionamento do sistema nervioso central e a súa implicación no control do acto motor.

-Describir as bases do funcionamento do sistema nervioso autónomo e a súa implicación no control dos sistemas e aparellos do corpo humano.

-Describir as bases do funcionamento do aparello dixestivo e do ril.

Contidos

Bases anatómicas da actividade deportiva

-Ósos, articulacións e músculos e os seus movementos analíticos:

* Cranio e cara.

* Os membros superiores.

* Os membros inferiores.

* O tronco.

-Mecánica e tipos da contracción muscular.

Fundamentos da biomecánica do aparello locomotor

-Introdución á biomecánica deportiva.

-Forzas actuantes no movemento humano.

-Centro de gravidade e equilibrio no corpo humano.

-Introdución á análise cinemática e dinámica do movemento humano.

-Principios biomecánicos do movemento humano.

Bases fisiolóxicas da actividade deportiva

-Conceptos básicos da fisioloxía da actividade física.

-O sistema cardiorrespiratorio e resposta ao exercicio.

-O metabolismo enerxético e a adaptación á actividade física.

-Fisioloxía da contracción muscular.

-As fibras musculares e os procesos enerxéticos.

-O sistema nervioso central.

-O sistema nervioso autónomo.

-Principais hormonas e accións específicas do sistema endócrino.

-O aparello dixestivo e a súa función.

-O ril, a súa función e modificacións polo exercicio.

-Fisioloxía das capacidades físicas.

-A alimentación no deporte.

Criterios de avaliación

-Distinguir as funcións dos músculos nos movementos articulares dos segmentos corporais.

-Determinar o grao e os límites de mobilidade das articulacións do corpo humano.

-Definir a mecánica e identificar os tipos de contracción muscular.

-Identificar as forzas externas ao corpo humano e a súa intervención no movemento deportivo.

-Explicar a influencia dos principais elementos osteomusculares na postura estática e dinámica do corpo humano.

-Identificar as forzas actuantes no movemento humano.

-Amosar a implicación do centro de gravidade no equilibrio no corpo humano.

-Coñecer os principios biomecánicos do movemento humano.

-Explicar a fisioloxía do sistema cardiorrespiratorio deducindo as adaptacións que se producen en cada estrutura como resposta ao exercicio prolongado.

-Construír os esquemas dos centros e vías do sistema nervioso que interveñen no acto motor.

-Explicar as implicacións do sistema nervioso simpático e parasimpático no control das funcións do organismo humano en estado de actividade física.

-Explicar a implicación do sistema hormonal no exercicio máximo e a súa adaptación ao exercicio prolongado.

-Describir as necesidades nutricionais e de hidratación dos/as deportistas en función das necesidades dos diferentes tipos de exercicios.

Módulo de bases psicopedagóxicas do ensino

e do adestramento II

Obxectivos formativos

-Determinar os aspectos psicolóxicos máis relevantes que inflúen na aprendizaxe das condutas deportivas.

-Identificar os factores e problemas emocionais ligados ao adestramento e a competición deportiva.

-Identificar os factores perceptivos que interveñen na optimación deportiva.

-Aplicar as estratexias para mellorar o funcionamento psicolóxico dos/as deportistas.

-Avaliar o efecto da toma de decisións no rendemento deportivo.

-Deseñar as condicións da práctica para a mellora das aprendizaxes deportivas.

-Coñecer os aspectos psicolóxicos relacionados coa dirección dos grupos deportivos.

-Coñecer os principios da dinámica de grupos e algunhas das técnicas que se utilizan.

Contidos

-Aspectos psicolóxicos implicados na aprendizaxe de condutas deportivas.

-Necesidades psicolóxicas do deporte de competición.

-Características psicolóxicas do adestramento deportivo.

-Conceptos e estratexias do desenvolvemento da capacidade competitiva a través do adestramento deportivo.

-Aspectos psicolóxicos relacionados co rendemento na competición.

-Conceptos básicos sobre a organización e o funcionamento dos grupos deportivos.

-O proceso de optimación das aprendizaxes deportivas.

-Técnicas básicas para o coñecemento e manexo de grupos.

Criterios de avaliación

-Identificar as principais necesidades psicolóxicas do/a deportista no ámbito do adestramento e a competición.

-Describir as formas de actuación para o control das variables psicolóxicas que poden influír na adherencia ao adestramento.

-Elaborar un exemplo de intervención do/a adestrador/a no proceso utilizando estratexias psicolóxicas que favorezan a adherencia ao adestramento, a aprendizaxe dunha conduta de execución técnica e dunha conduta deportiva.

-Analizar o papel dos procesos perceptivos na optimación deportiva.

-Avaliar o efecto de tomas de decisión no rendemento deportivo.

-Deseñar as condicións de práctica para a mellora das aprendizaxes deportivas.

-Aplicar e interpretar algunha das técnicas de dinámica de grupos.

-Describir a influencia dos factores emocionais sobre o procesamento consciente da información.

Módulo de adestramento deportivo II

Obxectivos formativos

-Aplicar os elementos da programación e control do adestramento.

-Empregar os sistemas e métodos que desenvolven as distintas capacidades físicas e perceptivo-motrices.

-Relacionar a implicación das diferentes vías metabólicas cos sistemas e métodos de adestramento.

-Interpretar os conceptos básicos da preparación das capacidades psíquicas e da conduta.

Contidos

-Teoría do adestramento.

* Orixe e evolución.

* Os principios do adestramento deportivo.

* O rendemento deportivo.

-Programación, xeneralidades, estrutura e variables do adestramento.

-Adestramento xeral e específico.

-Métodos e medios para o desenvolvemento das capacidades físicas condicionais.

-Métodos e medios para o desenvolvemento das capacidades perceptivo-motrices.

-A valoración das capacidades físicas condicionais e as capacidades perceptivo-motrices.

-Exixencias metabólicas dos deportes e obxectivos do adestramento.

-Preparación das calidades psíquicas e da conduta.

Criterios de avaliación

-Establecer a programación e periodización do adestramento dunha tempada deportiva en función da idade dos practicantes.

-Establecer unha progresión de exercicios para o desenvolvemento das capacidades físicas e as capacidades perceptivo-motrices, cun grupo de deportistas de características dadas.

-Enumerar os factores a ter en conta para avaliar a correcta execución dunha sesión de desenvolvemento das diferentes capacidades físicas e/ou perceptivo-motrices.

-Identificar os erros máis frecuentes na realización dos exercicios para o desenvolvemento das capacidades físicas e perceptivo-motrices.

-Describir o equipamento e material tipo para o desenvolvemento da condición física e as capacidades perceptivo-motrices.

-Xustificar a elección do método para o desenvolvemento dunha determinada capacidade física.

-Distinguir as distintas vías metabólicas e a súa adaptación aos distintos tipos de adestramento.

-Describir as características máis significativas do adestramento con maior incidencia nas distintas vías metabólicas.

-Determinar os fundamentos da preparación das calidades psíquicas e da conduta que interfiren no acondicionamento físico de deportistas.

Módulo de organización e lexislación do deporte II

Obxectivos formativos

-Coñecer o ordenamento xurídico do deporte.

-Diferenciar as competencias en materia de deporte correspondentes á Administración xeral do Estado das propias da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Coñecer o modelo asociativo deportivo no ámbito do Estado.

Contidos

-A Lei do deporte no ámbito do Estado.

-A Lei do deporte da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Outras lexislacións de interese deportivo.

-Os organismos deportivos internacionais.

-O Consello Superior de Deportes.

-O Comité Olímpico Español e o Comité Paralímpico Español.

-As federacións deportivas españolas.

-O modelo asociativo de ámbito estatal:

* As agrupacións de clubs.

* Os entes de promoción deportiva.

* As sociedades anónimas deportivas.

* As ligas profesionais.

Criterios de avaliación

-Comparar as competencias da Administración xeral do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia en materia deportiva.

-Distinguir as funcións das figuras asociativas recoñecidas no ámbito estatal.

-Diferenciar a Lei do deporte no ámbito do Estado e a Lei do deporte da Comunidade Autónoma de Galicia.

Módulo de teoría e socioloxía do deporte

Obxectivos formativos

-Coñecer aspectos relevantes da teoría e historia do deporte.

-Identificar os principais factores históricos e culturais que propiciaron a presenza masiva do fenómeno deportivo nas sociedades avanzadas.

-Comprender as características inherentes ao deporte.

-Coñecer o contido ético do deporte e as causas que distorsionan a ética deportiva.

-Identificar o papel do deporte na sociedade actual.

Contidos

-Etimoloxía da palabra deporte.

-Características principais do deporte.

-A evolución histórica do deporte.

-A presenza do deporte na sociedade actual.

-Os factores de expansión do deporte.

-Os compoñentes éticos do deporte.

-A evolución dos hábitos deportivos na sociedade española.

-A interacción do deporte cos outros sectores sociais.

Criterios de avaliación

-Describir e comparar as características do deporte antigo e o contemporáneo.

-Valorar os factores que propiciaron o desenvolvemento do deporte na sociedade.

-Analizar as características principais das diferentes formas de práctica deportiva.

-Identificar as manifestacións materiais e simbólicas do deporte na sociedade contemporánea.

-Concretar os diferentes factores sociais que interveñen na demanda da práctica deportiva.

-Analizar a diversificación da práctica deportiva na sociedade actual.

-Comprender o característico e educativo do deporte.

Bloque específico

Módulo de desenvolvemento profesional II

Obxectivos formativos

-Coñecer a lexislación laboral aplicable aos/ás titulares do título de técnico deportivo en atletismo.

-Especificar as competencias, funcións, tarefas e responsabilidades do/a técnico deportivo en atletismo.

-Especificar o grao de desenvolvemento das profesións dos técnicos españois de atletismo en países da Unión Europea e concretar a equivalencia cos profesionais destes países.

-Coñecer a organización, as funcións e os estatutos da Federación Española e Galega de Atletismo.

Contidos

-Orientación sociolaboral.

-A figura do/a técnico deportivo; requisitos laborais e fiscais do/a traballador/a por conta propia.

-Competencias profesionais do técnico deportivo en atletismo.

-Federación Española e Galega de Atletismo; organización e funcións.

-Estatutos da Federación Española e Galega de Atletismo.

-Os/as técnicos deportivos en atletismo nos países da Unión Europea.

Criterios de avaliación

-Definir as características do mercado laboral do/a técnico deportivo en atletismo.

-Describir as funcións e tarefas propias dos/as técnicos deportivos en atletismo.

-Definir as alternativas laborais dos/as técnicos deportivos en atletismo en países da Unión Europea.

-Describir os dereitos, obrigacións e responsabilidades de carácter laboral e fiscal que corresponden a un/unha técnico deportivo no exercicio da súa profesión.

-Enumerar os impostos aplicables aos/ás traballadores/as autónomos/as.

-Describir a organización e as funcións da Federación Española e Galega de Atletismo.

-Aplicar, nun suposto de conflito dado, os estatutos da Federación Española e Galega de Atletismo para a súa solución.

Módulo de formación técnica e de metodoloxía do ensino

das carreiras e marcha

Formación técnica e de metodoloxía do ensino das carreiras

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento dos elementos técnicos e tácticos das carreiras.

-Determinar as progresións pedagóxicas para o perfeccionamento da técnica das diferentes modalidades da carreira.

-Empregar diferentes métodos de adestramento específico das capacidades físicas implicadas nas diferentes carreiras.

-Empregar os métodos de adestramento da técnica das diferentes carreiras.

Contidos

-Estudo das carreiras e perfeccionamento das técnicas.

* Conceptos xerais da técnica de carreira. Fases da alancada.

-Biomecánica das carreiras.

* Principios biomecánicos aplicados ás carreiras lisas.

-Carreiras de velocidade.

* Técnica das carreiras de velocidade. Características especiais.

* A técnica das saídas nas carreiras de velocidade: colocación dos tacos de saída.

-As carreiras de remudas.

* Formas máis usuais do paso da testemuña nas carreiras de remudas.

* Análise da entrega e recepción: prezona e zona.

-As carreiras de medio fondo e fondo:

* Técnica das carreiras de medio fondo e fondo. Características especiais.

-As carreiras con valados.

* Descrición técnica das carreiras con valados: fases.

* O ritmo nas distintas probas de valados.

-Carreiras de obstáculos.

* Descrición técnica do paso dos obstáculos: fases.

* Descrición técnica do paso da ría: fases.

-Adestramento para as carreiras de velocidade.

* Exercicios xerais, específicos e de competición para mellora da técnica das carreiras de velocidade.

* Métodos e medios de adestramento das diferentes carreiras de velocidade.

-Adestramento para as saídas de velocidade.

* Exercicios xerais, específicos e de competición para mellora da técnica das saídas en carreiras de velocidade.

* Métodos e medios de adestramento para as saídas de velocidade.

-Adestramento para as carreiras de remudas.

* Exercicios xerais, específicos e de competición para mellora da técnica das carreiras de remudas.

-Adestramento para as carreiras con valados.

* Exercicios xerais, específicos e de competición para mellora da técnica das carreiras con valados.

* Métodos e medios de adestramento das diferentes carreiras con valados.

-Adestramento para as carreiras de medio fondo e fondo.

* Exercicios xerais, específicos e de competición para mellora da técnica das carreiras de medio fondo e fondo.

* Métodos e medios de adestramento das diferentes carreiras de medio fondo e fondo.

-Adestramento para as carreiras de obstáculos.

* Exercicios xerais, específicos e de competición para mellora da técnica das carreiras de obstáculos.

* Métodos e medios de adestramento das diferentes carreiras de obstáculos.

Criterios de avaliación

-Realizar a demostración práctica dun determinado xesto técnico.

-Describir as fases de execución de cada un dos diferentes modelos técnicos.

-Programar as progresións pedagóxicas que deben aplicarse para o perfeccionamento dun xesto técnico determinado.

-Dominar os diferentes recursos didácticos que se poden utilizar no proceso de perfeccionamento das técnicas atléticas: demostración, medios audiovisuais, descricións, axudas manuais e outros medios auxiliares.

-Indicar, nun determinado xesto técnico, as dificultades e os erros de execución máis frecuentes, as súas causas e o xeito de evitalos e/ou corrixilos.

-Detectar, utilizando imaxes reais ou gráficas dos xestos técnicos en cada fase, os erros de execución, e indicar as súas causas e o xeito de evitalos e corrixilos.

-Indicar os erros máis frecuentes na realización dos exercicios tipo para o desenvolvemento das capacidades físicas implicadas na carreira.

-Aplicar e xustificar os métodos de adestramento axeitados para o logro dun obxectivo de desenvolvemento dunha determinada capacidade implicada no desenvolvemento da técnica.

-Enumerar unha serie de exercicios básicos, específicos e de competición para o acondicionamento físico das carreiras mediante formas xogadas.

Formación técnica e de metodoloxía do ensino da marcha

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento dos elementos técnicos e tácticos da marcha.

-Determinar as progresións pedagóxicas para o perfeccionamento da técnica da marcha.

-Empregar diferentes métodos de adestramento das capacidades físicas implicadas na marcha.

-Empregar os métodos de adestramento da técnica e a súa adaptación en función da distancia das probas de marcha.

Contidos

-Estudo da marcha: fases e perfeccionamento da técnica.

-Principios biomecánicos aplicados á marcha.

-Adestramento para as especialidades de marcha.

* Exercicios xerais, específicos e de competición para mellora da técnica da marcha.

* Métodos e medios de adestramento para a marcha.

Criterios de avaliación

-Realizar a demostración práctica dun determinado xesto técnico.

-Describir as fases de execución dun paso de marcha.

-Programar as progresións pedagóxicas que deben aplicarse para o perfeccionamento do xesto técnico.

-Dominar os diferentes recursos didácticos que se poden utilizar no proceso de perfeccionamento da técnica da marcha: audiovisuais, descricións, axudas manuais e outros medios auxiliares.

-Indicar, para un determinado xesto técnico, as dificultades e os erros de execución máis frecuentes, as súas causas e o xeito de evitalos e/ou corrixilos.

-Detectar en cada fase, utilizando imaxes reais ou gráficas dos xestos técnicos, os erros de execución, e indicar as súas causas e o xeito de evitalos e corrixilos.

-Indicar os erros máis frecuentes na realización dos exercicios tipo para o desenvolvemento das capacidades físicas implicadas na marcha.

-Aplicar e xustificar os métodos de adestramento axeitados para o logro dun obxectivo de desenvolvemento dunha determinada capacidade implicada no desenvolvemento da técnica.

-Enumerar unha serie de exercicios básicos, específicos ou de competición para o acondicionamento aplicados á marcha mediante formas xogadas.

Módulo de formación técnica e metodoloxía do ensino

dos lanzamentos e probas combinadas

Formación técnica e de metodoloxía do ensino

dos lanzamentos

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento dos elementos técnicos e tácticos dos lanzamentos.

-Determinar as progresións pedagóxicas para o perfeccionamento da técnica dos diferentes lanzamentos.

-Empregar diferentes métodos de adestramento das capacidades físicas implicadas nos distintos lanzamentos.

-Empregar os métodos de adestramento da técnica dos lanzamentos.

Contidos

-Xeneralidades dos lanzamentos: fases.

-Principios biomecánicos aplicados aos lanzamentos.

-O lanzamento de peso.

* Perfeccionamento da técnica lineal do lanzamento de peso. As fases do lanzamento.

* Perfeccionamento da técnica circular do lanzamento de peso. As fases do lanzamento.

* Exercicios xerais, específicos e de competición para o adestramento do lanzamento de peso.

* Métodos e medios de adestramento para o lanzamento de peso.

-O lanzamento de disco.

* Perfeccionamento da técnica do lanzamento de disco. As fases do lanzamento.

* Exercicios xerais, específicos e de competición para o adestramento do lanzamento de disco.

* Métodos e medios de adestramento para o lanzamento de disco.

-O lanzamento de martelo.

* Perfeccionamento da técnica do lanzamento de martelo. As fases do lanzamento.

* Exercicios xerais, específicos e de competición para o adestramento do lanzamento de martelo.

* Métodos e medios de adestramento para o lanzamento de martelo.

-Lanzamento de xavelina.

* Perfeccionamento da técnica do lanzamento de xavelina. As fases do lanzamento.

* Exercicios xerais, específicos e de competición para o adestramento do lanzamento de xavelina.

* Métodos e medios de adestramento para o lanzamento de xavelina.

Criterios de avaliación

-Realizar a demostración práctica dun determinado xesto técnico.

-Describir as fases de execución de cada un dos diferentes modelos técnicos.

-Programar as progresións pedagóxicas que deben aplicarse para o perfeccionamento dun xesto técnico determinado.

-Dominar os diferentes recursos didácticos que se poden utilizar no proceso de perfeccionamento das técnicas atléticas: demostración, medios audiovisuais, descricións, axudas manuais e outros medios auxiliares.

-Indicar, para un determinado xesto técnico, as dificultades e os erros de execución máis frecuentes, as súas causas e o xeito de evitalos e/ou corrixilos.

-Detectar en cada fase, utilizando imaxes reais ou gráficas dos movementos técnicos, os erros de execución, e indicar as súas causas e o xeito de evitalos e corrixilos.

-Aplicar e xustificar os métodos de adestramento axeitados para o logro dun obxectivo de desenvolvemento dunha determinada capacidade implicada na técnica dun lanzamento.

-Enumerar unha serie de exercicios básicos, específicos ou de competición para o acondicionamento das especialidades dos lanzamentos mediante formas xogadas.

Formación técnica e de metodoloxía do ensino

das probas combinadas

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento dos elementos técnicos e tácticos das probas combinadas.

-Determinar as progresións pedagóxicas para o perfeccionamento da técnica das probas combinadas.

-Empregar diferentes métodos de adestramento das capacidades físicas implicadas nas probas combinadas contempladas desde o seu conxunto.

Contidos

-Perfeccionamento das técnicas das diferentes especialidades que compoñen o programa das probas combinadas.

-Exercicios xerais, específicos e de competición para o adestramento das probas combinadas.

-Métodos e medios de adestramento para as probas combinadas.

-As táboas de puntuación e o seu condicionamento no adestramento das probas combinadas.

Criterios de avaliación

-Realizar a demostración práctica dun determinado xesto técnico das especialidades que compoñen o programa das probas combinadas.

-Describir as fases de execución de cada un dos diferentes modelos técnicos.

-Programar as progresións pedagóxicas que deben aplicarse para o perfeccionamento dun xesto técnico determinado.

-Dominar os diferentes recursos didácticos que se poden utilizar no proceso de perfeccionamento das técnicas atléticas: demostración, medios audiovisuais, descricións, axudas manuais e outros medios auxiliares.

-Indicar, para un determinado xesto técnico, as dificultades e os erros de execución máis frecuentes, as súas causas e o xeito de evitalos e/ou corrixilos.

-Detectar en cada fase, utilizando imaxes reais ou gráficas dos movementos técnicos, os erros de execución, e indicar as súas causas e o xeito de evitalos e corrixilos.

-Aplicar os métodos de adestramento axeitados para o logro dun obxectivo de desenvolvemento das capacidades físicas básicas implicadas nas probas combinadas contempladas desde un conxunto.

Módulo de formación técnica e de metodoloxía

do ensino dos saltos

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento dos elementos técnicos e tácticos dos saltos.

-Determinar as progresións pedagóxicas para o perfeccionamento da técnica dos distintos saltos.

-Empregar diferentes métodos de adestramento das capacidades físicas implicadas nos saltos.

-Empregar os métodos de adestramento da técnica dos distintos saltos.

Contidos

-Xeneralidades dos saltos: fases.

-Principios biomecánicos aplicados aos saltos.

-O salto de altura.

* Perfeccionamento da técnica do salto de altura. As fases do salto.

* Exercicios xerais, específicos e de competición para o adestramento do salto de altura.

* Métodos e medios de adestramento para o salto de altura.

-O salto de lonxitude.

* Perfeccionamento da técnica do salto de lonxitude. As fases do salto.

* Exercicios xerais, específicos e de competición para o adestramento do salto de lonxitude.

* Métodos e medios de adestramento para o salto de lonxitude.

-O triplo salto.

* Perfeccionamento da técnica do triplo salto. As fases do salto.

* Exercicios xerais, específicos e de competición para o adestramento do triplo salto.

* Métodos e medios de adestramento para o triplo salto.

-O salto con pértega.

* Perfeccionamento da técnica do salto con pértega. As fases do salto.

* Exercicios xerais, específicos e de competición para o adestramento do salto con pértega.

* Características das pértegas.

* Métodos e medios de adestramento para o salto con pértega.

Criterios de avaliación

-Realizar a demostración práctica dun determinado xesto técnico.

-Describir as fases de execución de cada un dos diferentes modelos técnicos.

-Programar as progresións pedagóxicas que deben aplicarse para o perfeccionamento dun xesto técnico determinado.

-Dominar os diferentes recursos didácticos que se poden utilizar no proceso de perfeccionamento das técnicas atléticas: demostración, medios audiovisuais, descricións, axudas manuais e outros medios auxiliares.

-Indicar, para un determinado xesto técnico, as dificultades e os erros de execución máis frecuentes, as súas causas e o xeito de evitalos e/ou corrixilos.

-Detectar en cada fase, utilizando imaxes reais ou gráficas dos movementos técnicos, os erros de execución, e indicar as súas causas e o xeito de evitalos e corrixilos.

-Aplicar os métodos de adestramento axeitados para o logro dun obxectivo de desenvolvemento dunha determinada capacidade implicada no desenvolvemento da técnica dun salto.

-Enumerar unha serie de exercicios básicos, específicos ou de competición para o acondicionamento na especialidade de saltos, mediante formas xogadas.

Módulo de metodoloxía do adestramento

das especialidades atléticas

Obxectivos formativos

-Coñecer en profundidade as diferentes estruturas da planificación e programación e as súas características.

-Aplicar a teoría do adestramento deportivo á planificación, programación e organización do adestramento das especialidades atléticas.

-Adaptar o adestramento en función das particularidades da idade e grao de desenvolvemento do/a atleta.

-Aplicar os criterios que interveñen na planificación e programación do adestramento.

-Determinar as características do adestramento xeral, específico e de competición e a súa relación.

-Desenvolver o acondicionamento físico multilateral e as formas xogadas.

-Coñecer os criterios para a programación dos períodos carga e de recuperación dentro do ciclo de adestramento.

Contidos

-A adaptación en todas as súas faces: físicas e técnicas.

-Particularidades do adestramento das especialidades atléticas en función da idade e do grao de desenvolvemento.

* Etapas do adestramento a longo prazo.

* Etapa da iniciación deportiva. Particularidades e compoñentes da etapa. Preparación multidisciplinar.

* Etapa da orientación deportiva e da especialización en función das categorías federativas de menores. Riscos da especialización temperá.

* Directrices das etapas de planificación a medio prazo. Categorías infantís, cadetes e xuvenís.

-Características xerais da programación do adestramento das especialidades atléticas.

* Períodos de planificación. Características e obxectivos de cada período.

* Particularidades da periodización anual de infantís, cadetes e xuvenís. Particularidades da competición federativa e escolar.

* Importancia dos períodos de descanso en idades novas.

-Adestramento xeral e específico.

* Acondicionamento físico multilateral do adestramento.

* Interrelación entre as capacidades físicas, a execución técnica e a preparación nas distintas etapas da vida do/a atleta.

* Mellora e influencia das capacidades físicas e coordinativas, así como a relación cantidade calidade.

* Planificación e periodización.

* Programacións tipo de adestramento dentro do ciclo anual.

-Competición.

-A carga e recuperación. A súa relación óptima.

* Fatiga e recuperación dentro dunha sesión de adestramento.

* Recuperación entre sesións.

* Xornadas de descanso no microciclo semanal.

-Especialización progresiva.

Criterios de avaliación

-Establecer as directrices da programación do adestramento a longo prazo, dado un suposto práctico.

-Determinar, nun suposto en concreto, o tipo de adestramento dentro de cada ciclo.

-Definir as particularidades da programación do adestramento de infantís, cadetes e xuvenís.

-Realizar a programación do adestramento tipo dos períodos preparatorio, período especial e período competitivo das diferentes categorías.

-Definir a interrelación entre as capacidades físicas, a execución técnica e a preparación xenérica nas distintas etapas da vida do/a atleta.

-Determinar os conceptos que hai que ter en conta para facilitar a recuperación dos/as deportistas dentro das sesións de adestramento e entre sesións de adestramento.

-Explicar a evolución de cada unha das calidades físicas en función da idade.

Módulo de regulamento das especialidades atléticas II

Obxectivos formativos

-Aplicar e ensinar o regulamento oficial da Federación Internacional de Atletismo Amateur (IAAF) de cada especialidade.

-Coñecer as características das instalacións e dos utensilios implicados na práctica das distintas especialidades do atletismo.

-Coñecer os equipamentos empregados na práctica das distintas especialidades do atletismo.

Contidos

-Probas programadas pola RFEA e pola FGA.

-Probas en que se recoñecen récords do mundo.

-Probas oficiais da Federación Internacional de Atletismo Amateur (IAAF) .

-Instalacións, equipamentos e utensilios para a súa práctica.

-As regras das carreiras, saltos, lanzamentos, marcha, probas combinadas nas diferentes categorías.

Criterios de avaliación

-Coñecer as características das instalacións deportivas para a práctica.

-Definir as características do material específico e auxiliar.

-Interpretar correctamente, nun suposto práctico, a regulamentación da IAAF aplicada ao desenvolvemento das especialidades atléticas.

Bloque complementario

Módulo de tecnoloxías da información e da comunicación: informática

Obxectivos formativos

-Adquirir os coñecementos necesarios que permitan ao/á técnico deportivo a utilización do ordenador como un instrumento de traballo.

-Usar as ferramentas informáticas básicas: procesadores de textos, follas de cálculo e bases de datos.

-Ser capaz de buscar e intercambiar información a través da internet.

-Coñecer e utilizar programas que desenvolvan contidos deste deporte.

Contidos

-Conceptos informáticos: hardware e software.

-Uso e funcións básicas do sistema operativo.

-Utilización axeitada de procesadores de textos.

-Manexo de follas de cálculo e bases de datos.

-Traballo na internet: a world wide web, o correo electrónico e as listas de correo.

-A internet no ámbito da educación física e o deporte.

-Uso de programas específicos adaptados a este deporte.

Criterios de avaliación

-Describir os principais aspectos dun ordenador: hardware e software.

-Manexar as funcións máis importantes dun sistema operativo.

-Utilizar correctamente un procesador de textos.

-Construír axeitadamente unha base de datos.

-Dominar as funcións dunha folla de cálculo.

-Atopar información na internet utilizando un buscador.

-Coñecer as funcións fundamentais dos programas para este deporte.

Bloque de formación práctica

Obxectivos

-O bloque de formación práctica do/a técnico deportivo en atletismo ten como finalidade, ademais das indicadas no artigo 6 deste decreto, que o alumnado desenvolva de forma práctica as competencias adquiridas durante o período de formación, aplicando en situacións reais os coñecementos e habilidades adquiridas na formación teórica e práctica, e obteñan a experiencia necesaria para realizar con eficacia:

* O ensino da técnica e a táctica do atletismo.

* A dirección do adestramento dos/as atletas das diferentes especialidades atléticas.

* A dirección dos/as atletas durante a súa participación nas competicións.

* A programación e organización de actividades de atletismo.

Desenvolvemento

-A formación práctica do/a técnico deportivo en atletismo consistirá na realización de actividades propias dun/dunha técnico deportivo, durante un período de tempo establecido, e cos/coas atletas asignados/as. Este período debe conter no seu desenvolvemento:

* Sesións de iniciación e perfeccionamento do atletismo, o 30% do total do tempo do bloque de formación práctica.

* Sesións de adestramentos de atletas, o 20% do total do tempo do bloque de formación práctica.

* Sesións de acondicionamento físico de atletas, do 20% do total do tempo do bloque de formación práctica.

* Sesións de dirección de atletas na súa programación da participación en competicións de atletismo propias do seu nivel, o 15% do total do tempo do bloque de formación práctica.

* Sesións de programación das actividades realizadas, o 15% do total do tempo do bloque de formación práctica.

-O bloque de formación práctica constará de tres fases: fase de observación, fase de colaboración e fase de actuación supervisada. A observación polo alumnado da actividade formativo-deportiva levaraa a cabo polo/a titor/a. A colaboración do/a alumno/a co/coa titor/a versará sobre os labores propios da acción deportiva, e na actuación supervisada o/a alumno/a asumirá de forma responsable o conxunto de tarefas propias do proceso de ensino-aprendizaxe ou ben adestramento-rendemento que lle sexa encomendada polo/a titor/a, de acordo cos obxectivos que correspondan.

-Ao termo das tres fases o alumnado realizará unha memoria de prácticas que deberá ser avaliada polo/a titor/a e polo centro onde realizase a súa formación.

Criterios de avaliación

-No bloque de formación práctica só se concederá a cualificación de apto/a ou non apto/a. Para acadar a cualificación de apto/a o alumnado terá que:

* Asistir como mínimo ao 80% das horas establecidas para cada unha das fases.

* Participar de forma activa nas sesións de traballo.

* Acadar os obxectivos formativos en cada unha das sesións.

* Utilizar unha linguaxe clara e unha correcta terminoloxía específica.

* Presentar correctamente a memoria de prácticas.

-Estruturar a memoria de prácticas polo menos nos puntos seguintes:

* Descrición da estrutura e funcionamento do centro, das instalacións e os espazos das prácticas e do grupos con que realice o período de prácticas.

* Desenvolvemento das prácticas: fichas de seguimento das prácticas de cada sesión agrupadas por fases.

* Informe de autoavaliación das prácticas.

* Informe de avaliación do titor ou titora.

Ver referencia pdf "04600D002P005.PDF"

Capacidades profesionais

Este/a técnico debe ser capaz de:

-Efectuar a planificación e a programación do adestramento a longo e medio prazo con vistas ao alto rendemento.

-Dirixir o adestramento técnico e táctico con vistas ao alto rendemento.

-Dirixir o acondicionamento físico de atletas en función do rendemento deportivo.

-Realizar a proposta táctica aplicable á competición, en función do alto rendemento deportivo.

-Dirixir o/a deportista ou o equipo na súa actuación técnica e táctica durante a competición.

-Avaliar a actuación do/a deportista ou o equipo despois da competición. Valorar o rendemento dos/as deportistas ou equipos en colaboración con especialistas das ciencias do deporte.

-Programar o ensino do atletismo.

-Programar a realización da actividade deportiva ligada ao desenvolvemento do atletismo.

-Planificar e coordinar a actividade doutros/as técnicos do deporte.

-Garantir a seguranza dos/as técnicos que dependan del/dela.

-Realizar a xestión económica e administrativa dunha pequena ou mediana empresa.

-Colaborar no deseño, planificación e dirección técnica de competicións de atletismo.

-Adaptarse aos cambios tecnolóxicos, organizativos, económicos e sociais que inciden na actividade profesional.

Situación no ámbito deportivo

O título de técnico deportivo superior en atletismo garante a adquisición das competencias profesionais suficientes para asumir as súas responsabilidades de xeito autónomo ou no seo dun organismo público ou empresa privada.

Exercerá a súa actividade no ámbito do ensino, o adestramento e a dirección de deportistas e equipos de alto rendemento. Na área de xestión deportiva exercerá a súa actividade prestando os seus servizos na dirección de departamentos, seccións ou escolas de atletismo.

Os distintos tipos de entidades ou empresas onde poden desenvolver as súas funcións son:

-Centros de alto rendemento deportivo.

-Centros de tecnificación deportiva.

-Escolas de atletismo.

-Clubs ou asociacións deportivas.

-Federacións de atletismo.

-Padroados e fundacións deportivas.

-Empresas de servizos deportivos.

-Centros de formación de técnicos deportivos de atletismo.

Responsabilidade nas situacións de traballo

-A este/a técnico sonlle requiridas as responsabilidades seguintes:

* A planificación, programación e dirección do adestramento técnico e táctico de atletas de alto rendemento.

* A programación e dirección do acondicionamento físico de atletas.

* A valoración do rendemento dos/as deportistas.

* A dirección e seguranza dos/as técnicos que dependen del/dela.

* A dirección técnica dun departamento, sección ou escola de atletismo e da xestión económica administrativa.

Bloque común

Módulo de biomecánica do deporte

Obxectivos formativos

-Aplicar os fundamentos da análise biomecánica ao estudo da técnica no deporte.

-Interpretar os resultados das análises biomecánicas para o control do adestramento do/a deportista de alto rendemento.

Contidos

-A análise e metodoloxía da biomecánica aplicadas ao alto rendemento.

-A biomecánica aplicada ao control do adestramento da técnica.

-As análises biomecánicas cualitativas.

-Os métodos de análise cinemáticos e dinámicos.

Criterios de avaliación

-Describir os fundamentos das análises biomecánicas aplicadas ao estudo da técnica deportiva.

-Describir a metodoloxía da biomecánica aplicada ao estudo das capacidades físicas condicionais e da técnica.

-Explicar mediante os resultados dunha análise biomecánica o control do adestramento da técnica dunha modalidade deportiva concreta.

-Aplicar os coñecementos, procedemento e ferramentas biomecánicas ao estudo da técnica dunha determinada modalidade ou especialidade deportiva.

Módulo de adestramento do alto rendemento deportivo

Obxectivos formativos

-Coñecer e afondar na planificación, programación e control do adestramento e a súa aplicación no alto rendemento deportivo.

-Aplicar os métodos de planificación e control do adestramento das capacidades físicas básicas e as perceptivo-motrices nos/as deportistas de alto rendemento.

-Coñecer os fenómenos da fatiga, a recuperación e o sobreadestramento e aplicar os controis necesarios para evitar os efectos destes fenómenos nos/as deportistas de alto rendemento.

-Coñecer en profundidade os conceptos necesarios sobre metabolismo e as necesidades de produción e consumo de enerxía en función do esforzo.

Contidos

-A carga e os seus compoñentes: volume, intensidade e densidade. Combinacións e variacións aplicados ao alto rendemento.

-Os modelos de planificación e programación do adestramento no alto rendemento deportivo.

-Os sistemas avanzados para o desenvolvemento das capacidades físicas e perceptivo-motrices nos/as deportistas de alto rendemento.

-Os métodos de control e valoración do adestramento das capacidades físicas e perceptivo-motrices.

-Os fenómenos de fatiga e sobreadestramento. Métodos e procedementos para a súa detección.

-A recuperación. Pautas e avaliación.

-A programación do adestramento en altura.

-Adestramento en condicións especiais (calor, frío, humidade).

-O metabolismo en función das necesidades enerxéticas no esforzo.

-A capacidade e a potencia en relación coas necesidades enerxéticas do esforzo.

Criterios de avaliación

-Establecer e distribuír as cargas nunha sesión ou nun microciclo, en función dos obxectivos de rendemento.

-Realizar a planificación e programación do adestramento das capacidades físicas e as perceptivo-motrices, argumentando a elección do sistema escollido.

-Dirixir diferentes fases do adestramento das capacidades físicas e as perceptivo-motrices.

-Aplicar os métodos de control e valoración do adestramento.

-Recoñecer e detectar precozmente as manifestacións de fatiga e do sobreadestramento.

-Dirixir as pautas de recuperación de fatiga e do sobreadestramento.

-Efectuar a programación dun adestramento en condicións especiais, situando esta dentro da planificación.

Módulo de fisioloxía do esforzo

Obxectivos formativos

-Coñecer en profundidade os aspectos necesarios sobre metabolismo e as necesidades de produción e consumo de enerxía en función do esforzo.

-Coñecer os fundamentos da valoración funcional con vistas ao alto rendemento.

-Interpretar resultados da valoración funcional.

-Interpretar os resultados da valoración nutricional do/a deportista.

-Colaborar co/coa especialista na determinación da dieta e axudas ergoxénicas dos/as deportistas.

-Aproveitar as vantaxes fisiolóxicas e evitar os problemas do adestramento en altitude e en condicións especiais.

-Familiarizarse cos aparellos dun laboratorio de fisioloxía do esforzo.

-Recoñecer os efectos patolóxicos que o deporte de alto rendemento pode ter sobre os diferentes aparellos e sistemas.

Contidos

-As avaliacións das capacidades ligadas ao metabolismo.

-A metodoloxía da valoración funcional do rendemento físico.

-A composición corporal.

-O estado nutricional.

-As respostas patolóxicas ao esforzo.

-As adaptacións endócrinas ao exercicio de alto rendemento.

-A fisioloxía da actividade física en altitude e en condicións especiais.

-O exercicio e o estrés térmico.

-Os procesos fisiolóxicos da recuperación física no alto rendemento deportivo e a súa aplicación.

-A dopaxe: as substancias prohibidas, os métodos e procedementos.

-Normativa sobre o control da dopaxe.

Criterios de avaliación

-Interpretar, sobre datos reais, resultados da avaliación das capacidades ligadas ao metabolismo e dos factores de execución da acción motriz.

-Coñecer os aparellos utilizados na valoración da condición física.

-Describir os compoñentes básicos da valoración funcional no ámbito do alto rendemento deportivo.

-Determinar os métodos e os tests máis utilizados na valoración do rendemento físico.

-Definir os métodos para a determinación da composición corporal.

-Interpretar, sobre datos reais, os resultados do estudo de composición corporal e relacionar estes co rendemento do/a deportista.

-Interpretar, sobre datos reais, os resultados da valoración do estado nutricional do/a deportista.

-Seleccionar as distintas axudas ergoxénicas en función dos obxectivos do rendemento deportivo.

-Describir os efectos fisiolóxicos do adestramento en condicións especiais e a súa repercusión no rendemento deportivo.

-Caracterizar as substancias, os grupos farmacolóxicos catalogados como produtos dopantes e os métodos e procedementos prohibidos.

-Describir os mecanismos de acción farmacolóxica dos principais grupos de produtos considerados dopantes.

-Describir a regulamentación española e internacional sobre as substancias, métodos e procedementos considerados dopantes.

Módulo de xestión do deporte

Obxectivos formativos

-Recoñecer a normativa aplicable aos/ás deportistas profesionais.

-Empregar as técnicas de xestión e organización no ámbito do deporte.

-Coñecer a normativa que regula o deporte de alto rendemento, no ámbito do Estado e na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Coñecer a normativa en relación co patrocinio deportivo.

-Coñecer as medidas de prevención da violencia no deporte.

Contidos

-Teoría xeral da xestión.

-Modelos de planificación e xestión do deporte.

-A fiscalidade no campo do deporte.

-O desenvolvemento regulamentario sobre o deporte de alto rendemento.

-O patrocinio deportivo: leis relacionadas.

-A regulación da relación laboral de carácter especial dos/as deportistas profesionais e a aplicación do dereito comunitario.

-O desenvolvemento regulamentario sobre a lexislación referida á prevención da violencia no deporte.

Criterios de avaliación

-Describir os aspectos fundamentais dos réximes laboral e fiscal dos/as deportistas profesionais.

-Deseñar, nun suposto práctico, un proxecto de creación, financiamento e xestión durante unha tempada dunha entidade deportiva.

-Deseñar, nun suposto práctico convenientemente caracterizado, a organización dun evento deportivo.

-A partir dun programa de actividades:

* Describir a estrutura organizativa máis axeitada.

* Definir os recursos humanos necesarios para a execución do programa e a súa forma de contratación.

-Definir os recursos materiais necesarios para a execución do programa.

-Elaborar un orzamento axustado para a realización do programa.

Módulo de psicoloxía do alto rendemento deportivo

Obxectivos formativos

-Coñecer e identificar as necesidades psicolóxicas dos/as deportistas de alto rendemento.

-Aplicar as estratexias psicolóxicas para optimizar o rendemento dos/as deportistas.

-Adquirir os coñecementos e as habilidades psicolóxicas necesarias para dirixir outros/as adestradores/as e traballar con especialistas das ciencias do deporte.

-Identificar as competencias específicas do/a psicólogo/a do deporte, diferenciándoas do rol psicolóxico do/a adestrador/a.

Contidos

-As necesidades psicolóxicas dos/as deportistas do alto rendemento.

-A psicoloxía do adestramento deportivo no alto rendemento.

-As principais habilidades psicolóxicas no deporte de alto rendemento.

-A preparación específica de competicións no alto rendemento.

-A relación do/a adestrador/a co/coa psicólogo/a deportivo/a.

-O funcionamento psicolóxico do/a adestrador/a.

Criterios de avaliación

-Elaborar exemplos en que se utilicen estratexias psicolóxicas para mellorar a motivación básica dun/dunha deportista de alto rendemento.

-Indicar, ante un suposto práctico, as principais situacións potencialmente estresantes do deporte de alto rendemento e sinalar as directrices a seguir polo/a adestrador/a para controlar as devanditas situacións.

-Discriminar, a partir de exemplos concretos, o estilo de liderado máis apropiado a unha determinada situación.

-Sinalar, a partir dun caso práctico, os aspectos positivos da conduta do/a adestrador/a e os cambios que serían aconsellables para o mellor funcionamento do grupo.

-Elaborar un esquema de traballo colectivo definindo os roles dos/as colaboradores/as (adestradores/as e expertos/as das ciencias do deporte) e a dinámica de funcionamento entre todos eles.

-Deseñar un programa de traballo que contemple a interacción do traballo psicolóxico do/a adestrador/a co do/a psicólogo/a deportivo/a.

Módulo de socioloxía do deporte de alto rendemento

Obxectivos formativos

-Identificar os problemas inherentes á práctica deportiva de alto rendemento.

-Coñecer os problemas de adaptación dos/as deportistas ás novas condicións de vida unha vez terminada a súa etapa deportiva.

-Apreciar a transcendencia social do deporte espectáculo de alto rendemento e a súa incidencia no/a deportista.

-Coñecer os métodos de investigación social aplicados ao deporte.

-Empregar as técnicas para a identificación das tendencias da sociedade en relación á práctica deportiva.

Contidos

-Os factores extrínsecos e intrínsecos que afectan o rendemento dos/as deportistas.

-Os problemas sociais dos/as deportistas de alto rendemento.

-As técnicas de investigación social aplicadas ao deporte.

-As técnicas sociolóxicas para a identificación das tendencias na práctica deportiva.

Criterios de avaliación

-Describir os factores sociais que afectan o rendemento do/a deportista de alto rendemento.

-Determinar os problemas máis significativos do/a deportista de alto rendemento na súa vida deportiva.

-Describir as técnicas de investigación social aplicadas ao deporte.

-Identificar as tendencias da práctica deportiva na España do século XXI, realizando un seguimento dos medios de comunicación social.

Bloque específico

Módulo de desenvolvemento profesional III

Obxectivos formativos

-Especificar as competencias, funcións e tarefas do/a técnico deportivo superior en atletismo.

-Identificar as responsabilidades civís e penais do/a técnico deportivo superior en atletismo derivadas do exercicio da súa profesión.

-Coñecer as normativas da dopaxe españolas e internacionais.

-Coñecer a sistemática da organización de eventos e actividades de atletismo.

-Aplicar os criterios para a organización e a promoción de actividades relacionadas co atletismo.

-Aplicar a sistemática para a elaboración e a execución de proxectos de actividades relacionadas co atletismo.

-Organizar competicións de atletismo de carácter rexional e nacional.

Contidos

-Orientación sociolaboral.

-Competencias profesionais do técnico deportivo superior en atletismo.

-Responsabilidades civís e penais do/a técnico deportivo superior en atletismo, derivadas do exercicio da súa profesión.

-Dopaxe. Normativa española e internacional.

-Xestión, dirección e administración de organizacións dedicadas ao ensino e/ou o adestramento do atletismo.

-Proxectos deportivos.

-Dirección e coordinación de técnicos deportivos.

-Dirección e promoción de equipos de competición.

-Organización de competicións e eventos deportivos.

Criterios de avaliación

-Definir as características do mercado laboral do/a técnico deportivo superior en atletismo.

-Describir as funcións e tarefas propias do/a técnico deportivo superior en atletismo en relación ás competencias de:

* Programación e dirección do ensino das especialidades atléticas.

* Dirección e coordinación de técnicos deportivos de atletismo.

* Dirección dunha escola de atletismo.

-Nun suposto práctico convenientemente caracterizado, deseñar a organización dun evento deportivo de atletismo:

* Describir a estrutura organizativa do evento.

* Definir os recursos humanos e materiais necesarios para a execución do evento e a súa forma de contratación.

* Elaborar un orzamento e definir a forma de financiamento axustado para a realización do evento.

-Establecer a información necesaria para realizar un plan de actividades ligadas ao desenvolvemento do atletismo, nun club ou agrupación deportiva, así como os criterios e procedementos para a súa elaboración.

-A partir dun programa de actividades perfectamente caracterizado:

* Describir a estrutura organizativa que máis se adecua ao programa.

* Definir os recursos humanos e materiais necesarios para a execución do programa e a súa forma de contratación.

* Elaborar un orzamento axustado para a realización do programa.

* Aplicar os sistemas de planificación, programación e organización das actividades ligadas ao atletismo.

-Explicar, ante un suposto práctico de competición dunha especialidade atlética, a aplicación da normativa nacional e internacional sobre a dopaxe nas competicións.

-Definir as funcións e tarefas propias da dirección técnica dun equipo de adestramento e dos profesionais de apoio en atletismo.

-Definir as funcións e tarefas propias da dirección técnica dunha escola de atletismo.

-Aplicar sistemas de planificación e organización da actividade mercantil e deportiva de entidades dedicadas ao ensino ou ao adestramento do atletismo.

Módulo historia do atletismo

Obxectivos formativos

-Explicar a evolución histórica das técnicas de cada especialidade atlética e a súa incorporación ao programa oficial de competicións olímpicas e da Federación Internacional de Atletismo Amateur (IAAF), así como a súa incidencia no adestramento.

Contidos

-Historia das carreiras, marcha, saltos, lanzamentos e probas combinadas.

* Evolución histórica das distintas técnicas das carreiras.

* Evolución histórica das distintas técnicas dos saltos.

* Evolución histórica das distintas técnicas dos lanzamentos.

Criterios de avaliación

-Determinar as orixes modernas de cada unha das probas do programa da IAAF de carreiras, marcha, saltos, lanzamentos e probas combinadas e a incorporación delas ao calendario olímpico.

-Describir a evolución histórica das distintas técnicas das carreiras, saltos, lanzamentos e as modificacións producidas ao longo do tempo nas instalacións, o material e as normas de competición.

Módulo de optimación da técnica e o adestramento

das carreiras de velocidade e remudas

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento dos aspectos que interveñen no rendemento nas carreiras de velocidade e remudas.

-Analizar os xestos técnicos dos/as corredores/as de velocidade e remudas de alto nivel.

-Interpretar as análises biomecánicas das carreiras de velocidade e as saídas.

-Empregar as ferramentas da biomecánica para o control do rendemento dos/as corredores/as de velocidade.

-Planificar o adestramento a longo prazo dos/as velocistas con vistas ao alto rendemento.

-Efectuar o adestramento sistemático das técnicas das carreiras de velocidade, con vistas ao alto rendemento.

-Establecer os criterios para realizar o seguimento e o control do adestramento de corredores de velocidade.

Contidos

-Biomecánica da carreira e da saída. Parámetros determinantes.

-Estudo da técnica da carreira de velocidade e as súas fases.

-Compoñentes da velocidade: frecuencia e amplitude.

-Estudo da técnica de saída.

-Necesidades enerxéticas en función da especialidade: 100, 200 e 400 metros.

-Relación entre a distancia, a distribución do esforzo e as tácticas de carreira na proba de 400 metros lisos.

-Análise da carreira de remudas 4x100 e 4x400 metros.

-O adestramento da carreira de velocidade.

* O adestramento da técnica da saída.

* O adestramento da velocidade nas súas manifestacións.

* O adestramento das diferentes fases da carreira de velocidade.

* O adestramento das capacidades físicas en función das necesidades das diferentes probas de carreiras de velocidade.

-A planificación e a programación do adestramento e a participación en competición.

-A organización e control do adestramento.

-A evolución da forma ao longo da tempada.

-O control do estado físico do/a atleta en relación co resultado.

-O adestramento das carreiras de remudas 4x100 e 4x400 metros.

Criterios de avaliación

-Interpretar os resultados do estudo biomecánico real dos xestos técnicos dun/dunha corredor/a de velocidade.

-Determinar e xustificar, nun suposto dun/dunha velocista de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, un programa de:

* Adestramento da técnica.

* Adestramento das capacidades físicas básicas.

* Descanso e recuperación.

-Planificar o adestramento de corredores/as para un ciclo plurianual concretando:

* Unha tempada deportiva.

* Os macrociclos e os mesociclos.

* Os microciclos.

* Os medios e métodos necesarios para efectuar os adestramentos.

-Determinar, nun suposto dun/dunha corredor/a de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, os mecanismos de control e os métodos de recuperación por parte do/a adestrador/a nos estados de fatiga.

Módulo de optimación da técnica e o adestramento

das carreiras de medio fondo, fondo e obstáculos

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento dos aspectos que interveñen no rendemento nas carreiras de medio fondo, fondo e obstáculos.

-Analizar os xestos técnicos dos/as corredores/as de medio fondo, fondo e obstáculos.

-Interpretar as análises biomecánicas das carreiras de medio fondo, fondo e obstáculos.

-Empregar as ferramentas da biomecánica para o control do rendemento dos/as corredores/as de medio fondo, fondo e obstáculos.

-Planificar o adestramento a longo prazo dos/as corredores/as de medio fondo, fondo e obstáculos con vistas ao alto rendemento.

-Establecer os criterios para realizar o seguimento e o control do adestramento de corredores.

Contidos

-Biomecánica das carreiras de medio fondo, fondo e obstáculos. Parámetros determinantes.

-Estudo da técnica de carreira nas especialidades de medio fondo, fondo e obstáculos.

-Táctica de competicións.

-O adestramento do/a corredor/a de medio fondo, fondo e obstáculos.

-O adestramento das capacidades físicas implicadas no rendemento de medio fondo, fondo e obstáculos.

-A planificación a longo prazo do adestramento e a participación nas especialidades de medio fondo, fondo e obstáculos.

-O control do adestramento e do rendemento.

-A evolución da forma ao longo da tempada.

Criterios de avaliación

-Interpretar os resultados do estudo biomecánico real dos xestos técnicos dun/dunha corredor/a de medio fondo, fondo ou obstáculos.

-Determinar e xustificar, nun suposto dun/dunha fondista de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, un programa de:

* Adestramento da técnica.

* Adestramento das capacidades físicas básicas.

* Descanso e recuperación.

-Planificar o adestramento de corredores de resistencia para un ciclo plurianual concretando:

* Unha tempada deportiva.

* Os macrociclos e os mesociclos.

* Os microciclos.

* Os medios e métodos necesarios para efectuar os adestramentos.

-Determinar, nun suposto dun/dunha corredor/a de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, os mecanismos de control e os métodos de recuperación por parte do/a adestrador/a nos estados de fatiga.

Módulo de optimación da técnica e o adestramento

das carreiras con valados

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento dos aspectos que interveñen no rendemento nas carreiras con valados.

-Analizar os xestos técnicos das carreiras con valados de alto rendemento.

-Interpretar as análises biomecánicas das carreiras con valados.

-Empregar as ferramentas que brinda a biomecánica para o control do rendemento das carreiras con valados.

-Planificar o adestramento a longo prazo dos/as valistas con vistas ao alto rendemento.

-Efectuar o adestramento sistemático das técnicas das carreiras con valados, con vistas ao alto rendemento.

-Establecer os criterios para realizar o seguimento e o control do adestramento de corredores.

Contidos

-Biomecánica das carreiras con valados.

-Parámetros do rendemento. Perfís dos/as valistas.

-Análise da técnica das carreiras de 100, 110 e 400 metros valados.

-O ritmo dos 100 e 110 metros valados.

-O ritmo das carreiras de 400 metros valados.

-O adestramento dos 110 e os 100 metros valados.

-O adestramento dos 400 metros valados.

-A planificación do adestramento e a competición.

-A metodoloxía do ensino das carreiras con valados.

-A organización e o control do adestramento e do rendemento do/a corredor/a con valados.

-A evolución da forma ao longo da tempada.

Criterios de avaliación

-Interpretar os resultados do estudo biomecánico real dos xestos técnicos dun/dunha corredor/a con valados.

-Determinar e xustificar, nun suposto dun/dunha valista de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, un programa de:

* Adestramento da técnica.

* Adestramento das capacidades físicas básicas.

* Descanso e recuperación.

-Planificar o adestramento de valistas para un ciclo plurianual concretando:

* Unha tempada deportiva.

* Os macrociclos e os mesociclos.

* Os microciclos.

* Os medios e métodos necesarios para efectuar os adestramentos.

-Determinar, nun suposto dun/dunha corredor/a de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, os mecanismos de control e os métodos de recuperación por parte do/a adestrador/a nos estados de fatiga.

Módulo de optimación da técnica e o adestramento

da marcha

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento dos aspectos que interveñen no rendemento nos/as marchadores/as.

-Analizar os xestos técnicos da marcha de alto rendemento.

-Interpretar as análises biomecánicas dos/as marchadores/as.

-Empregar as ferramentas que brinda a biomecánica para o control do rendemento dos/as marchadores/as.

-Planificar o adestramento a longo prazo dos/as marchadores/as con vistas ao alto rendemento.

-Efectuar o adestramento sistemático das técnicas da marcha con vistas ao alto rendemento.

-Establecer os criterios para realizar o seguimento e o control do adestramento de marchadores/as.

Contidos

-Biomecánica da marcha.

-Análise da técnica da marcha.

-Táctica de competicións.

-O adestramento do/a marchador/a de alto rendemento.

-A planificación do adestramento e a competición.

-A organización e control do adestramento.

-A evolución da forma ao longo da tempada.

Criterios de avaliación

-Interpretar os resultados dun estudo biomecánico real sobre os xestos técnicos do/a marchador/a.

-Detectar, nunhas imaxes de marchadores/as de alto rendemento, os erros de execución técnica, explicar as súas causas e propoñer exercicios para a mellora da execución.

-Aplicar sen erro os criterios para avaliar a progresión técnica dos/as marchadores/as de alto nivel.

-Determinar e xustificar, nun suposto dun/dunha marchador/a de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, un programa de:

* Adestramento da técnica.

* Adestramento das capacidades físicas básicas.

-Descanso e recuperación.

-Planificar o adestramento de marchadores/as para un ciclo plurianual concretando:

* Unha tempada deportiva.

* Os macrociclos e os mesociclos.

* Os microciclos.

* Os medios e métodos necesarios para efectuar os adestramentos.

-Determinar, nun suposto dun/dunha marchador/a de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, os mecanismos de control e os métodos de recuperación por parte do/a adestrador/a nos estados de fatiga.

Módulo de optimación da técnica e o adestramento

do lanzamento de disco

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento dos aspectos que interveñen no rendemento nos/as lanzadores/as de disco.

-Analizar os xestos técnicos dos/as lanzadores/as de disco de alto rendemento.

-Interpretar as análises biomecánicas dos lanzamentos de disco.

-Empregar as ferramentas da biomecánica para o control do rendemento dos/as lanzadores/as de disco.

-Planificar o adestramento a longo prazo dos/as lanzadores/as de disco con vistas ao alto rendemento.

-Efectuar o adestramento sistemático das técnicas de lanzamento de disco, con vistas ao alto rendemento.

-Establecer os criterios para realizar o seguimento e o control do adestramento dos/as lanzadores/as.

Contidos

-Biomecánica do lanzamento de disco. Parámetros determinantes.

-Perfil do/a lanzador/a de disco.

-A técnica do lanzamento de disco. Fases.

-Detección e corrección de erros xestuais.

-A planificación do adestramento e da competición para o lanzamento de disco de alto rendemento.

-Os medios e métodos para o adestramento de lanzamento de disco.

-A organización e control do adestramento de lanzamento de disco, en función do rendemento.

-A evolución da forma ao longo da tempada.

Criterios de avaliación

-Interpretar os resultados dun estudo biomecánico real sobre os xestos técnicos do/a lanzador/a de disco.

-Detectar, nunhas imaxes de lanzadores/as de disco de alto rendemento, os erros de execución técnica, explicar as súas causas e propoñer exercicios para a mellora da execución.

-Aplicar sen erro os criterios para avaliar a progresión técnica dos/as lanzadores/as de disco de alto rendemento.

-Determinar e xustificar, nun suposto dun/dunha lanzador/a de disco de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, un programa de:

* Adestramento da técnica.

* Adestramento das capacidades físicas básicas.

* Descanso e recuperación.

-Planificar o adestramento de lanzadores/as de disco para ciclo plurianual concretando:

* Unha tempada deportiva.

* Os macrociclos e os mesociclos.

* Os microciclos.

* Os medios e métodos necesarios para efectuar os adestramentos.

-Determinar, nun suposto dun/dunha lanzador/a de disco de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, os mecanismos de control e os métodos de recuperación por parte do/a adestrador/a nos estados de fatiga.

Módulo de optimación da técnica e o adestramento

do lanzamento de xavelina

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento dos aspectos que interveñen no rendemento nos/as lanzadores/as de xavelina.

-Analizar os xestos técnicos dos/as lanzadores/as de xavelina de alto rendemento.

-Interpretar as análises biomecánicas dos lanzamentos de xavelina.

-Empregar as ferramentas da biomecánica para o control do rendemento dos/as lanzadores/as de xavelina.

-Planificar o adestramento a longo prazo dos/as lanzadores/as de xavelina con vistas ao alto rendemento.

-Efectuar o adestramento sistemático das técnicas de lanzamento de xavelina, con vistas ao alto rendemento.

-Establecer os criterios para realizar o seguimento e o control do adestramento dos/as lanzadores/as de xavelina.

Contidos

-Biomecánica do lanzamento de xavelina. Parámetros determinantes.

-Perfil do/a lanzador/a de xavelina.

-A técnica do lanzamento de xavelina. Fases.

-Detección e corrección de erros xestuais.

-A planificación do adestramento e da competición do xavelinista de alto rendemento.

-Os medios e métodos para o adestramento.

-A organización e control do adestramento en función do rendemento.

Criterios de avaliación

-Interpretar os resultados dun estudo biomecánico real sobre os xestos técnicos do/a lanzador/a de xavelina.

-Detectar, nunhas imaxes de lanzadores/as de xavelina de alto rendemento, os erros de execución técnica, explicar as súas causas e propoñer exercicios para a mellora da execución.

-Aplicar sen erro os criterios para avaliar a progresión técnica dos/as lanzadores/as de xavelina de alto rendemento.

-Determinar e xustificar, nun suposto dun/dunha lanzador/a de xavelina de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, un programa de:

* Adestramento da técnica.

* Adestramento das capacidades físicas básicas.

* Descanso e recuperación.

-Planificar o adestramento de lanzadores/as de xavelina para un ciclo plurianual concretando:

* Unha tempada deportiva.

* Os macrociclos e os mesociclos.

* Os microciclos.

* Os medios e métodos necesarios para efectuar os adestramentos.

-Determinar, nun suposto dun/dunha lanzador/a de xavelina de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, os mecanismos de control e os métodos de recuperación por parte do/a adestrador/a nos estados de fatiga.

Módulo de optimación da técnica e o adestramento

do lanzamento de martelo

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento dos aspectos que interveñen no rendemento nos/as lanzadores/as de martelo de alto rendemento.

-Analizar os xestos técnicos dos/as lanzadores/as de martelo de alto rendemento.

-Interpretar as análises biomecánicas dos lanzamentos do martelo.

-Empregar as ferramentas da biomecánica para o control do rendemento dos/as lanzadores/as de martelo.

-Planificar o adestramento a longo prazo dos/as lanzadores/as de martelo con vistas ao alto rendemento.

-Efectuar o adestramento sistemático das técnicas de lanzamento de martelo, con vistas ao alto rendemento.

-Establecer os criterios para realizar o seguimento e o control do adestramento dos/as lanzadores/as.

Contidos

-Biomecánica do lanzamento de martelo. Parámetros determinantes.

-Perfil do/a lanzador/a de martelo de alto rendemento.

-A técnica do lanzamento de martelo. Fases.

-Detección e corrección de erros xestuais.

-A planificación do adestramento e da competición.

-Os medios e métodos para o adestramento.

-A organización e control do adestramento en función do rendemento.

Criterios de avaliación

-Interpretar os resultados dun estudo biomecánico real sobre os xestos técnicos do/a lanzador/a de martelo.

-Detectar, nunhas imaxes de lanzadores de martelo de alto rendemento, os erros de execución técnica, explicar as súas causas e propoñer exercicios para mellora da execución.

-Aplicar sen erro os criterios para avaliar a progresión técnica dos/as lanzadores/as de martelo de alto rendemento.

-Determinar e xustificar, nun suposto dun/dunha lanzador/a de martelo de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, un programa de:

* Adestramento da técnica.

* Adestramento das capacidades físicas básicas.

* Descanso e recuperación.

-Planificar o adestramento de lanzadores/as de martelo para un período ciclo plurianual concretando:

* Unha tempada deportiva.

* Os macrociclos e os mesociclos.

* Os microciclos.

* Os medios e métodos necesarios para efectuar os adestramentos.

-Determinar, nun suposto dun/dunha lanzador/a de martelo de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, os mecanismos de control e os métodos de recuperación por parte do/a adestrador/a nos estados de fatiga.

Módulo de optimación da técnica e o adestramento

do lanzamento de peso

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento dos aspectos que interveñen no rendemento nos/as lanzadores/as de peso.

-Analizar os xestos técnicos dos/as lanzadores/as de peso de alto rendemento.

-Interpretar as análises biomecánicas dos lanzamentos de peso.

-Empregar as ferramentas da biomecánica para o control do rendemento dos/as lanzadores/as de peso.

-Planificar o adestramento a longo prazo dos/as lanzadores/as de peso con vistas ao alto rendemento.

-Efectuar o adestramento sistemático das técnicas de lanzamentos de peso, con vistas ao alto rendemento.

-Establecer os criterios para realizar o seguimento e o control do adestramento dos/as lanzadores/as de peso de alto rendemento.

Contidos

-Biomecánica do lanzamento de peso. Parámetros determinantes.

-Perfil do/a lanzador/a de peso de alto rendemento.

-A técnica do lanzamento de peso. Fases.

-Detección e corrección de erros xestuais.

-A planificación do adestramento e da competición.

-Os medios e métodos para o adestramento do lanzamento de peso.

-A organización e control do adestramento en función do rendemento.

-A evolución da forma ao longo da tempada.

Criterios de avaliación

-Interpretar os resultados dun estudo biomecánico real sobre os xestos técnicos do/a lanzador/a de peso.

-Detectar, nunhas imaxes de lanzadores de peso de alto rendemento, os erros de execución técnica, explicar as súas causas e propoñer exercicios para a mellora da execución.

-Aplicar sen erro os criterios para avaliar a progresión técnica dos/as lanzadores/as de peso de alto rendemento.

-Determinar e xustificar, nun suposto dun/dunha lanzador/a de peso de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, un programa de:

* Adestramento da técnica.

* Adestramento das capacidades físicas básicas.

* Descanso e recuperación.

-Planificar o adestramento de lanzadores/as de peso para un ciclo plurianual concretando:

* Unha tempada deportiva.

* Os macrociclos e os mesociclos.

* Os microciclos.

* Os medios e métodos necesarios para efectuar os adestramentos.

-Determinar, nun suposto dun/dunha lanzador/a de peso de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, os mecanismos de control e os métodos de recuperación por parte do/a adestrador/a nos estados de fatiga.

Módulo de optimación da técnica e o adestramento

do salto de altura

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento dos aspectos que interveñen no rendemento nos/as saltadores/as de altura.

-Analizar os xestos técnicos dos/as saltadores/as de altura de alto rendemento.

-Interpretar as análises biomecánicas dos/as saltadores/as de altura.

-Empregar as ferramentas da biomecánica para o control do rendemento dos/as saltadores/as de altura.

-Planificar o adestramento a longo prazo dos/as saltadores/as de altura con vistas ao alto rendemento.

-Efectuar o adestramento sistemático das técnicas dos saltos de altura, con vistas ao alto rendemento.

-Establecer os criterios para realizar o seguimento e o control do adestramento dos/as saltadores/as de altura.

Contidos

-Biomecánica do salto de altura. Factores determinantes.

-Perfil do/a saltador/a de salto de altura.

-Análise da técnica de salto de altura. Fases.

-A metodoloxía do ensino do salto de altura.

-Detección e corrección de erros xestuais.

-A planificación do adestramento e da competición do/a saltador/a de altura.

-O adestramento de salto de altura.

-A organización e control do adestramento do/a saltador/a de altura en función do rendemento.

-Os medios e métodos para o adestramento do salto de altura.

-A evolución da forma ao longo da tempada.

Criterios de avaliación

-Interpretar os resultados dun estudo biomecánico real sobre os xestos técnicos dun/dunha saltador/a de altura.

-Detectar, nunhas imaxes de saltadores/as de altura de alto rendemento, os erros de execución técnica, explicar as súas causas e propoñer exercicios para mellora da execución.

-Aplicar sen erro os criterios para avaliar a progresión técnica dos/as saltadores/as de altura de alto rendemento.

-Determinar e xustificar, nun suposto dun/dunha saltador/a de altura de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, un programa de:

* Adestramento da técnica.

* Adestramento das capacidades físicas básicas.

* Descanso e recuperación.

-Planificar o adestramento dos/as saltadores/as de altura para un ciclo plurianual concretando:

* Unha tempada deportiva.

* Os macrociclos e os mesociclos.

* Os microciclos.

* Os medios e métodos necesarios para efectuar os adestramentos.

-Determinar, nun suposto dun/dunha saltador/a de altura de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, os mecanismos de control e os métodos de recuperación por parte do/a adestrador/a nos estados de fatiga.

Módulo de optimación da técnica e o adestramento

do salto de lonxitude

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento dos aspectos que interveñen no rendemento nos/as saltadores/as de lonxitude.

-Analizar os xestos técnicos dos/as saltadores/as de lonxitude de alto nivel.

-Interpretar as análises biomecánicas dos/as saltadores/as de lonxitude.

-Empregar as ferramentas da biomecánica para o control do rendemento dos/as saltadores/as de lonxitude.

-Planificar o adestramento a longo prazo dos/as saltadores/as de lonxitude con vistas ao alto rendemento.

-Efectuar o adestramento sistemático das técnicas dos saltos de lonxitude, con vistas ao alto rendemento.

-Establecer os criterios para realizar o seguimento e o control do adestramento dos/as saltadores/as de lonxitude.

Contidos

-Biomecánica do salto de lonxitude. Factores determinantes.

-Perfís dos/as saltadores/as de lonxitude de alto rendemento.

-Análises das técnicas de salto de lonxitude. Fases.

-Detección e corrección de erros xestuais.

-A metodoloxía do ensino do salto de lonxitude.

-O adestramento do salto de lonxitude.

-Organización e control do adestramento en función do rendemento.

-A planificación do adestramento e a competición.

-Os medios e os métodos de adestramento do salto de lonxitude.

-Evolución da forma ao longo da tempada.

Criterios de avaliación

-Interpretar os resultados dun estudo biomecánico real sobre os xestos técnicos dun/dunha saltador/a de lonxitude.

-Detectar, nunhas imaxes de saltadores de lonxitude de alto rendemento, os erros de execución técnica, explicar as súas causas e propoñer exercicios para a mellora da execución.

-Aplicar sen erro os criterios para avaliar a progresión técnica dos/as saltadores/as de lonxitude de alto rendemento.

-Determinar e xustificar, nun suposto dun/dunha saltador/a de lonxitude de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, un programa de:

* Adestramento da técnica.

* Adestramento das capacidades físicas básicas.

* Descanso e recuperación.

-Planificar o adestramento dos/as saltadores/as de lonxitude para un ciclo plurianual, concretando:

* Unha tempada deportiva.

* Os macrociclos e os mesociclos.

* Os microciclos.

* Os medios e métodos necesarios para efectuar os adestramentos.

-Determinar, nun suposto dun/dunha saltador/a de lonxitude de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, os mecanismos de control e os métodos de recuperación por parte do/a adestrador/a nos estados fatiga.

Módulo de optimación da técnica e o adestramento

do triplo salto

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento dos aspectos que interveñen no rendemento nos/as saltadores/as de triplo salto.

-Analizar os xestos técnicos dos/as saltadores/as de triplo salto.

-Interpretar as análises biomecánicas dos/as saltadores/as de triplo salto.

-Empregar as ferramentas da biomecánica para o control do rendemento dos/as saltadores/as de triplo salto.

-Planificar o adestramento a longo prazo dos/as saltadores/as de triplo salto con vistas ao alto rendemento.

-Efectuar o adestramento sistemático das técnicas do triplo salto, con vistas ao alto rendemento.

-Establecer os criterios para realizar o seguimento e o control do adestramento dos/as saltadores/as de triplo salto.

Contidos

-Biomecánica do triplo salto. Factores determinantes.

-Perfís dos/as saltadores/as de triplo salto de alto rendemento.

-Análise da técnica de triplo salto. Fases.

-Detección e corrección de erros xestuais.

-A metodoloxía do ensino do triplo salto.

-O adestramento do triplo salto.

-Organización e control do adestramento do triplo salto en función do rendemento.

-A planificación do adestramento e a competición.

-Os medios e os métodos de adestramento do triplo salto.

-Evolución da forma ao longo da tempada.

Criterios de avaliación

-Interpretar os resultados dun estudo biomecánico real sobre os xestos técnicos dun/dunha saltador/a de triplo salto.

-Detectar, nunhas imaxes de saltadores de triplo salto de alto rendemento, os erros de execución técnica, explicar as súas causas e propoñer exercicios para a mellora da execución.

-Aplicar sen erro os criterios para avaliar a progresión técnica dos/as saltadores/as de triplo salto de alto rendemento.

-Determinar e xustificar, nun suposto dun/dunha saltador/a de triplo salto de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, un programa de:

* Adestramento da técnica.

* Adestramento das capacidades físicas básicas.

* Descanso e recuperación.

-Planificar o adestramento dos/as saltadores/as de triplo salto para un ciclo plurianual concretando:

* Unha tempada deportiva.

* Os macrociclos e os mesociclos.

* Os microciclos.

* Os medios e métodos necesarios para efectuar os adestramentos.

-Determinar, nun suposto dun/dunha saltador/a de triplo salto de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, os mecanismos de control e os métodos de recuperación por parte do/a adestrador/a nos estados de fatiga.

Módulo de optimación da técnica e o adestramento

do salto con pértega

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento dos aspectos que interveñen no rendemento nos/as saltadores/as de pértega.

-Analizar os xestos técnicos dos/as saltadores/as de pértega.

-Interpretar as análises biomecánicas dos/as saltadores/as de pértega.

-Empregar as ferramentas da biomecánica para o control do rendemento dos/as saltadores/as de pértega.

-Planificar o adestramento a longo prazo dos/as saltadores/as de pértega de alto rendemento.

-Efectuar o adestramento sistemático das técnicas dos saltos con pértega, con vistas ao alto rendemento.

-Establecer os criterios para realizar o seguimento e o control do adestramento dos/as perteguistas de alto rendemento.

Contidos

-Biomecánica do salto con pértega. Factores determinantes.

-Perfil do/a saltador/a de pértega de alto rendemento.

-Análise da técnica de salto con pértega. Fases.

-Detección e corrección de erros xestuais.

-Os materiais e instalacións.

-A metodoloxía do ensino da técnica.

-O adestramento do salto con pértega.

-A organización e control do adestramento do/a saltador/a de pértega de alto rendemento.

-A planificación do adestramento e da competición.

-A evolución da forma ao longo da tempada.

Criterios de avaliación

-Afondar no coñecemento dos aspectos que interveñen no rendemento nos/as saltadores/as de pértega.

-Detectar, nunhas imaxes de saltadores de pértega de alto rendemento, os erros de execución técnica, explicar as súas causas e propoñer exercicios para a mellora da execución.

-Aplicar sen erro os criterios para avaliar a progresión técnica dos/as saltadores/as de pértega de alto rendemento.

-Establecer e definir criterios para a elección das pértegas máis axeitadas.

-Determinar e xustificar, nun suposto dun/dunha saltador/a de pértega de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, un programa de:

* Adestramento da técnica.

* Adestramento das capacidades físicas básicas.

* Descanso e recuperación.

-Planificar o adestramento dos/as saltadores/as de pértega para un ciclo plurianual concretando:

* Unha tempada deportiva.

* Os macrociclos e os mesociclos.

* Os microciclos.

* Os medios e métodos necesarios para efectuar os adestramentos.

-Determinar, nun suposto dun/dunha saltador/a de pértega de alto rendemento de características dadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, os mecanismos de control e os métodos de recuperación por parte do/a adestrador/a nos estados de fatiga.

Módulo de metodoloxía das técnicas de optimación

do adestramento das probas combinadas

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento dos aspectos que interveñen no rendemento nos/nas atletas participantes nas probas combinadas.

-Planificar o adestramento a longo prazo dos/as atletas de probas combinadas con vistas ao alto rendemento.

-Establecer os criterios para realizar o seguimento e o control do adestramento dos/as atletas de probas combinadas.

Contidos

-Perfil do/a atleta de probas combinadas de alto rendemento.

-Os materiais e instalacións necesarios para as probas combinadas.

-O adestramento das probas combinadas para un/unha atleta de alto rendemento.

-A organización e control do adestramento do/a atleta de probas combinadas.

-A planificación do adestramento e da competición das probas combinadas.

-A evolución da forma ao longo da tempada.

-Os controis do adestramento en función do rendemento.

-Estudo da relación gasto/utilidade do adestramento en función da táboa de puntuación.

-O adestramento das capacidades físicas en función do rendemento nas probas combinadas. Combinacións máis axeitadas.

-Procesos de rexeneración biolóxica e psíquica que se utilizan no adestramento e a competición nas probas combinadas.

Criterios de avaliación

-Planificar o adestramento dos/as atletas de alto rendemento en probas combinadas para un ciclo plurianual concretando:

* Unha tempada deportiva.

* Os macrociclos e os mesociclos.

* Os microciclos.

* Os medios e métodos necesarios para efectuar os adestramentos.

-Determinar, nun suposto dun/dunha atleta de alto rendemento de características dadas, participante en probas combinadas, para un período de tempo dentro da tempada deportiva e cun obxectivo deportivo establecido, os mecanismos de control e os métodos de recuperación por parte do/a adestrador/a nos estados fatiga.

Módulo de regulamento das especialidades atléticas III

Obxectivos formativos

-Coñecer as competencias dos oficiais da competición.

-Explicar o regulamento das competicións.

-Determinar as normas e condicións para a realización das probas atléticas.

Contidos

-Oficiais da competición.

-Regulamento xeral da competición.

* Regulamento das carreiras en pista ao aire libre.

* Regulamento das carreiras de campo a través.

* Regulamento das carreiras en estrada.

* Regulamento dos saltos.

* Regulamento dos lanzamentos.

* Regulamento das probas de marcha.

* Regulamento das probas combinadas.

* Regulamento das probas en pista cuberta.

Criterios de avaliación

-Determinar, nun suposto dunha competición deportiva, para cada un dos oficiais:

* As competencias e funcións.

* A localización e características distintivas.

* Os procedementos de comunicación entre os/as adestradores/as e cada un dos oficiais da competición.

-Definir, nun suposto práctico da organización dunha competición dunha especialidade atlética:

* As normas xerais.

* A secretaría da competición.

* A asistencia a atletas.

* A presentación de empates.

* A formulación de reclamacións.

* O establecemento de récords.

* A medición da velocidade do vento.

* As características das zonas onde se desenvolverá a competición.

* As características dos implementos.

* As características das vestimentas dos/as atletas.

* As condicións de seguranza.

* A publicación de avisos, advertencias e descualificacións.

* As características dos postos de esponxas/bebidas e avituallamento.

-Definir, nun suposto práctico da organización dunha carreira:

* As características e requisitos da cronometraxe oficial.

* As características e requisitos das carreiras en estrada.

* As características e requisitos das carreiras de campo a través.

* A seguranza.

* Os circuítos de carreira.

* As diferenzas entre o regulamento de competición en pista e en pista cuberta.

Módulo de seguranza deportiva II

Obxectivos formativos

-Previr as lesións máis frecuentes no atletismo de alto rendemento.

Contidos

-Lesións máis frecuentes no atletismo de alto rendemento.

* Principais causas de lesións.

* Prevención das lesións.

* Recuperación das lesións.

-Participación dos/as adestradores/as na recuperación de lesións máis frecuentes do atletismo.

-Efecto do quecemento na prevención das lesións.

-Efectos da volta á calma como prevención de lesións e aceleración dos procesos adaptativos.

Criterios de avaliación

-Describir as lesións ou traumatismos máis usuais na práctica de cada unha das especialidades atléticas de alto rendemento, en relación ás causas que o producen, a súa prevención, os síntomas que presentan, as normas de actuación, os factores que predispoñen, etc.

-Describir a actuación do/a adestrador/a na recuperación das lesións máis frecuentes das especialidades atléticas.

-Programar e dirixir as actuacións para a prevención das lesións máis frecuentes durante a práctica das especialidades atléticas de alto rendemento.

Bloque complementario

Módulo de lingua estranxeira: inglés

Obxectivos formativos

-Amosar un nivel básico de inglés.

-Coñecer as principais estruturas gramaticais.

-Expresarse basicamente de forma oral e escrita.

-Identificar nesta lingua algúns termos relacionados co deporte.

Contidos

-Os números ordinais e cardinais.

-Os substantivos e os adxectivos cualificativos: singular e plural.

-Os artigos determinados, indeterminados e as preposicións.

-Os pronomes persoais e a súa función.

-O verbo: o presente simple, o auxiliar, a negación e a interrogación.

-Colocación das palabras na oración: substantivos, adxectivos, artigos, pronomes, verbos.

-Expresión oral e escrita.

-Termos básicos relacionados co mundo do deporte.

Criterios de avaliación

-Realizar exercicios escritos sobre numeración, substantivos, adxectivos, pronomes e verbos.

-Elaborar oracións correctas desde un punto de vista gramatical.

-Saber aplicar na lingua escrita e falada os pronomes persoais, os verbos, os adxectivos, os substantivos e os artigos.

-Coñecer termos vinculados ao mundo do deporte e aplicalos en situacións dadas.

Bloque de formación práctica

Obxectivos

O bloque de formación práctica do técnico deportivo superior en atletismo ten como finalidade, ademais das indicadas no artigo 6 deste decreto, que o alumnado desenvolva de forma práctica as competencias adquiridas durante o período de formación, aplicando en situacións reais os coñecementos e habilidades adquiridos na formación teórica e práctica e obteñan a experiencia necesaria para realizar con eficacia:

-A planificación e dirección do adestramento de deportistas e equipos na súa participación en competicións de atletismo.

-A planificación e dirección do acondicionamento físico de atletas.

-A programación e dirección do ensino deportivo do atletismo.

-A programación e coordinación da actividade dos técnicos deportivos de nivel inferior.

-A dirección dun departamento, sección ou escola de atletismo.

Desenvolvemento

-A formación práctica del técnico deportivo superior en atletismo consistirá na asistencia continuada, durante un período de tempo previamente fixado, realizando as actividades propias do técnico deportivo superior en atletismo, baixo a supervisión dun titor ou titora asignado e con grupos designados para tal efecto. Este período deberá conter no seu desenvolvemento:

* Sesións de adestramentos de atletismo, o 20% do total do tempo do bloque de formación práctica.

* Sesións de acondicionamento físico de atletas, o 10% do total do tempo do bloque de formación práctica.

* Sesións de dirección de equipos, o 20% do total do tempo do bloque de formación práctica.

* Sesións de programación e dirección de ensino deportivo do atletismo, o 20% do total do tempo do bloque de formación práctica.

* Sesións de programación e coordinación de técnicos deportivos de nivel inferior, o 15% do total do tempo do bloque de formación práctica.

* Sesións de dirección dunha escola de atletismo, o 15% do total do tempo do bloque de formación práctica.

-O bloque de formación práctica constará de tres fases: fase de observación, fase de colaboración e fase de actuación supervisada. A observación polo alumnado da actividade formativo-deportiva levaraa a cabo o titor ou titora; a colaboración do alumnado co titor ou titora versará sobre os labores propios da acción deportiva, e na actuación supervisada o alumnado asumirá de forma responsable o conxunto de tarefas propias do proceso de ensino-aprendizaxe ou ben adestramento-rendemento que lle sexa encomendado polo titor ou titora, de acordo cos obxectivos que correspondan.

-Ao final das tres fases, o alumnado realizará una memoria de prácticas, que deberá ser avaliada polo titor ou titora e polo centro onde realizarase a súa formación.

Criterios de avaliación

No bloque de formación práctica só concedese a cualificación de apto/a ou non apto/a. Para acadar a cualificación de apto/a o alumnado terá que:

-Ter asistido como mínimo ao 80% das horas establecidas para cada unha das fases.

-Participar de forma activa nas sesións de traballo.

-Acadar os obxectivos formativos en cada unha das sesións.

-Utilizar unha linguaxe clara e unha correcta terminoloxía específica.

-Presentar correctamente a memoria de prácticas.

-Estruturar a memoria de prácticas polo menos nos puntos seguintes:

* Descrición da estrutura e funcionamento do centro, das instalacións e os espazos das prácticas e do/s grupo/s con que teña realizado o período de prácticas.

* Desenvolvemento das prácticas: fichas de seguimento das prácticas de cada sesión agrupadas por fases.

* Informe de autoavaliación das prácticas.

* Informe de avaliación do titor ou titora.

Proxecto final

Obxectivo

-O proxecto final ten como obxectivo comprobar que o alumno/a asimilou e é capaz de integrar, sincretizar e aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos durante o proceso formativo e, en consecuencia, de desempeñar unha actividade profesional no campo propio do técnico deportivo superior en atletismo.

Contido

O proxecto final consistirá na concepción e elaboración dun traballo monográfico que versará sobre algún dos aspectos seguintes da súa formación:

-O adestramento de atletas e equipos de atletismo.

-A dirección técnica de equipos de atletismo.

-O acondicionamento físico de atletas.

-A dirección de técnicos deportivos de atletismo.

-A dirección de escolas de atletismo.

-O ensino do atletismo.

O proxecto final constará das seguintes partes:

-Introdución, que establecerá os obxectivos do traballo, a súa relación con outros traballos precedentes se os houber e o seu enfoque xeral.

-Núcleo do proxecto.

-Referencias bibliográficas e iconográficas utilizadas para a elaboración do traballo.

Avaliación

O proxecto final será cualificado seguindo a escala numérica dun a dez puntos, sen decimais. Consideraranse positivas as cualificacións iguais ou superiores a cinco puntos, ambas inclusive; e negativas, as restantes.

Valorarase no proxecto:

-A realización dun traballo orixinal.

-A utilización dunha linguaxe clara e unha correcta terminoloxía específica.

-A presentación e estruturación correcta do proxecto.

-A pertinencia e a viabilidade do proxecto.

-A realización dunha completa revisión bibliográfica.

ANEXO IV

Correspondencias e acceso a outros estudos

1. Módulos de formación que poderán ser obxecto de correspondencia coa práctica deportiva de alto nivel (Real decreto 1467/1997), do 19 de setembro, sobre deportistas de alto nivel.

A práctica dos/as deportistas que obtivesen a consideración de deportistas de alto nivel nalgunha das especialidades de atletismo poderá ser de obxecto de correspondencia formativa cos módulos de formación técnica e metodoloxía do ensino e do adestramento da especialidade deportiva en que obtivesen a devandita consideración.

2. Acceso a outros estudos.

-O título de técnico deportivo superior de atletismo dará acceso aos seguintes estudos universitarios:

* Mestre/a (todas as especialidades).

* Diplomado/a en educación social.

* Diplomado/a en empresas e actividades turísticas.

* Diplomado/a en enfermaría.

* Diplomado/a en fisioterapia.

* Diplomado/a en terapia ocupacional.

* Diplomado/a en traballo social.

* Diplomado/a en turismo.

* Licenciado/a en ciencias da actividade física e do deporte.

ANEXO V

Requisitos mínimos dos centros de formación dos técnicos

de atletismo

1. Requisitos de instalacións xerais.

-Espazos de uso administrativo e docente xenérico. Os centros deberán dispor:

* Sala ou aula de uso múltiple para o desenvolvemento de actividades comúns do centro, cunha capacidade suficiente para o número de prazas autorizadas, conforme a relación 60 m2/35 alumnos/as.

* Polo menos unha aula cunha dimensión mínima de 50 m2, para unha capacidade máxima de 35 alumnos/as.

* Unha unidade de seminario cunha dimensión mínima de 60 m2, con servizos e fondos que garantan a consulta de libros, revistas e documentos en soporte audiovisual; estarán dotados tamén dos medios audiovisuais necesarios para a docencia.

* Espazos independentes para os órganos de goberno e os servizos administrativos do centro, secretaría e sala de profesores/as, todo isto adecuado á capacidade do centro, cunha dimensión mínima de 50 m2.

* Aseos e servizos hixiénico-sanitarios tanto para alumnos/as como para profesores/as, en número adecuado á capacidade do centro, conforme o que dispoña a lexislación que en cada caso sexa de aplicación.

* Dependencias para a almacenaxe do material adecuado ás necesidades do centro.

* Zona de vestiarios adecuada á capacidade do centro, conforme o que dispoña a lexislación que en cada caso sexa de aplicación.

-Requisitos das instalacións e equipamentos docentes deportivos.

a) Os centros de formación de técnicos deportivos de atletismo disporán do espazo suficiente e o equipamento docente necesario nas súas aulas para atender o alumnado inscrito en cada nivel e grao de formación na correspondente especialidade.

b) Ademais, as instalacións estarán dotadas do equipamento de uso colectivo, mobiliario e didáctico suficiente para impartir, con garantías de calidade, as ensinanzas de técnicos de atletismo.

c) Para a impartición das clases teórico prácticas os centros acreditarán que dispoñen de autorización para usar, co fin de impartiren as correspondentes ensinanzas, unha pista de atletismo de polo menos 300 metros, que estea equipada con foxos para saltos de altura, lonxitude, triplo salto e pértega, círculos e zonas de lanzamento de peso, disco, xavelina e martelo, dotadas de ser o caso, con gaiolas protectoras.

d) Ademais, os centros deberán contar como mínimo co material específico que se relaciona a seguir:

* 20 Valados (10 regulamentarias e 10 de iniciación).

* 8 Tacos de saída.

* 10 Testemuñas.

* 10 Pértegas.

* 10 Pesos.

* 10 Xavelinas.

* 10 Martelos.

* 10 Discos.

* 10 Balóns medicinais.

* 2 Xogos de saltómetros de altura cos seus listóns.

* 1 Xogo de saltómetros de pértega cos seus listóns.

2. Requisitos no caso dunha rede de centros cunha mesma titularidade.

No caso dunha rede de centros que se sitúe no ámbito de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, e a titularidade dos cales sexa única, todas as sedes reunirán os requisitos de instalacións, equipamentos e profesorado que estean directamente relacionados coa actividade docente. Pola súa vez, a consellería competente en materia de educación, á vista do informe que poida solicitar ao titular da rede, ditará os criterios que se deben seguir sobre os requisitos que estean directamente relacionados coa súa dirección e administración.

3. Requisitos de seguranza e responsabilidade.

Os centros deberán dispor de:

* Un servizo médico ou, de ser o caso, un concerto de asistencia médica de urxencia.

* Un plan de evacuación de persoas enfermas e accidentadas.

* Un seguro que cubra a responsabilidade civil que puider ser reclamada ao centro, en razón da súa propia actividade.

* Cinco manequíns de recuperación cardiopulmonar.

4. Requisitos de titulación do profesorado.

a) As materias do bloque común serán impartidas polas persoas que acrediten as titulacións que a seguir se detallan ou as que fosen declaradas equivalentes ou homologadas con elas.

Ver referencia pdf "04600D002P005.PDF"