DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 03 de marzo de 2009 Páx. 4.452

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 219/2008, do 25 de setembro, sobre inspección de industria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no DOG nº 199, do 14 de outubro de 2008, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 18.775, artigo 3.3º, onde di: «... e validez as actuacións preventivas realizadas por estes no exercicio da súa función de inspección dentro do seu ámbito competencial nas instalacións industriais e que afecten a seguridade industrial», debe dicir: «... e terán validez as actuacións preventivas realizadas por estes no exercicio da súa función de inspección dentro do seu ámbito competencial nas instalacións industriais e que afecten a seguridade industrial».

Na páxina 18.776, no artigo 6.2º letra a), onde di: «Realizar recomendacións sobre seguridade ao titular do establecemento ou instalación industrial para lograr o máis efectivo cumprimento das disposicións a vixilancia que ten encomendadas o inspector/a», debe dicir: «Realizar recomendacións sobre seguridade ao titular do establecemento ou instalación industrial para lograr o máis efectivo cumprimento das disposicións, a vixilancia das cales ten encomendada o inspector/a».

Na páxina 18.782, no artigo 20.5º, onde di: «...e facilitarán aos funcionarios da inspección, por requirimento», debe dicir: «...e facilitaranlles, por requirimento».

Na páxina 18.782, no artigo 22.4º parágrafo 2, onde di: «A petición do titular da autorización deberá deixarse en poder deste unha mostra testemuña debidamente precintada e marcada», debe dicir: «A petición do titular da instalación deberá deixarse en poder deste unha mostra testemuña debidamente precintada e marcada».

Na páxina 18.783, artigo 26.1º onde di: «Os titulares das instalacións ou establecementos correspondente, ...», debe dicir: «Os titulares das instalacións ou establecementos, ...». Neste mesmo artigo na liña 4, onde di: «... inspección están obrigadas a dar ao inspector/a que realice a inspección...» debe dicir: «... inspección están obrigados a dar ao inspector/a que realice a inspección...».