DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 02 de marzo de 2009 Páx. 4.339

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 36/2009, do 29 de xaneiro, polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo e técnico deportivo superior en baloncesto.

O Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, e o Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polos que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, desenvolven as ensinanzas que conducen á obtención dos títulos de técnico deportivo e técnico deportivo superior, mencionadas no artigo 55 da Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte. Así mesmo, aproban as directrices xerais sobre os títulos e as correspondentes ensinanzas.

Os citados reais decretos, que se ditan sobre a base da competencia que se atribúe ao Goberno na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE), introduce as ensinanzas deportivas no sistema educativo, tal e como queda recollido no artigo 7.3º da Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación (LOCE), e no artigo 3 e no capítulo VIII da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE).

O Real decreto 234/2005, do 4 de marzo, que establece para a modalidade deportiva de baloncesto os títulos de técnico deportivo e técnico deportivo superior, fixa as súas respectivas ensinanzas comúns e determina os diversos aspectos da ordenación académica que, sen prexuízo das competencias atribuídas ás administracións educativas competentes no establecemento do currículo destas ensinanzas de réxime especial, garantan unha formación básica común a todos os alumnos e alumnas. Deste xeito, regula a duración total das ensinanzas de cada título e a duración dos bloques e módulos formativos. Tamén se especifican os requisitos académicos e profesionais do profesorado, as equivalencias de titulacións para os efectos de docencia, as probas de carácter específico para o acceso á formación e os requisitos mínimos dos centros que impartan estas ensinanzas.

O Real decreto 234/2005 e este decreto crean a vía que permite mellorar a formación dos/das técnicos da modalidade de baloncesto.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, establece o sistema nacional de cualificacións e formación profesional como marco das accións formativas dirixidas a responder ás demandas do sector produtivo. Atendendo á capacidade de crecemento, diversidade de servizos e relevancia para os efectos económicos da actividade física e o deporte, exíxese a profesionalización de recursos humanos, incrementando as competencias requiridas polos/as técnicos/as e vinculándoo estes/as á formación profesional. Por isto, a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), establece a posibilidade de que as ensinanzas deportivas se refiran ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

As ensinanzas que regula este decreto configuráronse para dotar os alumnos e alumnas dos coñecementos suficientes para permitirlles o exercicio competente das súas funcións. De acordo con este obxectivo xenérico, incídese en conseguir unha formación completa, cun equilibrio entre o carácter teórico e práctico, de maneira que o proceso de formación se vincule á realidade científico-técnica e social do baloncesto.

No desenvolvemento deste decreto por parte dos centros educativos terase en conta o disposto no artigo 11 do Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo.

De conformidade co exposto, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, logo do informe do Consello Escolar de Galicia, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e nove de xaneiro de dous mil nove,

DISPOÑO:

Capítulo I

As ensinanzas: finalidade, organización e requisitos de acceso

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

Este decreto establece o currículo das ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de técnico deportivo e técnico deportivo superior en baloncesto, que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega, con validez académica e profesional en todo o territorio do Estado, baseándose no Real decreto 234/2005, do 4 de marzo.

Artigo 2º.-Consideración de ensinanzas de réxime especial.

De acordo co previsto no artigo 1 do Real decreto 234/2005, do 4 de marzo, as ensinanzas conducentes á obtención dos títulos oficiais de técnico deportivo e técnico deportivo superior na modalidade de baloncesto, que regula este decreto, terán a consideración de ensinanzas de réxime especial.

Artigo 3º.-Establecemento dos títulos, probas específicas de acceso, ensinanzas, correspondencias e requisitos dos centros.

1. De conformidade co artigo 2 do Real decreto 234/2005, do 4 de marzo, e de acordo co previsto no artigo 55 da Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte, establécense os seguintes títulos:

a) De grao medio: técnico deportivo en baloncesto.

b) De grao superior: técnico deportivo superior en baloncesto.

2. Establécese a duración das ensinanzas e as probas de carácter específico e apróbanse o perfil profesional dos títulos, as ensinanzas, as correspondencias e o acceso a outros estudos, así como os requisitos mínimos dos centros de formación, que se fixan nos anexos I, II, III, IV e V.

Artigo 4º.-Finalidade das ensinanzas.

As ensinanzas conducentes á obtención dos títulos oficiais as que se refire o artigo anterior teñen por finalidade proporcionar ao alumnado a formación necesaria para:

a) Garantir a súa competencia técnica e profesional en baloncesto e unha madureza profesional motivadora de futuras aprendizaxes e adaptacións ao cambio das cualificacións.

b) Comprender as características e a organización da súa modalidade deportiva e coñecer os dereitos e obrigas que derivan das súas funcións.

c) Adquirir os coñecementos e habilidades necesarias para desenvolver o seu labor en condicións de seguridade.

Artigo 5º.-Estruturación das ensinanzas.

1. De acordo co establecido no artigo 4 do Real decreto 234/2005, do 4 de marzo, as ensinanzas estrutúranse en:

a) Un bloque común composto por módulos transversais de carácter científico e técnico xeral, que son coincidentes e obrigatorios para todas as modalidades e especialidades deportivas.

b) Un bloque específico que contén os módulos de formación deportiva de carácter científico e técnico propios de baloncesto.

c) Un bloque complementario que comprende os contidos que teñen por obxectivo formativo o deporte adaptado, así como a atención aos aspectos tecnolóxicos e aqueles outros que desexen incorporar ao currículo as administracións educativas no ámbito das súas respectivas competencias.

d) Un bloque de formación práctica que se realizará ao superar os bloques común, específico e complementario de cada nivel ou grao.

2. No desenvolvemento dos bloques e módulos, así como nas programacións didácticas que se realicen, teranse en conta as especificacións que se establecen na Lei galega 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes, e especialmente no seu artigo 9.1º, así como as prescricións do artigo 24 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, como garantía dunha educación acorde co principio de igualdade.

Artigo 6º.-Formación práctica.

1. De acordo co disposto no artigo 5 do Real decreto 234/2005, do 4 de marzo, o bloque de formación práctica levarase a cabo en institucións deportivas de titularidade pública ou entidades privadas, así como no marco de programas de intercambio internacional.

2. Este bloque de formación práctica terá por finalidade:

a) Completar os coñecementos e destrezas adquiridos nos módulos que integran o currículo.

b) Contribuír ao logro das competencias previstas no anexo III deste decreto

3. A consellería competente en materia de educación, no ámbito das súas competencias, poderá regular a organización e avaliación do bloque de formación práctica correspondente a cada un dos títulos que se establecen no artigo 2º.

Artigo 7º.-Proxecto final.

1. De acordo co artigo 6 do Real decreto 234/2005, do 4 de marzo, para a obtención do título de técnico deportivo superior en baloncesto o alumnado, ademais de cursar as ensinanzas correspondentes ao grao superior, deberá superar un proxecto final.

2. No proxecto final o/a alumno/a deberá acreditar os coñecementos e a metodoloxía exixibles para o exercicio profesional en baloncesto. Este proxecto elaborarao o alumnado de acordo coas características, procedementos de elaboración e criterios de avaliación que se recollen no anexo III.

3. Para os efectos do cómputo total horario, atribúense ao proxecto final 75 horas.

4. O proxecto presentarase despois de superar todos os bloques do proceso formativo.

5. A realización do proxecto final non requirirá a escolarización do/a alumno/a; non obstante, e para facilitar a realización do proxecto final, o centro facilitará os medios e o asesoramento necesario para completalo con éxito.

Artigo 8º.-Requisitos de acceso.

1. Para acceder ao primeiro nivel das ensinanzas de grao medio será necesario ter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para os efectos académicos, e superar as probas de carácter específico que figuran no anexo II.

2. Para acceder ao segundo nivel das ensinanzas de grao medio será necesario acreditar ter superado o primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva en baloncesto.

3. Para acceder ao grao superior será necesario ter o título de bacharel ou equivalente para os efectos académicos, así como o título de técnico deportivo de baloncesto.

4. Será posible acceder a estas ensinanzas sen ter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou de bacharel, sempre que o/a aspirante reúna os outros requisitos de carácter xeral e específico establecidos e, ademais, cumpra as condicións de idade e supere a proba correspondente, segundo se especifica a seguir:

a) Proba de acceso ao grao medio. Ten por obxecto demostrar os coñecementos e habilidades suficientes para cursar con aproveitamento as ensinanzas do devandito grao. Os contidos da proba versarán sobre o currículo de educación secundaria obrigatoria da Comunidade Autónoma de Galicia. Para realizar esta proba requírese unha idade mínima de 17 anos.

b) Proba de acceso ao grao superior. Ten por obxecto demostrar a madureza en relación cos obxectivos formativos do bacharelato. Esta proba versará sobre os contidos das materias comúns do currículo de bacharelato da Comunidade Autónoma de Galicia. Para realizar esta proba requírese unha idade mínima de 19 anos e estar en posesión do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, ou de 18 anos cando se posúa, ademais do título anterior, un título de técnico relacionado con aquel ao cal se desexa acceder.

Tanto nun coma noutro caso, a idade mínima establecida deberá cumprirse dentro do ano natural de realización da proba.

5. En relación á exención das probas específicas de acceso a estas ensinanzas, observarase o disposto na disposición transitoria segunda do Real decreto 1363/2007, onde se establece a vixencia das ensinanzas establecidas ao amparo do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro.

Artigo 9º.-Acceso para persoas en circunstancias especiais.

1. Para o acceso das persoas con discapacidade, en aplicación do que se establece no artigo 8 do Real decreto 234/2005, do 4 de marzo, deberán cumprirse os seguintes requisitos:

a) Acreditarán o grao de discapacidade mediante un certificado emitido polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) ou órgano competente das comunidades autónomas.

b) O tribunal que xulga as probas de carácter poderá adaptar os requisitos específicos a que se refire o anexo II.

2. O citado tribunal avaliará se o grao da discapacidade e as limitacións que acredita a persoa solicitante lle permiten completar con eficacia a formación e levar a cabo o posterior exercicio da actividade formativo-deportiva inherente ao título que se obteña.

Artigo 10º.-Efectos e vixencia das probas de acceso.

1. De conformidade co artigo 9 do Real decreto 234/2005, do 4 de marzo, a superación das probas de carácter específico que se establecen para o acceso ás ensinanzas de baloncesto terán efectos en todo o ámbito do Estado.

2. A superación das probas de carácter específico que se establecen no anexo II terá unha vixencia de 18 meses contados a partir da data de remate das probas.

Artigo 11º.-Aplicación e inspección das probas de acceso.

A consellería competente en materia de educación regulará, no ámbito das súas competencias, a aplicación e inspección das probas de acceso para asegurar o cumprimento obxectivo dos criterios de ingreso e os efectos das probas.

Artigo 12º.-Criterios de admisión.

1. Nos centros sostidos con fondos públicos, cando o número de aspirantes supere o número de prazas ofertadas, aplicaranse os seguintes criterios de admisión:

a) Para o acceso ao ciclo inicial de grao medio, o mellor expediente académico dos/das aspirantes na educación secundaria obrigatoria.

b) Para o acceso ao ciclo superior, a mellor cualificación final das ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo en baloncesto.

2. A consellería competente en materia de educación establecerá unha porcentaxe de prazas reservadas nas ensinanzas deportivas de:

a) Polo menos un 5% das prazas ofertadas para quen acredite algún grao de discapacidade.

b) Polo menos un 10% das prazas ofertadas para deportistas de alto rendemento.

c) Polo menos un 10% das prazas ofertadas para quen acceda acreditando a proba de acceso substitutiva dos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharel para o acceso ás ensinanzas de grao medio e de grao superior.

d) Polo menos un 10% das prazas ofertadas para os que acrediten, segundo o caso, a homologación do seu diploma federativo, ou a validación, ou a correspondencia a que se refiren a disposición adicional cuarta e a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007.

3. Dentro da cota de prazas para deportistas de alto rendemento, terán prioridade os/as deportistas de alto nivel.

Capítulo II

Establecemento do currículo da modalidade de baloncesto

Artigo 13º.-Aprobación do currículo.

1. Para os efectos do disposto neste decreto, enténdese por currículo o conxunto de obxectivos, contidos, competencias básicas, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación en cada un dos niveis e graos.

2. Ao establecer o currículo, tivéronse en conta as necesidades de desenvolvemento económico e social, os recursos humanos do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a adaptación ao ámbito, a participación dos axentes sociais e deportivos, a autonomía pedagóxica, organizativa e económica dos centros e, de forma especial, a súa relación coa organización e práctica deportiva do baloncesto.

3. O currículo das ensinanzas determina a configuración práctica dos módulos e as horas que corresponden aos contidos que merezan tal consideración.

Artigo 14º.-Proxecto educativo e desenvolvemento dos currículos. A autonomía pedagóxica.

1. Os centros docentes, dentro do marco xeral que estableza a consellería competente en materia de educación, elaborarán o proxecto educativo en que fixarán os obxectivos e as prioridades educativas, así como os procedementos de actuación. Igualmente, os centros farán público o proxecto educativo e facilitarán canta información favoreza unha maior participación da comunidade educativa

2. Así mesmo, os centros docentes desenvolverán os currículos establecidos pola consellería competente en materia de educación mediante as programacións didácticas, entendidas como os instrumentos de planificación curricular específicos para cada un dos módulos e bloques de formación.

3. A autonomía pedagóxica entenderase conforme queda fixada no artigo 120 da Lei orgánica 2/2006, de 3 maio, de educación (LOE).

Capítulo III

Avaliación

Artigo 15º.-Criterios xerais da avaliación.

1. A obtención do correspondente certificado de primeiro nivel ou do título correspondente ao grao medio das ensinanzas que se regulan neste decreto requirirá a avaliación positiva dos distintos módulos en que se organizan as ensinanzas así como do bloque de formación práctica. Para a obtención do título de grao superior, ademais da avaliación positiva dos módulos e do bloque de formación práctica, deberase superar o proxecto final.

2. A avaliación da aprendizaxe do alumnado en cada un dos graos realizarase por módulos, considerando os obxectivos formativos e os criterios de avaliación establecidos no currículo para cada módulo, así como a madureza académica dos alumnos e das alumnas en relación coas competencias que se establecen no anexo III.

3. A avaliación da formación práctica realizaraa o/a titor/a ou titora correspondente, de acordo cos criterios e condicións que se establecen neste decreto.

Artigo 16º.-Regulación dos elementos básicos dos informes de avaliación.

Os elementos básicos dos informes de avaliación das ensinanzas que se regulan neste decreto, así como os requisitos formais derivados do proceso de avaliación, que sexan precisos para garantir a mobilidade dos alumnos e das alumnas, axustaranse ao disposto na Orde ECD/454/2002, do 22 de febreiro, ou ao regulamento que a substitúa.

Capítulo IV

Efectos académicos e profesionais dos títulos de grao medio e grao superior de baloncesto

Artigo 17º.-Validez académica e profesional dos títulos.

1. Os títulos de técnico deportivo en baloncesto e de técnico deportivo superior en baloncesto obteranse tras a superación das correspondentes ensinanzas e, de ser o caso, do proxecto final.

2. Os títulos de grao medio e grao superior citados serán equivalentes para todos os efectos aos correspondentes títulos de técnico deportivo e técnico deportivo superior a que se refire o artigo 65 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE).

3. A completa superación do primeiro nivel do grao medio das ensinanzas que se regulan neste decreto dará lugar á obtención do certificado de superación do primeiro nivel en baloncesto.

Artigo 18º.-Validez dos módulos do bloque común.

A superación do bloque común dun determinado nivel ou grao das ensinanzas terá validez para as ensinanzas do mesmo nivel ou grao da modalidade de baloncesto.

Artigo 19º.-Acceso a outros estudos.

1. O título de técnico deportivo en baloncesto permitirá o acceso directo a todas as modalidades de bacharelato, aínda que se accedese ás ensinanzas acreditando a superación da proba de madureza a que se refire este decreto.

2. O título de técnico deportivo superior en baloncesto permitirá o acceso directo aos estudos que se establecen no número 2 do anexo IV.

Artigo 20º.-Correspondencias destas ensinanzas.

Poderán ser obxecto de correspondencia coa práctica deportiva os módulos que se establecen no número 1 do anexo IV.

Capítulo V

Disposicións relativas aos centros e ao profesorado que imparta estas ensinanzas

Artigo 21º.-Centros públicos e privados.

As ensinanzas que se regulan neste decreto impartiranse en centros públicos ou privados dotados dos recursos educativos humanos e materiais necesarios para garantir un ensino de calidade.

Artigo 22º.-Denominación xenérica e específica dos centros.

Os centros das ensinanzas a que se refire este decreto terán a denominación xenérica de centro público ou centro autorizado, segundo o seu carácter público ou privado, seguido doutra que será a que figure na correspondente inscrición rexistral e que non poderá ser coincidente coa de ningún outro centro.

A denominación completarase especificando o grao ou graos da formación que o centro imparta, seguido do termo baloncesto, a cuxas ensinanzas se refire este decreto.

Artigo 23º.-Condicións básicas dos centros.

1. Os centros de formación de técnicos de baloncesto poderán ser autorizados para impartir as ensinanzas de grao medio, de grao superior ou de ambos os dous graos.

2. Os centros de formación de técnicos de baloncesto deberán garantir a continuidade das ensinanzas para as que sexan autorizados. Así mesmo, os centros deberán aplicar os elementos básicos de avaliación a que se refire o capítulo III, de forma que se garanta a mobilidade dos alumnos e das alumnas entre os centros do territorio do Estado.

3. Os centros de formación de técnicos de baloncesto deberán cumprir as condicións materiais e os requisitos de profesorado que se establecen no anexo V.

4. Os centros poderán levar a cabo as ensinanzas en lugares e instalacións distintas daquelas para as que inicialmente recibisen a autorización, sempre que as novas instalacións reúnan os requisitos establecidos, logo de solicitude e da correspondente autorización da consellería competente en materia de educación. Esta autorización terá carácter provisional e só será válida polo tempo que se determine.

Artigo 24º.-Relación de alumnos e alumnas por aula.

Para impartir os contidos teóricos e para as sesións prácticas, o número máximo de alumnos e alumnas por aula será de 35, incluido o alumnado repetidor.

Artigo 25º.-Cumprimento de requisitos de uso público establecidos por outra lexislación vixente aplicable.

1. Os centros ou as instalacións en que estes desenvolvan as súas actividades contarán coas condicións que se exixan na lexislación vixente para este tipo de uso público, ademais dos requisitos que se establecen no anexo V.

2. Os edificios posibilitarán o acceso e a utilización das instalacións ás persoas con discapacidade, de acordo co disposto na lexislación vixente aplicable.

Artigo 26º.-Apertura e funcionamento dos centros privados.

1. A apertura e o funcionamento dos centros privados que impartan as ensinanzas reguladas neste decreto someteranse ao principio de autorización administrativa, que se concederá sempre que reúnan os requisitos establecidos pola consellería competente en materia de educación.

2. Os centros privados relacionaranse, para os efectos administrativos e académicos, coa consellería competente en materia de educación de acordo co número anterior.

3. Para as solicitudes de autorización para os centros promovidos pola Federación Española de Baloncesto, terase en conta o disposto no Real decreto 234/2005, polo que se establecen os títulos de técnico deportivo e técnico deportivo superior en baloncesto.

Artigo 27º.-Inscrición dos centros nos rexistros oficiais.

Con relación á inscrición dos centros de formación de técnicos deportivos de baloncesto, observarase o disposto no artigo 25 do Real decreto 234/2005, do 4 de marzo.

Artigo 28º.-Inspección dos centros.

Con relación á inspección dos centros de formación de técnicos deportivos de baloncesto, terase en conta o disposto no capítulo II do título VII da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE).

Artigo 29º.-Requisitos de titulación do profesorado.

1. As titulacións concordantes requiridas para impartir os distintos módulos das ensinanzas dos/das técnicos/as de baloncesto son as que se establecen no anexo V deste decreto.

2. A acreditación de formación suficiente do profesorado para impartir un módulo realizarase mediante certificación académica persoal, en que conste ter cursado a materia obxecto de acreditación.

3. Para a demostración da competencia en lingua galega, o profesorado acreditará estar en posesión do Celga 4 ou ter realizado o curso de perfeccionamento.

Disposicións adicionais

Primeira.-Non regulación de profesión titulada.

Os elementos que definen o perfil profesional nas correspondentes ensinanzas conducentes aos títulos oficiais de técnicos de baloncesto non constitúen regulación do exercicio de profesión titulada.

Segunda.-Habilitación docente a expertos/as e especialistas.

1. A consellería competente en materia de educación poderá informar o Consello Superior de Deportes sobre deportistas con méritos sobresaíntes no nivel internacional e persoas en que concorran méritos deportivos con prestixio recoñecido e experiencia profesional que asegure, en cada caso, a preparación necesaria para o desempeño da súa función docente, para os efectos de obter habilitación por parte do ministerio competente en materia de educación, segundo o disposto na disposición adicional segunda do Real decreto 234/2005, para impartir as ensinanzas de determinados módulos do bloque específico ou do bloque de formación práctica que se regulan neste decreto.

2. A devandita habilitación docente permite obter a condición de profesor ou profesora especialista para impartir a docencia do módulo correspondente.

Terceira.-Recoñecemento das formacións deportivas e prazo para solicitar a homologación, validación e equivalencia das formacións anteriores de adestradores/as deportivos/as, na modalidade de baloncesto.

1. O procedemento de recoñecemento das formacións anteriores de adestradores/as deportivos/as na modalidade de baloncesto efectuarase, en canto á solicitude e documentación, prazos de emenda, prácticas de dilixencias e trámite de audiencia, conforme o previsto na Orde do 30 de xullo de 1999.

2. A instrución do procedemento correspóndelle á Dirección Xeral de Infraestruturas Deportivas, do Consello Superior de Deportes, tal e como establece o Real decreto 234/2005.

3. As solicitudes de homologación, validación e equivalencia para os efectos profesionais das formacións de adestradores/as deportivos/as, na modalidade de baloncesto, poderanas formular individualmente as persoas interesadas, dentro dun prazo de 10 anos, contado a partir da data en que o BOE publique a resolución do Consello Superior de Deportes en que se fagan públicos os criterios que establecerá para tal fin a comisión creada pola Orde do 8 de novembro de 1999.

Disposicións transitorias

Primeira.-Habilitación especial ao profesorado para impartir docencia.

1. No caso de acreditar experiencia docente previa, terase en conta o que se establece no Real decreto 118/2004, do 23 de xaneiro, polo que se regula o título de especialización didáctica.

2. Ata que se realicen os cursos de especialización didáctica a que se refire o artigo 27 do Real decreto 234/2007, sen prexuízo do expresado no número anterior, a consellería competente en materia de educación, no ámbito das súas competencias e para impartir as ensinanzas dos/das técnicos/as deportivos/as de baloncesto:

a) Habilitará temporalmente a quen reúna os requisitos de titulación e para quen se determina a equivalencia para os efectos de docencia no anexo V.

b) Poderá habilitar temporalmente para impartir determinados módulos do bloque específico ou a titorización da formación práctica a quen estea en posesión do diploma ou certificado de máximo nivel federativo de baloncesto, que fose recoñecido polo Consello Superior de Deportes, conforme o previsto no artigo 42 do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, logo de acreditación pola persoa interesada de que posúe formación ou experiencia docente na materia.

Segunda.-Extinción do período transitorio.

De acordo co establecido no número 2 da disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, para a modalidade de baloncesto, a extinción do período transitorio a que se refire a Orde ECD/3310/2002, do 16 de decembro, que regula os aspectos curriculares e os requisitos xerais das formacións en materia deportiva, iniciarase no ámbito territorial de competencias da comunidade autónoma, segundo o que estableza a norma de aprobación do correspondente currículo.

O Real decreto 234/2005, do 4 de marzo, fixou a extinción do período transitorio dentro dos dous anos seguintes á súa entrada en vigor.

A extinción do período transitorio realizarase, a partir do seu inicio, curso por curso, de forma que os que iniciasen formacións conforme o disposto na citada Orde ECD/3310/2002, do 16 de decembro, poidan completala nos seus tres niveis previstos.

Unha vez extinguido na súa totalidade o período transitorio, os que non completasen a formación soamente poderán facelo a través da súa incorporación ás ensinanzas deportivas de réxime especial que se regulan neste decreto, unha vez resoltos os expedientes de correspondencia formativa conforme o disposto na Orde ECD/3310/2002, do 16 de decembro.

Disposición derrogatoria

Única.-Derrogación normativa.

Quedan derrogadas todas aquelas disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ou contradigan o disposto neste decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira

Autorízase a consellería competente en materia de educación para ditar as disposicións que sexan necesarias para a execución e o desenvolvemento do establecido neste decreto.

Segunda.-Entrada en vigor.

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e nove de xaneiro de dous mil nove.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Títulos oficiais e duración das ensinanzas que conducen aos títulos de grao medio e grao superior de técnicos deportivos en baloncesto

1. Títulos de grao medio.

Técnico deportivo en baloncesto.

2. Títulos de grao superior.

Técnico deportivo superior en baloncesto.

3. Duración total das ensinanzas.

3.1. Grao medio.

Técnico deportivo en baloncesto:

Horas

1º nivel............................................... 400

2º nivel............................................... 610

Total.......................................... 1.010

3.2. Grao superior.

Técnico deportivo superior en baloncesto:

Horas

Total.......................................... 765

4. Duración e organización das ensinanzas.

Ver referencia pdf "04200D001P007.PDF"

ANEXO II

Probas de carácter específico e requisitos deportivos para o acceso ás ensinanzas de técnicos deportivos en baloncesto

Probas de carácter específico de acceso ás ensinanzas

1. Obxectivo e características xerais das probas.

As probas de acceso ás ensinanzas de técnicos en baloncesto teñen por obxectivo que os/as aspirantes demostren que posúen a condición física imprescindible e as destrezas específicas necesarias para seguir con aproveitamento as ensinanzas elixidas.

As probas estarán compostas de dúas partes. O obxectivo da primeira parte da proba é avaliar a condición física do/da aspirante e estará composta polos exercicios que se establecen no número 4 deste anexo. A segunda parte da proba terá como obxectivo avaliar as destrezas específicas fundamentais do baloncesto e estará composta polos exercicios que se establecen no número 5 deste anexo.

O tribunal da proba establecerá os trazados por onde se desenvolverán os exercicios e o tempo de referencia para a súa execución.

Os/as aspirantes actuarán individualmente e na orde que se estableza mediante sorteo público.

Os/as aspirantes disporán de dúas oportunidades para superar cada un dos exercicios que compoñen as probas.

2 Avaliación das probas

Os/as avaliadores/as do tribunal de acceso valorarán de forma privada e independente a execución dos/das aspirantes.

Cada exercicio será valorado tendo en conta exclusivamente o obxectivo proposto para el.

A superación da primeira parte da proba exixirá, pola súa vez, superar todos os exercicios que a compoñen.

A superación da segunda parte da proba exixirá superar o exercicio que a conforma.

Nas probas de acceso só se concederá a cualificación de apto/a ou non apto/a. Para acadar a cualificación de apto/a, os/as aspirantes deberán superar cada unha das dúas partes que compoñen as probas.

3. O tribunal.

O tribunal das probas terá como función verificalas de acordo o especificado neste anexo. Este tribunal que debe organizar e xulgar as probas de acceso será designado polo órgano competente da comunidade autónoma, logo de informe do centro que as convoca, e estará composto por un/unha presidente/a, un/unha secretario/a e polo menos tres avaliadores/as.

A función do/da presidente/a do tribunal será garantir o correcto desenvolvemento das probas de acceso e dos exercicios que a compoñen e comprobar que os obxectivos, contidos e a avaliación dos exercicios que compoñen as probas se ateñen ao establecido neste decreto.

A función do/a secretario/a é redactar a acta do desenvolvemento das probas e certificar que o desenvolvemento se atén ao establecido neste anexo. Tamén realizará as funcións do/a presidente/a na súa ausencia.

Os/as avaliadores/as realizarán a avaliación da condición física, da execución das habilidades específicas e habilidades do xogo dos/das aspirantes en razón dos criterios establecidos neste anexo.

Os/as avaliadores/as nas probas de acceso estarán en posesión do título de técnico deportivo superior en baloncesto e licenciado/a en ciencias da actividade física e do deporte ou equivalente para os efectos de docencia. Poderán tamén actuar como avaliadores/as da primeira parte das probas a que se refire o número 4.1, os que acrediten as titulacións requiridas para impartir os módulos de adestramento deportivo e preparación física, que se determinan no anexo V.

Na designación das persoas integrantes do tribunal atenderase ao principio de paridade, procurando unha representación equilibrada de homes e mulleres, segundo o previsto na Lei 7/2004, para a igualdade de mulleres e homes na Comunidade Autónoma de Galicia, e na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

Estrutura, contidos e avaliación

Primeira parte da proba de acceso: avaliación da condición física.

-Estará composta por tres exercicios.

a) Exercicio nº 1: para avaliar a velocidade de translación. Percorrer unha distancia de 50 metros, en terreo chairo, de piso regular e de trazado recto, no menor tempo posible.

b) Exercicio nº 2: para avaliar a potencia dos principais músculos extensores das extremidades inferiores. Salto vertical.

c) Exercicio nº 3: para avaliar a potencia muscular xeral e as súas condicións de aplicación nas pancas óseas. Lanzamento dun balón medicinal cara a adiante. O peso do balón medicinal será de cinco kg para os homes e de tres kg para as mulleres.

-Valoración dos exercicios. Considerarase superado cada un dos exercicios da primeira parte cando o/a aspirante:

a) No exercicio nº 1, percorrese a distancia de 50 metros nun tempo inferior a 9,5 segundos, para os homes, e 10,5 segundos, para as mulleres.

b) No exercicio nº 2, saltase, polo menos, 32 cm, no caso dos homes, e 26 cm, no caso das mulleres.

c) No exercicio nº 3, lanzase o balón a unha distancia superior a 4,25 metros.

Segunda parte da proba de acceso ás ensinanzas de técnico deportivo en baloncesto.

Obxectivo: avaliar o nivel de execución das habilidades técnicas e de xogo do baloncesto, sen que se cometan infraccións regulamentarias.

-Comporase de tres grupos de tarefas:

a) Grupo 1º: o/a aspirante terá que completar un circuíto técnico que incluirá os seguintes exercicios:

1º Correr cara a diante sobre unha distancia de 15 metros, botando o balón e efectuando varios cambios de dirección.

2º Correr cara adiante sobre unha distancia de 15 metros, botando o balón e realizando varios cambios de ritmo.

3º Correr cara adiante sobre unha distancia de 15 metros, botando o balón, coa maior velocidade posible.

4º Efectuar tres percorridos, botando o balón, para pasalo a un lugar determinado. O tipo de pase debe ser distinto en cada un dos percorridos.

5º Efectuar cinco lanzamentos de tiro libre, empregando a técnica axeitada.

6º Entrar a canastra cos apoios axeitados, e efectuar un lanzamento en bandexa, utilizando a man dereita.

7º Entrar a canastra cos apoios axeitados, e efectuar un lanzamento en bandexa, utilizando a man esquerda.

b) Grupo 2º: consistente nunha carreira combinada con desprazamentos defensivos, que se recomenda realizala en superficie antiescorregadiza.

-O/a aspirante situarase de pé, nun lugar determinado por unha referencia feita no chan, ( ) que estea equidistante entre outras dúas de baixa altura (taquiños de madeira, conos, etc.), separadas unha doutra a unha distancia de nove metros.

-Ao sinal, correrá cara a adiante para tocar unha referencia cunha man (trazo de liña continua); axiña se desprazará lateralmente técnica de pasos defensivos ata tocar tamén coa man a outra referencia (trazo de dobre liña). Finalmente, correrá de fronte ata tocar co pé no punto de partida (trazo de liña continua).

Ver referencia pdf "04200D001P007.PDF"

c) Grupo 3º: realización dunha situación de xogo de tres contra tres en medio campo regulamentario de xogo e durante polo menos seis minutos en que se valoren os criterios seguintes:

1º Ataque:

-Situación e colocación dos/das xogadores/as con e sen balón.

-Desmarque de xogador/a atacante sen balón.

-Ocupación do espazo e xogo sen balón do/a xogador/a atacante sen balón.

-Participación activa do xogo.

-Finalización das accións atacantes.

2º Defensa:

-Defensa ao/á xogador/a atacante con balón.

-Defensa ao/á xogador/a atacante sen balón.

-Anticipación defensiva.

-Defensa dos desmarques atacantes.

-Colocación e orientación da posición defensiva.

-Avaliación.

Proba 1ª:

a) Cada avaliador/a valorará o conxunto dos exercicios de 1 a 10 puntos

b) A avaliación final desta proba de acceso ás ensinanzas de técnico deportivo en baloncesto obterase ao acadar as valoracións achegadas polos/as avaliadores/as e considerarase superada cando a media obtida sexa igual ou superior a cinco puntos e o tempo empregado non sexa superior a 3,30 minutos.

Proba 2ª: o percorrido da proba de axilidade e de desprazamento débese realizar nun tempo inferior a 9,5 segundos, para os homes, e 10,5 segundos, para as mulleres.

Proba 3ª:

a) Cada avaliador/a valorará o conxunto dos exercicios de 1 a 10 puntos.

b) A avaliación final desta proba de acceso ás ensinanzas de técnico deportivo en baloncesto obterase ao facer a media das valoracións achegadas polos avaliadores e considerarase superada cando a obtida sexa igual ou superior a cinco puntos.

Avaliación final. A avaliación final desta segunda parte da proba de acceso ás ensinanzas de técnico deportivo en baloncesto obterase ao facer as medias das valoracións achegadas polos avaliadores e considerarase superada cando a media obtida sexa igual ou superior a cinco puntos.

Ver referencia pdf "04200D001P007.PDF"

Capacidades profesionais

Este/a técnico/a debe ser capaz de:

-Realizar o ensino do baloncesto utilizando axeitadamente os recursos e os métodos de ensino e avaliación, en función da programación xeral da actividade.

-Instruír os/as alumnos/as sobre as técnicas e as tácticas básicas do baloncesto utilizando os equipamentos e materiais apropiados, demostrando os movementos e os xestos segundo os modelos de referencia e corrixindo os erros de execución dos/das participantes, preparándoos/as para as fases posteriores de tecnificación deportiva.

-Motivar os/as alumnos/as no progreso técnico e na mellora da condición física

-Dirixir e acompañar a individuos ou grupos durante a realización da práctica deportiva.

-Garantir a seguranza dos/das practicantes.

-Promover a práctica do baloncesto.

-Dirixir equipos ou deportistas en competicións deportivas do seu nivel.

-Ensinar e facer cumprir as normas básicas do regulamento.

-Seleccionar o material e ensinar a utilización dos equipamentos específicos do baloncesto, así como o seu mantemento preventivo.

-Avaliar, no seu nivel, a progresión da aprendizaxe.

-Preparar e supervisar o material didáctico que debe utilizar.

-Interpretar a información técnica relacionada coas súas funcións profesionais.

-Coñecer o ámbito institucional, socioeconómico e legal do baloncesto.

-Transmitir valores persoais, sociais e hábitos de práctica saudable.

-Organizar o traslado dun/dunha enfermo/a ou accidentado/a, en condicións de seguridade.

Situación no ámbito deportivo

Este/a técnico/a actúa sempre dependendo dun/dunha técnico/a de nivel superior ao seu, no seo dunha entidade deportiva relacionada coa modalidade deportiva do baloncesto. Exercerá a súa actividade na área da iniciación ao baloncesto.

Os distintos tipos de empresas ou entidades onde poden desenvolver as súas funcións son:

-Escolas e centros de iniciación deportiva.

-Clubs ou asociacións deportivas.

-Federacións de baloncesto.

-Padroados ou servizos públicos deportivos.

-Empresas de servizos deportivos.

-Centros escolares (en actividades extracurriculares).

Responsabilidade nas situacións de traballo

Este/a técnico/a actuará baixo a supervisión xeral de técnicos e/ou profesionais de nivel superior ao seu e requírenselle as responsabilidades seguintes:

-O ensino do baloncesto ata a obtención, por parte do individuo ou grupo, dos coñecementos técnicos e tácticos elementais.

-A aplicación dos medios e métodos máis axeitados para a realización do ensino.

-O acompañamento e dinamización do individuo ou do grupo durante o desenvolvemento da actividade deportiva.

-A seguranza do grupo durante o desenvolvemento da actividade.

-O cumprimento das instrucións xerais procedentes do responsable da entidade deportiva.

-Aplicar os procedementos de avaliación e control do proceso de ensino-aprendizaxe deportivo.

Ensinanzas. Nivel 1

Bloque común

Módulo de bases anatómicas e fisiolóxicas do deporte

Obxectivos formativos

-Describir as características xerais dos ósos do corpo humano.

-Identificar as articulacións e clasificalas en razón das súas características e a súa función.

-Interpretar os conceptos básicos da biomecánica relacionados coa actividade física.

-Determinar as características máis significativas dos músculos.

-Identificar as rexións anatómicas do corpo humano relacionando a súa estrutura e a súa función.

-Coñecer a anatomía básica do sistema cardiorespiratorio e determinar a súa función.

-Determinar os fundamentos do metabolismo enerxético.

-Explicar os fundamentos da nutrición e da hidratación.

-Empregar a terminoloxía básica das ciencias biolóxicas.

Contidos

Bases anatómicas da actividade deportiva

-O tecido óseo. Características e funcións. O óso.

-As articulacións. Características, clasificación e propiedades mecánicas.

-O tecido muscular e tendinoso. Características e funcións dos principais músculos.

* Tipos de músculos.

* Estrutura e función do músculo esquelético.

-As rexións anatómicas.

* Colo e tronco. Estruturas musculares e a súa función.

-Columna vertebral. Aspectos fundamentais. Curvaduras. Músculos troncozonais. Equilibrio muscular.

* O membro superior. Función dos grupos musculares. Os ósos. As articulacións e os seus movementos.

* O membro inferior. Función dos grupos musculares. Os ósos. As articulacións e os seus movementos.

Fundamentos biomecánicos da actividade deportiva

-Fundamentos da biomecánica do aparello locomotor.

* Conceptos básicos da biomecánica.

* Introdución á biomecánica do movemento humano.

* Biomecánica do movemento articular.

Bases fisiolóxicas da actividade deportiva

-O aparello respiratorio e a función respiratoria.

* Características anatómicas.

* Mecánica respiratoria.

* Intercambio e transporte de gases.

-O corazón e o aparello circulatorio.

* O corazón. Estrutura e funcionamento.

* Sistema vascular. Estrutura e funcionamento.

* Circulación do sangue.

* Respostas circulatorias ao exercicio.

-O tecido sanguíneo.

* O sangue. Compoñentes e funcións.

-Metabolismo enerxético e principais vías metabólicas.

-Fundamentos da nutrición. Réxime equilibrado. A hidratación.

-Nutrición e hidratación na práctica da actividade física.

Criterios de avaliación

-Localizar nun corpo humano os principais ósos, articulacións e grupos musculares e vinculalos á súa función.

-Sinalar a influencia dos principais elementos osteomusculares na postura ergueita do corpo humano.

-Describir o funcionamento do sistema cardiovascular e do sistema respiratorio e vinculalos ao transporte e intercambio dos gases.

* Definir o papel do sangue no transporte e intercambio dos gases.

-Definir as principais vías metabólicas de produción de enerxía durante o exercicio.

-Definir conceptos fundamentais de biomecánica e a súa aplicación práctica.

-Describir os diferentes grupos musculares e os principais movementos nas que se atopan implicados.

-Explicar os compoñentes fundamentais do réxime alimenticio equilibrado e a demanda como consecuencia do exercicio físico.

Módulo de bases psicopedagóxicas do ensino e do adestramento I

Obxectivos formativos

-Describir as principais características psicolóxicas nas distintas etapas do desenvolvemento e a súa influencia na iniciación deportiva.

-Aplicar as técnicas básicas para a motivación dos/das deportistas novos/as.

-Identificar os factores que interveñen no proceso de adquisición das accións técnico-tácticas deportivas.

-Determinar o papel que xoga o/a técnico/a deportivo/a na adquisición de destrezas e habilidades deportivas.

-Aplicar os métodos e sistemas de ensino das habilidades deportivas.

-Empregar a terminoloxía básica da didáctica.

-Organizar o proceso de iniciación dun/dunha deportista ou grupo deles/delas aplicando diferentes técnicas e recursos metodolóxicos en función das súas características e da modalidade.

Contidos

-Características psicolóxicas dos/das deportistas en función do seu grupo de idade e a súa repercusión na aprendizaxe.

-A motivación dos/das deportistas novos/as: conceptos básicos.

-Intervencións psicolóxicas do/da técnico/a deportivo/a.

-Aprendizaxe do acto motor

-Estilos de ensino-aprendizaxe e métodos de traballo na adquisición das habilidades deportivas.

-Avaliación do ensino-aprendizaxe da actividade física.

Criterios de avaliación

-Definir as características físicas e psicolóxicas dos/das deportistas en función da súa idade así como a súa influencia na práctica de actividades deportivas.

-Definir os principios da aprendizaxe motora e as súas implicacións para o ensino de actividades físico-deportivas.

-Aplicar métodos de traballo para o desenvolvemento e mellora das habilidades deportivas.

-Enunciar os elementos que compoñen o proceso da comunicación e a súa aplicación ao ensino deportivo.

-Expoñer o proceso de desenvolvemento psicomotor e do crecemento físico na idade escolar e na adolescencia e a súa influencia na aprendizaxe de habilidades deportivas.

-Enunciar os principios da aprendizaxe e a súa influencia no ensino de actividades físico-deportivas.

-Expoñer os factores que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe do deporte.

-Enunciar e caracterizar os tipos de avaliación do ensino-aprendizaxe do deporte.

-Aplicar os aspectos fundamentais para avaliar a aprendizaxe do acto motor.

Módulo de adestramento deportivo I

Obxectivos formativos

-Identificar os aspectos básicos do adestramento deportivo.

-Coñecer as capacidades físicas condicionais, a súa evolución e o seu desenvolvemento en función da idade.

-Coñecer as capacidades perceptivo-motrices e o seu desenvolvemento en función da idade.

-Aplicar os métodos e medios básicos para o desenvolvemento das capacidades físicas e perceptivo-motrices en función da idade.

-Aplicar correctamente os conceptos básicos á execución das diferentes partes dunha sesión.

-Empregar a terminoloxía básica da teoría do adestramento deportivo.

Contidos

-A teoría básica do adestramento deportivo. Conceptos e definicións.

* A adaptación.

* A carga e a recuperación.

-A condición física e as capacidades físicas básicas.

-As capacidades físicas condicionais. As etapas sensibles para o seu desenvolvemento. Os conceptos e a adaptación do adestramento en función das diferentes idades.

-Os métodos de traballo para o desenvolvemento das capacidades físicas condicionais en función da idade.

-As capacidades perceptivo-motrices. As etapas sensibles para o seu desenvolvemento. Os conceptos e adaptación do adestramento en función das diferentes idades.

-Os métodos de traballo para o desenvolvemento das capacidades perceptivo-motrices.

-A sesión e as súas partes.

* O quecemento, a parte principal e a volta á calma.

* As actividades e os exercicios. A súa aplicación.

-O exercicio físico e a saúde.

Criterios de avaliación

-Identificar os elementos básicos que compoñen o adestramento deportivo.

-Determinar as capacidades físicas condicionais e as capacidades perceptivo-motrices establecendo as etapas sensibles para o seu desenvolvemento.

-Efectuar unha sesión para desenvolvemento e mellora das capacidades físicas condicionais para un grupo de deportistas dunha idade determinada.

-Efectuar unha sesión para desenvolvemento e mellora das capacidades perceptivo-motrices para un grupo de deportistas dunha idade determinada.

-Xustificar a elección dos exercicios para o desenvolvemento dunha determinada capacidade física.

-Identificar os erros máis frecuentes na realización dos exercicios tipo para o desenvolvemento das capacidades físicas e perceptivo-motrices.

-Elixir o equipamento e material tipo para o desenvolvemento das capacidades físicas condicionais e perceptivo-motrices.

Módulo de organización e lexislación do deporte I

Obxectivos formativos

-Coñecer a estrutura administrativa para o deporte na Comunidade Autónoma de Galicia e a súa relación coa Administración xeral do Estado.

-Diferenciar entre as competencias administrativas que no ámbito do deporte corresponden á Administración autonómica, das que, no mesmo ámbito, son propias das entidades locais.

-Diferenciar as vías de formación dos/das técnicos/as do deporte en España.

Contidos

-A comunidade autónoma e a Administración xeral do Estado:

* A estrutura administrativa para o deporte na comunidade autónoma e na Administración xeral do Estado.

* Competencias no ámbito do deporte na comunidade autónoma.

-As entidades locais:

* A estrutura administrativa para o deporte.

* Competencias no ámbito do deporte.

-O modelo asociativo no ámbito autonómico:

* Os clubs deportivos.

* As federacións deportivas.

* Outras figuras asociativas de ámbito autonómico.

Criterios de avaliación

-Situar as competencias da Administración deportiva da Comunidade Autónoma de Galicia no marco das correspondentes á Administración xeral do Estado.

-Comparar as competencias, en materia de deporte, da Administración autonómica galega, coas propias das entidades locais.

-Comparar as funcións das asociacións deportivas recoñecidas no ámbito autonómico.

-Describir a estrutura da formación dos/das técnicos/as deportivos/as.

Módulo de fundamentos sociolóxicos do deporte

Obxectivos formativos

-Identificar os valores transmisibles a través do deporte.

-Identificar os medios e métodos máis adecuados na transmisión de normas e valores.

-Caracterizar os modelos de intervención do/da técnico/a deportivo/a na transmisión dos valores a través do deporte.

-Concienciarse sobre a responsabilidade do/da técnico/a deportivo/a na transmisión de valores.

Contidos

-Valores do deporte. Diferentes concepcións.

-Os valores transmisibles a través da práctica deportiva.

-Actuacións do/da técnico/a deportivo/a no proceso de transmisión de valores.

Criterios de avaliación

-Comparar as distintas concepcións sobre o deporte e identificar valores transmisibles a través deste.

-Identificar as actuacións do/da técnico/a deportivo/a no proceso de transmisión de valores.

-Empregar correctamente as técnicas útiles na transmisión dos valores na elaboración dunha sesión.

Módulo de primeiros auxilios e hixiene no deporte

Obxectivos formativos

-Coñecer a lexislación que limita a intervención do/da técnico/a deportivo/a en materia de primeiros auxilios.

-Identificar as lesións e feridas e avaliar a súa gravidade.

-Aplicar os métodos e as técnicas dos primeiros auxilios.

-Aplicar os protocolos de avaliación de lesionados e feridos.

-Coñecer os efectos sobre o organismo humano por inxestión de produtos nocivos (drogodependencia, etc.).

-Identificar os factores que inducen ao tabaquismo e ao alcoholismo e definir os efectos que producen estas dependencias sobre o organismo dos/das deportistas novos/as.

-Explicar os principios xerais da hixiene no deporte.

-Describir as técnicas recuperadoras despois do exercicio físico.

Contidos

-Límites normativos da actuación do/da técnico/a deportivo/a en materia de primeiros auxilios.

-Introdución aos primeiros auxilios.

-Avaliación do paciente ferido.

-Reanimación cardiopulmonar (RCP).

-Anxina de peito e infarto de miocardio.

-Hemorraxias.

-Feridas.

-Contusións.

-Traumatismos e politraumatismos do aparello locomotor.

-Queimaduras.

-Signos e síntomas do shock.

-Signos e síntomas dos cadros convulsivos.

-Ataque histérico.

-Trastornos producidos polas alteracións térmicas.

-Reaccións alérxicas.

-Alteracións por híper ou hipoglicemia.

-Intervención primaria e evacuación en situacións de emerxencia.

Hixiene

-Hixiene corporal, postural e prevención no deporte.

-Técnicas recuperadoras despois do exercicio físico.

-Principais drogodependencias.

-Tabaquismo.

-Alcoholismo.

Criterios de avaliación

-Explicar e demostrar o procedemento que se debe seguir para a avaliación do estado dun accidentado.

-Efectuar correctamente, durante un tempo prefixado, as técnicas de recuperación cardiorrespiratoria sobre modelos e manequíns.

-Efectuar correctamente as técnicas ante un atragoamento dunha persoa consciente e outra inconsciente.

-Realizar técnicas de inmobilización ante fracturas previamente determinadas.

-Executar as manobras de inhibición de hemorraxias.

-Trasladar correctamente accidentados en razón do estado de gravidade e do tipo de lesión.

-Aplicar as técnicas de recuperación.

-Indicar a actuación que se vai realizar por parte dun técnico deportivo nun/nunha deportista en coma diabético ou en choque insulínico.

-Explicar a incidencia do tabaquismo, a drogadicción e o consumo de bebidas alcohólicas na saúde do individuo.

-Describir as indicacións e o seguimento que deben realizar os/as deportistas despois dunha sesión de adestramento ou participación en competición, desde o punto de vista da hixiene persoal.

-Aplicar correctamente os principios da educación postural en supostos prácticos.

Bloque específico

Módulo de accións técnico-tácticas individuais e colectivas

do xogo

Obxectivos formativos

-Coñecer, identificar, relacionar e describir os principios das accións do xogo de baloncesto.

-Aplicar métodos de ensino e as progresións pedagóxicas que facilitan a aprendizaxe do baloncesto.

-Analizar as distintas formacións e sistemas de defensa: principios, tipos e metodoloxía.

-Coñecer os fundamentos básicos da táctica individual e colectiva.

-Identificar os elementos estruturais do baloncesto, as características e medidas das instalacións e dos materiais.

Contidos

-Fundamentos de ataque.

* Introdución e conceptos.

* Obxectivos do ataque: ter a posesión do balón, avanzar cara a canastra contraria e converter en canastra.

* A posición básica de ataque.

* Os desprazamentos.

* O tiro, o bote do balón, o pase e as fintas.

* O/a xogador/a atacante sen balón.

* O rebote defensivo, o rebote ofensivo e o bloqueo.

* A situación dun contra un.

* Situación de superioridade numérica.

* Accións e conceptos tácticos.

* Organización do ataque en función do espazo de xogo.

* Aplicacións tácticas básicas.

-Fundamentos de defensa:

* Introdución e conceptos.

* Obxectivos da defensa.

* A postura básica.

* Comunicación verbal entre defensores/as.

* Defensa ao/á xogador/a con e sen balón.

* Accións e conceptos tácticos.

* Organización do xogo de defensa.

* Aplicacións tácticas básicas.

Criterios de avaliación

-Realizar a descrición dos xestos motores e as súas fases de execución técnica.

-Amosar os movementos demandados por medio de demostracións.

-Elaborar a progresión pedagóxica para o ensino dunha determinada técnica.

-Indicar as dificultades e os erros de execución máis frecuentes, as súas causas e o xeito de evitalos e/ou corrixilos.

-Analizar os diferentes recursos que se poden utilizar para dar soporte ao proceso de ensino/aprendizaxe do baloncesto: demostración, axuda visual, medios audiovisuais, descricións e axudas manuais e mecánicas.

-Recoñecer os grupos musculares fundamentais que interveñen nas tarefas motoras específicas de cada técnica.

-Realizar a descrición dos xestos motores das distintas técnicas.

-Valorar se o/a alumno/a, ante unha situación simulada de ensino-aprendizaxe ou de adestramento:

* Adopta unha actitude idónea que lle permita controlar, comunicarse e motivar o grupo.

* Informa de xeito claro e preciso sobre os obxectivos e contidos da sesión.

* Observa a evolución dos/das xogadores/as e comunícalles axeitadamente os seus progresos e erros.

Módulo de regras de xogo

Obxectivos formativos

-Coñecer as regras oficiais de xogo.

-Diferenciar as regras de baloncesto, pasarela e minibaloncesto.

Contidos

-Aspectos estruturais e significado do regulamento do xogo.

-As regras e as accións técnicas permitidas no xogo.

-Accións administrativas do/a adestrador/a antes, durante e despois do encontro.

-O/a adestrador/a en funcións de árbitro.

Criterios de avaliación

-Interpretar correctamente a regulamentación básica ante unha situación de adestramento.

-Indicar as posibles modificacións para competicións de minibaloncesto ou pasarela nunha situación simulada de ensino-aprendizaxe.

Módulo de dirección de equipos I

Obxectivos formativos

-Coñecer os principios e as técnicas básicas da dirección de partidos.

-Dirixir un partido de baloncesto de base.

Contidos

-Dirección técnica: a dinámica de grupos e a relación adestrador/a-grupo.

-Dirección de partidos antes, durante e despois.

-Análise e interpretación de estatísticas e rexistros.

Criterios de avaliación

-Describir as funcións e tarefas propias do/da técnico/a de primeiro nivel de baloncesto.

-Identificar os elementos fundamentais na dinámica de grupos.

-Analizar os distintos mecanismos de control de grupo e a solución dos problemas.

Módulo de metodoloxía do ensino e do adestramento de baloncesto I

Obxectivos formativos

-Identificar os aspectos fundamentais do adestramento do baloncesto.

-Coñecer os principios xerais do ensino aplicados ao baloncesto.

-Saber aplicar as técnicas de ensino do baloncesto nos niveis básicos deste deporte.

-Coñecer o nivel de dominio técnico e táctico de baloncesto dos/das xogadores/as que teña ao seu cargo.

-Deseñar adecuadamente respecto a contidos e metodoloxía unha sesión de adestramento.

-Distribuír de forma correcta as cargas e recuperacións da técnica, táctica e estratexia no adestramento.

Contidos

-Consideracións sobre o adestramento deportivo.

-A transferencia como principio fundamental da aprendizaxe.

-O ciclo de ensino como base para establecer unha metodoloxía e didáctica do baloncesto.

-Factores e elementos que hai que considerar con relación aos principios metodolóxicos.

-Análise dos elementos constituíntes do xogo e a súa especial transcendencia no proceso de ensino.

-Os estilos de ensino.

-Características do xogo do principiante e a súa evolución.

-A preparación do adestramento.

-A elaboración de obxectivos e tarefas.

-Criterios para a construción de progresións.

-A retroalimentación e a utilización do coñecemento dos resultados.

Criterios de avaliación

-Demostrar o dominio na elaboración de obxectivos aplicados ao nivel básico de baloncesto.

-Deseñar tarefas e progresións de acordo cos obxectivos marcados.

-Identificar e diferenciar os aspectos relevantes da técnica de ensino en baloncesto.

-Analizar as características de determinadas actividades técnicas e tácticas, comprobando as dificultades no proceso de ensino-aprendizaxe.

-Identificar as correccións que deben realizarse ante erros básicos da técnica e a táctica en baloncesto.

-Analizar e descifrar as dificultades dos/das xogadores/as sobre os aspectos técnicos e tácticos básicos do baloncesto, previamente definidos.

-Utilizar as canles da comunicación cos/coas xogadores/as sobre os aspectos técnicos e tácticos do baloncesto.

-Explicar as accións de ataque e defensa simplificadas para o seu ensino en baloncesto.

-Seleccionar obxectivos terminais en relación cos obxectivos xerais e específicos da programación.

-Achegar a información adecuada aos/ás xogadores/as, para favorecer unha correcta retroalimentación da aprendizaxe.

Módulo de planificación e avaliación do adestramento en baloncesto I

Obxectivos formativos

-Identificar os aspectos fundamentais sobre a planificación do adestramento do baloncesto.

-Coñecer os elementos fundamentais da sesión de adestramento.

-Controlar os mecanismos de avaliación da planificación e do proceso de ensino-aprendizaxe.

-Saber avaliar a progresión dos/das xogadores/as.

-Aplicar a planificación dunha tempada en función de obxectivos, contidos e medios.

Contidos

-Tipos, elementos e planificación da sesión de adestramento.

-Os/as adestradores/as como deseñadores/as/planificadores/as:

* Determinación dos obxectivos xerais e específicos que se van abordar.

* Programa e método que se debe desenvolver.

* Determinación e elección dos/das xogadores/as.

* Tipo e calendario de competición.

* Elección dos medios de traballo.

* Recursos económicos.

* Control e avaliación de todas as posibilidades.

-O xogo e os contidos específicos na planificación do baloncesto.

-Clasificación das sesións de adestramento.

-Estruturación, progresión, deseño e fins da sesión de adestramento.

-Períodos e ciclos de adestramentos: dirección e control.

Criterios de avaliación

-Aplicar os coñecementos adquiridos para deseñar calquera das unidades de planificación básicas do adestramento.

-Analizar un adestramento semanal tipo dentro da preparación anual.

-Saber aplicar as sesións correctamente en función da planificación realizada.

-Utilizar os mecanismos de avaliación adecuados para a valoración da consecución dos obxectivos propostos.

-Avaliar as tarefas propostas dentro da planificación xeral e específica.

Módulo de preparación física aplicada I

Obxectivos formativos

-Coñecer a influencia das capacidades físicas condicionais e das capacidades perceptivo-motrices nos xestos técnicos básicos do baloncesto.

-Aplicar os modelos de desenvolvemento das capacidades físicas condicionais e das capacidades perceptivo-motrices en función das diferentes idades.

Contidos

-As capacidades físicas condicionais e perceptivo-motrices, a súa relación coa técnica do baloncesto.

-O desenvolvemento da condición física en función das diferentes idades.

Criterios de avaliación

-Definir a relación entre as capacidades físicas condicionais e as perceptivo-motrices nos xestos técnicos básicos do baloncesto.

-Establecer os parámetros que se van seguir para a mellora da condición física.

-Realizar exercicios aplicables ao desenvolvemento das capacidades físicas e perceptivo-motrices, xustificando a elección dos exercicios.

Módulo de seguranza deportiva

Obxectivos formativos

-Coñecer os factores que predispoñen a lesións en baloncesto (materiais, equipamentos, etc.) e a maneira de previlos.

-Identificar os hábitos de hixiene imprescindibles para a práctica do baloncesto.

-Coñecer as lesións de maior incidencia en baloncesto (por sobrecarga, axentes indirectos, etc.).

-Saber actuar ante as lesións máis habituais no baloncesto.

Contidos

-Lesións máis frecuentes no baloncesto.

-Factores que predispoñen ás lesións en baloncesto: métodos de prevención.

-Hábitos de hixiene corporal e postural saudables no baloncesto.

-Recuperación de lesións no baloncesto.

Criterios de avaliación

-Aplicar as medidas preventivas correctas para evitar os factores que predispoñen ás lesións en baloncesto.

-Diferenciar as lesións e o seu nivel de gravidade.

-Actuar correctamente en caso de lesión e favorecer a súa recuperación.

-Propiciar a adopción de medidas de hixiene no baloncesto.

Bloque complementario

Módulo de deporte adaptado

Obxectivos formativos

-Coñecer de forma xeral a historia e a organización do deporte adaptado.

-Identificar diferentes discapacidades e minusvalideces.

-Recoñecer as estruturas básicas organizativas do deporte adaptado e as súas modalidades.

-Detectar as dificultades de aprendizaxe no deporte adaptado nas persoas con discapacidade.

-Comprender os aspectos básicos do regulamento do deporte adaptado e as súas diferenzas máis notables respecto ao regulamento convencional.

-Coñecer os fundamentos técnico-tácticos do deporte adaptado.

Contidos

-A historia e a estrutura básica organizativa do deporte adaptado.

-Características, terminoloxía e clasificación taxonómica das distintas discapacidades e minusvalideces.

-Procedementos para a detección das dificultades de aprendizaxe no deporte adaptado.

-Regras básicas do xogo e as súas consideracións para a iniciación.

-Fundamentos técnico-tácticos do deporte adaptado.

Criterios de avaliación

-Coñecer a historia e a estrutura organizativa do deporte adaptado.

-Describir as características dos diferentes grupos de discapacidades e minusvalideces.

-Identificar as dificultades de aprendizaxe nas persoas con discapacidade ou minusvalidez.

-Diferenciar os aspectos do xogo adaptado delimitados polas regras e a súa influencia na iniciación deportiva.

-Apreciar as diferenzas técnico-tácticas básicas con respecto a deportistas sen discapacidade, na fase de iniciación deportiva.

Bloque de formación práctica

Obxectivos

O bloque de formación práctica do primeiro nivel do/da técnico/a deportivo/a en baloncesto ten como finalidade, ademais das indicadas no artigo 6º deste decreto, que o alumnado desenvolva de forma práctica as competencias adquiridas durante o período de formación, aplicando en situacións reais os coñecementos e habilidades adquiridas na formación teórica e práctica, e obteña a experiencia necesaria para realizar con eficacia a iniciación ao baloncesto, conducir e acompañar o equipo durante a súa práctica deportiva e garantir a seguranza dos/das deportistas.

Desenvolvemento

-A formación práctica do primeiro nivel do/da técnico/a deportivo/a en baloncesto consistirá na asistencia continuada, durante un período de tempo previamente fixado, e cunha duración non inferior a 150 horas, a sesións de iniciación ao baloncesto, baixo a supervisión dun/dunha titor/a asignado/a e con equipos ou grupos designados para tal efecto. Este período deberá conter no seu desenvolvemento sesións de iniciación ao baloncesto entre o 60 e o 80 por cento do total do tempo do bloque de formación práctica e entre o 20 e o 40 por cento en sesións de programación das actividades realizadas.

-O bloque de formación práctica constará de tres fases: fase de observación, fase de colaboración e fase de actuación supervisada.

-Ao termo das tres fases, o/a alumno/a realizará unha memoria de prácticas que deberá ser avaliada polo/a titor/a e polo centro de formación onde realizase a súa formación.

Avaliación

No bloque de formación práctica só se concederá a cualificación de apto/a ou non apto/a. Para acadar a cualificación de apto/a o alumnado terá que:

-Asistir como mínimo ao 80 por cento das horas establecidas para cada unha das fases.

-Participar de forma activa nas sesións de traballo.

-Acadar os obxectivos formativos en cada unha das sesións.

-Utilizar unha linguaxe clara e unha correcta terminoloxía específica.

-Presentar correctamente a memoria de prácticas.

-Estruturar a memoria de prácticas polo menos nas epígrafes seguintes:

* Descrición da estrutura e do funcionamento do centro, das instalacións e dos espazos das prácticas e do grupo ou grupos con que realizase o período de prácticas.

* Desenvolvemento das prácticas: fichas de seguimento das prácticas de cada sesión agrupadas por fases.

* Informe de autoavaliación das prácticas.

* Informe de avaliación do/a titor/a.

Perfís profesionais: nivel 2

Definición xenérica do perfil profesional

O título de técnico deportivo en baloncesto acredita que o seu/a súa titular posúe as competencias necesarias para programar ao seu nivel e efectuar o ensino do baloncesto de cara ao perfeccionamento da execución técnica e táctica do/a deportista, así como para efectuar o adestramento de deportistas e equipos deste deporte.

Ver referencia pdf "04200D001P007.PDF"

Capacidades profesionais

Este/a técnico debe ser capaz de:

-Organizar e dirixir as responsabilidades ligadas a un equipo de baloncesto en formación.

-Programar o ensino do baloncesto.

-Programar e deseñar as sesións de adestramento determinando obxectivos, contidos, métodos e avaliación.

-Levar a cabo o ensino e o adestramento en función da planificación xeral.

-Avaliar a progresión da aprendizaxe.

-Dirixir equipos en competicións.

-Ensinar o regulamento de baloncesto.

-Colaborar na detección de talentos.

-Incorporar e actualizar novas técnicas e aplicación das últimas tecnoloxías.

-Coñecer o ámbito institucional, socioeconómico, organizativo e lexislativo do baloncesto.

-Organizar e dirixir as actividades de baloncesto.

Situación no ámbito deportivo

Este título acredita a adquisición dos coñecementos e das competencias profesionais suficientes para asumir as súas responsabilidades de forma autónoma ou no seo dun organismo público ou empresa privada.

Exercerá a súa actividade no ámbito do ensino e do adestramento do baloncesto en:

-Escolas deportivas.

-Clubs de baloncesto ou asociacións deportivas.

-Federacións territoriais de baloncesto.

-Padroados deportivos.

-Empresas de servizos deportivos.

-Centros escolares (actividades extraescolares).

Responsabilidade nas situacións de traballo

A este/esta técnico/a sonlle requiridas as responsabilidades seguintes:

-Do adestramento individual e colectivo para lograr o dominio da técnica e táctica do baloncesto.

-Dirección dos partidos de baloncesto.

-Da elección de obxectivo, medios e métodos máis axeitados para a realización do adestramento do baloncesto.

-Do acompañamento dos integrantes do equipo durante o desenvolvemento da actividade deportiva.

-Da seguranza do grupo durante o desenvolvemento da actividade.

-Cumprir as instrucións xerais da entidade.

-A avaliación do adestramento e da competición.

Ensinanzas. Nivel 2

Bloque común

Módulo de bases anatómicas e fisiolóxicas do deporte II

Obxectivos formativos

-Determinar as características anatómicas dos segmentos corporais e interpretar os seus movementos.

-Explicar a mecánica da contracción muscular.

-Aplicar os fundamentos básicos das leis mecánicas ao coñecemento dos distintos tipos de movemento humano.

-Relacionar as respostas do sistema cardiorrespiratorio co exercicio.

-Interpretar as bases do metabolismo enerxético.

-Describir as bases do funcionamento do sistema nervioso central e a súa implicación no control do acto motor.

-Describir as bases do funcionamento do sistema nervioso autónomo e a súa implicación no control dos sistemas e aparellos do corpo humano.

-Describir as bases do funcionamento do aparello dixestivo e do ril.

Contidos

Bases anatómicas da actividade deportiva.

-Ósos, articulacións e músculos e os seus movementos analíticos:

* Cranio e cara.

* Os membros superiores.

* Os membro inferiores.

* O tronco.

-Mecánica e tipos da contracción muscular.

Fundamentos da biomecánica do aparello locomotor.

-Introdución á biomecánica deportiva.

-Forzas actuantes no movemento humano.

-Centro de gravidade e equilibrio no corpo humano.

-Introdución á análise cinemática e dinámica do movemento humano.

-Principios biomecánicos do movemento humano.

Bases fisiolóxicas da actividade deportiva.

-Conceptos básicos da fisioloxía da actividade física.

-O sistema cardiorrespiratorio e a resposta ao exercicio.

-O metabolismo enerxético e a adaptación á actividade física.

-Fisioloxía da contracción muscular.

-As fibras musculares e os procesos enerxéticos.

-O sistema nervioso central.

-O sistema nervioso autónomo.

-Principais hormonas e accións específicas do sistema endócrino.

-O aparello dixestivo e a súa función.

-O ril, a súa función e modificacións polo exercicio.

-Fisioloxía das capacidades físicas.

-A alimentación no deporte.

Criterios de avaliación

-Distinguir as funcións dos músculos nos movementos articulares dos segmentos corporais.

-Determinar o grao e os límites de mobilidade das articulacións do corpo humano.

-Definir a mecánica e identificar os tipos de contracción muscular.

-Identificar as forzas externas ao corpo humano e a súa intervención no movemento deportivo.

-Explicar a influencia dos principais elementos osteomusculares na postura estática e dinámica do corpo humano.

-Identificar as forzas actuantes no movemento humano.

-Amosar a implicación do centro de gravidade no equilibrio no corpo humano.

-Coñecer os principios biomecánicos do movemento humano.

-Explicar a fisioloxía do sistema cardiorrespiratorio deducindo as adaptacións que se producen en cada estrutura como resposta ao exercicio prolongado.

-Construír os esquemas dos centros e vías do sistema nervioso que interveñen no acto motor.

-Explicar as implicacións do sistema nervioso simpático e parasimpático no control das funcións do organismo humano en estado de actividade física.

-Explicar a implicación do sistema hormonal no exercicio máximo e a súa adaptación ao exercicio prolongado.

-Describir as necesidades nutricionais e de hidratación dos/das deportistas en función das necesidades dos diferentes tipos de exercicios.

Módulo de bases psicopedagóxicas da ensinanza e do adestramento II

Obxectivos formativos

-Determinar os aspectos psicolóxicos máis relevantes que inflúen na aprendizaxe das condutas deportivas.

-Identificar os factores e problemas emocionais ligados ao adestramento e á competición deportiva.

-Identificar os factores perceptivos que interveñen na optimación deportiva.

-Aplicar as estratexias para mellorar o funcionamento psicolóxico dos/das deportistas.

-Avaliar o efecto da toma de decisións no rendemento deportivo.

-Deseñar as condicións da práctica para a mellora das aprendizaxes deportivas.

-Coñecer os aspectos psicolóxicos relacionados coa dirección dos grupos deportivos.

-Coñecer os principios da dinámica de grupos e algunhas das técnicas que se utilizan.

Contidos

-Aspectos psicolóxicos implicados na aprendizaxe de condutas deportivas.

-Necesidades psicolóxicas do deporte de competición.

-Características psicolóxicas do adestramento deportivo.

-Conceptos e estratexias do desenvolvemento da capacidade competitiva a través do adestramento deportivo.

-Aspectos psicolóxicos relacionados co rendemento na competición.

-Conceptos básicos sobre a organización e o funcionamento dos grupos deportivos.

-O proceso de optimación das aprendizaxes deportivas.

-Técnicas básicas para o coñecemento e manexo de grupos.

Criterios de avaliación

-Identificar as principais necesidades psicolóxicas do/a deportista no ámbito do adestramento e a competición.

-Describir as formas de actuación para o control das variables psicolóxicas que poden influír na adherencia ao adestramento.

-Elaborar un exemplo de intervención do/a adestrador/a no proceso utilizando estratexias psicolóxicas que favorezan a adherencia ao adestramento, a aprendizaxe dunha conduta de execución técnica e dunha conduta deportiva.

-Analizar o papel dos procesos perceptivos na optimación deportiva.

-Avaliar o efecto de tomas de decisión no rendemento deportivo.

-Deseñar as condicións de práctica para a mellora das aprendizaxes deportivas.

-Aplicar e interpretar algunha das técnicas de dinámica de grupos.

-Describir a influencia dos factores emocionais sobre o procesamento consciente da información.

Módulo de adestramento deportivo II

Obxectivos formativos

-Aplicar os elementos da programación e control do adestramento.

-Empregar os sistemas e métodos que desenvolven as distintas capacidades físicas e perceptivo-motrices.

-Relacionar a implicación das diferentes vías metabólicas cos sistemas e métodos de adestramento.

-Interpretar os conceptos básicos da preparación das capacidades psíquicas e da conduta.

Contidos

-Teoría do adestramento.

* Orixe e evolución.

* Os principios do adestramento deportivo.

* O rendemento deportivo.

-Programación, xeneralidades, estrutura e variables do adestramento.

-Adestramento xeral e específico.

-Métodos e medios para o desenvolvemento das capacidades físicas condicionais.

-Métodos e medios para o desenvolvemento das capacidades perceptivo-motrices.

-A valoración das capacidades físicas condicionais e as capacidades perceptivo-motrices.

-Exixencias metabólicas dos deportes e obxectivos do adestramento.

-Preparación das calidades psíquicas e da conduta.

Criterios de avaliación

-Establecer a programación e periodización do adestramento dunha tempada deportiva en función da idade dos practicantes.

-Establecer unha progresión de exercicios para o desenvolvemento das capacidades físicas e as capacidades perceptivo-motrices, cun grupo de deportistas de características dadas.

-Enumerar os factores que hai que ter en conta para avaliar a correcta execución dunha sesión de desenvolvemento das diferentes capacidades físicas e/ou perceptivo-motrices.

-Identificar os erros máis frecuentes na realización dos exercicios para o desenvolvemento das capacidades físicas e perceptivo-motrices.

-Describir o equipamento e material tipo para o desenvolvemento da condición física e as capacidades perceptivo-motrices.

-Xustificar a elección do método para o desenvolvemento dunha determinada capacidade física.

-Distinguir as distintas vías metabólicas e a súa adaptación aos distintos tipos de adestramento.

-Describir as características máis significativas do adestramento con maior incidencia nas distintas vías metabólicas.

-Determinar os fundamentos da preparación das calidades psíquicas e da conduta que interfiren no acondicionamento físico de deportistas.

Módulo de organización e lexislación do deporte II

Obxectivos formativos

-Coñecer o ordenamento xurídico do deporte.

-Diferenciar as competencias en materia de deporte correspondentes á Administración xeral do Estado das propias da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Coñecer o modelo asociativo deportivo no ámbito do Estado.

Contidos

-A Lei do deporte no ámbito do Estado.

-A Lei do deporte da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Outras lexislacións de interese deportivo.

-Os organismos deportivos internacionais.

-O Consello Superior de Deportes.

-O Comité Olímpico Español e o Comité Paralímpico Español.

-As federacións deportivas españolas.

-O modelo asociativo de ámbito estatal:

* As agrupacións de clubs.

* Os entes de promoción deportiva.

* As sociedades anónimas deportivas.

* As ligas profesionais.

Criterios de avaliación

-Comparar as competencias da Administración xeral do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia en materia deportiva.

-Distinguir as funcións das figuras asociativas recoñecidas no ámbito estatal.

-Diferenciar a Lei do deporte no ámbito do Estado e a Lei do deporte da Comunidade Autonóma de Galicia.

Módulo de teoría e socioloxía do deporte

Obxectivos formativos

-Coñecer aspectos relevantes da teoría e historia do deporte.

-Identificar os principais factores históricos e culturais que propiciaron a presenza masiva do fenómeno deportivo nas sociedades avanzadas.

-Comprender as características inherentes ao deporte.

-Coñecer o contido ético do deporte e as causas que distorsionan a ética deportiva.

-Identificar o papel do deporte na sociedade actual.

Contidos

-Etimoloxía da palabra deporte.

-Características principais do deporte.

-A evolución histórica do deporte.

-A presenza do deporte na sociedade actual.

-Os factores de expansión do deporte.

-Os compoñentes éticos do deporte.

-A evolución dos hábitos deportivos na sociedade española.

-A interacción do deporte cos outros sectores sociais.

Criterios de avaliación

-Describir e comparar as características do deporte antigo e o contemporáneo.

-Valorar os factores que propiciaron o desenvolvemento do deporte na sociedade.

-Analizar as características principais das diferentes formas de práctica deportiva.

-Identificar as manifestacións materiais e simbólicas do deporte na sociedade contemporánea.

-Concretar os diferentes factores sociais que interveñen na demanda da práctica deportiva.

-Analizar a diversificación da práctica deportiva na sociedade actual.

-Comprender o carácter ético e educativo do deporte.

Bloque específico

Módulo de accións técnico-tácticas individuais

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento das accións técnicas e tácticas, de carácter individual, tanto en ataque coma en defensa.

-Identificar, relacionar e describir as accións individuais en relación coa táctica e eficacia do xogo.

-Detectar os posibles erros que xurdan na realización das accións técnico-tácticas e ter a capacidade de solucionalos, presentando recursos óptimos para podelos emendar.

-Saber transmitir aos/ás xogadores/as a correcta aplicación das accións técnicas asimiladas, no contexto real do xogo.

Contidos

-Técnicas de ataque.

* A posición básica.

* O tiro.

* O bote.

* O pase.

* A parada, o pivote, a arrancada e a finta.

* O/a xogador/a atacante de costas á canastra.

* O/a xogador/a atacante sen balón.

* O un contra un.

* O rebote ofensivo.

-Técnicas de defensa:

* A posición básica.

* Defensa ao/á xogador/a con balón.

* Defensa ao/á xogador/a sen balón.

* O rebote defensivo.

Criterios de avaliación

-Describir a nivel teórico e práctico as técnicas individuais de ataque, realizando demostracións verbais ou visuais e incidindo nas posibles dificultades e obxectivos que se perseguirán nunha situación concreta do xogo.

-Describir a nivel teórico e práctico as técnicas individuais de defensa, realizando demostracións verbais ou visuais e incidindo nas posibles dificultades e obxectivos que se perseguirán nunha situación concreta do xogo.

-Demostrar a capacidade de observación, detección e resolución de erros na práctica e a súa actitude fronte a estes problemas.

Módulo de accións técnico-tácticas colectivas

Obxectivos formativos

-Coñecer e dominar as progresións de aprendizaxe das accións técnico-tácticas colectivas.

-Desenvolver situacións en inferioridade numérica ou posicional en grupos reducidos.

-Actuar correctamente en situación de traps.

Contidos

-Accións técnico-tácticas de ataque:

* Concepto.

* Análise dalgúns movementos característicos.

* Aspectos para considerar e desenvolver en situacións de superioridade numérica ou posicional básicas.

* Aplicacións tácticas.

-Accións técnico-tácticas de defensa:

* Análise da defensa dalgúns movementos característicos.

* Aspectos para considerar e desenvolver en situacións en inferioridade numérica ou posicional básicas.

* As rotacións e as súas opcións.

* Defensa contra as distintas combinacións e posibilidades de relación entre dous/dúas xogadores/as.

* Consideracións sobre os traps.

Criterios de avaliación

-Analizar unha situación de ataque e/ou defensa formulada desde un punto de vista técnico, táctico e das regras oficiais implicadas.

-Describir as fases de execución das diferentes accións técnico-tácticas colectivas.

-Indicar as dificultades e os erros de execución máis frecuentes, as súas causas e o xeito de evitalos e corrixilos nas diferentes accións técnico-tácticas colectivas.

Módulo de sistemas de xogo

Obxectivos formativos

-Considerar e desenvolver conceptos en situacións de inferioridade numérica ou posicional básicas.

-Coñecer as mellores opcións de rotacións en función da situación do xogo.

-Identificar a defensa contra as distintas accións de ataque entre dous/dúas xogadores/as.

Contidos

-Sistemas de ataque:

* Concepto e xustificación dos sistemas de ataque.

* Aspectos que se deben considerar na formación dun sistema.

* Tipos de sistemas de ataque.

* Sistemas de ataque contra diferentes formacións defensivas.

* O ensino dos sistemas.

* O contraataque.

-Defensas:

* Defensa individual.

* Defensa en zona.

* Defensas mixtas e alternativas.

Criterios de avaliación

-Construír un sistema de ataque contra defensa individual e/ou en zona, nunha situación de xogo, xustificando as formulacións técnicas e tácticas.

-Elixir un tipo de defensa individual e/ou en zona, xustificando os conceptos tácticos escollidos e a súa aplicación en función dos/das atacantes.

Módulo de regras de xogo

Obxectivos formativos

-Coñecer as regras oficiais de xogo e aplicalas correctamente en situacións específicas de xogo.

-Interpretar as regras en diferentes situacións prácticas.

Contidos

-Conceptos fundamentais e xeneralidades: normas prepartido.

-As violacións.

-As faltas.

-Os tempos mortos e as substitucións.

-As faltas en situacións especiais.

Criterios de avaliación

-Interpretar correctamente as regras de xogo.

-Resolver axeitadamente as situacións prácticas do regulamento.

Módulo de dirección de equipos II

Obxectivos formativos

-Coñecer as formas básicas de comunicación e relación do/a adestrador/a co equipo.

-Dirixir un grupo de xogadores/as nun nivel medio en baloncesto.

Contidos

-Comunicación no grupo.

-Relación do/a adestrador/a cos/coas xogadores/as.

-Relación entre xogadores/as.

-Relación entre os membros do equipo técnico.

Criterios de avaliación

-Coñecer a aplicación de determinadas técnicas de dinámica de grupos.

-Levar a cabo a dirección adecuada dun grupo de xogadores/as nunha situación práctica.

Módulo de dirección de partido

Obxectivos formativos

-Coñecer as funcións do/a adestrador/a antes, durante e despois dun partido.

-Dirixir un partido de baloncesto.

Contidos

-Funcións fundamentais do/a adestrador/a antes do partido.

-A comunicación durante o partido.

-Utilización de tempos mortos, cambios e descanso.

-Análise de situacións de dirección de partidos.

-A planificación para a preparación dos partidos.

Criterios de avaliación

-Levar a cabo as funcións principais dun/dunha adestrador/a antes, durante e despois dun partido.

-Decidir adecuadamente as accións que se van desenvolver como adestrador/a na dirección dun partido.

Módulo de metodoloxía do ensino e do adestramento do baloncesto II

Obxectivos formativos

-Coñecer os principios xerais do ensino aplicado ao baloncesto.

-Aplicar as técnicas de ensino do baloncesto nos niveis intermedios deste deporte.

-Identificar o nivel de dominio técnico e táctico dos/das xogadores/as de baloncesto.

-Elaborar progresións axeitadas ao nivel dos/das xogadores/as.

-Analizar os defectos na progresión dos/das xogadores/as para a súa corrección.

Contidos

-Análise de tarefas de ensino-aprendizaxe relativas á técnica e á táctica individual e colectiva.

-A información do/a adestrador/a nos niveis básicos respecto ao ensino da técnica e da táctica.

-Desenvolvemento de actividades de ensino-aprendizaxe aplicadas á técnica e á táctica.

-A utilización do coñecemento dos resultados ou retroalimentación.

Criterios de avaliación

-Determinar as dificultades nas actividades de ensino-aprendizaxe no baloncesto.

-Elaborar obxectivos e progresións de tarefas acordes a estes.

-Identificar e diferenciar os aspectos relevantes da técnica de ensino en baloncesto.

-Identificar as correccións oportunas e informar os/as xogadores/as sobre os seus erros da técnica e da táctica en baloncesto.

-Explicar as accións de ataque e defensa simplificadas para o seu ensino en baloncesto.

Módulo de planificación e avaliación do adestramento en baloncesto II

Obxectivos formativos

-Realizar planificacións xerais a curto, medio e longo prazo.

-Adquirir un maior coñecemento dos principios da planificación e avaliación do proceso de ensino e aprendizaxe do baloncesto.

-Dominar as planificacións e a avaliación das sesións de adestramento.

-Elaborar planificacións prácticas e avaliacións aplicadas a equipos de nivel medio.

-Avaliar a progresión e o rendemento dos/das xogadores/as.

Contidos

-Introdución, definición e obxectivos da planificación.

-Principios da planificación: aplicación e exemplos prácticos.

-Períodos da adquisición da mestría técnica e táctica.

-Estrutura e factores de referencia da sesión de adestramento.

-Períodos da planificación da tempada: obxectivos.

-Deseño dos períodos preparatorio e transitorio.

-Tendencias das diferentes capacidades que se deben desenvolver.

-Deseño do período competitivo: obxectivos e bases de aplicación.

-Deseño dun ciclo semanal.

-Tipos, formas e posibilidades da avaliación.

Criterios de avaliación

-Realizar unha planificación a curto e/ou longo prazo.

-Deseñar planificacións para equipos e avalialas correctamente.

-Coñecer os aspectos que se deben ter en conta na planificación e avaliación dun equipo.

Módulo de detección e selección de talentos

Obxectivos formativos

-Diferenciar os conceptos de talento deportivo, detección, selección e promoción de talentos.

-Coñecer os diferentes modelos de detección de talentos que existen.

-Analizar os factores a ter en conta na detección de talentos.

Contidos

-O talento deportivo.

-Modelos e factores a ter en conta na detección de talentos.

-Fases da detección de talentos.

-A promoción do talento deportivo.

Criterios de avaliación

-Diferenciar os factores e modelos utilizados no proceso de detección de talentos.

-Establecer as fases que hai que seguir no proceso de promoción de talentos.

Módulo de observación do xogo

Obxectivos formativos

-Coñecer os medios habituais de observación no baloncesto e a súa utilidade.

Contidos

-Observación e análise de diferentes xogadores/as.

-Coñecemento da forma de xogar do equipo.

-Realización práctica de observacións.

Criterios de avaliación

-Analizar os sistemas de ataque e/ou de defensa a través de medios audiovisuais.

Módulo de preparación física aplicada II

Obxectivos formativos

-Coñecer a teoría xeral do adestramento, os seus principios e factores.

-Identificar os sistemas e métodos que desenvolven as distintas capacidades físicas básicas.

-Aplicar os elementos básicos de planificación e control do adestramento.

Contidos

-Importancia da preparación física no baloncesto como factor determinante do rendemento deportivo.

-Principios biolóxicos do adestramento deportivo e influencia no xogo.

-Os compoñentes da condición física e a súa importancia no baloncesto.

-Características, evolución e metodoloxía de traballo das capacidades físicas básicas aplicadas ao baloncesto.

-O desenvolvemento das capacidades coordinativas: coordinación, equilibrio, axilidade.

-O quencemento no baloncesto segundo as características dos/das xogadores/as.

-Pautas de organización e estruturación da sesión de adestramento.

-Bases da estruturación e planificación do adestramento: a sesión, o microciclo, o mesociclo, o macrociclo e a tempada.

Criterios de avaliación

-Explicar a evolución de cada unha das capacidades físicas e coordinativas en función da idade do/a xogador/a de baloncesto.

-Describir diferentes métodos para o desenvolvemento das capacidades físicas básicas do/a xogador/a de baloncesto.

-Indicar e corrixir os erros máis frecuentes na realización de exercicios físicos.

-Demostrar coñecementos teórico-prácticos sobre o quencemento.

-Aplicar os diferentes métodos de adestramento para o desenvolvemento dunha capacidade física.

-Deseñar as diferentes unidades de programación: a sesión, o microciclo e a tempada.

Módulo de psicoloxía aplicada

Obxectivos formativos

-Entender o funcionamento das variables psicolóxicas específicas do baloncesto que afectan o rendemento dos/das xogadores/as e do/a propio/a adestrador/a.

-Utilizar técnicas psicolóxicas para facilitar a aprendizaxe de xestos técnicos e mellorar o rendemento dos/das xogadores/as.

-Coñecer as achegas da psicoloxía ao baloncesto como deporte de grupo: características específicas, técnicas de dirección, comunicación, etc.

Contidos

-Características psicolóxicas do baloncesto de iniciación.

-Directrices condutuais para o adestramento de novos/as xogadores/as.

-Variables psicolóxicas relevantes na aprendizaxe do baloncesto.

-Características e variables psicolóxicas relevantes no rendemento en baloncesto de competición.

-Variables psicolóxicas que inflúen no rendemento do/a adestrador/a.

-Técnicas de intervención psicolóxica dirixidas á mellora do rendemento.

Criterios de avaliación

-Distinguir as variables psicolóxicas que inflúen no/a xogador/a e adestrador/a nas diferentes etapas.

-Coñecer as estratexias psicolóxicas e a súa aplicación para a mellora do rendemento do equipo.

Bloque complementario

Módulo de tecnoloxías da información e da comunicación: informática

Obxectivos formativos

-Adquirir os coñecementos necesarios que lle permitan ao técnico deportivo a utilización do ordenador como un instrumento de traballo.

-Usar as ferramentas informáticas básicas: procesadores de textos, follas de cálculo e bases de datos.

-Ser capaz de buscar e intercambiar información a través da internet.

-Coñecer e utilizar programas que desenvolvan contidos deste deporte.

Contidos

-Conceptos informáticos: hardware e software.

-Uso e funcións básicas do sistema operativo.

-Utilización axeitada de procesadores de textos.

-Manexo de follas de cálculo e bases de datos.

-Traballo en internet: o world wide web, o correo electrónico e as listas de correo.

-Internet no ámbito da educación física e o deporte.

-Uso de programas específicos adaptados a este deporte.

Criterios de avaliación

-Describir os principais aspectos dun ordenador: hardware e software.

-Manexar as funcións máis importantes dun sistema operativo.

-Utilizar correctamente un procesador de textos.

-Construír adecuadamente unha base de datos.

-Dominar as funcións dunha folla de cálculo.

-Atopar información na internet utilizando un buscador.

-Coñecer as funcións fundamentais dos programas para este deporte.

Bloque de formación práctica

Obxectivos

-O bloque de formación práctica do/da técnico/a deportivo/a en baloncesto ten como finalidade, ademais das indicadas no artigo 6 deste decreto, que o alumnado desenvolva de forma práctica as competencias adquiridas durante o período de formación, aplicando en situacións reais os coñecementos e habilidades adquiridas na formación teórica e práctica, e obteña a experiencia necesaria para realizar con eficacia:

* O ensino da técnica e a táctica do baloncesto.

* A dirección do adestramento dos/das xogadores/as de baloncesto.

* A dirección de xogadores/as e equipos durante as competicións de baloncesto.

Desenvolvemento

A formación práctica do/da técnico/a deportivo/a en baloncesto consistirá na asistencia continuada, durante un período de tempo previamente fixado, e cunha duración non inferior a 200 horas, ás actividades propias do/da técnico/a deportivo/a en baloncesto e co equipo designado para tal efecto. Este período deberá conter no seu desenvolvemento:

-Sesións de iniciación e perfeccionamento técnico e táctico dos/das xogadores/as, entre o 30 e o 40 por cento do total do tempo do bloque de formación práctica.

-Sesións de adestramento de baloncesto, entre un 20 e un 25 por cento do total do tempo do bloque de formación práctica.

-Sesións de acondicionamento físico de xogadores/as de baloncesto, entre un 20 e un 25 por cento do total do tempo do bloque de formación práctica.

-Sesións de dirección de equipos en competicións de baloncesto propias do seu nivel, entre un 15 e un 25 por cento do total do tempo do bloque de formación práctica.

-O bloque de formación práctica constará de tres fases: fase de observación, fase de colaboración e fase de actuación supervisada.

-Ao termo das tres fases o/a alumno/a realizará unha memoria de prácticas que deberá ser avaliada polo/a titor/a e polo centro onde realizase a súa formación.

Avaliación

No bloque de formación práctica só se concederá a cualificación de apto/a ou non apto/a. Para acadar a cualificación de apto/a o alumnado terá que:

-Asistir como mínimo ao 80 por cento das horas establecidas para cada unha das fases.

-Participar de forma activa nas sesións de traballo.

-Acadar os obxectivos formativos en cada unha das sesións.

-Utilizar unha linguaxe clara e unha correcta terminoloxía específica.

-Presentar correctamente a memoria de prácticas.

-Estruturar a memoria de prácticas polo menos nos puntos seguintes:

* Descrición da estrutura e funcionamento do centro, das instalacións e dos espazos das prácticas e do grupo ou grupos con que realizase o período de prácticas.

* Desenvolvemento das prácticas: fichas de seguimento das prácticas de cada sesión agrupadas por fases.

* Informe de autoavaliación das prácticas.

* Informe de avaliación do/a titor/a.

Ver referencia pdf "04200D001P007.PDF"

Capacidades profesionais

Este/esta técnico debe ser capaz de:

-Planificar e organizar actividades de baloncesto.

-Avaliar a realización do traballo planificado.

-Levar a cabo o adestramento en función da planificación xeral.

-Valorar o rendemento dos/das xogadores/as e equipos en colaboración cos/coas titulados/das nas ciencias do deporte.

-Colaborar no deseño, planificación e dirección técnica de competicións de baloncesto.

-Garantir a seguridade dos practicantes nas actividades de baloncesto.

-Avaliar a progresión da aprendizaxe.

-Ensinar as regras do xogo e a súa interpretación adecuada.

-Dirixir unha escola ou sección de club de baloncesto.

-Dirixir e coordinar a actividade dos/das técnicos/as deportivos/as dependentes del.

-Detectar talentos para o baloncesto.

-Incorporar e actualizar novas técnicas e aplicación das últimas tecnoloxías.

-Coñecer o ámbito institucional, socioeconómico, organizativo e lexislativo do baloncesto.

Situación no ámbito deportivo

Este título acredita a adquisición das competencias profesionais suficientes para asumir as súas responsabilidades de forma autónoma ou no seo dun organismo público ou empresa privada.

-Exercerá a súa actividade no ámbito do ensino e do adestramento de xogadores/as de baloncesto e da dirección de deportistas e equipos de medio e alto nivel.

-Na área de xestión deportiva, prestando os seus servizos na dirección técnica de departamentos, seccións ou escolas de baloncesto en:

* Centros de alto rendemento deportivo.

* Centros de tecnificación deportiva.

* Escolas de baloncesto.

* Escolas de formación de técnicos deportivos.

* Sociedades anónimas deportivas.

* Clubs, asociacións e agrupacións deportivas.

* Federacións deportivas.

* Padroados e fundacións municipais deportivas.

* Empresas de servizos deportivos.

Responsabilidade nas situacións de traballo

A este/esta técnico sonlle requiridas as responsabilidades seguintes:

-Planificación da tempada de acordo cos seus obxectivos de rendemento.

-Planificación individualizada a curto, medio e longo prazo de acordo cos obxectivos segundo o seu nivel de competencia.

-Dirixir os adestramentos e a competición e adaptar a planificación segundo a evolución.

-Dirección de partidos de alto nivel.

-Colaborar na detección de talentos.

-A seguranza do grupo durante o desenvolvemento das actividades deportivas.

-Colaborar en proxectos de investigación deportiva.

-Dirección, coordinación e seguimento das actividades dos/das técnicos de nivel inferior.

-Cumprir as instrucións xerais da entidade.

-Avaliación e seguimento do rendemento individual e colectivo.

-Asegurar o respecto aos/ás árbitros/as e organizadores/as por parte de todos os/as membros ao seu cargo.

Ensinanzas

Bloque común

Módulo de biomecánica do deporte

Obxectivos formativos

-Aplicar os fundamentos da análise biomecánica ao estudo da técnica no deporte.

-Interpretar os resultados das análises biomecánicas para o control do adestramento de alto rendemento.

Contidos

-A análise e metodoloxía da biomecánica aplicadas ao alto rendemento.

-A biomecánica aplicada ao control do adestramento da técnica.

-As análises biomecánicas cualitativas.

-Os métodos de análise cinemáticos e dinámicos.

Criterios de avaliación

-Describir os fundamentos das análises biomecánicas aplicadas ao estudo da técnica deportiva.

-Describir a metodoloxía da biomecánica aplicada ao estudo das capacidades físicas condicionais e da técnica.

-Explicar mediante os resultados dunha análise biomecánica o control do adestramento da técnica dunha modalidade deportiva concreta.

-Aplicar os coñecementos, procedemento e ferramentas biomecánicas ao estudo da técnica dunha determinada modalidade ou especialidade deportiva.

Módulo de adestramento do alto rendemento deportivo

Obxectivos formativos

-Coñecer e afondar na planificación, programación e control do adestramento e a súa aplicación no alto rendemento deportivo.

-Aplicar os métodos de planificación e control do adestramento das capacidades físicas básicas e as perceptivo-motrices nos/as deportistas de alto rendemento.

-Coñecer os fenómenos da fatiga, a recuperación e o sobreadestramento e aplicar os controis necesarios para evitar os efectos destes fenómenos nos/as deportistas de alto rendemento.

-Coñecer en profundidade os conceptos necesarios sobre metabolismo e as necesidades de produción e consumo de enerxía en función do esforzo.

Contidos

-A carga e os seus compoñentes: volume, intensidade e densidade. Combinacións e variacións aplicadas ao alto rendemento.

-Os modelos de planificación e programación do adestramento no alto rendemento deportivo.

-Os sistemas avanzados para o desenvolvemento das capacidades físicas e perceptivo-motrices nos/as deportistas de alto rendemento.

-Os métodos de control e valoración do adestramento das capacidades físicas e perceptivo-motrices.

-Os fenómenos de fatiga e sobreadestramento. Métodos e procedementos para a súa detección.

-A recuperación. Pautas e avaliación.

-A programación do adestramento en altura.

-Adestramento en condicións especiais (calor, frío, humidade...).

-O metabolismo en función das necesidades enerxéticas no esforzo.

-A capacidade e a potencia en relación coas necesidades enerxéticas do esforzo.

Criterios de avaliación

-Establecer e distribuír as cargas nunha sesión ou nun microciclo, en función dos obxectivos de rendemento.

-Realizar a planificación e programación do adestramento das capacidades físicas e das perceptivo-motrices, argumentando a elección do sistema escollido.

-Dirixir diferentes fases do adestramento das capacidades físicas e das perceptivo-motrices.

-Aplicar os métodos de control e valoración do adestramento.

-Recoñecer e detectar precozmente as manifestacións de fatiga e do sobreadestramento.

-Dirixir as pautas de recuperación de fatiga e do sobreadestramento.

-Efectuar a programación dun adestramento en condicións especiais, situando esta dentro da planificación.

Módulo de fisioloxía do esforzo

Obxectivos formativos

-Coñecer en profundidade os aspectos necesarios sobre metabolismo e as necesidades de produción e consumo de enerxía en función do esforzo.

-Coñecer os fundamentos da valoración funcional con vistas ao alto rendemento.

-Interpretar resultados da valoración funcional.

-Interpretar os resultados da valoración nutricional do/a deportista.

-Colaborar co especialista na determinación do réxime alimenticio e axudas ergoxénicas dos/das deportistas.

-Aproveitar as vantaxes fisiolóxicas e evitar os problemas do adestramento en altitude e en condicións especiais.

-Familiarizarse cos aparellos dun laboratorio de fisioloxía do esforzo.

-Recoñecer os efectos patolóxicos que o deporte de alto rendemento pode ter sobre os diferentes aparellos e sistemas.

Contidos

-As avaliacións das capacidades ligadas ao metabolismo.

-A metodoloxía da valoración funcional do rendemento físico.

-A composición corporal.

-O estado nutricional.

-As respostas patolóxicas ao esforzo.

-As adaptacións endócrinas ao exercicio de alto rendemento.

-A fisioloxía da actividade física en altitude e en condicións especiais.

-O exercicio e o estrés térmico.

-Os procesos fisiolóxicos da recuperación física no alto rendemento deportivo e a súa aplicación.

-A dopaxe: as substancias prohibidas, os métodos e procedementos.

-Normativa sobre o control da dopaxe.

Criterios de avaliación

-Interpretar, sobre datos reais, resultados da avaliación das capacidades ligadas ao metabolismo e dos factores de execución da acción motriz.

-Coñecer os aparellos utilizados na valoración da condición física.

-Describir os compoñentes básicos da valoración funcional no ámbito do alto rendemento deportivo.

-Determinar os métodos e os test máis utilizados na valoración do rendemento físico.

-Definir os métodos para a determinación da composición corporal.

-Interpretar, sobre datos reais, os resultados do estudo de composición corporal e relacionar estes co rendemento do/da deportista.

-Interpretar, sobre datos reais, os resultados da valoración do estado nutricional do/da deportista.

-Seleccionar as distintas axudas ergoxénicas en función dos obxectivos do rendemento deportivo.

-Describir os efectos fisiolóxicos do adestramento en condicións especiais e a súa repercusión no rendemento deportivo.

-Caracterizar as substancias, os grupos farmacolóxicos catalogados como produtos dopantes e os métodos e procedementos prohibidos.

-Describir os mecanismos de acción farmacolóxica dos principais grupos de produtos considerados dopantes.

-Describir a regulamentación española e internacional sobre as substancias, métodos e procedementos considerados dopantes.

Módulo de xestión do deporte

Obxectivos formativos

-Recoñecer a normativa aplicable aos/ás deportistas profesionais.

-Empregar as técnicas de xestión e organización no ámbito do deporte.

-Coñecer a normativa que regula o deporte de alto rendemento, no ámbito do Estado e na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Coñecer a normativa en relación co patrocinio deportivo.

-Coñecer as medidas de prevención da violencia no deporte.

Contidos

-Teoría xeral da xestión.

-Modelos de planificación e xestión do deporte.

-A fiscalidade no campo do deporte.

-O desenvolvemento regulamentario sobre o deporte de alto rendemento.

-O patrocinio deportivo: leis relacionadas.

-A regulación da relación laboral de carácter especial dos/das deportistas profesionais e a aplicación do dereito comunitario.

-O desenvolvemento regulamentario sobre a lexislación referida á prevención da violencia no deporte.

Criterios de avaliación

-Describir os aspectos fundamentais dos réximes laboral e fiscal dos/das deportistas profesionais.

-Deseñar, nun suposto práctico, un proxecto de creación, financiamento e xestión durante unha tempada dunha entidade deportiva.

-Deseñar, nun suposto práctico convenientemente caracterizado, a organización dun evento deportivo.

-A partir dun programa de actividades:

* Describir a estrutura organizativa máis axeitada.

* Definir os recursos humanos necesarios para a súa execución e a súa forma de contratación.

-Definir os recursos materiais necesarios para a execución do programa.

-Elaborar un orzamento axustado para a realización do programa.

Módulo de psicoloxía do alto rendemento deportivo

Obxectivos formativos

-Coñecer e identificar as necesidades psicolóxicas dos/das deportistas de alto rendemento.

-Aplicar as estratexias psicolóxicas para optimizar o rendemento dos/das deportistas.

-Adquirir os coñecementos e as habilidades psicolóxicas necesarias para dirixir a outros/as adestradores/as e traballar con especialistas das ciencias do deporte.

-Identificar as competencias específicas do/a psicólogo/a do deporte, diferenciándoas do rol psicolóxico do/a adestrador/a.

Contidos

-As necesidades psicolóxicas dos/das deportistas deo alto rendemento.

-A psicoloxía do adestramento deportivo no alto rendemento.

-As principais habilidades psicolóxicas no deporte de alto rendemento.

-A preparación específica de competicións no alto rendemento.

-A relación do/a adestrador/a co/coa psicólogo/a deportivo/a.

-O funcionamento psicolóxico do/a adestrador/a.

Criterios de avaliación

-Elaborar exemplos en que se utilicen estratexias psicolóxicas para mellorar a motivación básica dun/dunha deportista de alto rendemento.

-Indicar, ante un suposto práctico, as principais situacións potencialmente estresantes do deporte de alto rendemento e sinalar as directrices a seguir polo/a adestrador/a para controlar as devanditas situacións.

-Discriminar, a partir de exemplos concretos, o estilo de liderado máis apropiado a unha determinada situación.

-Sinalar, a partir dun caso práctico, os aspectos positivos da conduta do/a adestrador/a e os cambios que serían aconsellables para o mellor funcionamento do grupo.

-Elaborar un esquema de traballo colectivo definindo os roles dos colaboradores/as (adestradores/as e expertos das ciencias do deporte) e a dinámica de funcionamento entre todos eles.

-Deseñar un programa de traballo que prevexa a interacción do traballo psicolóxico do/a adestrador/a co do/a psicólogo/a deportivo/a.

Módulo de socioloxía do deporte de alto rendemento

Obxectivos formativos

-Identificar os problemas inherentes á práctica deportiva de alto rendemento.

-Coñecer os problemas de adaptación dos/das deportistas ás novas condicións de vida unha vez terminada a súa etapa deportiva.

-Apreciar a transcendencia social do deporte espectáculo de alto rendemento e a súa incidencia no/a deportista.

-Coñecer os métodos de investigación social aplicados ao deporte.

-Empregar as técnicas para a identificación das tendencias da sociedade en relación á práctica deportiva.

Contidos

-Os factores extrínsecos e intrínsecos que afectan ao rendemento dos/das deportistas.

-Os problemas sociais dos/das deportistas de alto rendemento.

-As técnicas de investigación social aplicadas ao deporte.

-As técnicas sociolóxicas para a identificación das tendencias na práctica deportiva.

Criterios de avaliación

-Describir os factores sociais que afectan o rendemento do/da deportista de alto rendemento.

-Determinar os problemas máis significativos do/da deportista de alto rendemento na súa vida deportiva.

-Describir as técnicas de investigación social aplicadas ao deporte.

-Identificar as tendencias da práctica deportiva na España do século XXI, realizando un seguimento dos medios de comunicación social.

Bloque específico

Módulo de accións técnico-tácticas individuais II

Obxectivos formativos

-Dominar en profundidade como se deben realizar os fundamentos técnicos e tácticos individuais, tanto en ataque coma en defensa.

-Coñecer cando se ten que aplicar cada un dos fundamentos técnicos e tácticos individuais.

-Saber as posibilidades e limitacións que o Regulamento de baloncesto ofrece, en función dos fundamentos individuais.

-Detectar en situacións de xogo os fallos dos/das deportistas orixinados por unha mala realización ou selección dun fundamento ou por non aplicalo no tempo apropiado.

-Estimular a creatividade dos/das xogadores/as a partir da análise dos seus puntos fortes e débiles.

Contidos

-Fundamentos de ataque:

* O tiro.

* O bote: cambios de man.

* O pase.

* Parar, pivotar, arrancar e fintar.

* O/a xogador/a atacante de costas á canastra.

* O/a xogador/a atacante sen balón.

* Un contra un.

* O rebote de ataque.

-Fundamentos de defensa:

* Defensa ao/á xogador/a con balón.

* Defensa ao/á xogador/a sen balón.

* Rebote defensivo.

Criterios de avaliación

-Analizar, ante unha situación determinada de ataque e/ou defensa, os conceptos relacionados coa técnica e táctica individual.

-Indicar as dificultades e os erros de execución máis frecuentes, as súas causas e o xeito de evitalos e corrixilos nos diferentes fundamentos individuais complexos.

-Analizar un vídeo dun partido onde se poida estudar, dentro dos fundamentos individuais de ataque e/ou defensa e as regras de xogo que afectan os ditos fundamentos, se a aplicación das accións realizadas son:

* Correctas, xustificando por que.

* Incorrectas, xustificando por que e achegando solucións para a súa idónea aplicación.

Módulo de accións técnico-tácticas colectivas II

Obxectivos formativos

-Favorecer e fomentar a creatividade do equipo en situacións de xogo, aplicando a técnica e a táctica adecuadamente para obter un resultado positivo.

-Coñecer e analizar as accións técnico-tácticas colectivas de elaboración complexa.

-Combinar diferentes fundamentos colectivos.

-Dominar as progresións de aprendizaxe complexas dos fundamentos colectivos.

Contidos

-Accións técnico-tácticas do equipo con posesión do balón:

* Conceptos básicos.

* Os bloqueos: directos, indirectos e cegos.

* Distintas combinacións tácticas e posibilidades de relación.

-Accións técnico-tácticas do equipo sen posesión do balón:

* Conceptos básicos.

* Análises defensivas das opcións que se formularon.

Criterios de avaliación

-Describir as fases de execución das diferentes accións de xogo grupais en categorías de alto rendemento.

-Indicar as dificultades e os erros de execución máis frecuentes, as súas causas e o xeito de evitalos e corrixilos nos diferentes fundamentos colectivos complexos.

Módulo de sistemas de xogo II

Obxectivos formativos

-Afondar no coñecemento dos distintos sistemas de ataque.

-Perfeccionar e afondar no coñecemento dos sistemas de defensa: individual, zona, mixta, alternativa, de axuste.

-Analizar os distintos tipos de defensas presionantes: individuais e zonais. Valorar a defensa presionante en función do espazo utilizado (todo o campo, Ÿ de campo, œ campo).

-Perfeccionar a construción do contraataque e a transición.

-Desenvolver situacións especiais de partido e coñecer as alternativas óptimas en función do desenvolvemento do xogo: saques de banda, salto entre dous e outras situacións.

Contidos

-Sistemas de ataque:

* Repaso dos principios básicos e tipos de sistemas de ataque.

* O ataque por conceptos.

* Construción de sistemas de ataque contra defensa individual, con diferentes características da defensa e dos/das xogadores/as.

* Ataque contra defensa en zona.

* Ataque contra outras defensas.

* Ataque contra defensas presionantes.

* Xogadas en situacións especiais.

* O contraataque.

* O ensino dos sistemas.

-Sistemas de defensa:

* Visión global da defensa.

* Defensa individual.

* Defensa en zona.

* Defensas mixtas.

* Defensas alternativas.

* Defensas de axuste.

* Defensas presionantes.

* Defensas en inferioridade numérica.

* Cambio de ataque a defensa.

Criterios de avaliación

-Construír un sistema de ataque ante defensa individual cunhas premisas fixadas con anterioridade, en función das características dos/das xogadores/as, do tipo de bloqueos usados, etc.

-Construír un sistema de ataque ante defensa en zona marcando previamente características concretas, técnicas e tácticas da defensa.

-Elixir, nunha defensa individual, os conceptos tácticos polos que se vai rexer a devandita defensa e xustificar a súa aplicación en función dos atacantes (na situación do partido e no nivel teórico).

-Elixir, nunha defensa en zona, o tipo de defensa e os conceptos tácticos polos que se vai rexer, xustificando a súa aplicación en función dos atacantes (situación de partido no nivel teórico).

-Formular unha defensa presionante, en zona ou individual, xustificando a súa realización nun contexto real de partido.

-Elixir unha fase do contraataque e xustificar o seu desenvolvemento.

-Analizar un vídeo dun partido, desde o punto de vista das formulacións tácticas que se aplican tanto en ataque coma en defensa.

Módulo de regras de xogo III

Obxectivos formativos

-Coñecer todas as regras de xogo e as súas últimas modificacións.

-Determinar situacións prácticas de interpretación complexa das regras.

-Interpretar correctamente a unanimidade de criterio arbitral.

Contidos

-Interpretación de casos prácticos sobre contactos, violacións e outros supostos.

-Realización de casos prácticos sobre dinámica de arbitraxe.

-Relación do/a adestrador/a co equipo arbitral completo.

Criterios de avaliación

-Ser capaz de interpretar e razoar todas as regras de xogo.

-Resolver axeitadamente as situacións prácticas do regulamento.

-Estudar casos prácticos de máxima coincidencia (violacións simultáneas) e dificultade das regras de xogo.

Módulo de dirección de equipos III

Obxectivos formativos

-Coñecer as normativas máis habituais de funcionamento en equipos profesionais.

-Coñecer as funcións do/a adestrador/a axudante, do/a delegado/a, do/a preparador/a físico/a e do equipo médico (médico, fisioterapeuta e psicólogo/a).

-Integrar no desenvolvemento do labor do/da adestrador/a os elementos sistemáticos de racionalización do traballo.

-Comprender os principios e conceptos máis importantes que interveñen nunha correcta xestión de recursos humanos en relación co adestramento e a competición.

-Utilizar os recursos metodolóxicos necesarios para unha adecuada xestión do persoal a cargo do/a adestrador/a ou relacionado con aspectos básicos do seu traballo, persoal técnico e auxiliar, persoal de apoio científico e médico, etc.

-Utilizar os recursos tecnolóxicos no xogo e a terminoloxía aceptada internacionalmente.

Contidos

-Regulamentos de comportamento interno en equipos de baloncesto profesional.

-A comunicación e a autoridade.

-Relacións do/a adestrador/a co/coa seu/súa axudante/a, co/coa delegado/a, co/coa preparador/a físico/a, co equipo médico, cos/coas xogadores/as, cos/coas directivos/as, coa prensa e cos/coas afeccionados/as.

-Programas de visualización e almacenamento de datos.

-Vocabulario técnico internacional.

Criterios de avaliación

-Explicar o uso das normativas habituais de funcionamento en equipos profesionais.

-Explicar as funcións e responsabilidades do/a adestrador/a axudante, do/a delegado/a, do/a preparador/a físico/a e do equipo médico.

-Valorar a organización e planificación xeral do traballo, do adestramento e da competición, desde o punto de vista dos recursos humanos.

-Almacenar, extraer e clasificar datos sobre determinadas accións do xogo, vendo un partido ou gravación.

-Desenvolver, nun suposto práctico, propostas en terminoloxía internacional.

Módulo de dirección de partido II

Obxectivos formativos

-Dominar as misións do/a adestrador/a antes, durante e despois do partido en alta competición.

-Coñecer como se prepara un partido de alta competición.

-Dirixir partidos de baloncesto de alta competición.

-Ser capaz de analizar e discutir a formulación e a dirección de partidos de alto rendemento.

Contidos

-Preparación do partido.

-Traballo do/a adestrador/a durante o partido.

-Actuación e análise post-partido.

-Análise e discusión de casos prácticos de dirección de partidos.

Criterios de avaliación

-Determinar os labores dun/dunha adestrador/a antes, durante e despois dun partido en alta competición.

-Definir os puntos fundamentais para dirixir un partido de baloncesto en alta competición.

Módulo de metodoloxía do ensino e do adestramento do baloncesto III

Obxectivos formativos

-Coñecer os principios xerais no ensino no baloncesto.

-Saber aplicar as técnicas de ensino do baloncesto.

-Coñecer o nivel de dominio técnico e táctico do baloncesto dos/das xogadores/as que teña ao seu cargo.

-Presentar as progresións adecuadas aos/ás xogadores/as que ten ao seu cargo.

-Analizar os defectos na progresión dos/das xogadores/as para a súa corrección.

-Empregar os medios audiovisuais no ensino da técnica e a táctica do baloncesto.

-Saber xestionar un grupo de xogadores/as de alto rendemento en baloncesto.

Contidos

-A análise das tarefas e actividades de ensino-aprendizaxe no baloncesto.

-Dificultades das tarefas técnicas e tácticas do baloncesto.

-A preparación do adestramento.

-O ensino da técnica e da táctica.

-Aplicación da técnica e da táctica no desenvolvemento das actividades de ensino-aprendizaxe en baloncesto.

-A retroalimentación.

-A avaliación en baloncesto.

Criterios de avaliación

-Analizar, ante determinadas actividades técnicas e tácticas do baloncesto, as súas características para comprobar as dificultades nas actividades de ensino-aprendizaxe.

-Comprobar o nivel de habilidade dos/das xogadores/as de baloncesto e identificar a súa incidencia nas habilidades que se deben adquirir.

-Coñecer as maneiras de informar os/as xogadores/as sobre os aspectos técnicos e tácticos do baloncesto.

-Identificar e diferenciar os aspectos relevantes da técnica de ensino en baloncesto.

-Identificar as correccións que deben realizarse ante diferentes erros da técnica e a táctica en baloncesto.

-Elaborar obxectivos específicos do baloncesto correctamente.

-Presentar tarefas e progresións de acordo cos obxectivos marcados.

-Explicar as accións de ataque e defensa simplificadas para o seu ensino en baloncesto.

-Coñecer e aplicar os recursos materiais necesarios para o ensino da técnica e da táctica en baloncesto.

-Manexar os recursos audiovisuais para o ensino da técnica e da táctica en baloncesto.

-Coñecer e aplicar progresións adecuadas para conseguir a aprendizaxe da técnica e da táctica en baloncesto.

Módulo de planificación e avaliación do adestramento en baloncesto III

Obxectivos formativos

-Avaliar a progresión e o rendemento dos/das xogadores/as.

-Avaliar o programa e os elementos inherentes a el.

-Coñecer os períodos de adquisición de mestría técnica e táctica en alta competición.

-Dominar na súa totalidade a planificación e a avaliación das sesións de adestramento en diferentes ciclos do período preparatorio e de competición dos equipos de alto rendemento.

-Deseñar, en cada caso, a planificación actual correcta a curto, medio e longo prazo dos equipos de alto rendemento.

Contidos

-Definición e características da planificación actual do baloncesto.

-Períodos de adquisición da mestría técnica e táctica.

-Ciclos de media e unha semana.

-Planificación dos períodos preparatorio, competitivo e transitorio.

-Desenvolvemento das capacidades para a racionalización das situacións de xogo.

-Diferenza entre a avaliación do proceso e do resultado no alto rendemento.

-A observación como técnica de avaliación.

-Avaliación das capacidades físicas, técnicas, tácticas, estratéxicas, psicolóxicas, de competición e de factores externos no alto rendemento.

Criterios de avaliación

-Xustificar a técnica de avaliación empregada nun contexto de baloncesto determinado.

-Coñecer e aplicar a avaliación para determinar as carencias e virtudes dun programa de baloncesto.

-Dominar os deseños de planificación de pretempada e tempada de alta competición, aplicándoos a casos prácticos.

-Diagnosticar por medio da análise factorial os indicadores de rendemento en baloncesto de alta competición.

-Coñecer a avaliación das distintas capacidades a nivel individual e de equipo no alto rendemento.

-Realizar a valoración pertinente, obtendo a información necesaria en cada caso.

Módulo de detección e selección de talentos II

Obxectivos formativos

-Diferenciar as particularidades da detección de talentos no baloncesto con relación a outros deportes.

-Coñecer o perfil do/da xogador/a de elite en baloncesto, a partir da análise dos diferentes factores da detección de talentos.

-Apreciar a problemática actual da detección de talentos no baloncesto.

Contidos

-Factores a ter en conta na detección de talentos no baloncesto.

-Coñecemento de baterías de identificación de talentos no baloncesto.

Criterios de avaliación

-Aplicar unha batería de tests específica do baloncesto.

-Desenvolver un impreso de observación para detectar posibles xogadores/as en situación de partido.

-Coñecer a situación actual da detección de talentos en baloncesto.

Módulo de observación do xogo II

Obxectivos formativos

-Realizar unha observación do xogo de alto rendemento.

Contidos

-Puntos clave para unha observación.

-Observación xeral, recompilación de datos.

-Observación por medio de documentos audiovisuais.

-Informes escritos e comentarios.

-Realización práctica de observacións individuais e colectivas en equipos de alto rendemento.

Criterios de avaliación

-Describir e utilizar as técnicas habituais de observación do baloncesto en alto rendemento.

Módulo de preparación física aplicada III

Obxectivos formativos

-Afondar nos coñecementos dos sistemas de adestramento da velocidade, a resistencia, a forza e a flexibilidade, así como nos métodos para o seu desenvolvemento no alto rendemento deportivo.

-Coñecer os fenómenos da fatiga, o sobreadestramento e a recuperación do/da xogador/a de baloncesto.

-Afondar no coñecemento da preparación física desde o punto de vista fisiolóxico.

-Profundizar na planificación e control do adestramento no alto rendemento deportivo.

-Coñecer os aspectos físicos máis importantes relacionados coa alta competición.

Contidos

-A forza.

-A resistencia.

-A velocidade.

-A flexibilidade e a elasticidade.

-Análise do esforzo físico en baloncesto.

-O adestramento físico-técnico específico con balón. O acondicionamento físico integrado.

-A planificación do traballo de condición física no alto rendemento.

-A prevención e a recuperación de lesións por medio dun desenvolvemento axeitado das capacidades físicas.

-Aspectos competitivos relacionados coa preparación física.

Criterios de avaliación

-Deseñar sesións de acondicionamento para un equipo de baloncesto, utilizando distintas metodoloxías para o desenvolvemento das diferentes capacidades físicas.

-Coñecer as bases teóricas e fisiolóxicas do acondicionamento físico, aplicadas ao baloncesto.

-Deseñar unidades programáticas para unha tempada de baloncesto.

-Dominar o deseño de adestramentos específicos en pista.

-Coñecer os fundamentos básicos de traballo das capacidades físicas para a prevención de lesións e a súa recuperación.

-Propoñer diversos modelos de planificación do adestramento básico ou de ensino para ser aplicados por técnicos deportivos de nivel l inferior, nos equipos de base dunha escola de baloncesto.

Módulo de psicoloxía aplicada II

Obxectivos formativos

-Coñecer habilidades psicolóxicas aplicables á mellora do rendemento dos/das xogadores/as, así coma do seu propio labor como adestrador/a, enfocado á competición de alto rendemento.

-Saber cales son as técnicas de intervención psicolóxica que utiliza especificamente o/a profesional da psicoloxía no ámbito do baloncesto, para aplicalas conxuntamente.

-Coñecer as necesidades e as variables psicolóxicas que afectan o rendemento do equipo atendendo aos diferentes momentos da tempada e da competición, así como as estratexias de intervención.

-Desenvolver habilidades de comunicación eficaz nun equipo de baloncesto de alto nivel.

Contidos

-Técnicas de intervención psicolóxica para a mellora do rendemento no baloncesto de alto rendemento.

-O baloncesto como deporte de grupo. Achegas desde un punto de vista psicolóxico.

-Características psicolóxicas do baloncesto de alto rendemento.

-Planificación e programación da tempada de baloncesto de alto rendemento, desde o punto de vista psicolóxico.

-Achegas desde a psicoloxía para afrontar situacións especiais.

Criterios de avaliación

-Dominar as habilidades psicolóxicas básicas aplicables aos/ás xogadores/as.

-Distinguir as variables psicolóxicas e as técnicas de intervención.

-Medir as habilidades de comunicación nun equipo.

Módulo de desenvolvemento profesional

Obxectivos formativos

-Coñecer o funcionamento das sociedades anónimas deportivas, clubs, federacións e asociacións, así como o seu ámbito de actuación.

-Diferenciar normativas de contratacións, convenios, regulamentos e seguros no ámbito do baloncesto.

-Coñecer o ordenamento xurídico e as distintas posibilidades que ofrece para desenvolver a actividade profesional do/da técnico deportivo superior nos ámbitos civil, mercantil e laboral.

-Ter unha visión das incidencias que a práctica da actividade profesional supón nos ámbitos de presentacións públicas e obrigas fiscais.

Contidos

-Xestión, dirección e administración:

* Toma de decisións.

* Axentes.

* Convenios e regulamentos.

* Leis, decretos, normativas.

* Contratos.

* Seguros.

-Lexislación e marco laboral do/a adestrador/a profesional:

* O marco laboral e o/a adestrador/a profesional.

* Prestacións de seguridade social, obrigas fiscais e outras prestacións.

Criterios de avaliación

-Saber como funcionan as sociedades anónimas deportivas, clubs, federacións e asociacións, así como o seu ámbito de actuación.

-Valorar as normativas de contratacións, convenios, regulamentos e seguros no ámbito do baloncesto.

-Coñecer a aplicación do marco laboral do/da adestrador/a.

-Coñecer as relacións do/a adestrador/a coa seguridade social, obrigas fiscais e outras prestacións.

Módulo de seguridade deportiva II

Obxectivos formativos

-Coñecer a normativa aplicable ao control antidopaxe en baloncesto.

-Coñecer as axudas ergoxénicas aplicables ao baloncesto.

Contidos

-Desenvolvemento da normativa nacional e internacional aplicables aos controis antidopaxe no baloncesto.

-Coñecemento dos procedementos de control antidopaxe en baloncesto.

-Clasificación das diferentes seccións das substancias dopantes.

-Réxime sancionador.

-Consideracións que hai que ter en conta con respecto á nutrición e hidratación dos/das xogadores/as de baloncesto de alto rendemento.

Criterios de avaliación

-Saber consultar as diferentes normativas de control antidopaxe en baloncesto.

-Coñecer as sancións que causan os controis positivos segundo a clasificación das substancias dopantes.

-Coñecer as nocións básicas da nutrición e hidratación dos/das xogadores/as de baloncesto de alto rendemento.

Bloque complementario

Módulo de lingua estranxeira: inglés

Obxectivos formativos

-Amosar un nivel básico de inglés.

-Coñecer as principais estruturas gramaticais.

-Expresarse basicamente de forma oral e escrita.

-Identificar nesta lingua algúns termos relacionados co deporte.

Contidos

-Os números ordinais e cardinais.

-Os substantivos e os adxectivos cualificativos: singular e plural.

-Os artigos determinados, indeterminados e as preposicións.

-Os pronomes persoais e a súa función.

-O verbo: o presente simple, o auxiliar, a negación e a interrogación.

-Colocación das palabras na oración: substantivos, adxectivos, artigos, pronomes, verbos...

-Expresión oral e escrita.

-Termos básicos relacionados co mundo do deporte.

Criterios de avaliación

-Realizar exercicios escritos sobre numeración, substantivos, adxectivos, pronomes e verbos.

-Elaborar oracións correctas desde un punto de vista gramatical.

-Saber aplicar na lingua escrita e falada os pronomes persoais, os verbos, os adxectivos, os substantivos e os artigos.

-Coñecer termos vinculados ao mundo do deporte e aplicalos en situacións dadas.

Bloque de formación práctica

Obxectivos

O bloque de formación práctica do/da técnico deportivo superior en baloncesto ten como finalidade, ademais das indicadas no artigo 6º deste decreto, que o alumnado desenvolva de forma práctica as competencias adquiridas na formación teórica e práctica e obteña a experiencia necesaria para realizar con eficacia:

-A programación e dirección do adestramento de xogadores/as de baloncesto e equipos de baloncesto e a súa participación en competicións de alto nivel.

-A programación e dirección do acondicionamento físico de xogadores/as de baloncesto de alto nivel.

-A programación e dirección do ensino deportivo do baloncesto.

-A programación e coordinación da actividade dos/das técnicos deportivos de nivel inferior.

-A dirección dun departamento, sección ou escola de baloncesto.

Desenvolvemento

-A formación práctica do/da técnico deportivo superior en baloncesto consistirá na asistencia continuada, durante un período de tempo previamente fixado, e cunha duración non inferior a 200 horas, ás actividades propias do/da técnico deportivo superior en baloncesto, baixo a supervisión dun/dunha titor/a asignado/a e con grupos designados para tal efecto. Este período deberá conter no seu desenvolvemento:

* Sesións de adestramentos de baloncesto, entre un 25 e un 30 por cento do total do tempo do bloque de formación práctica.

* Sesións de acondicionamento físico de xogadores/as de baloncesto, entre un 10 e un 20 por cento do total do tempo do bloque de formación práctica.

* Sesións de dirección de equipos, entre un 20 e un 25 por cento do total do tempo do bloque de formación práctica.

* Sesións de programación e dirección de ensino deportivo do baloncesto, entre un 20 e un 25 por cento do total do tempo do bloque de formación práctica.

* Sesións de programación e coordinación de técnicos deportivos de nivel inferior, entre un 15 e un 20 por cento do total do tempo do bloque de formación práctica.

* Sesións dunha escola de baloncesto, entre un 10 e un 15 por cento do total do tempo do bloque de formación práctica.

-O bloque de formación práctica constará de tres fases: fase de observación, fase de colaboración e fase de actuación supervisada.

-Ao remate das tres fases o/a alumno/a realizará unha memoria de prácticas que deberá ser avaliada polo/a titor/a e polo centro onde realizase a súa formación.

Avaliación

No bloque de formación práctica só se concederá a cualificación de apto/a ou non apto/a. Para acadar a cualificación de apto/a o alumnado terá que:

-Asistir como mínimo ao 80 por cento das horas establecidas para cada unha das fases.

-Participar de forma activa nas sesións de traballo.

-Acadar os obxectivos formativos en cada unha das sesións.

-Utilizar unha linguaxe clara e unha correcta terminoloxía específica.

-Presentar correctamente a memoria de prácticas.

-Estruturar a memoria de prácticas polo menos nos puntos seguintes:

* Descrición da estrutura e funcionamento do centro, das instalacións e dos espazos das prácticas e do grupo ou grupos con que realizar o período de prácticas.

* Desenvolvemento das prácticas: fichas de seguimento das prácticas de cada sesión agrupadas por fases.

* Informe de autoavaliación das prácticas.

* Informe de avaliación do/a titor/a.

Proxecto final

Obxectivo

O proxecto final ten como obxectivo comprobar que o/a alumno/a asimilou e é capaz de integrar, sincretizar e aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos durante o proceso formativo e, en consecuencia, de desempeñar unha actividade profesional no campo propio do/da técnico deportivo superior en baloncesto.

Contido

-O proxecto final consistirá na concepción e elaboración dun traballo monográfico que versará sobre algún dos aspectos seguintes da súa formación:

-O adestramento de xogadores/as e equipos de baloncesto.

-A dirección técnica de equipos de xogadores/as de baloncesto.

-O acondicionamento físico de xogadores/as de baloncesto.

-A dirección de técnicos deportivos.

-A dirección de escolas de baloncesto.

-O ensino do baloncesto.

-O proxecto final constará das seguintes partes:

* Introdución, que establecerá os obxectivos do traballo, a súa relación con outros traballos precedentes, se os houber, e o enfoque xeral do traballo.

* Núcleo do proxecto.

* Referencias bibliográficas e iconográficas utilizadas para a elaboración do traballo.

Avaliación

O proxecto final será cualificado seguindo a escala numérica de 1 a 10 puntos, sen decimais. Consideraranse positivas as cualificacións iguais ou superiores a cinco puntos, ambos os dous inclusive, e negativas as restantes.

Valorarase no proxecto:

-A realización dun traballo orixinal.

-A utilización dunha linguaxe clara e unha correcta terminoloxía específica.

-A presentación e estruturación correcta do proxecto.

-A pertinencia e a viabilidade do proxecto.

-A realización dunha completa revisión bibliográfica.

ANEXO IV

Correspondencias e acceso a outros estudos

1. Módulos de formación que poderán ser obxecto de correspondencia coa práctica deportiva de alto nivel (Real decreto1467/1997), do 19 de setembro, sobre deportistas de alto nivel.

A práctica dos/das deportistas que obtivesen a consideración de deportistas de alto nivel en baloncesto poderá ser obxecto de correspondencia formativa cos módulos de fundamentos individuais e fundamentos colectivos, na cal obtivesen a devandita consideración. Esta correspondencia poderá realizarse para o grao medio.

2. Acceso a outros estudos.

-O título de técnico deportivo superior en baloncesto dará acceso aos seguintes estudos universitarios:

* Mestre/a (todas as especialidades).

* Diplomado/a en educación social.

* Diplomado/a en enfermaría.

* Diplomado/a en fisioterapia.

* Diplomado/a en terapia ocupacional.

* Diplomado/a en traballo social.

* Diplomado/a en turismo.

* Licenciado/a en ciencias da actividade física e do deporte.

ANEXO V

Requisitos mínimos dos centros de formación dos/das técnicos de baloncesto

1. Requisitos de instalacións xerais.

1.1 Espazos de uso administrativo e docente xenérico. Os centros deberán dispor de:

-Sala ou aula de uso múltiple para o desenvolvemento de actividades comúns do centro, cunha capacidade suficiente para o número de prazas autorizadas, conforme a relación 60 m2/35 alumnos/as.

-Polo menos unha aula cunha dimensión mínima de 50 m2, para unha capacidade máxima de 35 alumnos/as.

-Unha unidade de seminario cunha dimensión mínima de 60 m2, con servizos e fondos que garantan a consulta de libros, revistas e documentos en soporte audiovisual; estarán dotados tamén de medios audiovisuais necesarios para a docencia.

-Espazos independentes para os órganos de goberno e os servizos administrativos do centro, secretaría e sala de profesores, todo iso adecuado á capacidade do centro, cunha dimensión mínima de 50 m2.

-Aseos e servizos hixiénico-sanitarios, tanto para alumnado como para profesorado, en número adecuado á capacidade do centro, conforme o que dispoña a lexislación que, en cada caso, sexa de aplicación.

-Dependencias para a almacenaxe do material adecuado as necesidades do centro.

-Zona de vestiarios adecuada á capacidade do centro, conforme o que dispoña a lexislación que en cada caso sexa de aplicación.

1.2. Requisitos das instalacións e equipamentos docentes deportivos.

a) Os centros de formación de técnicos deportivos de baloncesto disporán do espazo suficiente e do equipamento docente necesario nas súas aulas para atender o alumnado inscrito en cada nivel e grao de formación.

b) Unha sala deportiva polivalente debidamente equipada para impartir os contidos teórico-prácticos dos distintos módulos. As dimensións deberán ser suficientes para atender simultaneamente os/as alumnos/as inscritos/as nun módulo de formación determinada, respectando o número máximo de alumnos/as por profesor/a.

c) Ademais as instalacións estarán dotadas do equipamento de uso colectivo mobiliario e didáctico suficiente para impartir, con garantías de calidade, as ensinanzas de técnicos de baloncesto.

d) Para impartir as clases teórico-prácticas, os centros de formación de técnicos deportivos de baloncesto terán que acreditar dispoñer de acceso ás instalacións seguintes:

* Un campo cuberto de baloncesto de medidas regulamentarias dotado de polo menos dúas canastras.

* Disporase dun balón de baloncesto regulamentario masculino e feminino por cada alumno e alumna, en perfectas condicións de uso.

* Unha pizarra con rodas de polo menos dous metros de largo por un metro de alto, para utilización na pista.

* Os centros deberán contar con suficiente material auxiliar como bancos suecos, conos, aros, cordas e petos de cores.

2. Requisitos no caso dunha rede de centros cunha mesma titularidade.

No caso dunha rede de centros que se sitúe no ámbito de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia cuxa titularidade sexa única, todas as sedes deberán de reunir os requisitos de instalacións, equipamentos e profesorado que estean directamente relacionados coa actividade docente. Pola súa vez, a consellería competente en materia de educación, á vista do informe que poida solicitar ao titular da rede, ditará os criterios que se deben seguir sobre os requisitos que estean directamente relacionados coa súa dirección e administración.

3. Requisitos de seguridade e responsabilidade.

Os centros deberán dispor:

-Dun servizo médico ou, de ser o caso, dun concerto de asistencia médica de urxencia.

-Dun plan de evacuación de persoas enfermas e accidentadas.

-Dun seguro que cubra a responsabilidade civil que puidese ser reclamada ao centro, en razón da súa propia actividade.

-De cinco manequíns de recuperación cardiopulmonar.

4. Requisitos de titulación do profesorado.

a) As materias do bloque común serán impartidas polos que acrediten as titulacións que a seguir se detallan ou as que fosen declaradas equivalentes ou homologadas con elas.

Ver referencia pdf "04200D001P007.PDF"

Ver referencia pdf "04200D002P046.PDF"