DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 27 de febreiro de 2009 Páx. 4.223

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 20 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento das frondosas caducifolias e se convocan para o exercicio orzamentario 2009.

A Consellería do Medio Rural publicou o 18 de febreiro de 2008 a Orde do 30 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 axudas para o fomento das frondosas caducifolias. Estas axudas convocáronse amparadas no Regulamento (CE) 1698/2005 relativo ás axudas ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), así como na normativa comunitaria sobre axudas de estado. A experiencia adquirida na xestión destas axudas fai conveniente introducir algunhas modificacións que afectan o sistema de xestión e a tipoloxía e requisitos dos investimentos para ser subvencionables. Así mesmo, como modificación máis salientable, está a incorporación como beneficiarias das axudas das unidades de xestión forestal (Uxfor), postas en marcha coa publicación da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e o Decreto 101/2008, do 30 de abril, polo que se regulan as unidades de xestión

forestal en Galicia, e dado que segundo o indicado no devandito decreto, a creación dunha unidade de xestión forestal (Uxfor) é un procedemento en que hai unha serie de prazos para facer alegacións e cubrir e/ou emendar documentación, fai necesario que o período de solicitude de axudas para este tipo de beneficiario sexa máis amplo que para o resto de beneficiarios, procede realizar a convocatoria correspondente a este ano.

De conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto desta orde é modificar a Orde do 30 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 axudas para o fomento das frondosas caducifolias e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario do ano 2009. A concesión das axudas efectuarase mediante concorrencia competitiva.

Sección primeira

Modificación da orde do 30 de xaneiro de 2008

Artigo 2º

Introdúcense as seguintes modificacións na Orde do 30 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 axudas para o fomento das frondosas caducifolias.

Primeira.-Modificación do artigo 3º da Orde do 30 de xaneiro de 2008. O artigo 3º da Orde do 30 de xaneiro de 2008 quedará redactado como segue:

«Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nesta orde os propietarios particulares, as agrupacións destes propietarios, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas, as comunidades de montes veciñais en man común e as unidades de xestión forestal (Uxfor).

Non poderán ser beneficiarios as persoas físicas ou xurídicas que non sexan propietarios dos terreos obxecto de axuda. Non se admite a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro».

Segunda.-Modificación do artigo 4º da Orde do 30 de xaneiro de 2008. O artigo 4º da Orde do 30 de xaneiro de 2008 quedará redactado como segue:

«Artigo 4º.-Actuacións obxecto de axuda e importes de investimento.

1. As especies que se empregarán nas actuacións abaixo indicadas e os traballos que se van realizar son os indicados nos anexos II e III desta orde.

2. Os importes de subvención corresponderanse, como máximo, co 80% do valor máximo do investimento no caso de que os traballos que se van realizar se atopen en zonas desfavorecidas (anexo XI) e co 70% do valor máximo de investimento no resto dos casos:

a) Plantación de frondosas caducifolias.

O valor máximo do investimento por hectárea de actuación é de 2.397 €, e nese importe inclúese o tratamento da vexetación preexistente (roza, ou roza e fresado), a preparación do terreo (sempre aburatamento con retroescavadora, aburatamento mecánico con ripper modificado, nunca subsolaxe soa, sempre acompañada de aburatamento agás subsolaxe cruzada), a plantación manual, a planta, a colocación de protectores e a fertilización.

b) No caso de aproveitamentos silvopastorais, plantación de castiñeiros en marcos amplos ou, no caso doutro aproveitamento na superficie, o valor máximo de investimento por hectárea de actuación é de 1.256 €.

3. No caso dos pro indivisos, as comunidades de bens, as cooperativas agrícolas, as CMVMC, as entidades locais, outras persoas xurídicas ou as agrupacións de propietarios poderase subvencionar ademais o peche da plantación realizada, sempre e cando a superficie de actuación supere as 10 hectáreas e se xustifique a súa necesidade (gando, fauna cinexética, ...). O valor máximo do peche por hectárea de actuación será de 280 € e ata 7.000 € por km de peche. A colocación de protectores poderase subvencionar independentemente do tipo de beneficiario, sempre e cando se xustifique a súa necesidade (gando, fauna cinexética, ...).

4. En terreos agrícolas abandonados, agás no caso de entidades locais, pagaranse 5 primas de mantemento, contadas a partir do ano seguinte ao do pagamento da forestación con frondosas caducifolias e que se pagarán nos anos 1, 2, 3, 4 e 5. Esta prima de mantemento está destinada aos coidados culturais mínimos e ao mantemento da forestación realizada. O importe de cada unha delas será de 314 €/ha. Son terras agrícolas abandonadas aqueles terreos do ermo, terreos con arbustos e matos ou arboredo cunha fracción de cabida cuberta inferior ao 20%, que tradicionalmente tiveron un aproveitamento agrícola/gandeiro e que non recibiron ningunha utilización, nin intervención agraria, durante os últimos 10 anos».

Terceira.-Modificación do artigo 5º da Orde do 30 de xaneiro de 2008. O artigo 5º da Orde do 30 de xaneiro de 2008 quedará redactado como segue:

«Artigo 5º.-Distribución do crédito.

1. O financiamento previsto no artigo 16 desta orde distribúese do seguinte xeito:

a) Propietarios particulares de xeito individual: 10%.

b) Agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrícolas, pro indivisos, comunidades de bens, entidades locais e outras persoas xurídicas (S.A., S.L., ...): 15%.

c) As unidades de xestión forestal (Uxfor): 35%.

d) CMVMC con superficie total clasificada inferior ou igual a 50 hectáreas: 20%.

e) CMVMC con superficie total clasificada superior a 50 hectáreas: 20%.

2. No caso de que unha vez priorizados os expedientes solicitados non se cubra a totalidade do importe especificado nas epígafes, os importes sobrantes pasarán aos demais para facer fronte aos expedientes solicitados, se é o caso».

Cuarta.-Modificación do artigo 6º da Orde do 30 de xaneiro de 2008. O artigo 6º da Orde do 30 de xaneiro de 2008 quedará redactado como segue:

«Artigo 6º.-Superficies mínimas e máximas para solicitar axudas.

1. Para solicitudes realizadas por propietarios particulares de xeito individual, a superficie mínima continua de actuación é de 0,5 hectáreas e a máxima de 3 hectáreas, non se admitirá máis dun couto redondo por solicitude e concello.

2. No caso de comunidades de montes veciñais en man común, cooperativas agrícolas, pro indivisos, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas xurídicas, agrupacións de propietarios particulares ou unidades de xestión forestal (Uxfor), a superficie mínima continua de actuación será de 1 hectárea e máxima de 10 hectáreas; admitirase máis dun couto redondo por solicitude, sempre e cando, supere a superficie mínima».

Quinta.-Modificación do artigo 7º da Orde do 30 de xaneiro de 2008. O artigo 7º da Orde do 30 de xaneiro de 2008 quedará redactado como segue:

«Artigo 7º.-Criterios de prioridade.

1. Cando as solicitudes presentadas superen as dispoñibilidades orzamentarias previstas nesta orde, atenderanse as solicitudes de maior a menor puntuación, dentro de cada un dos puntos do artigo 5, segundo o baremo seguinte:

a) Predios onde se van realizar os traballos con:

1º Linde con zona húmida (valgada, etc.): 10 puntos.

2º Linde con masa de frondosas caducifolias existentes: 10 puntos.

3º Linde zona agrícola (pastos, ...): 5 puntos.

4º Linde con autoestrada, autovía ou estrada nacional: 7 puntos.

5º Zona concentración parcelaria de uso forestal: 3 puntos.

6º Explotación prioritaria: 10 puntos.

7º Parcela obxecto dos traballos lindante con infraestrutura forestal (pista forestal, devasas ...): 10 puntos.

b) No caso de que a superficie de actuación conte cun plan de xestión ou ordenación: 5 puntos.

c) No caso de que a superficie de actuación se atope a menos de 50 metros dun núcleo rural ou casa habitada e supoña un perigo no caso de incendio: 5 puntos.

d) Por cada beneficiario que realizase un curso de formación en tratamentos silvícolas de frondosas: 2 puntos por beneficiario, ata un máximo de 8 puntos por solicitude de axuda.

e) Agrupacións de propietarios legalmente constituídas: 10 puntos.

f) Por cada membro da agrupación de propietarios, do pro indiviso (copropietarios) ou da comunidade de bens: 5 puntos.

g) Por cada propietario membro da unidade de xestión forestal (Uxfor): 6 puntos por cada un.

h) No caso de montes veciñais en man común que invistan como mínimo o 15% dos seus ingresos nos últimos tres exercicios fiscais pechados anteriores á solicitude de axuda en melloras do monte, aplicarase a puntuación maior dos tres puntos seguintes:

1º Investimentos dun 15% a un 30% dos seus ingresos nos últimos tres exercicios fiscais pechados anteriores á solicitude de axuda: 10 puntos.

2º Investimentos de máis dun 30% a un 50% dos seus ingresos nos últimos tres exercicios fiscais pechados anteriores á solicitude de axuda: 15 puntos.

3º Investimentos de máis dun 50% dos seus ingresos nos últimos tres exercicios fiscais pechados anteriores á solicitude de axuda: 20 puntos.

i) No caso de montes veciñais en man común que investisen nos últimos tres exercicios fiscais pechados anteriores á solicitude de axuda un mínimo do 15% dos seus ingresos noutros investimentos, que non sexan no monte pero que vaian dedicados aos veciños ou teñan un fin social: 5 puntos.

j) No caso de montes veciñais en man común sen ingresos nos últimos tres exercicios fiscais pechados anteriores á solicitude de axuda: 10 puntos.

2. No caso de empate no tipo de beneficiario de agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrícolas, pro indivisos, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas xurídicas (S.A., S.L., ...) e unidades de xestión forestal (Uxfor) priorizaranse segundo os seguintes criterios:

a) Solicitudes que sumen un maior número de propietarios.

b) No caso de seguir empatados, por maior superficie de actuación.

3. De existir empate, prevalecerá o número máis baixo formado polas catro últimas cifras do DNI ou CIF do titular do terreo».

Sexta.-Modificación do punto 1 do artigo 8º da Orde do 30 de xaneiro de 2008. O punto 1 do artigo 8º da Orde do 30 de xaneiro de 2008 quedará redactado como segue:

«1. Xunto coa solicitude de axuda presentarase un documento descritivo das actuacións que se levarán a cabo. No caso de unidades de xestión forestal (Uxfor), o dito documento deberá axustarse ao disposto no instrumento de xestión forestal específico. No caso dos propietarios particulares será suficiente con presentar o anexo VI. No caso de comunidades de montes veciñais en man común, cooperativas agrícolas, pro indivisos, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas xurídicas ou agrupacións de propietarios particulares, cando a axuda solicitada sexa aprobada presentarán un proxecto e unha copia, cos mesmos datos que o documento descritivo, asinado por enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal, e visado polo correspondente colexio oficial; no caso de enxeñeiro técnico forestal deberá estar visado no colexio da Comunidade Autónoma de Galicia e, en todo caso, nomearase un director de obra. O documento descritivo das actuacións deberá conter como mínimo o seguinte:

-Estado legal do predio obxecto de solicitude de axuda: superficie, localización, estremeiros, accesos, ...

-Descrición das actuacións que se levarán a cabo.

-Especies que se empregarán, densidade final, ....

-Cartografía: planos sobre mapas oficiais, preferentemente a escala 1:5.000, ou no seu defecto escala 1:10.000. No caso de CMVMC deberase presentar a maiores planos a escala 1:25.000, no caso de agrupacións, incluirase nos planos unha referencia que permita coñecer cal é a superficie coa que participa cada membro da agrupación; e en calquera caso ficha Sixpac.

-Indicación de se os terreos se atopan en Rede Natura 2000, en zonas de protección lateral do camiño de Santiago ou se existen obxectos ou restos materiais que formen parte do Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

-Farase constar nos documentos descritivos das actuacións se a superficie de actuación está dentro da Rede Natura 2000 e solicitarase de forma interna antes da aprobación da axuda, informe ao Servizo de Conservación da Natureza. En caso de que o dito informe sexa desfavorable non se admitirá a trámite a solicitude de axuda, agás no caso de que a superficie dispoña dun plan de xestión forestal aprobado e co informe favorable do departamento competente en materia de ambiente. Non se poderán realizar solicitudes de axuda sobre hábitats prioritarios.

A planimetría do proxecto visado, que se presentará no caso de aprobarse a solicitude de axuda, presentarase xeorreferenciada en coordenadas UTM, fuso 29, con referencia ao datum de traballo, en ficheiro DXF, obtido a partir dun plano de escala mínima 1:10.000, e preferentemente 1:5.000. O ficheiro DXF deberá estar estruturado da seguinte maneira:»

Ver referencia pdf "04100D010P083.PDF"

Sétima.-Modificación do artigo 10º da Orde do 30 de xaneiro de 2008. O artigo 10º da Orde do 30 de xaneiro de 2008 quedará redactado como segue:

«Artigo 10º.-Documentación.

Os impresos debidamente cubertos, deberán ir acompañados da seguinte documentación:

1. En xeral:

a) Fotocopia do DNI, NIF ou CIF do beneficiario.

b) Documento descritivo das actuacións ou anexo VI no caso de propietarios particulares.

c) Declaración do beneficiario da axuda do conxunto de todas as solicitudes percibidas, solicitadas ou autorizadas para o mesmo proxecto ou actividade que a axuda solicitada ao abeiro desta orde, ante as administracións públicas competentes ou doutros entes públicos (anexo VIII).

d) Ficha SIXPAC das parcelas obxecto de solicitude de axuda e anexo VIII debidamente cumprimentado.

2. Para todo tipo de titulares de terreos, excepto comunidades de montes veciñais en man común:

2.1. No caso de ser propietario dos terreos: fotocopia do título de propiedade ou declaración xurada ou baixo a súa responsabilidade do titular da propiedade. Na dita declaración farase constar: nome, apelidos e DNI do propietario, nome dos predios, superficie e lindeiros obxecto dos traballos e localización delas ou anexo VIII. No suposto de que o terreo sexa propiedade de varios copropietarios (pro indiviso), ademais presentarase documento privado no que se acredite o consentimento de todos os condonos e a designación dun solicitante-representante. No caso de concentracións parcelarias sen títulos, presentarase un certificado do Servizo Provincial de Infraestruturas Agrarias e no caso de non dispor de dito certificado presentarase unha declaración xurada de propiedade e unha fotocopia da solicitude de dito certificado.

3. Para comunidades de montes veciñais en man común:

3.1. Certificado do acordo tomado en Asemblea Xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o presidente da comunidade a pedir axudas á Consellería do Medio Rural, para a execución das accións obxecto da solicitude.

4. Para agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrarias, pro indivisos, comunidades de bens, outras entidades xurídicas, comunidades de montes veciñais en man común e unidades de xestión forestal (Uxfor):

-No caso de agrupacións de propietarios, pro indivisos, cooperativas agrícolas, comunidades de bens, comunidades de montes veciñais en man común e unidades de xestión forestal (Uxfor), os membros da agrupación, os copropietarios, os membros da comunidade de bens, cooperativa, os comuneiros e os membros da unidade de xestión forestal (Uxfor), e cando menos os seus representantes, anexo VII conforme solicitaron un curso de formación en silvicultura de frondosas caducifolias.

5. Documentación complementaria:

a) No caso de explotación prioritaria:

-Documento xustificativo de ser titular dunha explotación prioritaria.

b) Para agrupacións de propietarios particulares:

-Anexo IV desta orde debidamente cuberto.

c) No caso de agrupacións legalmente constituídas: CIF e documento acreditativo de constitución dela onde consten as persoas que forman parte da dita agrupación.

d) No caso de cooperativas agrarias: copia dos estatutos.

e) No caso de comunidades de bens: documentación acreditativa, documento asinado por todos os membros da comunidade de bens de cumprir todos os compromisos e obrigas establecidos nesta orde, así como na demais normativa concorrente e nomeamento dun representante.

f) No caso doutras entidades xurídicas: copia dos estatutos ou escrituras de constitución e acreditación da persoa física que as representa.

g) No caso de entidades locais: certificado do secretario municipal conforme se informou a comisión de goberno da solicitude de axuda.

h) No caso de unidades de xestión forestal (Uxfor): copia do CIF e número inscrición no Rexistro de Unidades de Xestión Forestal.

6. Documentación adicional.

a) Montes veciñais en man común que invistan como mínimo o 15% dos seus ingresos en melloras do monte ou noutros investimentos que vaian dedicadas ao veciños, teñan un fin social nos últimos 3 exercicios fiscais pechados anteriores á solicitude de axuda ou non teñan ingresos: anexo V debidamente cuberto.

b) No caso de plantación de frondosas caducifolias en terreos agrícolas abandonados: anexo VIII debidamente cuberto».

Oitava.-Modificación dos puntos 2, 6 e 7 do artigo 13º da Orde do 30 de xaneiro de 2008. Os puntos 2, 6 e 7 do artigo 13º da Orde do 30 de xaneiro de 2008 quedarán redactados como segue:

«2. No caso de comunidades de montes veciñais en man común, cooperativas agrícolas, pro indivisos, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas xurídicas, agrupacións de propietarios particulares ou unidades de xestión forestal (Uxfor), no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución de aprobación deberase presentar o correspondente proxecto, máis unha copia e o nomeamento do director de obra, segundo o indicado no artigo 8º desta orde.

6. Xunto coa notificación de remate dos traballos achegarase a seguinte documentación:

a) Facturas polo importe total do investimento, incluíndo a planta empregada, de conformidade co disposto no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. No caso de que o beneficiario realice os traballos polos seus propios medios, deberá presentar un documento xustificativo de tal circunstancia (horas de traballo/superficie, custo/hora, ...), de posuír a maquinaria empregada na realización dos traballos e os xustificantes dos gastos polo importe total do investimento. Este documento xustificativo de realizar os traballos polos seus propios medios serve para xustificar o importe do investimento aprobado, pero o pagamento da axuda non poderá superar o importe xustificado dos gastos (aluguer maquinaria, facturas combustible, ...).

b) Documentación da planta empregada.

c) Xustificante do pagamento das facturas, mediante a achega de orixinal e copia, para a súa compulsa e selado, dalgún dos documentos que se relacionan a continuación:

1º Xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo por portelo, certificación bancaria, etc.), no que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura, e con data anterior á de xustificación dos traballos.

2º Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio, etc.), achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, e a documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que este efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

3º Con carácter excepcional, admitiranse pagamentos en metálico cando o seu importe, individual ou en conxunto, por provedor non supere os 3.000 €. Neste caso o pagamento xustificarase mediante certificación expresa, asinada, datada e selada polo provedor, en que se faga constar a recepción do importe facturado e o medio de pagamento empregado, así como o compromiso do provedor de someterse ás actuacións de control e comprobación na súa contabilidade da realidade do pagamento. Esta certificación irá acompañada da factura preceptiva.

4º Para gastos que non superen os 300 € admitirase como xustificante de pagamento a factura asinada e selada polo provedor na cal figure a expresión «recibín en metálico».

d) Certificación bancaria a nome do titular do terreo. No caso de agrupacións, nesta conta deberán ser titulares conxuntos todos os membros da agrupación, agás agrupacións legalmente constituídas. Nas agrupacións permítese a sinatura mancomunada da conta bancaria nun dos seus membros.

e) Declaración doutras axudas solicitadas ou percibidas para os mesmos fins.

7. Pagamentos das primas de mantemento.

a) As primas de mantemento poderán ser aboadas, logo da solicitude (anexo X) anterior ao 30 de xuño de cada ano, a partir do ano seguinte a aquel en que se aboou a certificación final dos traballos da forestación, e durante cinco anos, sempre e cando se axusten ao disposto no artigo 8º punto 5. Coa solicitude presentarase factura e xustificante do seu pagamento ou, no caso de que o beneficiario realice os traballos polos seus propios medios, un documento xustificativo de tal circunstancia, no cal figurarán horas de traballo/superficie, custo/hora, ... e de posuír a maquinaria empregada na realización dos traballos, xuntaranse os xustificantes dos gastos polo importe total do investimento.

b) Os pagamentos correspondentes a estas primas efectuaranse sempre que o estado da masa sexa o satisfactorio de acordo co plan de controis.

c) A superficie de referencia para o cálculo da prima de mantemento será a superficie declarada na solicitude de pagamento cando é inferior á superficie determinada; e a superficie determinada cando é inferior á declarada. A porcentaxe de sobredeclaración calcúlase aplicando a seguinte fórmula:

% sobredeclaración=Superficie declarada-superficie determinada ×100

Superficie determinada

d) Cando, como consecuencia do control administrativo ou sobre o terreo se detecten sobredeclaracións, procederán as seguintes reducións e exclusións:

1º Se a sobredeclaración é superior ao 3% ou a 2 ha, pero igual ou inferior ao 20%, a axuda calcúlase sobre a base da superficie determinada minorada no dobre da diferenza detectada.

2º Se a sobredeclaración é do 20-30%, non se concederá ningunha axuda para a medida á cal se vincule a superficie en cuestión.

3º Se a sobredeclaración é do 30-50%, o beneficiario quedará excluído da axuda ao desenvolvemento rural á que tiver dereito durante o ano civil en cuestión, e polas medidas vinculadas á superficie.

4º Se a sobredeclaración é superior ao 50%, ademais reteráselle un importe igual ao correspondente á diferenza entre a superficie declarada e determinada. Este importe deducirase de calquera pagamento que se lle aboe con cargo a calquera axuda PAC ou de desenvolvemento rural durante os tres anos civís seguintes ao descubrimento da irregularidade. Pasado tal prazo, cancélase o saldo sen cubrir.

5º Se as diferenzas entre superficie declarada e determinada son imputables a irregularidades cometidas intencionadamente, o beneficiario quedará excluído da axuda á que tiver dereito, e ademais reteráselle o mesmo importe, que se deducirá de calquera pagamento que se lle aboe con cargo a calquera axuda PAC ou de desenvolvemento rural durante os tres anos civís seguintes ao descubrimento da irregularidade. Pasado tal prazo, cancélase o saldo sen cubrir.».

Novena.-Modificación do artigo 11º da Orde do 30 de xaneiro de 2008. O artigo 11º da Orde do 30 de xaneiro de 2008 quedará redactado como segue:

«Artigo 11º.-Prazos.

1. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será o indicado en cada convocatoria de axudas.

2. Deberase empregar un impreso de solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos.

3. Cada titular poderá pedir axuda en cada solicitude para unha epígrafe soa do artigo 4º.

4. Só se poderá presentar unha solicitude por titular e ano, e para os terreos que se atopen nun mesmo concello, agás no caso de que un titular teña terreos en dúas ou máis agrupacións forestais, nas cales o 50% dos seus membros deberán ser distintos. No caso contrario procederanse, de oficio, a arquivar sen máis trámite, as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira.

5. No caso de solicitude dunha unidade de xestión forestal (Uxfor) non poderán solicitar subvencións os propietarios particulares de xeito individual para as parcelas que se atopen no interior do perímetro da unidade de xestión forestal (Uxfor).

6. Os traballos obxecto de solicitude de axuda non poderán comezar antes da aprobación da axuda.».

Décima.-Modificación do punto 1L do artigo 15 da Orde do 30 de xaneiro de 2008. O punto 1L do artigo 15 da Orde do 30 de xaneiro de 2008 quedará redactado como segue:

«l) Non presentar no prazo dun mes, contado a partir da notificación da resolución de aprobación, o proxecto visado, unha copia deste e o nomeamento do director de obra, segundo o especificado no artigo 8º».

Décimo primeira.-Modificación de todos os anexos da Orde do 30 de xaneiro de 2008. Os anexos modificados son os que figuran nos anexos desta orde.

Sección segunda

Convocatoria de axudas para 2009

Artigo 3º.-Convocatoria.

Convócanse para o exercicio orzamentario 2009, as axudas reguladas pola Orde do 30 de xaneiro de 2008 (DOG nº 34, do 18 de febreiro) pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008, axudas para o fomento das frondosas caducifolias, coas modificacións introducidas no artigo segundo desta orde.

Artigo 4º.-Condicións e finalidade.

1. Para poder acceder a estas axudas para os investimentos, deberanse cumprir os requisitos establecidos na Orde do 30 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 axudas para o fomento das frondosas caducifolias, coas modificacións introducidas no artigo segundo desta orde.

2. Estas axudas teñen por finalidade a posta en valor mediante a forestación de terreos non agrícolas con frondosas caducifolias, contribuíndo deste xeito á promoción do desenvolvemento rural galego.

Artigo 5º.-Solicitudes.

As solicitudes, documentación, procedemento de xestión e xustificación das axudas serán os establecidos con carácter xeral na Orde do 30 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008, axudas para o fomento das frondosas caducifolias, coas modificacións introducidas no artigo segundo desta orde.

Artigo 6º.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, excepto no caso de unidades de xestión forestal (Uxfor) para as que o prazo de presentación de solicitudes será de catro meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 7º.-Financiamento.

As axudas concedidas financiaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias:

Ano 2009: 768.040 €, con cargo á aplicación orzamentaria 11.06.713B.770.0.

Ano 2010: 1.446.396 €, con cargo á aplicación orzamentaria 11.06.713B.770.0.

Para facer fronte ás primas de mantemento destínase unha partida global de 2.300.000 € distribuídos nas anualidades 2011, 2012, 2013, 2014 e 2015, de 460.000 € por anualidade, con cargo á mesma aplicación orzamentaria.

Este orzamento pode verse incrementado con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias.

Disposicións adicionais

Primeira.-Facúltase o director xeral de Montes e Industrias Forestais para ditar cantas disposicións complementarias coide oportunas para a aplicación e execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2009.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural

Ver referencia pdf "04100D010P083.PDF"

ANEXO II

Especies que se van empregar

-B7 Castiñeiro: Castanea sativa.

-B8 Castiñeiro híbrido: Castanea hibrida.

Recoméndase castiñeiro híbrido resistente á tinta en zonas de clima non mediterráneo en altitudes de 0-600 metros, agás como portaenxertos. Por riba dos 600 metros recoméndase Castanea sativa, agás presenza de tinta.

-B6 Freixo:

Fraxinus excelsior L.: clima marítimo oceánico.

Fraxinus angustifolia Vahl.: clima mediterráneo continental.

-Outros:

B21 Acer pseudoplantanus:

B9 Prunus avium ou clon híbrido.

B1 Ameneiro: Alnus glutinosa (L.) Gaertn.

B2 Bidueiro: Bétula Sp.:

-B10 Carballo: Quercus robur L.

-B22 Carballo albariño: Quercus petrea (Matts) Liebl.

-B20 Carballo americano: Quercus rubra.

-C2 Nogueira: Juglans regia ou clon híbrido.

-B15 Nogueira americana: Juglans nigra ou clon híbrido.

ANEXO III

Cadro resumo dos importes de investimento, traballos e importes subvencionables

Epígrafe 1: plantación de frondosas caducifolias. Valor máximo do investimento: 2.397 €/hectárea.

Epígrafe 2: no caso de aproveitamentos silvopastorais, plantación de castiñeiros en marcos amplos ou caso doutro aproveitamento na superficie. Valor máximo de investimento: 1.256 €/hectárea.

No caso dos pro indivisos, as comunidades de bens, as cooperativas agrícolas, as CMVMC, as entidades locais, outras persoas xurídicas ou agrupacións de propietarios poderase subvencionar ademais o peche da plantación realizada, sempre e cando a superficie de actuación supere as 10 hectáreas e se xustifique a súa necesidade (gando, fauna cinexética, ...): a repercusión máxima do peche por hectárea de actuación é de 280 € e ata 7.000 € por km de peche.

Traballos subvencionables:

Ver referencia pdf "04100D010P083.PDF"

Ver referencia pdf "04100D011P100.PDF"