DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 27 de febreiro de 2009 Páx. 4.222

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2009 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas para a adhesión como entidades colaboradoras ao abeiro da Orde do 9 de xaneiro de 2009 pola que se modifica a Orde do 28 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a pequenas e medianas empresas galegas para apoiar as accións de implantación e certificación de modelos de xestión e a elaboración e verificación de memorias de responsabilidade social empresarial, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (procedemento IN514B).

O órgano instrutor do procedemento administrativo establecido na citada orde reguladora revisou as solicitudes presentadas para a adhesión coma entidades colaboradoras ao abeiro da dita orde, identificando as solicitudes que non reúnen algún dos requisitos exixidos.

O artigo 7 das bases reguladoras dispón: De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos requirirase á entidade colaboradora, a través da publicación no Diario Oficial de Galicia, para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos no Rexistro Telemático da Xunta de Galicia mediante a ferramenta informática e con documentos dixitalizados e sinatura electrónica do representante legal, o que en ningún caso servirá para ampliar prazos para acreditar ou reunir os requisitos de solvencia establecidos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución.

Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas resulta que non pode acreditarse que a entidade se atope ao corrente de pagamento das súas obrigas tributarias e sociais co Estado, coa comunidade autónoma e coa Seguridade Social.

Neste mesmo artigo 7 da orde tamén se dispón: Finalizado o prazo de emenda e en función do cumprimento dos requisitos exixidos, a consellería resolverá aceptando ou denegando a condición de entidade colaboradora, e notificarao individualmente a través de medios electrónicos.

Con base no anterior,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non reúnen todos os requisitos establecidos na Orde do 09 de xaneiro de 2009 pola que se modifica a Orde do 28 de abril de 2008, por estar suxeita á emenda ou achega de documentación, segundo o establecido na orde reguladora citada. Esta relación achégase como anexo-solicitudes suxeitas a emenda de documentación desta resolución.

Os solicitantes que se recollen nese anexo poderán identificar a documentación específica que se lles require accedendo ao taboleiro electrónico dispoñible na páxina web da Consellería de Innovación e Industria, no enderezo: http://www.xunta.es/apps/axudas/login.do?cod_cons=IN&cod_proc=514B.

O acceso ao enderezo pódese facer tamén desde o enderezo de internet http:/www.conselleriaiei.org, seleccionando a Oficina Virtual, para de seguido acceder á aplicación Internet Expres e dentro desta, escollendo o procedemento IN514B e taboleiro electrónico.

Para o acceso ao contido do taboleiro electrónico cada solicitante deberá introducir o código electrónico (13 díxitos) existente na parte superior dereita da primeira folla da súa solicitude, o que garante a privacidade do acceso á información.

Na Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información disporase tamén dun taboleiro físico convencional onde poderá accederse en formato papel á información requirida a cada un dos solicitantes recollidos no citado anexo.

2. Facer indicación expresa a todos os solicitantes recollidos no anexo-solicitudes suxeitas a emenda de documentación de que son requiridos para que, no prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou achegen os documentos preceptivos conforme o recollido no taboleiro electrónico citado no Rexistro Telemático da Xunta de Galicia mediante a ferramenta informática e con documentos dixitalizados e sinatura electrónica do representante legal. De non o facer, terase por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No caso de requirirse certificados de débedas que por razóns alleas ao solicitante non poidan obterse dentro do prazo de emenda concedido, os solicitantes deben achegar (mediante Rexistro Telemático da Xunta de Galicia) copia dixitalizada do xustificante da solicitude do devandito certificado, achegando o copia dixitalizada do certificado en canto lle sexa entregado (mediante Rexistro Telemático da Xunta de Galicia).

Para a presentación da documentación requirida, o solicitante deberá de acceder ao seguinte enderezo web: http://www.xunta.es/apps/axudas/login.do?cod_cons=IN&cod_proc=999A, cubrir o anexo, anexar a documentación requirida dixitalmente e presentar telemáticamente co certificado dixital do representante legal da empresa.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderanse dirixir á Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, a través do teléfono 881 99 93 75 ou 881 99 93 85, do número de fax 881 99 93 84 ou do enderezo de correo electrónico axudas@promocionindustrial.eu.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2009.

P.D. (Orde 31-1-2006, DOG nº 24,

do 3 de febreiro)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación

e Industria

Ver referencia pdf "04100D010P083.PDF"