DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.140

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2009 polo que se fai pública a resolución sobre o prazo de renovación, reserva de praza, preinscrición e matrícula de usuarios/as das galescolas para o curso 2009-2010.

De conformidade coa Resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do 19 de febreiro de 2009, anúnciase o prazo de renovación, reserva de praza, preinscrición e matrícula de usuarios/as da Rede Galega de Escolas Infantís Galescolas que se detallan na dita resolución para o vindeiro curso 2009-2010.

A resolución correspondente a esta convocatoria está exposta na sede do Consorcio e na súa páxina web, www.igualdadebenestar.org, así como no taboleiro de edictos dos concellos e das galescolas.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2009.

Lois Pérez Castrillo

Xerente do Consorcio Galego de Servizos

de Igualdade e Benestar