DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.139

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2009, da comisión permanente, pola que se establecen axudas para a promoción do deporte en Galicia para o ano 2009 e se procede á súa convocatoria.

Bases: na sede da Fundación Deporte Galego, estadio multiúsos de San Lázaro, porta 4, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña) ou na páxina web oficial (www.deportegalego.eu). Teléfono: 981 55 27 70.

Lugar de presentación: a instancia de solicitude e a documentación correspondente presentaranse no rexistro da Fundación Deporte Galego: estadio multiúsos de San Lázaro, porta 4 (15781 Santiago de Compostela) ou ben por calquera outro dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo: o prazo de presentación das solicitudes será de 32 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Diario Oficial de Galicia.

Resolucións: conforme os criterios establecidos nas bases. O prazo máximo para ditar e notificar aos/as interesados/as a resolución expresa das axudas será de catro meses a partir do día seguinte ao que remate o prazo de presentación das solicitudes.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2009.

Marta Souto González

Vicepresidenta executiva da Fundación

Deporte Galego