DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

EXTRACTO da convocatoria e das bases xerais e específicas para prover as prazas do cadro de persoal funcionario, acceso libre, correspondentes á oferta de emprego para o ano 2008.

No BOP de Lugo nº 13, do 17 de xaneiro de 2009, publícanse a convocatoria e as bases xerais e específicas para a provisión das prazas do cadro de persoal funcionario, acceso libre, correspondentes á oferta de emprego para o ano 2008 que a continuación se relacionan:

Número de vacante: unha. Denominación: licenciado/a en filoloxía galega. Sistema de provisión: oposición, acceso libre. Escala Administración especial, prazas cometidos especiais. Cota: xeral.

Número de vacante: unha. Denominación: médico/a. Sistema de provisión: oposición, acceso libre. Escala Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores. Cota: xeral.

Número de vacante: unha. Denominación: técnico/a de xestión. Sistema de provisión: oposición, acceso libre. Escala Administración xeral, subescala xestión. Cota: xeral.

Número de vacantes: tres. Denominación: auxiliar. Sistema de provisión: oposición, acceso libre. Escala Administración xeral, subescala auxiliar. Cota: 2 xeral e 1 reservada a discapacitados.

Número de vacante: unha. Denominación: cociñeiro/a. Sistema de provisión: oposición, acceso libre. Escala Administración especial, subescala servizos especiais, persoal de oficios. Cota: xeral.

Número de vacante: unha. Denominación: porteiro/a. Sistema de provisión: oposición, acceso libre. Escala Administración xeral, subescala subalterna. Cota: xeral.

Presentación de solicitudes: presentaranse no modeo oficial publicado no BOP nº 13, do 17 de xaneiro de 2009 (páx. 9).

Lugar de presentación: rexistro xeral desta entidade ou nos lugares determinados no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Dirixiranse ao presidente da Deputación Provincial de Lugo.

Prazo de presentación: vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no Boletín Oficial del Estado.

Documentación que se deberá xuntar necesariamente á solicitude dentro do prazo de presentación de solicitudes:

-Documentación acreditativa de ter aboados 15 € en concepto de taxa por participación en procesos selectivos ou 3,75 € se se acredita documentalmente mediante certificacións do servizo público de emprego estatal a súa condición de desempregado e de non ter dereito a prestación por desemprego.

-As ditas taxas aboaranse na Tesourería desta entidade, ou ben facendo unha transferencia bancaria á conta nº 2091-0163-45-3110000423 de Caixa Galicia ou mediante xiro postal, debendo presentar copia do ingreso coa solicitude.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que deriven da convocatoria publicaranse no BOP de Lugo e/ou no taboleiro de edictos desta corporación.

Lugo, 19 de xaneiro de 2009.

José Ramón Gómez Besteiro Faustino Martínez Fernández

Presidente da Deputación Secretario da Deputación

Provincial de Lugo Provincial de Lugo