DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PINO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Pino.

2. Obxecto do contrato: construción dun polideportivo cuberto en Arca.

3. Prazo de execución: 10 meses.

4. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto, varios criterios de adxudicación.

5. Orzamento de licitación: 855.207 euros.

Valor estimado do contrato: 737.247,41 euros.

IVE (117.959,59 euros).

6. Garantía provisional: 3% do valor estimado do contrato.

7. Garantía definitiva: 5% do orzamento de adxudicación excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información: na Secretaría do concello e na páxina web do concello (concellodeopino.com).

Domicilio: rúa do Concello, O Pedrouzo, Arca 15821 O Pino.

Teléfono: 981 51 10 02, fax: 981 51 11 23.

9. Data de presentación de ofertas: 13 días naturais contados desde o derradeiro anuncio publicado (publicaranse anuncios no BOP e no DOG e no perfil do contratante).

10. Clasificación: grupo C, subgrupo todos, categoría E.

11. Apertura de ofertas: primeiro día hábil seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións ás doce horas.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O Pino, 17 de febreiro de 2009.

Manuel Taboada Vigo

Alcalde