DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2009 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria, para a adxudicación dun contrato non suxeito a regulación harmonizada de execución das obras que se citan, cofinanciadas con fondos Feder da Unión Europea. (Expediente CO-12-44-07-01).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto dos contratos.

-Descrición do obxecto: remodelación do bordo interior do Porto do Son.

-Clave do expediente: CO-12-44-07-01.

-Lugar de execución: Porto do Son (A Coruña).

-Orzamento base de licitación: dous millóns oitocentos once mil douscentos dezaoito euros con sesenta e un céntimos (2.811.218,61 €), IVE excluído.

-Importe do IVE (16%): 449.794,98 euros.

-Financiamento: as obras descritas están cofinanciadas nun 65% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

-Prazo de execución: dezaseis (16) meses.

-Clasificación: G-6-f.

-División por lotes: non hai.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración (multicriterio).

4. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

-Enderezo: praza de Europa, nº 10-A, 4º.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707

-Teléfono: 981 54 53 05.

-Fax: 981 54 72 16.

b) Perfil de contratante na web: os pregos e o cadro de características do contrato poderanse obter no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=11605

c) O proxecto, o prego tipo de cláusulas administrativas particulares e o cadro de características do contrato tamén se poderán obter en:

-Copy Nino, rúa Feáns, 19, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

-Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo, 19-20 (galerías), Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 33 85.

A data límite de obtención de documentación e información coincide coa data límite de presentación de ofertas, establecida no número 7.a) deste anuncio.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: a exixida no punto 2 anterior.

b) Outros requisitos: os licitadores deben comprometer na súa proposta técnica un equipo mínimo de traballo con iguais características ao indicado na cláusula 3.3.2 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do vixésimo sexto (26º) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 3.5º do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar da presentación:

As proposicións presentaranse en tres (3) sobres pechados no rexistro xeral do ente público Portos de Galicia, sito na praza de Europa, 5-A, 6º, de Santiago de Compostela, 15707 (teléfono: 902 40 08 70; fax: 981 54 53 24), segundo se especifica no punto 3.4º do prego tipo de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións, en virtude do disposto nos números 2 e 4 do artigo 145 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

e) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa determinarase en virtude da aplicación dos criterios establecidos na cláusula 3.6.2 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de variantes: observarase o disposto no prego tipo de cláusulas administrativas particulares e no número 7 do cadro de características do contrato.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do ente público Portos de Galicia.

b) Enderezo: praza de Europa, nº 10-A, 4º (Área Central).

c) Localidade: 15707, Santiago de Compostela.

d) Data de apertura: a apertura pública das ofertas (sobre B) levarase a cabo o décimo (10º) día natural seguinte ao do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

No acto público de apertura do sobre B, a Mesa fixará e dará publicidade á data, o lugar e a hora en que se procederá á apertura do sobre C.

e) Hora: 9.00 horas.

Se por algún motivo houbese que modificar a data de realización do acto público de apertura das proposicións reflectirase a nova data no perfil de contratante: (http://www.contratosdegalicia.es)

9. Outras informacións: a Mesa de Contratación, en cumprimento do disposto na cláusula 3.6.1.b) do prego tipo de cláusulas administrativas particulares, comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará no perfil de contratante e no taboleiro de anuncios dos Servizos Centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, se fose o caso e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

10. Gastos dos anuncios: os gastos que se deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2009.

Jacinto Parga Fernández

Presidente do ente público Portos de Galicia