DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2009, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, polo que se fai pública a Resolución do 16 de xaneiro de 2009 pola que se declara a inviabilidade do sometemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Muros (A Coruña), aos trámites previstos no artigo 7 da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto na disposición transitoria primeira, no seu punto 2, da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a resolución pola que se declara a inviabilidade do sometemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Muros (A Coruña).

Esta resolución pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible no seguinte enderezo da internet:

http://aae.medioambiente.xunta.es/

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2009.

Emilio M. Fernández Suárez

Director xeral de Desenvolvemento Sostible