DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2009, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto, dun contrato de servizos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Ensino e Investigación Mariña.

c) Número de expediente: referencia 2008-14-1437. Expte. xestor: 8-2009.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: impartir as prácticas do certificado de profesionalidade de Formación básica e do programa formativo teórico e práctico para a obtención do certificado de profesionalidade de operador xeral e restrinxido do sistema mundial de socorro e de seguridade marítima (GMDSS) para o sector pesqueiro, en unidades móbiles.

b) División por lotes e número: non hai lotes.

c) Lugar de execución: segundo a folla de especificacións.

d) Prazo de execución: segundo a folla de especificacións.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e como expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: cun único criterio para a adxudicación.

4. Orzamento base de licitación. Importe total en euros: 280.800 (sen IVE por tratarse de formación profesional).

-Anualidade 2009: 128.700 €.

-Anualidade 2010: 152.100 €.

5. Garantía provisional: segundo a folla de especificacións.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Ensino e Investigación Mariña.

b) Enderezo: rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15781.

d) Teléfono: 981 54 61 52.

e) Fax: 981 54 61 38.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: as indicadas na folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: segundo a folla de especificacións.

No caso de enviar a proposición por correo, deberá xustificarse a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (ao nº 981 54 61 38) telegrama ou télex no mesmo día.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a manter a súa oferta: quince días contados desde o seguinte ao da apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano. Planta 2ª.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ao de remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a apertura farase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

e) Hora: 11.00.

10. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

11. Páxina web onde se poden obter os pregos: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=11564

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2009.

Fátima Linares Cuerpo

Directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro