DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2009 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e trámite urxente, do servizo de deseño, instalación e montaxe dun posto institucional desta consellería en dous certames feirais en Madrid e Ciudad Real (2 lotes). (Expediente 6/2009).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación-Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de deseño, instalación e montaxe dun posto institucional da Consellería do Medio Rural en dous certames feirais en Madrid e Ciudad Real (2 lotes). (Expediente 6/2009).

b) División por lotes e número: si, dous.

-Lote 1: XXII Salón Internacional do Club Gourmets, en Madrid, 30-31 de marzo e 1-2 de abril.

-Lote 2: Fenavin 2009, en Ciudad Real, 5-7 de maio.

c) Lugar de execución: o que se especifique no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Lote 1:

a) Valor estimado: 172.413,80 €.

b) IVE: 27.586,20 € (16%).

c) Orzamento total: 200.000 €.

Lote 2:

a) Valor estimado: 51.724,14 €.

b) IVE: 8.275,86 € (16%).

c) Orzamento total: 60.000 €.

Orzamento total de licitación: 260.000 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe a súa constitución.

Definitiva: o 5% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 57 48-54 00 62.

e) Telefax: 981 54 57 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo:

http://mediorural.xunta.es/consellaria/contratacion.php

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará o oitavo día natural, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (edificio administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou ben por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. A presentación das proposicións en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Posibilidade de variantes.

Non se admiten variantes nin melloras.

9. Apertura das ofertas económicas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería do Medio Rural, o décimo segundo (12) día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 13.00 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2009.

P.D. (Orde 12-8-2005)

Alberte Souto Souto

Secretario xeral da Consellería do Medio Rural