DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

CÉDULA do 6 de febreiro de 2009, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-S-120/2008, do 1 de decembro de 2008, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 1 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a incoación do expediente sancionador número OU-S-120/2008, da Delegación Provincial de Innovación e Industria de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Advírteselle ao titular do establecemento denunciado que, de conformidade co artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, para o caso de non efectuar alegacións no prazo de quince días, e tendo en conta que o devandito acordo contén un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade que se lle imputa, poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: OU-S-120/2008.

Titular sancionado: Iglesias Pinto, S.C.

Establecemento: café bar Pikaña.

Domicilio: O Cumial.

Localidade: San Cibrao das Viñas.

Incoación: 1 de decembro de 2008.

Preceptos infrinxidos: artigos 86.1º e 86.5º da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, modificada pola Lei 10/2004, do 2 de novembro.

Sanción: cen euros (100 euros), por cada unha das infraccións indicadas, sen prexuízo do que poida resultar na fase instrutora.

Ourense, 6 de febreiro de 2009.

Xosé Antón Jardón Dacal

Delegado provincial de Ourense