DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2009, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización de explotación de recursos da sección A) Cantera Loboso 355, da provincia de Lugo e promovido por Argelia Méndez Vega.

En cumprimento do disposto no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), en relación co artigo 86.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, durante o prazo de vinte días hábiles, someterase o estudo de efectos ambientais ao trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución, o proxecto da autorización de explotación de recursos da sección A) Cantera Loboso nº 355, situado en terreos do concello da Fonsagrada, provincia de Lugo, e solicitado por Argelia Méndez Vega.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que a soliciten a documentación correspondente ao proxecto para consulta nas oficinas desta dirección xeral, así como nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Innovación e Industria e de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible en Lugo, e no Concello da Fonsagrada, e as posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director xeral de Industria, Enerxía e Minas, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2009.

Anxo R. Calvo Silvosa

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas