DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2009, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 08/141-2, 7269 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, 27002 Lugo.

Denominación: desvío de I.E. afectadas pola obra: acondicionamento da estrada LU-701 A Fonsagrada (LU-530)-límite provincial de Asturias.

Situación: concello da Fonsagrada.

Características técnicas:

-Actuación no p.k. 1+220-1+500, no cal se modifica o último van da L.M.T. a C.T. Paradanova e se instala o novo C.T. Paradanova de 50 kVA de intemperie sobre apoio metálico, tamén se recúan apoios de baixa tensión e o condutor correspondente afectado pola actuación.

-Actuación no p.k. 4+080-4+360, no cal se modifica un van da L.M.T. a C.T. Silvela, tamén se recúan apoios de baixa tensión e o condutor correspondente afectado pola actuación.

-Actuación no p.k. 5+500-5+760, no cal se modifica un van da L.M.T. a C.T. Barbeitos, tamén se recúan apoios de baixa tensión e o condutor correspondente afectado pola actuación.

-Actuación no p.k. 7+160-7+360, no cal se recúan apoios de baixa tensión e o condutor correspondente afectado pola actuación.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 28 de xaneiro de 2009.

Ramón Jesús Cortés Máñez

Delegado provincial de Lugo