DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2009, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 08/97-2, 7215 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, 27002 Lugo.

Denominación: soterramento das L.M.T. aéreas 20 kV zona oeste pol. ind. do Ceao.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

-L.M.T.S. baixo tubo en canalización existente e proxectada, executada en condutor tipo R.H.Z.1 12/20 kV 3 (1×240 mm2) Al cunha lonxitude de 365 m, inicia no C.T. rúa da Inspección existente e finaliza no C.T. Ceao-Progreso proxectado e outra liña inicia no paso subterráneo-aéreo L.M.T. O Ceao 3 e finaliza no mesmo C.T. O Ceao-Progreso proxectado.

-C.T. en edificio prefabricado con dous trafos para unha potencia de 630 kVA proxectada cada un, inicialmente instalaranse dous trafos cunha potencia de 400 kVA inicial cada un e unha relación de transformación 20.000/400-230 V, instalación de 4 celas modulares 24 kV-400 A con corte en SF6, dúas de liña e dúas de protección.

-R.B.T.S. baixo tubo de proxectado en condutor tipo R.V.-4 (1×240 mm2) Al e R.V.-4 (1×95 mm2) Al cunha lonxitude total de 535 m.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 28 de xaneiro de 2009.

Ramón Jesús Cortés Máñez

Delegado provincial de Lugo