DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2009, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 09/1-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: r/ Marqués de Valladares 23-2º, of. 2, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T.S., C.T. 630 kVA e R.B.T. edificio Cervantes.

Situación: Salvaterra de Miño.

Características técnicas: L.M.T.S. a 20 kV cunha lonxitude de 152 m con orixe no C.T. Salvaterra e final no C.T. do edificio Cervantes. C.T. de 630 kVA no semisoto do edificio Cervantes. R.B.T. subterránea 0,6/1 kV con orixe no C.T. proxectado e final en cada un dos catro portais do edificio.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, rúa Eduardo Pondal 64, 36071 Pontevedra, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 12 de xaneiro de 2009.

Montserrat Prado Cores

Delegada provincial de Pontevedra