DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2008, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 08/198).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. O Vilar.

Situación: As Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión aérea a 20 kV, de 982 m de lonxitude, en condutor LA-56, coa orixe na L.M.T.A. existente entre o C.T. Faeira e o C.T. Pereira e final no C.T. aéreo de Vilar de 100 kVA. Rede de baixa tensión de 2.967 m de lonxitude, en condutor R.Z. e dous autotrafos de 25 kVA a 400/960 e 960/400 V. Concello das Pontes.

Resultan os seguintes feitos:

Primeiro.-A petición someteuse a información pública por Acordo do 21 de maio de 2008, desta delegación provincial, publicada no DOG do 18 de xullo de 2008, no BOP da Coruña do 14 de xuño de 2008 e no xornal El Diario de Ferrol do 5 de xuño de 2008, en aplicación do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria da Coruña é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polo Real decreto 1955/2000 e polo Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro (DOG do 16 de febreiro).

Terceiro.-No expediente cumpríronse os trámites que sinala o artigo 53 da citada Lei 54/1997, e os regulamentos ordenados no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

De acordo co que antecede e no exercicio das competencias atribuídas,

RESOLVE:

Autorizar, aprobar o proxecto e declarar de utilidade pública, en concreto, a devandita instalación, nas que as características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto, e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta resolución outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 15 de decembro de 2008.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña