DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2007, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 07/64-2, 6940 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: José Oroso de Vicente.

Domicilio social: rúa do Hospital, s/n, 27800 Vilalba (Lugo).

Denominación: L.M.T.S. 20 kV, C.T. prefabricado de 400 kVA e enlace R.B.T. existente en marmoraría.

Situación: Vilalba.

Características técnicas:

-L.M.T. a C.T. de marmoraría subterránea baixo tubo a 20 kV con orixe na L.M.T. existente a C.T. de Xul e final no C.T. proxectado de marmoraría cunha lonxitude de 8 m en condutor R.H.Z.1-150.

-C.T. prefabricado, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia instalada de 400 kVA, relación de transformación de 20.000/400-230 V.

-R.B.T.S. con orixe no C.T. marmoraría e final na marmoraría, cunha lonxitude de 50 m en condutor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 27 de agosto de 2007.

P.S. (artigo 18 do Decreto 231/2006)

José Antonio Villamayor Filloy

Secretario provincial de Lugo