DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ACORDO do 2 de febreiro de 2009, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 09/16).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T. Pastoriza 60.

Situación: concello de Arteixo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,060 km, coa orixe na L.M.T.S. SBN-712 (polígono de Sabón-Cog. A. Sabón, 12) entre os C.T. rúa do Lagarto e Federico Lorca, condutor tipo R.H.Z.1 12/20 kV 3(1×240) Al e final no C.T. proxectado.

Centro de transformación compacto cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación de 15.000/400-230 V. Concello de Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 2 de febreiro de 2009.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña