DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ACORDO do 2 de febreiro de 2009, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 09/6).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea-C.T.C., R.B.T. A Taboada.

Situación: concello de Val do Dubra.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,595 km, coa orixe na L.M.T.S. NEG-806 Vilar de Suso, conexión en cela de saída existente do C.T. Bembibre-concello, condutor tipo R.H.Z.1 12/20 kV 3(1×240) Al e final no C.T.C. proxectado en substitución do actual en pórtico.

Centro de transformación prefabricado cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 0,150 km, coa orixe no C.T.C. proxectado, condutor tipo XZ1. Liña de baixa tensión aérea, con acoplamento coa R.B.T. existente, coa orixe na R.B.T. subterránea do C.T.C. A Taboada, condutor tipo R.Z. e apoios de formigón. Concello de Val do Dubra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 2 de febreiro de 2009.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña