DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ACORDO do 2 de febreiro de 2009, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 08/613).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: ampliación subestación de Pontella.

Situación: concello de Cee.

Características técnicas: ampliación do parque de 20 kV autorizado co número de expediente 27.088 consistente en:

-Unha cela de chegada de liña de 20 kV tipo blindada simple barra, illamento SFe, con instalación dunha cela de interconexión coas celas existentes.

-Dúas celas de liña (unha de reserva) dotadas cos seus correspondentes dispositivos de protección, manobra e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 2 de febreiro de 2009.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña