DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ACORDO do 12 de decembro de 2008, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 08/556).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: L.M.T.S., .C.T, R.B.T., Paos.

Situación: Carnota.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20kV, cunha lonxitude de 0,238 km, con orixe no apoio do actual C.T.I. Xestelos, condutor tipo R.H.Z.1-12/20 kV 3(1x150) Al, e final no C.T. proxectado.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 0,807 km, con orixe no apoio proxectado, condutor tipo R.Z., e apoios de formigón.

Rede de baixa tensión soterrada, cunha lonxitude de 0,34 km, coa orixe no C.T. proxectado, condutor tipo XZ1. Concello de Carnota.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 12 de decembro de 2008.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña

Ver referencia pdf "04000D029P174.PDF"