DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se lle notifica a José Luis Sánchez Varela acordo de incoación de expediente disciplinario.

O 20 de xaneiro de 2009 o secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acordou a incoación de expediente disciplinario a José Luis Sánchez Varela, profesor interino con destino no IES A Carballeira de Ourense. Mediante carta certificada con xustificante, intentouse a notificación do dito acordo no domicilio persoal, sen que conste a súa recepción polo interesado. De conformidade co principio de eficacia e de celeridade, en aplicación do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, procede a súa notificación por medio de anuncio no taboleiro de edictos do concello do seu último domicilio coñecido e no Diario Oficial de Galicia. En virtude disto, reprodúcese integramente, para que sirva de notificación ao interesado, a parte dispositiva do acordo de incoación do expediente:

«1. Incoar expediente disciplinario a José Luis Sánchez Varela, profesor que presta servizos no IES A Carballeira.

2. Designar instrutor do dito expediente a Jaime Santoalla Varela, con destino no Servizo Provincial da Inspección Educativa de Lugo.

3. Designar como secretaria a María José Vilachá Cerreda, auxiliar administrativa con destino na Delegación Provincial de Ourense».

Poderá solicitar unha copia íntegra do dito acordo de incoación directamente ao instrutor do procedemento disciplinario, ou ao Servizo de Réxime Xurídico e Recursos da Secretaría Xeral desta consellería.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2009.

Benito Fernández Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria