DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da contratación da obra de ampliación do CEIP San Marcos de Abegondo (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.

c) Nº de expediente: ED-06/09-O.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación da obra de ampliación do CEIP San Marcos de Abegondo. (C.C. 15000016).

b) Lugar de execución: Abegondo (A Coruña).

c) Prazo de execución: 12 meses.

d) Clasificación: grupo C e categoría: E.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no número 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado: 791.866,68 euros (IVE excluído).

b) IVE: 126.698,67 euros.

c) Importe total: 918.565,35 euros.

5. Garantía provisional.

a) Non se exixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781-Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 44 55.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=11616

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de vinte e seis (26) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide en día inhábil trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación das proposicións.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

i) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.

ii) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781-Santiago de Compostela.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Univeristaria.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura das proposición efectuarase no prazo dun mes contado desde a data de finalización do prazo para presentar as ofertas, ás 10.00 horas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

9. Gastos do anuncio. Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2009.

Benito Fernández Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria