DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, do servizo para a redacción do proxecto básico e de execución da obra dun novo CEIP en Boiro (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.

c) Nº de expediente: ED-03/09-SP.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do proxecto básico e de execución da obra dun novo CEIP en Boiro (A Coruña).

b) Prazo de execución ou data límite de entrega: catro meses.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no número 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado: 55.665,80 euros (IVE excluído).

b) IVE: 8.906,53 euros.

c) Importe total: 64.572,33 euros.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781-Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 44 55.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=11615

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide en día inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación das proposicións.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

i) Entidade: rexistro xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.

ii) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781-Santiago de Compostela.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Univeristaria.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

c) A data e a hora: a apertura das proposicións efectuarase no prazo dun mes, contado desde a data de finalización do prazo para presentar as ofertas, ás 10.00 horas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2009.

Benito Fernández Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria