DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, pola que se anuncia a licitación do procedemento aberto multicriterio non harmonizado do servizo que se cita.

1. Entidade licitadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizos de control e vixilancia das obras da área loxística e intermodal do porto seco de Monforte de Lemos (Lugo).

b) Prazo de execución: 28 meses.

c) Orzamento base de licitación:

Importe máximo retido: 220.000,00 euros, (IVE incluído). 189.655,17 € + 30.344,83 (IVE).

d) Garantías: provisional: non se exixe.

Definitiva: 5% do orzamento de adxudicación (sen IVE).

e) Requisitos específicos do contratista: ver cadro de características.

3. Tramitación, procedemento, e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto multicriterio non harmonizado.

4. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a contratación, e o seu cadro de características poderase consultar en:

a) Entidade: nos servicios centrais da Dirección Xeral de Transportes e nas delegacións provinciais da CPTOPT; a indicada documentación poderá ser recollida no seguinte enderezo:

b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela - 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

f) Tamén poderanse recoller o pregos de cláusulas administrativas particulares e os cadros de características na páxina da internet www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=11436.

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

5. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: a admisión das proposicións terminará ás catorce horas día 14 de marzo de 2009.

b) Documentación que integrará as ofertas: véxanse os pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro auxiliar da Dirección Xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Transportes, ou enviarse polo correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme co disposto no artigo 80.4º do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Enderezo: Praza de Europa, 5 A-2º andar. Área Central-As Fontiñas.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15707.

Fax: 981 54 43 51.

6. Apertura das ofertas.

Realizarase nos locais da Dirección Xeral de Transportes; enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar); localidade: Santiago de Compostela; ás 12.00 horas do día 23 de marzo de 2009.

7. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

DOG: custo máximo estimativo por liña: 10,61 €.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2008.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

Luis Vázquez Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes