DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.115

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2009, da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, pola que se procede a darlle publicidade á Resolución 1/2009 da mesma data pola que se convoca a provisión da xefatura do Servizo de Subministracións da Área de Xestión e Servizos, polo sistema de libre designación.

De conformidade co establecido nas seccións terceira e cuarta do capítulo VI, e demais disposicións concorrentes, do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e nos capítulos I, IV e V e demais disposicións concorrentes da Orde do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde (DOG do 5 de xuño), en exercicio da competencia delegada no artigo 5.1º j) da Orde do 8 de maio de 2006, publicada no DOG nº 99, do 25 de maio,

RESOLVO:

1º Convocar para a cobertura, polo procedemento de libre designación, o posto de xefe do Servizo de Subministracións, da Área de Xestión e Servizos.

2º Poderá concorrer o persoal estatutario fixo de xestión e servizos en situación de servizo activo nalgunha categoría dos grupos de clasificación A e B (segundo o Decreto 206/2005) ou equivalente, segundo o artigo 76 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto do empregado público (BOE nº 89, do 13 de abril).

3º As solicitudes segundo o modelo do anexo desta resolución dirixiranse ao enderezo da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela e poderán presentarse no rexistro ou mediante calquera dos procedementos do artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

O prazo de presentación será de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Deberán xuntar á petición o curriculum vitae e xustificar documentalmente os requisitos e méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados documentalmente non serán tidos en conta.

Será causa de inadmisión a presentación extemporánea da solicitude polo interesado.

4º Esta convocatoria será resolta pola directora xerente. A resolución farase pública no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que poderá declararse deserta a convocatoria.

5º O aspirante que obteña a praza cesará na que viñera desenvolvendo dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución.

A toma de posesión da nova praza deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desenvolta e a adxudicada son da mesma área de saúde, no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde dentro do Servizo Galego de Saúde, ou no dun mes, se a praza desenvolta corresponde a outro servizo de saúde.

Para estes efectos, entenderase por praza desenvolta a efectivamente ocupada con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

O prazo de toma de posesión e, se é o caso, a prórroga deste, terá a consideración de servizo activo, percibindo os correspondentes haberes conforme as normas establecidas na orde anual pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica e normativa concordante.

6º A incorporación do adxudicatario comportará o cesamento automático de quen viñer desempeñando o posto.

7º As retribucións do posto serán as que fixe a orde anual de confección de nóminas do persoal ao servizo da Xunta de Galicia e normativa concordante.

8º No non previsto nesta resolución observarase o disposto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, e na Orde do 24 de maio de 2006, e nas demais normativa legal ou regulamentaria que lle sexa de aplicación.

Disposición derradeira

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o director xeral da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2009.

Ana Isabel Castaño Carou

Directora xerente de Atención Primaria de Santiago de Compostela

Ver referencia pdf "04000D021P167.PDF"