DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.083

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.

O Decreto 206/2005, do 22 de xullo, modificado polo Decreto 236/2008, do 16 de outubro, regula a provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

De conformidade co establecido no Decreto 25/2009, do 12 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público de diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2009, procede agora acordar e publicar as bases que van rexer a convocatoria da devandita oferta.

Esta convocatoria ten en conta o principio de igualdade de trato entre homes e mulleres polo que se refire ao acceso ao emprego, de acordo co artigo 14 da Constitución española, a Directiva Comunitaria do 9 de febreiro de 1976 e as previsións da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

Polo tanto, este centro directivo, logo da negociación coa representación sindical no seo da Mesa Sectorial de Negociación e no uso das competencias atribuídas polo Decreto 46/2006, do 23 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, resolve convocar concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Normas xerais.

1. Convócase concurso-oposición para o ingreso nas categorías que se especifican no anexo I desta resolución.

2. O número de prazas que se convoca neste proceso selectivo é o que se especifica, para cada unha das categorías, no citado anexo I, con expresión das de acceso libre e, de ser o caso, das reservadas para promoción interna e das reservadas para seren cubertas por persoas con discapacidade.

3. De conformidade co establecido na disposición adicional sétima do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e do artigo 6.2º do Decreto 25/2009, do 12 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público de diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2009, resérvase un sete por cento do total das prazas convocadas en todas as categorías, para seren cubertas por persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento.

Cando da aplicación da citada porcentaxe resulten fraccións decimais arredondarase por exceso para o seu cómputo, sen prexuízo do establecido no parágrafo seguinte.

Non procederá a reserva de prazas para seren cubertas por persoas con discapacidade naquelas categorías nas que non sexan convocadas un mínimo de catro prazas.

No suposto de que as prazas cubertas por persoas con discapacidade acade unha taxa do tres por cento do total das prazas convocadas na correspondente categoría, as prazas non cubertas acumularanse ás restantes do acceso libre.

No suposto de que as prazas cubertas por persoas con discapacidade non acadase a taxa do tres por cento do total das prazas convocadas na correspondente categoría, as prazas non cubertas acumularanse á cota do sete por cento da oferta seguinte, cun límite dun doce por cento.

4. No caso de que algún/ha aspirante con discapacidade que se presentase pola quenda de reserva de persoas con discapacidade superase os exercicios correspondentes, pero non obtivese praza, e a súa puntuación fose superior á obtida por outros/as aspirantes da quenda de acceso libre, será incluído/a pola súa orde de puntuación na quenda de acceso libre.

5. Co fin de garantir a protección da saúde dos/as aspirantes que superen definitivamente o proceso selectivo pola quenda de reserva de persoas con discapacidade efectuarase unha avaliación inicial da súa saúde que permita adoptar as medidas preventivas e de protección necesarias para evitar que poidan verse afectados/as de xeito singular por algún risco laboral identificado no seu posto de traballo. A dita avaliación será realizada pola Unidade Periférica de Prevención de Riscos Laborais de referencia para o centro ao que pertenza a praza adxudicada.

6. De conformidade co establecido no artigo 25.1º do Decreto 206/2005, do 22 de xullo e o artigo 5.1º do Decreto 25/2009, do 12 de febreiro, establécese unha porcentaxe de prazas reservadas para a quenda de promoción interna do 50% do total das prazas ofertadas en cada categoría.

De conformidade co establecido no artigo 5.2º do Decreto 25/2009, do 12 de febreiro antes citado, cando o resultado da aplicación da citada porcentaxe dea un resto igual ou superior a 0,5 prazas, computarase como unha praza que se incluirá nesta reserva.

As prazas da quenda de promoción interna que non sexan cubertas acumularanse ás da quenda de acceso libre.

7. Os/as aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas. Se da solicitude que presenten non se deduce a súa opción, serán excluídos/as na lista provisional de admitidos/as e excluídos/as que se publique. De non emendar o defecto da solicitude, serán incluídos/as de oficio na quenda de acceso libre. Xa que logo, tras a publicación da lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, non se permitirá ningún cambio de quenda posterior ou calquera outro tipo de corrección ou aclaración respecto diso.

Segunda.-Requisitos dos/as canditatos/as.

Todos os requisitos exixidos nesta base deberanse posuír polos/as aspirantes, de calquera quenda de acceso, na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e teranse que manter ata a toma de posesión como persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

O feito de figurar na relación definitiva de admitidos/as non prexulga que se lles recoñeza aos/as aspirantes a posesión dos requisitos exixidos no procedemento que se convoca.

1º Requisitos comúns para todas as quendas de acceso:

1) Nacionalidade:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ser nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado no que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.

c) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o/a cónxuxe dos/as españois/as e dos/as nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea e o dos/as nacionais dalgún Estado ao que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as, sempre que non estean separados/as de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os/as seus/súas descendentes e os/as do seu cónxuxe sempre que non estean separados/as de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de devandita idade dependentes.

2) Idade: ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non ter alcanzada a idade de sesenta e cinco anos.

3) Capacidade funcional: posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que se deriven do correspondente nomeamento.

4) Habilitación: non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, se é o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/as nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

5) Titulación: estar en posesión da titulación que, para cada unha das categorías que se convocan, se especifica no anexo I desta resolución ou estar en condicións de obtela dentro do prazo de presentación de solicitudes, sen prexuízo do establecido para promoción interna.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

6) Aboar as taxas por dereito de exame, se é o caso.

2º Persoas con discapacidade:

Ademais dos requisitos anteriores, os/as aspirantes que se presenten pola quenda de persoas con discapacidade terán que ter recoñecida a condición legal de persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento.

3º Promoción interna:

1. Ter a condición de persoal estatutario fixo doutra categoría/especialidade de nivel académico igual ou inferior á daquela á que se pretende acceder.

2. Estar en servizo activo en institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e con nomeamento como persoal estatutario fixo durante, polo menos, dous anos na categoría/especialidade de procedencia.

Ao persoal integrado no réxime estatutario, seralle computado, para os efectos do prazo dos dous anos, o tempo de servizos prestados como funcionario de carreira ou laboral fixo.

3. Presentar a titulación requirida.

Non se exixirá o requisito de titulación para o acceso as prazas de xestión e servizos de categorías non incluídas nos grupos A1 e A2, salvo que sexa necesaria unha titulación, acreditación ou habilitación profesional específica, a aqueles que prestaren servizos durante cinco anos na categoría de orixe e presenten a titulación exixida no grupo inmediatamente inferior ao da categoría á que se pretende acceder.

Terceira.-Solicitudes.

1. Os/as que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante unha solicitude e aboar os dereitos de exame, de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.

a) Formalización da solicitude:

O modelo de solicitude estará á disposición dos/as interesados/as que desexen participar no proceso na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), premendo a icona emprego público, OPE 2009, debendo cumbrirse e imprimirse o formulario que aparecerá neste punto.

O impreso xerado neste punto deberá presentarse no rexistro xunto co resto da documentación.

b) Formalización do pagamento das taxas:

Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia e na Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009, como requisito necesario para participar no proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe que, para cada categoría, se especifica no anexo II e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación orixinal como o sinalado no anexo II. O devandito impreso facilitarase aos/ás interesados/as nos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

Estarán exentos do pagamento da taxa por dereito de inscrición os/as que posúan unha discapacidade igual ou superior ao 33% e os/as que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial; no caso de membros de categoría xeral terán unha bonificación do 50%; circunstancias que deberán ser acreditadas coa correspondente xustificación documental (copia cotexada) presentada xunto coa solicitude.

A non presentación deste anexo, no que figurará o selo da entidade bancaria coa indicación da data, determinará a exclusión do/a aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

Poderase tamén realizar o pagamento da taxa por internet nas entidades financeiras actualmente autorizadas. Para isto, deberán acceder á oficina tributaria, a través da oficina virtual na páxina web do CIXTEC (www.cixtec.es) e premer a ligazón Oficina Virtual-Tributaria (cor azul), entrar a servizos de acceso libre e taxas, prezos, multas e sancións. Neste caso, unha vez efectuado o pagamento da taxa correspondente, imprimirase o xustificante de ter aboada a taxa, que será o que se presente xunto coa solicitude. En ningún caso a presentación deste xustificante suporá a substitución da presentación en tempo e forma da solicitude.

Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, os/as solicitantes poderán consultar nese enlace as preguntas frecuentes que responderán ao modo de solucionar as dúbidas habituais que poderían atopar.

2. Documentación: xunto coa solicitude de participación impresa, os/as aspirantes deberán presentar a seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI ou pasaporte.

Os/as aspirantes estranxeiros/as que residan en España deberán, ademais, presentar unha fotocopia cotexada da tarxeta de residente comunitario/a ou de familiar de residente comunitario/a en vigor ou, se é o caso, da tarxeta temporal de residente comunitario/a ou de traballador/a comunitario/a fronteirizo/a en vigor.

Os/as aspirantes que sexan nacionais da Unión Europea ou dalgún Estado ao que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as, que non residan en España, ben por residir no estranxeiro ou por atoparse en España en réxime de estadía, deberán presentar unha fotocopia cotexada do documento de identidade ou pasaporte.

Os/as familiares dos/as anteriores deberán presentar unha fotocopia cotexada do visado e, se é o caso, do xustificante de solicitar a correspondente tarxeta ou xustificante de solicitar a exención do visado e da correspondente tarxeta. De non solicitar estes documentos, deberán presentar os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo do parentesco e unha declaración xurada ou promesa do español/a, do/a nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea e do/a nacional dalgún Estado, ao que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as, co que existe este vínculo, de que non está separado/a de dereito do seu/súa cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o/a aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Xustificante de aboar os dereitos de exame.

c) As persoas exentas do pagamento das taxas deberán, ademais, presentar copia cotexada da documentación que acredite este dereito.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, aos/as aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as.

3. O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 31 de marzo de 2009, inclusive.

4. As solicitudes para participar no concurso-oposición poderán presentarse no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no número tres desta base, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ao organismo competente.

5. Os/as aspirantes interesados/as en participar en varias categorías das ofertadas deberán utilizar unha solicitude diferente para cada unha á que se presenten. Igualmente, pagarán o importe dos dereitos de exame correspondentes para cada unha delas nun modelo de autoliquidación de taxas diferente.

6. Os/as aspirantes con discapacidade, opten ou non opten por participar na quenda reservada de persoas con discapacidade, poderán sinalar na solicitude as adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios, cando esta adaptación sexa necesaria. As referidas adaptacións non desvirtuarán, en ningún caso, o contido das probas de valoración da aptitude dos/as aspirantes.

7. En todo caso, a autoridade convocante ou, por delegación, o órgano encargado da xestión do proceso, reservarase o dereito a exixir que se acredite convenientemente a existencia ou non dos requisitos de participación e idoneidade dos/as aspirantes, en calquera momento anterior á resolución definitiva do concurso-oposición.

8. A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

O domicilio que figure nas solicitudes considerarase como o único válido para os efectos de notificacións, sendo responsabilidade exclusiva do/a aspirante tanto o erro na súa consignación como a comunicación ao Servizo Galego de Saúde de calquera cambio deste. Este será aplicable aos outros medios de comunicación posibles, como os teléfonos de contacto e o correo electrónico.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, tras a clasificación e revisión das achegadas, ditará unha resolución declarando con carácter provisional os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, co motivo da exclusión, para cada unha das categorías.

2. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, e terá que indicar o lugar ou lugares nos que se poderán examinar as listaxes de aspirantes admitidos/as e excluídos/as.

3. Os/as aspirantes excluídos/as disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou o seu exclusión.

Non se poderá emendar a presentación da solicitude fóra do prazo habilitado para este efecto.

A estimación ou desestimación de devanditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as.

4. Á vista das peticións de reparación achegadas, a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde ditará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante devandito órgano no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou se poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

O feito de figurar na relación de admitidos/as non prexulga que se recoñeza aos/as interesados/as a posesión dos requisitos exixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de superar o proceso selectivo, se desprendese que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en todos os dereitos que puidesen derivarse da súa participación no procedemento.

Quinta.-Tribunais.

1. A composición dos tribunais de selección será paritaria para o conxunto da oferta de emprego do Servizo Galego de Saúde.

2. Os tribunais cualificadores do concurso-oposición, para cada unha das categorías que se convocan, serán nomeados pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas, publicándose para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

Correspóndenlles aos tribunais as funcións relativas á determinación concreta do contido das probas e a cualificación dos/as aspirantes, tanto na fase de oposición como na de concurso, así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas para o correcto desenvolvemento das probas selectivas e á resolución de incidencias, polo que non poderán disolverse ata as correspondentes tomas de posesión dos/as aspirantes que resulten seleccionados/as.

3. Os tribunais serán únicos para cada categoría. No entanto, o órgano convocante, en atención ao elevado número de aspirantes, poderá nomear unha comisión ou grupo de traballo para realizar as tarefas auxiliares de carácter técnico ou organizativo que lle sexan encomendadas, sen que a súa actuación afecte as competencias e a autonomía dos tribunais de selección.

4. Os tribunais terán a súa sede, para os efectos de comunicacións, envío de documentación ou incidencias, na División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, situada en San Lázaro s/n, 15703 de Santiago de Compostela.

5. Os tribunais estarán compostos por un número de membros non inferior a cinco, debendo designarse o mesmo número de membros suplentes.

De conformidade co establecido no artigo 60 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, a pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo desempeñar esta en representación ou por conta de ninguén.

Os/as membros dos tribunais terán a condición de persoal funcionario de carreira ou estatutario fixo das administracións públicas ou dos servizos de saúde, ou de persoal laboral fixo dos centros vinculados ao Sistema Nacional de Saúde, en praza ou categoría para a que se exixa posuír titulación de nivel académico igual ou superior á exixida para o ingreso.

Os tribunais poderán propoñer ao órgano convocante a incorporación aos seus traballos dos/as asesores/as especialistas ou de apoio que estime oportunos. Os/as ditos/as asesores/as limitaranse a prestar a súa colaboración nas especialidades técnicas, con voz e sen voto.

6. Os/as membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando concorra neles/as algunha circunstancia das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou realicen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas da correspondente categoría nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O/A presidente/a deberá solicitar dos/as membros do tribunal declaración expresa de non atoparse incursos/as nas circunstancias previstas no citado artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común nin nas demais causas de abstención previstas nesta base. Esta declaración deberá ser tamén realizada polos/as asesores/as especialistas previstos e polo persoal auxiliar que o tribunal incorpore aos seus traballos.

Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar aos/as membros do tribunal cando concorra neles/as algunha das circunstancias previstas nesta base, conforme o artigo 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7. A autoridade convocante publicará, se é o caso, no Diario Oficial de Galicia, resolución pola que se nomee aos/as novos/as membros deste que teñan que substituír os/as que perderon a súa condición por algunha das causas previstas, así como os/as substitutos/as daqueles/as.

8. Logo da convocatoria do/a presidente/a, constituirase o tribunal coa asistencia da maioría dos/as seus/súas membros, titulares ou suplentes. A partir da súa constitución, o tribunal requirirá, para actuar validamente, a presenza da maioría dos/as seus/súas membros, titulares ou suplentes. Por acordo dos/as seus/súas membros, o tribunal poderá acordar a autoconvocatoria para a seguinte ou seguintes sesións que teñan lugar sen necesidade de citación por escrito.

9. Os tribunais que actúen no proceso selectivo terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, actualizado pola Resolución do 20 de xuño de 2008 (DOG nº 138, do 17 de xullo), segundo o acorde o órgano competente na materia.

Sexta.-Procedemento de selección.

De acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, o sistema de selección será o de concurso-oposición para todas as categorías que se convocan.

A) Fase de oposición.

1. A fase de oposición, en cada unha das categorías que se convocan, consistirá na realización dos exercicios que se enumeran no anexo III desta resolución e coa forma e sistema de cualificación descrita.

2. Unha vez realizados os distintos exercicios da fase de oposición, correspóndelles aos tribunais establecer os criterios de corrección das probas. Estes criterios de corrección realizaranse tendo en conta que nos exercicios da fase de oposición que sexan eliminatorios, será necesario que os/as aspirantes acaden unha puntuación do cincuenta por cento da puntuación máxima asignada a cada un dos exercicios de tal carácter. O exercicio sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, ambos inclusive) e o de coñecemento da lingua galega terán carácter obrigatorio e non eliminatorio para todos/as os/as aspirantes, coa excepción dos/das da quenda de promoción interna que estarán exentos/as da súa realización.

As respostas incorrectas, nos exercicios de tipo test, penalizaranse coa puntuación negativa que resulte de aplicar un vinte e cinco por cento da puntuación asignada á resposta correcta.

Os/as aspirantes que non superen ou non obteñan o cincuenta por cento da puntuación fixada como máxima no anexo correspondente a cada unha das categorías e exercicios de carácter eliminatorio, resultarán eliminados.

3. Os tribunais adoptarán as medidas oportunas para garantir que os exercicios tipo test da fase de oposición sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos/as aspirantes. Á finalización dos exercicios tipo test entregarase a cada aspirante a folla autocopiativa do seu exame así como o cuestionario de preguntas. A plantilla de respostas correctas publicarase con posterioridade na páxina web www.sergas.es.

4. Os exercicios da fase de oposición realizaranse no lugar e a hora que se fixe nunha resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde que terá que publicarse no Diario Oficial de Galicia cun prazo mínimo de antelación de cinco días hábiles, ademais de poder ser anticipada para efectos informativos na páxina web www.sergas.es.

De conformidade co establecido no artigo 15 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, poderanse realizar exercicios conxuntos para varias categorías, así como varios exercicios, na mesma data, para a mesma categoría en unidade de acto e de tempo, mesmo cambiando a orde de realización destas.

Durante o tempo fixado para a realización dos exercicios, non se poderán utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos de telefonía móbil ou soportes con memoria, polo tanto, queda prohibido o acceso aos recintos e será causa de inadmisión ao chamamento a mera tenza deles. Advírtese que non haberá servizo de recolla de teléfonos móbiles.

5. As probas de carácter práctico serán fixadas polo tribunal, de acordo co previsto no anexo III desta resolución para cada categoría.

6. Cando se trate de exercicios que teñan que ser lidos ante o tribunal, a orde de chamamento dos/as aspirantes para a realización do acto de lectura que, en todo caso, terá que ser público, será iniciada por aqueles/as cuxo primeiro apelido comece pola letra D, de conformidade co establecido na Resolución do 29 de xaneiro de 2009 pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 24, do 4 de febreiro).

Os sucesivos chamamentos realizaranse a través do taboleiro de anuncios existente no lugar en que se realice a dita lectura e terán que levarse a cabo cunha antelación mínima de doce horas. A cualificación dos/as aspirantes farase pública ao finalizar cada sesión. Os/as aspirantes que non acaden o cincuenta por cento da puntuación máxima asignada serán cualificados/as como non aptos.

7. En calquera momento os/as aspirantes poderán ser requiridos/as coa finalidade de acreditar a súa personalidade.

8. Os/as aspirantes serán convocados/as para cada exercicio nun único chamamento, sendo excluídos/as do concurso-oposición os/as que non comparezan. En todo caso, para garantir a unidade de acto, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non comparecencia.

9. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún/ha dos/as aspirantes non cumpre un ou varios dos requisitos exixidos por esta convocatoria, logo de audiencia do/a interesado/a, deberá propoñer a súa exclusión á autoridade convocante. Do mesmo xeito, o tribunal deberá dar conta das inexactitudes ou falsidades nas que puidesen incorrer os/as aspirantes, para os efectos procedentes.

10. Establécese un prazo único de cinco días hábiles seguintes á publicación das plantillas provisionais de respostas para que os/as interesados/as poidan presentar reclamacións contra os exercicios.

Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións presentadas, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio anunciarao publicamente xunto coa publicación das puntuacións dos distintos exercicios da fase de oposición, nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na páxina web www.sergas.es.

Neste caso serán tidas en conta as preguntas de reserva, que terán unha puntuación igual que o resto das preguntas do correspondente exercicio.

A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se publiquen as puntuacións e as respostas definitivas dos distintos exercicios.

11. Tras a publicación das puntuacións dos exercicios, os/as aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes ao de devandita publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se publiquen as puntuacións definitivas dos distintos exercicios.

12. Poderán superar a fase de oposición un número de aspirantes superior ao das prazas convocadas na correspondente categoría.

B) Fase de concurso.

1. Finalizada na súa totalidade a fase de oposición, o tribunal publicará un acordo no Diario Oficial de Galicia no que se declarará finalizada a fase de oposición e abrirá un prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación para que todos/as os/as aspirantes, sen excepción, que superasen a fase de oposición, acheguen inescusablemente a seguinte documentación, pois, pola contra, quedarían excluídos/as do proceso selectivo, así como documentación acreditativa dos méritos que aleguen:

a) Fotocopia compulsada do título exixido para o ingreso na correspondente categoría, segundo o disposto no anexo I desta resolución.

Deberá presentarse copia traducida por tradutor xurado daqueles títulos que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español.

Se algún/ha aspirante non achegase calquera tipo de mérito, o tribunal, de oficio, outorgaralle cero puntos na fase de concurso.

2. De acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, modificado polo Decreto 236/2008, do 16 de outubro, a valoración da fase de concurso non poderá exceder do corenta por cento da puntuación máxima atinxible no proceso selectivo.

3. Os méritos da fase de concurso establecidos no anexo IV, enténdense referidos ao día de finalización do prazo para a presentación de solicitudes para tomar parte na fase de oposición.

4. Os tribunais poderán requirir, de oficio, dos/as aspirantes ou de calquera Administración pública, a documentación complementaria ou as aclaracións precisas coa finalidade de asegurar a máxima obxectividade na adxudicación da puntuación nesta fase de concurso.

5. Realizada polo tribunal a baremación correspondente, publicarase no Diario Oficial de Galicia o anuncio da súa exposición, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante nos distintos puntos, así como a valoración total da fase de concurso. Contra a baremación os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se publiquen as puntuacións definitivas da fase de concurso.

6. Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal establecerá a relación de aspirantes, pola orde de puntuación alcanzada nas diferentes quendas de acceso, indicando a puntuación obtida en cada unha das fases e a puntuación total que será a suma de ambas, elevando esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

7. O sistema de desempate efectuarase a favor dos/as aspirantes que tivesen a maior puntuación na fase de oposición no seu conxunto e, de persistir o empate, pola maior puntuación nos exercicios da fase de oposición atendendo á súa orde de realización. De persistir aínda o empate, dirimirase a favor do/a aspirante con maior puntuación na fase de concurso e, de ser necesario, sucesivamente por cada punto da fase de concurso e pola súa orde. Para rematar, decidirá a maior idade do/a aspirante.

8. A puntuación obtida na fase de concurso non poderá ser aplicada para superar a fase de oposición.

Sétima.-Promoción interna.

1. Para o acceso a todas as categorías convocadas, os/as aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentos/as de realizar os exercicios sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, ambos inclusive), así como o de coñecemento da lingua galega.

2. Ademais, para o acceso ás categorías do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa, os/as aspirantes que pertenzan a unha categoría da función administrativa do grupo de clasificación inmediatamente inferior ao da categoría a que aspiran, estarán exentos/as de realizar o terceiro exercicio de desenvolvemento de temas.

3. Así mesmo, os/as aspirantes que pertenzan á categoría do grupo auxiliar da función administrativa e aspiren a acceder á categoría de persoal de servizos xerais, así como aqueles/as que pertenzan á categoría de persoal de servizos xerais que aspiren a acceder á categoría do grupo auxiliar da función administrativa, estarán exentos/as de realizar o segundo exercicio de contido práctico co ordenador.

4. Igualmente, para o acceso a categorías de diplomados/as sanitarios/as (ATS/DUE, enfermeiro/a de saúde mental, fisioterapeuta, logopeda, matrón/a e terapeuta ocupacional), os/as aspirantes que pertenzan a unha categoría de diplomado/a sanitario/a estarán exentos/as de contestaren as preguntas relativas aos temas do nove ao dezaoito do programa, ambos inclusive.

5. Para determinar a orde de prelación entre os/as aspirantes da quenda de promoción interna só se terán en conta as puntuacións dos exercicios comúns para todas as quendas de acceso, así como a puntuación do correspondente baremo.

6. O persoal seleccionado pola quenda de promoción interna terá preferencia para a elección de prazas respecto do persoal seleccionado polas demais quendas, sen prexuízo do establecido no número sete da base oitava, respecto das persoas con discapacidade.

Oitava-Relación de aspirantes seleccionados/as e elección de destino.

1. A partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da relación definitiva de puntuacións dos/as aspirantes a que se refire o número 6 da base sexta B), os/as definitivamente aprobados disporán dun prazo dun mes para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, se é o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/as nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado de saúde do médico de familia no que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da categoría.

Os/as participantes que accedan polas quendas de promoción interna e de persoas con discapacidade deberán achegar, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa dos requisitos para acceder pola correspondente quenda.

2. Os/as que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participar neste proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

3. Comprobada a documentación de todos/as os/as aspirantes aprobados/as a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva de aspirantes seleccionados/as.

En ningún caso, poderase declarar que superaron o concurso-oposición un número de aspirantes superior ao de prazas convocadas en cada categoría. Tal declaración será nula de pleno dereito.

4. Nesta mesma resolución aprobarase a relación, por institución sanitaria, de prazas que se oferten aos/as aspirantes seleccionados/as e o procedemento e o prazo para que estes manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

5. De acordo co establecido no artigo 17 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, as prazas vacantes que se oferten corresponderán sempre a prazas básicas da correspondente categoría estatutaria.

6. As prazas adxudicaranse entre os/as aspirantes, pola orde de puntuación alcanzado no concurso-oposición con preferencia a favor dos/as aspirantes que accederon pola quenda de promoción interna, de conformidade co establecido no número seis da base anterior.

7. Só para os efectos de elección de destinos, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, os/as aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade, poderán solicitar á autoridade convocante a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados. O órgano convocante decidirá a dita alteración cando se atope debidamente xustificada, e deberá limitarse a realizar a mínima modificación na orde de prelación necesaria para posibilitar o acceso ao posto da persoa con discapacidade.

8. A solicitude que formulen os/as aspirantes será vinculante e irrenunciable.

9. O/a aspirante seleccionado/a que non opte por un destino no prazo e de acordo ao procedemento establecido, non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.

Neste suposto, a autoridade convocante procederá ao chamamento de novos/as aspirantes, no número que se corresponda coas prazas ofertadas e non elixidas, coa finalidade de que manifesten a súa opción por estas. Esta opción realizarase pola orde de prelación que resulte da lista definitiva.

Novena.-Nomeamentos e toma de posesión.

1. Unha vez adxudicados os destinos, publicarase no Diario Oficial Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, con nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino a aqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

2. Os/as nomeados/as dispoñerán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada. O cómputo deste prazo iniciarase ao día seguinte ao da publicación á que se refire o punto anterior. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo. Non entanto, en casos de forza maior, e por instancia do/a interesado/a, a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

3. A incorporación ás prazas adxudicadas levará aparellado o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes no Servizo Galego de Saúde.

Décima.-Norma derradeira.

1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan á Administración, aos tribunais encargados de xulgar o concurso-oposición e aos/ás que participen neste.

2. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos polos tribunais, pola autoridade convocante ou o órgano encargado da xestión, poderán ser impugnados polos/as interesados/as, de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

3. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta secretaría, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2009.

Cayetano Rodríguez Escudero

Secretario xeral do Servizo Galego de Saúde

Ver referencia pdf "04000D019P135.PDF"

ANEXO III

Exercicios para todas as categorías: (excepto grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, ATS/DUE, enfermeiro/a de saúde mental, fisioterapeuta, logopeda, matrón/a, terapeuta ocupacional, grupo administrativo da función administrativa, cociñeiro, grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais).

1º Exercicio: (eliminatorio).

Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio con dúas partes diferenciadas, nun prazo máximo de 180 minutos:

1. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre o contido da parte específica do programa.

2. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.

Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.

2º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

De conformidade co establecido no artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública, este exercicio deberá realizarse exclusivamente en lingua galega.

3º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Ggrupo técnico da función administrativa.

1º Exercicio (eliminatorio).

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común e da parte xeral do programa, nun prazo máximo de 90 minutos.

O número de preguntas relativas á parte común do temario (temas un a oito, inclusive) será de 10, de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna.

Este exercicio será valorado de 0 a 25 puntos, excepto para os/as aspirantes de promoción interna para os/as que terá unha puntuación de 20 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.

2º Exercicio (eliminatorio).

Resolución por escrito de un ou varios supostos prácticos, no tempo máximo de 120 minutos, relacionados coa parte específica do programa.

Para a realización deste exercicio os/as aspirantes poderán utilizar toda clase de textos normativos non comentados que consideren axeitados. Nesta proba valorarase o rigor analítico, a sistemática e a claridade de ideas a prol da elaboración dunha proposta razoada.

Este exercicio será valorado de 0 a 15 puntos.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.

Todos aqueles exercicios que non acaden a puntuación mínima exixida para superar a proba, serán cualificados directamente como non apto.

3º Exercicio (eliminatorio).

Consistirá en desenvolver por escrito, no prazo máximo de 180 minutos, dous temas, un da parte xeral e outro da parte específica do programa, elixido polo/a aspirante entre dous sorteados ao chou de cada unha das partes deste.

Este exercicio deberá ser lido obrigatoriamente ante o tribunal polo/a aspirante, apreciándose, fundamentalmente, a capacidade e formación xeral, a claridade de ideas, a precisión e rigor na exposición e a calidade de expresión escrita.

Este exercicio será valorado de 0 a 10 puntos.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.

Todos aqueles exercicios que non acaden a puntuación mínima exixida para superar a proba, serán cualificados directamente como non apto.

4º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

De conformidade co establecido no artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública, este exercicio deberá realizarse exclusivamente en lingua galega.

5º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Grupo de xestión da función administrativa.

1º Exercicio (eliminatorio).

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre o contido do programa, nun prazo máximo de 90 minutos.

O número de preguntas relativas á parte común do temario (temas un a oito, inclusive) será de 10, de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna.

Este exercicio será valorado de 0 a 25 puntos, excepto para os/as aspirantes de promoción interna para os/as que terá unha puntuación de 20 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.

2º Exercicio (eliminatorio).

Resolución por escrito dun ou varios supostos prácticos, no tempo máximo de 120 minutos, relacionados coa parte específica do programa.

Para a realización deste exercicio os/as aspirantes poderán utilizar toda clase de textos normativos non comentados que consideren axeitados. Nesta proba valorarase o rigor analítico, a sistemática e a claridade de ideas a prol da elaboración dunha proposta razoada.

Este exercicio será valorado de 0 a 15 puntos.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.

Todos aqueles exercicios que non acaden a puntuación mínima exixida para superar a proba, serán cualificados directamente como non apto.

3º Exercicio (eliminatorio).

Consistirá en desenvolver por escrito, no prazo máximo de 180 minutos, dous temas da parte específica do programa, elixido polo/a aspirante entre catro sorteados ao chou entre os temas da parte específica do programa.

Este exercicio deberá ser lido obrigatoriamente ante el Tribunal polo/a aspirante, apreciándose, fundamentalmente, a capacidade e formación xeral, a claridade de ideas, a precisión e rigor na exposición e a calidade de expresión escrita.

Este exercicio será valorado de 0 a 10 puntos.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.

Todos aqueles exercicios que non acaden a puntuación mínima exixida para superar a proba, serán cualificados directamente como non apto.

4º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

De conformidade co establecido no artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública, este exercicio deberá realizarse exclusivamente en lingua galega.

5º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

ATS/DUE, enfermeiro/a de saúde mental, fisioterapeuta, logopeda, matrón/a e terapeuta ocupacional.

1º Exercicio: (eliminatorio).

Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio, con tres partes diferenciadas, nun prazo máximo de 180 minutos:

1. Contestación por escrito de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común a todas as diplomaturas sanitarias do programa (temas nove a dezaoito, inclusive), de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna que pertenzan a unha categoría de diplomado/a sanitario/a.

2. Contestación por escrito de 45 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 4 preguntas de reserva, sobre o contido da parte específica do programa.

3. Contestación por escrito de 45 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 4 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.

Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos, excepto para os/as aspirantes de promoción interna que pertenzan a unha categoría de diplomado/a sanitario/a para os/as que terá unha puntuación de 45 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.

2º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

De conformidade co establecido no artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública, este exercicio deberá realizarse exclusivamente en lingua galega.

3º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Grupo administrativo da función administrava.

1º Exercicio: (eliminatorio).

Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio, con dúas partes diferenciadas, nun prazo máximo de 180 minutos:

1. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre o contido do programa.

O número de preguntas relativas á parte común do temario (temas un a oito, inclusive) será de 10, de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna.

2. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.

Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos, excepto para os/as aspirantes de promoción interna para os/as que terá unha puntuación de 45 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor do mesmo.

2º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, mais 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

De conformidade co establecido no artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública, este exercicio deberá realizarse exclusivamente en lingua galega.

3º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Cociñeiro.

1º Exercicio (eliminatorio).

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre o contido da parte específica do programa nun prazo máximo de 90 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 25 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.

2º Exercicio (eliminatorio).

Consistirá na realización dunha proba de carácter práctico de cociña para a demostración das aptitudes, destrezas e capacidade profesional en relación coas funcións propias da categoría, co tempo e cos medios que o tribunal estime axeitados.

Este exercicio será valorado de 0 a 25 puntos.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.

Todos aqueles exercicios que non acaden a puntuación mínima exixida para superar a proba, serán cualificados directamente como non apto.

3º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

De conformidade co establecido no artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública, este exercicio deberá realizarse exclusivamente en lingua galega.

4º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Auxiliares da función administrativa e persoal de servizos xerais.

1º Exercicio (eliminatorio).

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, sobre o contido do programa nun prazo máximo de 90 minutos.

O número de preguntas relativas á parte común do temario (temas un a oito, inclusive) será de 10, de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna.

Este exercicio será valorado de 0 a 25 puntos, excepto para os/as aspirantes de promoción interna para os/as que terá unha puntuación de 20 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.

2º Exercicio (eliminatorio).

Consistirá na realización dunha proba de contido práctico co ordenador a través da que se evidencie o coñecemento polos/as aspirantes da materia informática e da súa aplicación práctica, sobre manexo de paquetes ofimáticos (folla de cálculo e procesador de textos) na versión 2007 de microsoft office, no tempo e cos medios que o tribunal estime axeitados.

O tribunal por cuestión de índole organizativa poderá propoñer exercicios distintos de similares características, que serán sorteados ao chou nos correspondentes chamamentos parciais.

Este exercicio será valorado de 0 a 25 puntos.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do valor deste.

Todos aqueles exercicios que non acaden a puntuación mínima exixida para superar a proba, serán cualificados directamente como non apto.

3º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

De conformidade co establecido no artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública, este exercicio deberá realizarse exclusivamente en lingua galega.

4º Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio).

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento por parte dos/as aspirantes da lingua galega nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

ANEXO IV

Baremo de méritos: 40 puntos.

1. Persoal sanitario.

ATS/DUE, enfermeiro/a de saúde mental, fisioterapeuta, logopeda, matrón/a, terapeuta ocupacional, técnico/a especialista, hixienista dental e auxiliar de enfermaría.

1. Formación: 20% (8 puntos).

1. Académica: estudos da correspondente diplomatura ou formación profesional:

Plan antigo:

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

Non se valorará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas no plan de estudos, expresando o cociente con dous decimais.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

Plan novo:

A puntuación correspondente aos estudos de cada aspirante obterase mediante a aplicación do seguinte algoritmo:

0,5 Cn + 1 Cs + 1,5 Cmh

Ca + Cn + Cs + Cmh

As anotacións Ca, Cn, Cs e Cmh corresponden ao número total de créditos que na certificación académica estean adscritos a materias troncais e obrigatorias e nos que, respectivamente, se obtiveron as cualificacións de aprobado, notable, sobresaliente e matrícula de honra. Non se puntuará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.

Non serán valorados os créditos correspondentes a materias optativas ou de libre elección/configuración.

A puntuación resultante expresarase con dous decimais.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

2. Continuada.

2.1. Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos directamente á categoría a que se opta.

2.2. Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella, colexios profesionais, organizacións sindicais ou avalados polo Servizo Galego de Saúde ou por calquera organismo público, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos directamente á categoría a que se opta.

2.3. Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación continuada realizados en aplicación dos acordos de formación continuada das administracións públicas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos directamente á categoría á que se opta.

-Por crédito: 0,30 puntos.

-Por hora: 0,030 puntos.

A puntuación que se outorgará aos/as aspirantes que impartiran os anteditos cursos será de 0,60 puntos por crédito ou de 0,060 puntos por hora de docencia impartida.

Para o caso de que o certificado indique os créditos e as horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que figuren neste.

Só se valorarán os cursos de formación realizados con posterioridade á obtención do título exixido para o acceso á categoría a que se opta.

Os cursos de prevención de riscos e de informática valoraranse en todas as categorías e co independencia da data de obtención do título exixido para o acceso a estas.

Non serán obxecto de valoración os diplomas relativos á realización de xornadas, seminarios, simposios ou similares, sempre que non estean debidamente acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica.

2. Experiencia: 70% (28 puntos).

-Por cada mes completo de servizos prestados na categoría en institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde ou do sistema sanitario público dun país da Unión Europea: 0,30 puntos/mes.

-Por cada mes completo de servizos prestados na categoría noutras administracións públicas de España ou dun país da Unión Europea ou en programas de cooperación internacional debidamente autorizados ao servizo de organizacións de cooperación internacional: 0,15 puntos/mes.

-Por cada mes completo de servizos prestados na categoría en institucións sanitarias privadas concertadas e/ou acreditadas para a docencia de España ou dun país da Unión Europea: 0,05 puntos/mes.

-Por cada mes completo de servizos prestados noutra categoría da mesma área funcional en institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde ou do sistema sanitario público dun país da Unión Europea: 0,05 puntos/mes.

Para a determinación do área funcional, haberá que aterse ao establecido no anexo V.

Os meses serán computados por días naturais.

Salvo para os nomeamento de atención continuada ou gardas en atención extrahospitalaria, o cómputo dos servizos prestados efectuarase por meses. Para iso calcularase en cada punto do baremo o número total de días e dividirase entre 30, de tal xeito que o que se valorará en cada punto será o cociente enteiro, despreciándose os decimais.

En ningún caso, a suma dos servizos prestados con distintos nomeamentos dentro do mesmo mes natural, poderá valorarse por enriba da puntuación establecida para o devandito período dun mes.

En ningún caso un mesmo período de tempo poderá ser obxecto de valoración en distintos puntos do baremo. De igual xeito, un mesmo período de tempo de servizos prestados non poderá ser obxecto de valoración en máis dunha categoría/especialidade, ou en varios servizos ou unidades, tanto do mesmo como de diferente centro.

Os servizos prestados con nomeamento de atención continuada ou gardas en atención extrahospitalaria computaranse co criterio de equivalencia dun mes completo por cada 130 horas traballadas en devandito mes, ou a parte proporcional que corresponda á fracción. Se dentro dun mes natural se realizaron máis de 130 horas, soamente poderá valorarse un mes de servizos prestados, sen que o exceso de horas efectuado poida ser aplicado para o cómputo de servizos prestados noutro mes.

Os servizos prestados durante o período no que se goce dunha redución de xornada para o coidado de familiares, serán valorados como servizos prestados en réxime de xornada completa.

Os servizos prestados polo persoal especificamente nomeado a tempo parcial serán valorados coa conseguinte redución.

Para a valoración dos servizos prestados en institucións privadas os/as interesados/as deberán presentar documentación que acredite que estas están concertadas e/ou acreditadas para a docencia. Noutro caso, os devanditos servizos non serán obxecto de valoración.

Para a valoración dos servizos prestados en institucións ou centros de calquera país da Unión Europea, os/as interesados/as deberán presentar documentación que acredite a titularidade pública ou privada destes. Noutro caso, os devanditos servizos non serán obxecto de valoración.

3. Outras actividades: 10% (4 puntos).

-Para as categorías de diplomados sanitarios, polo título ou diploma dunha ou varias especialidades sanitarias recoñecidas na normativa vixente, que non sexan requisito para o acceso á categoría na que se participa: 2 puntos.

-Para as outras categorías sanitarias, polo título oficial dunha ou varias formacións profesionais da rama sanitaria que non sexan requisito para o acceso á categoría na que se participa: 2 puntos.

-Por traballos científicos e de investigación directamente relacionados coa categoría de que se trate, apreciados libremente polo tribunal conforme os seguintes criterios e táboa de valoración:

Publicación revista: 0,25 puntos.

Capítulo de libro: 0,30 puntos.

Libro completo: 1,00 punto.

Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun mesmo libro.

Deberá presentarse copia traducida por tradutor xurado daqueles títulos ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto a calquera dous oficiais do Estado español.

Respecto dos traballos científicos e de investigación redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español, non será necesario presentar copia traducida por tradutor xurado.

Polo que se refire aos traballos publicados en revistas, tan só será necesario presentar fotocopia compulsada das follas do traballo en que conste o nome da revista, ou título do traballo, o seu autor e a data de publicación.

En relación cos capítulos de libros, será suficiente presentar fotocopia compulsada das follas en que conste o título do libro, o título do capítulo, o autor, o depósito legal do libro e/ou o ISBN e a data de publicación.

Para rematar, en relación cos libros será suficiente presentar fotocopia compulsada das follas en que conste o título do libro, o sumario o índice del, o seu autor, o seu depósito legal e/ou o ISBN e a data de publicación.

2. Persoal non sanitario.

1. Formación : 20% (8 puntos).

1.1. Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos directamente á categoría a que se opta.

1.2. Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella, colexios profesionais, organizacións sindicais ou avalados polo Servizo Galego de Saúde ou por calquera organismo público, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos directamente á categoría a que se opta.

1.3. Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación continuada realizados en aplicación dos acordos de formación continuada das administracións públicas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría.

-Por crédito: 0,30 puntos.

-Por hora: 0,030 puntos.

A puntuación que se outorgará aos/as aspirantes que impartiran os anteditos cursos será de 0,60 puntos por crédito ou de 0,060 puntos por hora de docencia impartida.

Para o caso de que o certificado indique os créditos e as horas de duración, a valoración será realizada sempre polos créditos que figuren neste.

Para as categorías para cuxo ingreso se exixa exclusivamente titulación académica específica só se valorarán os cursos de formación realizados con posterioridade á obtención desta.

Os cursos de prevención de riscos e de informática valoraranse en todas as categorías e con independencia da data de obtención do título exixido para o acceso a estas.

Non serán obxecto de valoración os diplomas relativos á realización de xornadas, seminarios, simposios ou similares, sempre que non estean debidamente acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica.

2. Experiencia: 70% (28 puntos).

-Por cada mes completo de servizos prestados na categoría en institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde ou do sistema sanitario público dun país da Unión Europea: 0,30 puntos/mes.

-Por cada mes completo de servizos prestados na categoría noutras administracións públicas de España ou dun país da Unión Europea ou en programas de cooperación internacional debidamente autorizados ao servizo de organizacións de cooperación internacional: 0,15 puntos/mes.

-Por cada mes completo de servizos prestados na categoría en institucións sanitarias privadas concertadas e/ou acreditadas para a docencia de España ou dun país da Unión Europea: 0,05 puntos/mes.

-Por cada mes completo de servizos prestados noutra categoría da mesma área funcional en institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde ou do sistema sanitario público dun país da Unión Europea: 0,05 puntos/mes.

Para a determinación da área funcional, estarase ao establecido no anexo V.

Os meses serán computados por días naturais.

Salvo para os nomeamento de atención continuada ou gardas en atención extrahospitalaria, o cómputo dos servizos prestados efectuarase por meses. Para iso calcularase en cada punto do baremo o número total de días e dividirase entre 30, de tal xeito que o que se valorará en cada punto será o cociente enteiro, desprezándose os decimais.

En ningún caso, a suma dos servizos prestados con distintos nomeamentos dentro do mesmo mes natural, poderá valorarse por enriba da puntuación establecida para o devandito período dun mes.

En ningún caso un mesmo período de tempo poderá ser obxecto de valoración en distintos puntos do baremo. De igual xeito, un mesmo período de tempo de servizos prestados non poderá ser obxecto de valoración en máis dunha categoría/especialidade, ou en varios servizos ou unidades, tanto do mesmo como de diferente centro.

Os servizos prestados con nomeamento de atención continuada ou gardas en atención extrahospitalaria computaranse co criterio de equivalencia dun mes completo por cada 130 horas traballadas no devandito mes, ou a parte proporcional que corresponda á fracción. Se dentro dun mes natural se realizaron máis de 130 horas, soamente poderá valorarse un mes de servizos prestados, sen que o exceso de horas efectuado poida ser aplicado para o cómputo de servizos prestados noutro mes.

Os servizos prestados durante o período en que se goce dunha redución de xornada para o coidado de familiares, serán valorados como servizos prestados en réxime de xornada completa.

Os servizos prestados polo persoal especificamente nomeado a tempo parcial serán valorados coa conseguinte redución.

Para a valoración dos servizos prestados en institucións privadas os/as interesados/as deberán presentar documentación que acredite que estas están concertadas e/ou acreditadas para a docencia. Noutro caso, os devanditos servizos non serán obxecto de valoración.

Para a valoración dos servizos prestados en institucións ou centros de calquera país da Unión Europea, os/as interesados/as deberán presentar documentación que acredite a titularidade pública ou privada destes. Noutro caso, os devanditos servizos non serán obxecto de valoración.

3. Outras actividades: 10% (4 puntos).

Grupos A e B:

-Por traballos publicados directamente relacionados coa categoría de que se trate, apreciados libremente polo tribunal conforme os seguintes criterios e táboa de valoración:

Publicación revista: 0,25 puntos.

Capítulo de libro: 0,30 puntos.

Libro completo: 1,00 punto.

Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun mesmo libro.

Deberá presentarse copia traducida por tradutor xurado daqueles títulos ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto a calquera dous oficiais do Estado español.

Respecto dos traballos redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español, non será necesario presentar copia traducida por tradutor xurado.

Polo que se refire aos traballos publicados en revistas, tan só será necesario presentar fotocopia compulsada das follas do traballo en que conste o nome da revista, o título do traballo, o seu autor e a data de publicación.

En relación cos capítulos de libros, será suficiente presentar fotocopia compulsada das follas en que conste o título do libro, o título do capítulo, o autor, o depósito legal do libro e/ou o ISBN e a data de publicación.

Para rematar, en relación cos libros será suficiente presentar fotocopia compulsada das follas en que conste o título do libro, o sumario ou índice del, o seu autor, o seu depósito legal e/ou o ISBN e a data de publicación.

Grupos C, D e E:

-Por ter titulacións oficiais específicas non esixidas para o acceso á categoría e directamente relacionadas coas funcións da categoría á que se opta: 4 puntos.

ANEXO V

Áreas funcionais.

Para a valoración dos servizos prestados noutra categoría distinta á que se opta teranse en conta as seguintes áreas funcionais:

-Sanitaria.

-Administrativa.

-Mantemento.

-Hostalaría.

-Informática.

Os servizos prestados nas categorías de celador e persoal de servizos xerais serán valorados indistintamente nas áreas funcionais sanitaria, administrativa e de mantemento.

Os servizos prestados nas categorías de grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais serán valorados indistintamente nas áreas funcionais administrativa e informática.

Os servizos prestados na categoría de telefonista serán valorados indistintamente nas áreas funcionais administrativa e de mantemento.

En calquera caso distinto aos anteriores os servizos prestados noutra categoría só poderán ser valorados nas categorías pertencentes a unha única área funcional.

ANEXO VI

Parte común.

Tema 1.-A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos/as españois/as. A protección da saúde na Constitución.

Tema 2.-Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.

Tema 3.-A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos/as usuarios/as do sistema sanitario público.

Tema 4.-O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licenzas. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

Tema 5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licenzas.

Tema 6.-A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.

Tema 7.-A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.

Tema 8.-Saúde laboral: concepto. Principais riscos nas institucións sanitarias e medidas de prevención. Principios básicos do Plan xeral de prevención de riscos laborais do Servizo Galego de Saúde.

Parte específica.

A parte específica do programa de cada unha das categorías que se convocan foi publicado nos seguintes diarios oficiais de Galicia:

-Nº 112, do 13 de xuño de 2006.

-Nº 156, do 14 de agosto de 2006.

-Nº 247, do 27 de decembro de 2006.

Todas as referencias normativas contidas nos anteditos programas deben entenderse referidos á normativa actualmente vixente.

Temario albanel.

Tema 9.-Procesos de traballo de execución. Enfoscados, revocos, gornecidos e enlucidos: ferramentas, equipamentos, materiais e medios auxiliares.

Tema 10.-Procesos de traballo de execución. Alicatados e chapados: ferramentas, equipamentos, materiais e medios auxiliares.

Tema 11.-Procesos de traballo de execución de embaldosados e solados industriais: ferramentas, equipos, materiais e medios auxiliares.

Tema 12.-Procesos de traballo de execución de revestimentos flexibles: flexibles de papel, plástico, micromadeira ou microcortiza. Ferramentas, equipamentos, materiais e medios auxiliares.

Tema 13.-Procesos de traballo de execución de revestimentos lixeiros: prancha ríxida de cortiza, táboa, taboleiro de aceiro inoxidable ou PVC e perfil metálico ou plástico. Ferramentas, equipamentos, materiais e medios auxiliares.

Tema 14.-Procesos de traballo de execución de revestimentos con tecidos: material téxtil ou moquetas naturais, artificiais ou sintéticas. Ferramentas, equipamentos, materiais e medios auxiliares.

Tema 15.-Procesos de traballo de execución de fábricas de vidro, muros cortina ou paneis: ferramentas, equipamentos, materiais e medios auxiliares.

Tema 16.-Procesos de traballo de execución de particións prefabricadas: ferramentas, equipamentos, materiais e medios auxiliares.

Tema 17.-Procesos de traballo de execución de tellados de fibrocemento, galvanizados, de cinc, sintéticos e de aliaxes lixeiras: ferramentas, equipamentos, materiais e medios auxiliares.

Tema 18.-Procesos de traballo de execución de teitos continuos. Ferramentas, equipamentos, materiais e medios auxiliares.

Tema 19.-Procesos de traballo de execución de teitos en placas. Preparar e manter ferramentas, equipamentos, materiais e medios auxiliares. Montar teitos suspendidos e chans técnicos, fixándoos convenientemente.

Tema 20.-Maquinas e ferramentas. Características xerais de maquinaria de elevación, maquinaria para tratamento de áridos, maquinaria para fabricación e posta en obra de formigón, maquinaria de perforación e cimentación. Ferramentas de man.

Tema 21.-Procesos de traballo de execución de cubertas e impermeabilizacións.

Tema 22.-Normativa e interpretación de planos. Planos de conxunto e de detalle. Plantas, alzados, seccións e detalles. Simboloxía. Interpretación de planos. Normativa aplicable na realización de traballos de albanelaría.

Tema 23.-Procesos de traballo de execución de conducións lineais sen presión. Rede de saneamento de formigón prefabricado, rede de sumidoiros, conducións baixo tubo, sen presión, canalizacións, arquetas de rexistro, soleiras, cámaras.

Tema 24.-Plan de seguranza. Interpretación e aplicación. Riscos e medios de prevención para operadores de maquinaria. Proteccións persoais e colectivas. Riscos nas máquinas e nas operacións con elas. Riscos e medios de prevención para os diferentes tipos de obras. Pezas de roupa de protección persoal. Riscos laborais específicos nas funcións do albanel. Técnicas sanitarias de atención urxente.

Tema 25.-Mantemento de albanelaría. Tipos de mantemento: correctivo, preventivo e predictivo.

Tema 26.-Protección ambiental. Nocións básicas sobre contaminación ambiental. Principais riscos ambientais relacionados ás funcións da categoría.

Temario carpinteiro.

Tema 9.-Madeiras. Tipos, clasificación, cubicación, propiedades, características, utilización. Madeiras: enfermidades, defectos, prevención e tratamento.

Tema 10.-Taboleiros. Aglomerados e de fibras. Tipos, características, utilización.

Tema 11.-A chapa e o contrachapado. Tipos, características, utilización. Canteado.

Tema 12.-Taboleiros posformados e contraplacados. Tipos, características, utilización.

Tema 13.-Tratamento da superficie da madeira. Preparación. Lixado. Estucado. Imprimación. Branqueadura. Tintado. Fondo. Patinado. Decapé. Anticuado. Pulido. Veteado. Craquelé.

Tema 14.-Produtos para acabado da madeira. Tinguiduras. Pinturas. Vernices. Ceras. Decapantes. Poliuretanos. Equipos de aplicación sobre a madeira. Tapaporos. Disolventes. Diluíntes. Clasificación e usos.

Tema 15.-Mecanización da madeira. Mecanizado manual. Aserrado. Labrado. Xuntas. Empalmes. Unións. Ensambles.

Tema 16.-Operacións de montaxe de mobles e carpintaría a medida.

Tema 17.-Pavimentos e revestimentos de madeira e cortiza. Construción e colocación. Parqué. Losetas. Laminados. Frisos.

Tema 18.-Pegamentos e colas. Tipos e usos.

Tema 19.-Maquinaria. Serra de cinta. Serra circular. Tupi. Cepilladura. Regrosadora. Descrición e uso.

Tema 20.-Ferramentas portátiles (eléctricas e manuais) para serrar, afiar, cepillar, fresar, prensar, escofinar, limar, perforar, descrición e uso.

Tema 21.-Útiles, ferramentas e aparellos de medir e trazar.

Tema 22.-Persianas. Tipos. Funcionamento. Reparación.

Tema 23.-Portas e fiestras. Tipos. Materiais empregados, tipos de peches, marcos.

Tema 24.-Ferraxes diversas. Colocación. Parafusaría. Puntas. Bisagras. Fechaduras. Pomos. Manubrios. Pechaportas. Colocación.

Tema 25.-Mantemento de carpintaría. Tipos de mantemento: correctivo, preventivo e predictivo.

Tema 26.-Protección ambiental. Nocións básicas sobre contaminación ambiental. Principais riscos ambientais relacionados ás funcións da categoría.

Tema 27.-Prevención de riscos laborais. Riscos laborais específicos nas funcións do carpinteiro, medidas de protección individuais e colectivas ás funcións da categoría.

Temario costureira.

Tema 9.-Patronaxe e confección. Trazado de patróns. Corte por distintos procedementos dos diferentes tecidos con patróns para obter os compoñentes do artigo.

Tema 10.-Materiais téxtiles, fibras e fíos. Os fíos de coser, tipos, características, calidade e aplicacións: os tecidos. Estrutura e características fundamentais.

Tema 11.-Acabados da confección: procesos de acabados. Acabados intermedios e finais: por tipo de peza de roupa, por clase de tecido, por grao de mecanización na súa confección e segundo a calidade da confección.

Tema 12.-Fundamentos, compoñentes e aplicacións das máquinas de cosido, regulación e control das máquinas. Mantemento das máquinas, útiles e accesorios.

Tema 13.-Técnicas de ensamblaxe: cosido, pegado e termoselado. Ensamblaxe a máquina ou a man de diferentes tipos de tecido, segundo o modelo de patrón.

Tema 14.-Realización de operacións de reparación de pezas de roupa e tecidos polos procedementos e técnicas habituais: repaso e zurcidura de pezas de roupa.

Tema 15.-Nocións de repasado. Etiquetaxe de produtos téxtiles.

Tema 16.-A roupa hospitalaria. Tipos e características. Catálogo de lenzaría e vestiario do Servizo Galego de Saúde.

Tema 17.-Áreas organizativas do servizo de lavandaría, pasado a ferro e costura.

Tema 18.-Plans e normas de seguranza. Riscos comúns e métodos de prevención.

Temario electricista.

Tema 9.-Electrotecnia: os fenómenos eléctricos, magnéticos e electromagnéticos e as súas aplicacións. Leis de Ohm e de Joule xeneralizadas para corrente alterna. Circuítos eléctricos de corrente alterna formados por impedancias conectadas en serie paralelo. Correntes alternas trifásicas: características. Conexións en estrela e en triángulo.

Tema 10.-Medidas nas instalacións eléctricas. Medidas eléctricas nas instalacións de baixa tensión. Magnitudes eléctricas: tensión, intensidade, resistencia e continuidade, potencia, resistencia eléctrica das tomas de terra. Instrumentos de medidas e características. Procedementos de conexión. Procesos de medidas.

Tema 11.-Manobra, mando e protección en media e baixa tensión: xeneralidades. Interruptores, disiuntores, seccionadores, fusibles, interruptores automáticos magnetotérmicos, interruptores diferenciais.

Tema 12.-Cálculos nas instalacións eléctricas de baixa tensión: previsión de potencias, sección de condutores, procedementos normalizados de cálculo das instalacións de baixa tensión.

Tema 13.-Representación gráfica e simboloxía nas instalacións eléctricas: normas de representación. Simboloxía normalizada nas instalacións eléctricas. Planos e esquemas eléctricos normalizados. Topoloxía. Interpretación de esquemas eléctricos nas de interior.

Tema 14.-Mantemento de máquinas: transformadores. Pilas e acumuladores. Máquinas eléctricas rotativas de corrente continua: xeradores e motores. Máquinas eléctricas rotativas de corrente alterna: xeradores e motores.

Tema 15.-Grupos electróxenos: procesos de arranques e paradas dun grupo electróxeno. Protección do grupo: alarmas. Medidas eléctricas. Mantemento de grupos electróxenos.

Tema 16.-Automatismo e cadros eléctricos: cadros eléctricos. Esquemas de potencia e mando. Mando e regulación de motores eléctricos: manobras. Arranque dun motor en conexión estrela-triángulo. Autómata programable: campos de aplicación.

Tema 17.-Instalacións de electrificación de vivendas e edificios: instalacións eléctricas de baixa tensión. Definición e clasificación. Acometida, caixa xeral de protección, liña repartidora. Contador de enerxía eléctrica, centralizacións. Derivación individual. Instalacións de interior de vivendas. Instalacións de megafonía. Instalacións de sinal de televisión. Instalacións de telefonía interior e intercomunicación. Instalacións de cableado estruturado: voz e datos.

Tema 18.-Instalacións eléctricas de enlace e centros de transformación: redes eléctricas de distribución. Centro de transformación. Instalacións de enlace, partes e elementos que as constitúen. Tarifación eléctrica. Transmisión de información nos sistemas eléctricos, área de aplicación.

Tema 19.-Regulamento electrotécnico de baixa tensión: instalacións de posta a terra. Instalacións en locais de pública concorrencia. Prescricións particulares para as instalacións eléctricas dos locais con risco de incendio ou explosión. Instalacións en locais de características especiais. Instalacións con fins especiais (ITC-BT-31, 32), instalacións con fins especiais (ITC-BT-38). Instalacións xeradoras de baixa tensión.

Tema 20.-Baterías de condensadores e sistemas de alimentación ininterrompida (SAIs). Funcións e aplicacións de cada un. A súa manipulación e mantemento.

Tema 21.-Centrais de alarmas de incendios: sistemas convencionais e intelixentes. Definición. Sistemas hidráulicos: interconexión cun sistema de alarmas. Iniciadores e anunciadores: diferentes tipos. Detectores de fume: fotoeléctricos e iónicos. Probas aos sistemas de alarmas contra incendios.

Tema 22.-Instalacións de sistemas de automatización, xestión técnica da enerxía para vivendas e edificios.

Tema 23.-Revisións eléctricas en quirófanos e áreas especiais: monitor detector de fugas. Postas a terra. Condutores de equipotencialidade. Tomas de corrente e cables de conexión. Proteccións de diferenciais e magnetotérmicos. Chans antielectrostáticos. Iluminación. Medidas de resistencias. Transformadores de illamentos. Controis periódicos.

Tema 24.-Instalacións de pararraios: conceptos xerais. Normativa de aplicación. Tipos de pararraios. A NTE-IPP pararraios. Deseño da instalación de pararraios. Disposicións construtivas.

Tema 25.-Instalacións de iluminación exterior: guía técnica de aplicación de instalacións de iluminación exterior (guía-bt-09). Esquemas de conexións de lámpadas utilizadas en alumado exterior.

Tema 26.-Mantemento eléctrico. Tipos de mantemento: correctivo, preventivo e predictivo. Plans de mantemento preventivo de equipos e máquinas eléctricas.

Tema 27.-Protección ambiental. Nocións básicas sobre contaminación ambiental. Principais riscos ambientais relacionados ás funcións da categoría.

Tema 28.-Prevención de riscos laborais. Riscos laborais específicos nas funcións do electricista, medidas de protección individuais e colectivas ás funcións da categoría.

Temario de enfermeiros/as especialistas en saúde mental.

Tema 9.-Asistencia sanitaria: obxecto e feitos causantes. Beneficiarios. Prestacións médicas e farmacéuticas. Modalidades da prestación médica. A participación dos beneficiarios no prezo dos medicamentos.

Tema 10.-Principios fundamentais da Bioética: dilemas éticos. O segredo profesional: concepto e regulación xurídica. O consentimento informado. Os dereitos de información sanitaria, intimidade e o respecto da autonomía do paciente.

Tema 11.-Calidade no Sistema Nacional de Saúde: características da atención sanitaria. Dimensións de calidade: científico técnica, efectividade, eficiencia, accesibilidade e satisfacción do usuario. Avaliación de estrutura, proceso e resultados. Mellora continua da calidade. Métodos de avaliación da calidade: auditorías. Programas de calidade: deseño e implantación.

Tema 12.-Metodoloxía de investigación: técnicas cuantitativas e cualitativas. Estrutura metodolóxica dun traballo científico. Fontes de datos. Investigación básica: estudos de identificación e priorización de problemas. Investigación aplicada: estudos descritivos e analíticos dos diagnósticos utilizados, estudos de procesos e resultado.

Tema 13.-Epidemioloxía: concepto. O método epidemiolóxico. Enfermidades transmisibles de maior incidencia na poboación galega: tipos e características. Sistema Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica. Enfermidades de declaración obrigatoria.

Tema 14.-Demografía sanitaria. Indicadores demográficos e a súa utilidade para o traballo: natalidade, fecundidade, mortalidade, migracións, crecemento vexetativo.

Tema 15.-Saúde pública: concepto. Saúde e enfermidade: concepto. Indicadores de saúde por idade e sexo: morbilidade, mortalidade, letalidade e esperanza de vida. Principais problemas de saúde na poboación galega actual. Elementos de priorización: magnitude, transcendencia, vulnerabilidade e custo.

Tema 16.-Técnicas e habilidades de comunicación e relación interpersoal. Traballo en equipo. Entrevista clínica. Concepto e características. Identificación de necesidades de apoio.

Tema 17.-Xestión e planificación de servizos sanitarios: concepto. Produto sanitario: concepto. Carteira de servizos: concepto.

Tema 18.-Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.

Tema 19.-Evolución histórica da asistencia psiquiátrica: transformación do hospital psiquiátrico. Decreto 389/1994, do 15 de decembro, polo que se regula a saúde mental en Galicia, DOG do 2 de xaneiro de 1995. Procesos sobre a necesidade das persoas (Lei 1/2000, do 7 de xaneiro). Plan extratéxico de saúde mental Galicia 2006-2011. Declaración de Helsinki (2005). Libro Verde Saúde Mental (2006). Pacto Europeo Saúde Mental (2008). Plan de Galicia sobre drogas: organización e funcionamento da rede asistencial.

Tema 20.-Evolución histórica dos coidados de enfermaría en saúde mental e psiquiatría. Situación actual da enfermaría en saúde mental. Teorías e escolas en psiquiatría: biolóxicas, psicolóxicas e sociais.

Tema 21.-Unidade de internamento psiquiátrico: concepto, organización e características estruturais específicas.

Tema 22.-Técnicas e habilidades de comunicación. Relación intrapersoal. Teoría das relacións interpersoais de Hildegard Peplau. Traballo en equipo. Entrevista clínica. Concepto e características. Identificación de necesidades de apoio emocional e psicolóxico ao paciente, coidador principal e familia.

Tema 23.-Organización dos coidados enfermeiros en saúde mental, no ámbito hospitalario e extrahospitalario. Consulta de enfermaría en saúde mental. Coordinación entre niveis asistenciais.

Tema 24.-Atención domiciliaria: concepto e etapas da visita domiciliaria. Coordinación con atención primaria, atención especializada e servizos sociais. Programa de atención a pacientes con antipsicóticos de longa duración.

Tema 25.-Marco conceptual e modelos de enfermaría: xeneralidades. Teoría das necesidades humanas: concepto. Teoría de autocoidado: concepto. Proceso de atención de enfermaría (PAE): etapas do PAE. Plan de coidados enfermeiros: concepto e estrutura. Diagnósticos de enfermaría: concepto e tipos de taxonomía (NANDA, NIC, NOC).

Tema 26.-Historia clínica. rexistros de enfermaría en saúde mental. Informe de enfermaría á alta. Clasificacións internacionais de problemas de saúde mental (DSM-IV, CIE-10 e NANDA): características xerais.

Tema 27.-Nivel óptimo de saúde. Saúde mental: concepto e características. Prevención e promoción da saúde: concepto. Detección precoz de problemas de saúde: concepto. Factores de risco para a saúde nas distintas etapas da vida (infancia, adolescencia, adulto e ancián): identificación de factores de risco e coidados enfermeiros.

Tema 28.-A educación para a saúde individual, grupal e comunitaria en saúde mental: concepto, metodoloxía e técnicas didácticas. Técnicas de educación para a saúde para o fomento do autocoidado e promoción da saúde do paciente, coidador principal e familia. Elaboración dun programa de saúde mental: etapas.

Tema 29.-Desenvolvemento da conduta humana: etapas do desenvolvemento. Tipos de personalidade. Hábitos. Motivación. Factores socioculturais: a súa incidencia na saúde. O hospital e os problemas psicosociais e de adaptación do paciente hospitalizado. Valoración de enfermaría do comportamento humano e a súa aplicación nos coidados de enfermaría.

Tema 30.-Rehabilitación en saúde mental: concepto, evolución e obxectivos. Procesos de atención de enfermaría. Principios da psiquiatría comunitaria. Modelo asetivo-comunitario e modelo Case-Mangent.

Tema 31.-Clasificación xeral dos medicamentos. Absorción e eliminación dos fármacos. Toxicidade e efectos colaterais. Farmacovixilancia. Condicións de conservación dos medicamentos.

Tema 32.-Administración de medicamentos. Precaucións previas á administración dun fármaco. Vías de administración: definición e tipos. Puntos de elección, técnicas e problemas máis frecuentes. Cálculo de doses. Valoración e coidados de enfermaría a pacientes a tratamento con psicofármacos.

Tema 33.-Hixiene en centros sanitarios: conceptos xerais. Antisépticos. Desinfectantes. Esterilización. O servizo de esterilización. Preparación e tipos de material que se vai esterilizar, métodos de esterilización. Manipulación e conservación do material estéril. Infección nosocomial. Medidas preventivas. Illamento hospitalario: concepto, tipos e descrición. Xestión de residuos sanitarios.

Tema 34.-Terapia electroconvulsiva: concepto, obxectivos e xustificación. Coidados de enfermaría: pre, durante e pos TEC.

Tema 35.-Valoración e coidados de enfermaría nas urxencias psiquiátricas en: paciente suicida, paciente axitado, paciente agresivo, paciente con intoxicación aguda por consumo de drogas e paciente con crises de ansiedade e angustia.

Tema 36.-Trastornos esquizofrénicos: concepto e xeneralidades. Formas clínicas. Diagnósticos de enfermaría. Valoración e coidados de enfermaría en pacientes con alucinacións e delirios. Apoio o coidador principal e familia.

Tema 37.-Valoración e coidados de enfermaría nos pacientes con trastorno mental orgánico: delirio, demencia e síndrome amnésica.

Tema 38.-Trastornos do humor (afectivos). Concepto. Epidemioloxía. Principais formas de presentacións clínicas. Planificación de coidados de enfermaría en pacientes depresivos. Planificación de coidados de enfermaría en pacientes maníacos. Programa para pacientes a tratamento con litio.

Tema 39.-Valoración e coidados de enfermaría en pacientes con trastornos de ansiedade: fobico, pánico, obsesivo-compulsivo e reactivo ao strés. Técnicas de relaxación (Jacobson-Schultz).

Tema 40.-Valoración e coidados de enfermaría nos pacientes con trastornos da personalidade e do comportamento do adulto.

Tema 41.-O sono: concepto, fases e funcións. Trastornos do sono: disonias e parasonias. Coidados de enfermaría.

Tema 42.-Alimentación e nutrición: concepto e diferenciación. Clasificación dos alimentos. Elaboración de dietas. Dietas terapéuticas. Valoración e coidados de enfermaría a persoas con problemas de obesidade primaria, desnutrición, deshidratación, anorexia e bulimia nerviosa.

Tema 43.-Valoración e coidados de enfermaría en pacientes con trastornos derivados do consumo de alcohol. Síndrome de abstinencia.

Tema 44.-Valoración e coidados de enfermaría en pacientes con trastornos derivados do consumo de substancias tóxicas non alcohólicas: cannabis, opiáceos, alucinóxenos, tranquilizantes e estimulantes, tabaco. Valoración e coidados de enfermaría en adiccións sen substancia.

Tema 45.-Psicoterapia: definición. Concepto de psicoterapia psicanalista, humanística, asistencial, terapia condutual, terapia cognitiva, terapia de familia e terapia grupal. Papel da enfermaría na psicoterapia.

Tema 46.-Valoración e coidados de enfermaría na etapa da infancia e adolescencia en pacientes con: enureses, encopreses, tics, déficit de atención, trastornos emocionais, autismo e retraso mental.

Tema 47.-Valoración e coidados de enfermaría no ancián. Principais cambios no proceso de envellecemento: fisiolóxicos, psicolóxicos e sociais. Orientación para o autocoidado. Concepto de asistencia psicoxeriátrica.

Tema 48.-A sexualidade durante o ciclo vital; infancia, adolescencia, vida adulta e vellez. Modos de expresión sexual. Concepto de disfunción sexual. Abordaxe terapéutica e proceso de enfermaría.

Tema 49.-Valoración e coidados de enfermería nos pacientes con trastornos psiquiátricos asociados á infección por VIH e SIDA. Control e medidas preventivas. Valoración da situación familiar e social.

Tema 50.-Valoración e coidados de enfermaría nos pacientes con trastornos dos hábitos e control de impulsos: ludopatía, piromanía e cleptomanía.

Tema 51.-Valoración e coidados de enfermaría ao paciente terminal. Reaccións psicolóxicas do enfermo terminal e familia. Apoio ao coidador principal e familia. Valoración e acompañamento na dor.

Temario fontaneiro.

Tema 9.-Conceptos fundamentais en fontanaría. Caudais e consumos, velocidade, desprazamento da auga, relación entre caudal, velocidade e sección. Presión, relación presión-altura, perdas de carga, golpe de ariete.

Tema 10.-Soldaduras. Tipos, materiais que se van empregar e técnicas.

Tema 11.-Tratamentos da auga. Composición da auga de consumo, descalcificación, desmineralización, PH, xeneralidades sobre os equipos de tratamento de auga.

Tema 12.-Corrosións e incrustacións. Tipos de corrosión, medidas de prevención e protección.

Tema 13.-Instalacións interiores. Deseño e montaxe de instalacións, dimensionamento e caudais mínimos en aparellos domésticos.

Tema 14.-Elementos das instalacións. Tubaxes e accesorios, válvulas e dispositivos de control, billame sanitario, contadores, alxibes.

Tema 15.-Bombas e grupos de presión. Tipos e funcionamento das bombas, compoñentes dun grupo de presión.

Tema 16.-Instalacións de fluxores. Dimensionamento, características e funcionamento.

Tema 17.-Instalacións de rega e piscinas. Características e dimensionamento da rede de rega, materiais nunha rede de rega, instalacións de piscinas.

Tema 18.-Instalacións de auga quente sanitaria. Tipos, materiais e características.

Tema 19.-Rede de evacuación e desaugadoiros. Instalación, dimensionamiento e materiais.

Tema 20.-Sistemas contra incendios. Rede de distribución. Grupo de presión. Bocas de incendios equipadas. Rociadores. Extintores.

Tema 21.-Estacións depuradoras de augas residuais. Xeneralidades.

Tema 22.-Prevención de lexionella. Xeneralidades e medidas preventivas.

Tema 23.-Inspeccións e probas das instalacións.

Tema 24.-Máquinas e ferramentas. Clases, condicións de traballo.

Tema 25.-Normativa e interpretación de planos, simboloxía.

Tema 26.-Mantemento de fontanería. Tipos de mantemento: correctivo, preventivo e preditivo. Plans de mantemento preventivo de equipamentos e instalacións.

Tema 27.-Protección ambiental. Nocións básicas sobre contaminación ambiental. Principais riscos ambientais ligados ás funcións da categoría.

Tema 28.-Prevención de riscos laborais. Riscos laborais específicos nas funcións do fontaneiro, medidas de protección individuais e colectivas ás funcións da categoría.

Temario enxeñeiro técnico.

Instalacións eléctricas.

Tema 9.-Lei 54/1997, do sector eléctrico: principios, competencias. Comisión Nacional de Enerxía. Lei e principais desenvolvementos normativos: xeración (réxime ordinario e especial), comercialización. Mercado de produción de enerxía eléctrica, xestión técnica e económica. Directiva 2003/54/CE. Actividades de transporte, distribución, calidade do servizo, ordenación da subministración, réxime tarifario, réxime sancionador.

Tema 10.-Protección da saúde e prevención de riscos laborais (I). Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Real decreto 39/1997, polo que se aproba o regulamento dos servizos de prevención.

Tema 11.-O regulamento electrotécnico de baixa tensión (RBT): Real decreto 842/2002. Ámbito de aplicación. Instrucións técnicas complementarias ITC-BT. Guía técnica.

Tema 12.-Dispositivos de protección habituais contra sobreintensidades en instalacións eléctricas de baixa tensión. Dispositivos de protección habituais contra contactos indirectos en instalacións eléctricas de baixa tensión.

Tema 13.-Caídas de tensión. Postas a terra. Equipotencialidade.

Tema 14.-Dispositivos para asegurar a continuidade da subministración eléctrica nos centros sanitarios. Grupos electróxenos. SAIs.

Tema 15.-Iluminación. Tipos de lámpadas e de luminarias. Características e criterios de selección. Código Técnico da Edificación (sección HE 3: eficiencia enerxética das instalacións de iluminación).

Tema 16.-Tarifas eléctricas: estrutura e cálculo.

Tema 17.-Factor de potencia. Armónicos.

Tema 18.-Condicións técnicas e condicións de seguranza en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación: Real decreto 3275/1982, e as súas instrucións técnicas complementarias MIE-RAT. Ámbito de aplicación sanitario.

Tema 19.-Protección contra o raio. Sobretensións. Postas a terra.

Tema 20.-Legalización de instalacións, probas e verificacións. Revisións periódicas. Carnés profesionais.

Instalacións térmicas.

Tema 21.-Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE) e instrucións técnicas complementarias.

Tema 22.-Sistemas de calefacción: conceptos fundamentais (produción, condución, control e regulación, illamentos, emisores, salas de caldeiras, evacuación de fumes). Produción e transporte de vapor.

Tema 23.-Produción e distribución de auga quente sanitaria: conceptos fundamentais (produción, acumulación, prevención da lexionelose).

Tema 24.-Climatización e produción de frío. Tipos de sistemas. Fluídos refrixerantes. Torres de refrixeración, condensadores evaporativos e condensación por aire. Climatizadores e fan-coils. Humectación.

Tema 25.-Seguranza en plantas e instalacións frigoríficas. Real decreto 3099/1979. Regulamento e instrucións técnicas complementarias MI-IF.

Tema 26.-Ventilación. Código técnico da edificación (HS 3 calidade do aire interior).

Tema 27.-Estándares para o deseño de instalacións de climatización e ventilación en cuartos de hospitalización de pacientes inmunodeprimidos, pacientes infecciosos e cuartos de hospitalización convencionais.

Tema 28.-Legalización de instalacións, probas e verificacións. Revisións periódicas. Carnés profesionais. Plans de mantemento integral.

Tema 29.-Coxeneración: aspectos xerais. Recuperadores. Máquinas de absorción. Eficiencia enerxética. Código técnico da edificación (HE aforro de enerxía: obxecto e ámbito de aplicación).

Tema 30.-Aproveitamento da enerxía solar. Enerxía solar térmica. Principios básicos. Instalacións e equipamentos. Produción de ACS. Código técnico da edificación (sección HE 4).

Tema 31.-Regulamento de aparellos de presión e as súas instrucións técnicas complementarias.

Tema 32.-Combustibles: sólidos, líquidos e gasosos. Almacenamento e condución de combustibles. Medidas de seguranza en descargas. Medición de fumes.

Tema 33.-Regulamento de instalacións petrolíferas: instrucións técnicas complementarias MI-IP 03, 04, 05 e 06.

Tema 34.-Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos e as súas instrucións técnicas ITC-ICG (RD 919/2006).

Outras instalacións.

Tema 35.-Subministración, tratamento e evacuación de auga (potable e residuais). Instalacións, materiais e equipamentos. O ámbito hospitalario. Código técnico da edificación (seccións HS 4 e 5).

Tema 36.-Aparellos elevadores e de transporte (I). Ascensores e montacargas. Dispositivos de funcionamento, seguranza, probas e verificacións. Escaleiras mecánicas. Regulamento de aparellos de elevación e manutención destes. Prescricións para o incremento da seguranza do parque de ascensores existente.

Tema 37.-Aparellos elevadores e de transporte (II). Tubos pneumáticos de transporte de mostras. Portas automáticas. Sistemas robotizados de transporte.

Tema 38.-Gases medicinais (I). Tipos e prescricións particulares. Descarga, almacenamento, transporte e distribución en centros sanitarios. Salas centralizadas de gases. Cadros de alternancia de subministración. Tomas de gases. Actuacións en caso de emerxencia.

Tema 39.-Gases medicinais (II). Caudalímetros e manorredutores. Recipientes de presión. Tanques crioxénicos. Mesturadores de aire sintético. Baleiro: produción, filtradura, centrais, canalización, vacuostatos. Revisións e probas. Regulamento de aparellos de presión - instrucións técnicas complementarias MIE-AP: 7, 10 e 17.

Tema 40.-Instalacións de comunicacións. Redes de voz e datos, centrais e repartidores. Centros de proceso de datos: prescricións técnicas dos locais. Comunicación en planta e intercomunicadores.

Tema 41.-Cociñas: instalacións e equipamento particulares. Cámaras de conservación e de conxelación. Circuítos. Mantemento.

Tema 42.-Lavandarías: instalacións e equipamentos particulares. Túneles de lavado, calandras, lavadoras, secadoras, plegadoras. Subministración de vapor. Dependencias. Circuítos.

Enxeñaría clínica e electromedicina.

Tema 43.-O bloque cirúrxico: instalacións e equipos. Circuítos. UCI e unidades de reanimación post-anestésica: instalacións e equipamentos. Inspección e mantemento.

Tema 44.-Esterilización: centrais, instalacións e equipamentos. Esterilización en alta e baixa temperatura. Inspeccións regulamentarias.

Tema 45.-Salas de hemodiálises: instalacións e equipamentos. Tratamentos previos da auga. Ósmose inversa. Instalacións e materiais. Plans de mantemento.

Tema 46.-Diagnóstico por imaxe. Equipos e salas de radiodiagnóstico. RNM. TAC. Instalacións. Procesamento de placas. Dixitalización de imaxes.

Tema 47.-Protección ambiental e persoal contra radiacións ionizantes (Real decreto 783/2001).

Tema 48.-Radioterapia. Medicamento nuclear. Aceleradores lineais. Instalacións.

Tema 49.-Instrumentación en laboratorios.

Seguranza laboral e protección contra incendios.

Tema 50.-Código técnico da edificación - documento básico SI: obxecto, ámbito de aplicación e criterios xerais. O uso hospitalario: compartimentación e evacuación. Estabilidade e resistencia ao lume. Locais de risco especial no ámbito hospitalario.

Tema 51.-Detección, control e extinción de incendios. Sistemas e axentes extintores. Revisións e inspeccións. Operacións básicas de mantemento. Regulamento de aparellos de presión - instrución técnica complementaria MIE-AP5.

Tema 52.-Plans de emerxencia (interno e externo).

Tema 53.-Real decreto 314/2006, polo que se aproba a norma básica de autoprotección dos centros, establecementos e dependencias dedicados a actividades que poidan dar orixe a situacións de emerxencia. Real decreto 614/2001, sobre disposicións mínimas para a protección da saúde e seguridade dos traballadores fronte ao risco eléctrico.

Tema 54.-Real decreto 486/1997, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguranza e saúde nos lugares de traballo. Real decreto 773/1997, do 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores de equipamentos de protección individual. Real decreto 485/1997, sobre disposicións mínimas en materia de sinalización de seguranza e saúde no traballo. Código técnico da edificación (documento básico SU-exixencias básicas de seguridade de utilización).

Calidade e xestión ambiental.

Tema 55.-Calidade asistencial e xestión por procesos. Descrición e deseño de programas de calidade en sistemas sanitarios. Identificación de procesos clave. Bases metodolóxicas. Implantación dos procesos: características, claves estratéxicas, metodoloxía de implantación. Control e mellora continua dos procesos. Mecanismos de avaliación e seguimento de procesos.

Tema 56.-Calidade industrial. Xestión de calidade. Calidade total e sistemas de aseguramento. Cero defectos. Certificación da calidade industrial. Calidade concertada: relacións empresa-clientes.

Tema 57.-Seguranza industrial. Lexislación sobre produtos de instalacións industriais. Fomento da calidade e seguranza industrial na Lei de industria. Regulamentación, homologación e inspección técnica de vehículos. AENOR: ENAC e entidades de certificación. Outras entidades colaboradoras.

Tema 58.-Almacenamento de produtos químicos (Real decreto 379/2001, e as súas instrucións técnicas complementarias MIE-APQ) APQ-5.

Tema 59.-Xestión de residuos. Código técnico da edificación (sección HS 2).

Tema 60.-Os residuos sanitarios. Clasificación.

Tema 61.-A xestión intracentro e extracentro dos residuos sanitarios. Tratamento dos residuos. Rexistro de incidentes e accidentes. Memoria anual.

Tema 62.-Minimización de riscos microbiolóxicos. Actuacións na execución de obras no contorno hospitalario. Controis.

Mantemento hospitalario.

Tema 63.-O mantemento. Concepto. Tipos de mantemento.

Tema 64.-O servizo de enxeñaría e mantemento. Organigrama. Organización do servizo. Funcións. Xestión de persoal.

Tema 65.-Talleres: oficios, organización e control. Almacén: xestión e control.

Tema 66.-Plans de mantemento integral. Xestión e contratación de servizos técnicos.

Tema 67.-Xestión e seguimento de obras no ámbito hospitalario. Medios propios e medios alleos. Contratación.

Tema 68.-Plans directores de hospitais. Metodoloxía. Etapas do plan director.

Tema 69.-Xestión documental do mantemento. Xestión do mantemento asistido por ordenador. Aplicacións e ferramentas informáticas básicas. Sistemas de control de instalacións. Telexestión.

Tema 70.-Organización dunha unidade de electromedicina: UNE 209001 IN.

Temario de logopedia.

Tema 9.-Conceptos básicos sobre a comunicación e a linguaxe. Adquisición e desenvolvemento da linguaxe e a comunicación. Funcións da linguaxe. Linguaxe, lingua e fala.

Tema 10.-Psicoloxía da linguaxe. Pensamento e linguaxe. O neno bilingüe e/ou trilingüe.

Tema 11.-Etapas de desenvolvemento da linguaxe no neno. Alteracións da linguaxe máis comúns na etapa escolar.

Tema 12.-Anatomía e fisioloxía do oído. Déficit auditivo, etioloxía e tipos. Avaliación do déficit auditivo: audiometrías, potenciais evocados, otoemisións.

Tema 13.-Anatomía e fisioloxía dos órganos bucofonatorios. A larinxe e as súas funcións. Mecánica respiratoria e fonación.

Tema 14.-Neuroanatomía da linguaxe.

Tema 15.-Codificación e descodificación lingüística. Descrición e análise dos compoñentes da linguaxe. Lingüística e logopedia. Fonética e fonoloxía.

Tema 16.-Obxectivos da intervención logopédica.

Tema 17.-O logopeda: funcións e ámbitos de actuación. O logopeda nos equipamentos multidisciplinares. Relación da logopedia con outras disciplinas: fisioterapia, terapia ocupacional, psicoloxía, medicina.

Tema 18.-Modelos de intervención: educación, reeducación, rehabilitación e terapia.

Tema 19.-O programa de intervención logopédica: avaliación, obxectivos, temporalización, metodoloxía, materiais e recursos, avaliación continua e final.

Tema 20.-Clasificación xeral e breve definición dos trastornos da linguaxe, fala, voz e audición.

Tema 21.-Avaliación e intervención logopédica en dislalias e atrasos da fala.

Tema 22.-Avaliación e intervención logopédica en atrasos da linguaxe e TEL (disfasias).

Tema 23.-Avaliación e intervención logopédica en alteracións da lectura e escritura: dislexias, disgrafías, disortografías.

Tema 24.-Avaliación e intervención logopédica en disglosias.

Tema 25.-Avaliación e intervención nos trastornos de fluidez da fala.

Tema 26.-Disartrias: avaliación e intervención en párkinson, ELA e esclerose múltiple.

Tema 27.-Disfonías: clasificación. Avaliación e intervención. A voz profesional.

Tema 28.-Intervención logopédica en deficiencia mental, autismo e mutismo.

Tema 29.-Intervención logopédica en deficiencias motoras e en parálise cerebral.

Tema 30.-Afasias. Tipoloxía e correlatos anatómicos.

Tema 31.-Afasias e trastornos asociados: alerxia, agrafía, acalculia, apraxias, aprosodias.

Tema 32.-Afasias. Avaliación e intervención en adultos e nenos.

Tema 33.-Intervención logopédica e envellecemento. Intervención en demencias. Programas de estimulación e prevención.

Tema 34.-Intervención logopédica en laringuectomizados. Próteses fonatorias.

Tema 35.-Intervención logopédica en trastornos da deglutición: disfaxia.

Tema 36.-Intervención logopédica en deglutición atípica.

Tema 37.-Deficiencia auditiva. Desenvolvemento da linguaxe no deficiente auditivo. Avaliación e valoración da deficiencia auditiva. Clasificación e etioloxía das hipoacusias.

Tema 38.-Avaliación e valoración da linguaxe no deficiente auditivo. Intervención logopédica na deficiencia auditiva: oralidade, palabra complementada, linguaxe bimodal, linguaxe de signos.

Tema 39.-Próteses auditivas: implantes cocleares e audiófonos. Adestramento auditivo e habilitación ou rehabilitación da linguaxe.

Tema 40.-O neno con implante coclear: atención ao son, desmutización, desenvolvemento da linguaxe. O neno implantado fronte ao bilingüismo. Relación do logopeda co otorrino, o audioprotesista e a escola.

Tema 41.-Intervención logopédica en nenos sordocegos.

Tema 42.-Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación.

Tema 43.-Técnicas de grupo en logopedia e habilidades sociais.

Tema 44.-Prevención e atención temperá nos trastornos de linguaxe, fala, voz e audición.

Tema 45.-Recursos tecnolóxicos en logopedia.

Tema 46.-Logopedia e musicoterapia.

Tema 47.-Éxito na intervención: motivación e compromiso do paciente, motivación e compromiso do logopeda, o papel da familia.

Temario mecánico.

Tema 9.-Soldadura eléctrica. Introdución á soldadura eléctrica. Tipos de soldaduras eléctricas. Electrodos.

Tema 10.-Soldadura con chama. Gases empregados. Manipulación e coidados. Accesorios para a condución de gases. Tipos de sopletes. Regulación e control da chama. Metais de achega.

Tema 11.-Máquinas ferramentas. Clases de ferramentas. Condicións de traballo. Trade. Pregadora. Cizalla. Amoladora. Torno. Fresadora. Limadora. Serras mecánicas. Esmeriladora.

Tema 12.-Ferramentas de man e utilización. Tipos de ferramentas. Utilización: Limado. Roscado. Aserrado. Cincelado. Burilado. Afiado de brocas. Técnica do tradeado.

Tema 13.-Instrumentos de medida e verificación. Ferramentas de medida. Unidades de medida.

Tema 14.-Principios xerais da física. Enerxía. Rendemento. Estado dos corpos. Presión. Movemento. Forzas. Dilatación. Peso específico. Densidade.

Tema 15.-Mecánica xeral. Propiedades de materiais metálicos férreos e non férreos. Parafusame. Rodamentos. Graxas. Aceites.

Tema 16.-Construcións metálicas. Trazado, cortado, mecanización e conformado de chapas, perfís e tubos.

Tema 17.-Sistemas hidráulicos e pneumáticos. Conceptos básicos. Compoñentes dunha instalación e as súas características. Esquemas pneumáticos e electroneumáticos básicos. Compresores. Fluídos. Filtros. Desecadores. Aplicacións prácticas. Medidas de seguranza.

Tema 18.-Frío industrial e doméstico. Conceptos básicos. Interpretación de planos. Ferramentas. Evaporadores. Compresores. Tipos de compresores. Materiais e elementos de regulación e control. Gases empregados en refrixeración. Diagnóstico e localización de avarías. Simboloxía.

Tema 19.-Climatización. Conceptos básicos. Temperatura. Movemento do aire. Pureza do aire. Frío. Calor. Caloría. Frigoría. Salto térmico. Zona de confort. Termómetro húmido. Termómetro seco. Humidade absoluta. Humidade específica. Humidade relativa. Calor sensible. Calor latente. Entalpía. Ábaco psicrométrico. Clasificación dos equipos de climatización e os seus compoñentes.

Tema 20.-Mantemento de instalacións. Grupo electróxeno. Torres de refrixeración. Grupos de baleiro. Correo pneumático. Compresores pneumáticos. Gas natural. Propano. Butano.

Tema 21.-Mantemento de maquinaria de lavandaría, cociña e esterilización. Lavadoras. Centrifugadora. Secadoras. Calandras. Repasado. Marmitas. Tixolas basculantes. Frixidoras. Fornos. Trens de lavado. Cintas transportadoras.

Tema 22.-Gases medicinais: composición, clasificación e seguranza. Depósitos crioxénicos. Fontes de subministración. Elementos de regulación.

Tema 23.-Gases industriais. Acetileno. Argon. Osíxeno industrial. Nitróxeno industrial. Propiedades físicas. Propiedades químicas.

Tema 24.-Botellas de gases. Identificación. Etiquetaxe. Partes dunha botella. Almacenamento e transporte.

Tema 25.-Sistemas contra incendios. Rede de distribución. Grupo de presión. Bocas de incendios equipadas. Rociadores. Extintores.

Tema 26.-Mantemento mecánico. Tipos de mantemento: correctivo, preventivo e preditivo. Plans de mantemento preventivo de maquinaria e equipamento industrial.

Tema 27.-Protección ambiental. Nocións básicas sobre contaminación ambiental. Principais riscos ambientais relacionados ás funcións da categoría.

Tema 28.-Prevención de riscos laborais. Riscos laborais específicos nas funcións do mecánico, medidas de protección individuais e colectivas ás funcións da categoría.

Temario perruqueiro.

Tema 9.-Anexos epidérmicos. O pelo. Clases de pelo. Crecemento do pelo. Glándulas sebáceas. Glándulas sudoríparas.

Tema 10.-Alteracións da glándula sudorípara. Alteracións que afectan a cantidade. Alteracións que afectan a calidade. Tratamento estético. Alteracións da glándula sebácea: seborrea. Orixe da seborrea. Factores que inflúen nesta. Tratamento estético. Alteracións do sistema piloso: hipertricose. Hirsutismo. Tratamento estético do hirsutismo. Técnicas habituais para a eliminación do vello superfluo.

Tema 11.-Infeccións e infestacións da pel e coiro cabeludo. Piodermites. Pediculoses. Tiñas. Candidiases. Herpes. Sarna. Dermatoses causadas por axentes biolóxicos. Enfermidades venéreas. Pitiriases

Tema 12.-Cosmética específica para a hixiene capilar. Acondicionadores capilares. Cosmética específica para o afeitado. Cosmética masculina. Reaccións adversas a cosméticos en perruquería e estética: tipos. Prevención. Lexislación dos produtos cosméticos.

Tema 13.-Produtos químicos de uso máis frecuente en perruquería-estética. H20. Propiedades. Tipos. H2O2. Propiedades. Aplicacións. Amoníaco. Alcol etílico.

Tema 14.-Microorganismos. Concepto. Tipos. Enfermidades que producen. Técnicas de saneamento.

Tema 15.-Corte de cabelo. Útiles empregados. Estrutura do corte.

Tema 16.-Rasurado de pacientes. Rasurado cranial. Rasurado corporal. Rasurado de pacientes con vías, cables de monitorización, sondas, lentes nasais de oxixenoterapia ou outros. Precaucións e conduta que se debe seguir.

Tema 17.-Hixiene e limpeza. Desinfección. Esterilización no salón de perruquería-estética. Métodos de desinfección. Condicións hixiénico-sanitarias requiridas.

Tema 18.-Lei de prevención de riscos laborais. Prevención da transmisión de enfermidades infecciosas no hospital: precaucións estándar (lavado de mans, uso de luvas, máscaras, batas, etc.). Illamento de contacto. Illamento respiratorio. Métodos preventivos para evitar a transmisión de determinadas enfermidades infecciosas (VIH, hepatites C e outras). Materiais dun só uso na práctica da perruquería nas institucións sanitarias.

Temario de técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información.

I. Desenvolvemento de aplicacións.

Tema 9.-Técnicas de programación. Programación estruturada. Programación orientada a obxectos. Enxeñaría inversa e reinxeñaría.

Tema 10.-Deseño e desenvolvemento de aplicacións en contorno 4GL (Informix e Multibase).

Tema 11.-Contornas. NET. Arquitectura. Características e programación en C#.

Tema 12.-Contornas J2EE. Arquitectura. Características e programación en Java. Applets. Servlets. EJB.

Tema 13.-HTML, CSS. Definición. Orientación. Características e programación.

Tema 14.-Linguaxes de guións. Javascript, Jscript, ECMA Script, VBScript. Definición e orientación. Características e programación.

Tema 15.-Métodos de proba do software. Fundamentos. Caixa negra e caixa branca. Estratexias de proba do software.

Tema 16.-XML, XSLT, XML Schemas.

II. Comunicacións e redes.

Tema 17.-Redes de comunicacións. Definicións. Topoloxías. Clasificacións.

Tema 18.-Elementos de interconexión de redes. Concentradores. Conmutadores. Repetidores. Pontes. Encamiñadores. Pasarelas.

Tema 19.-Modelo OSI. Niveis. Descrición de servizos e protocolos. TCP/IP. Protocolos de rede. Redes de banda larga. RDSI, ADSL, Fast Ethernet, ATM, DWDM.

Tema 20.-Estándares móbiles: GSM, GPRS, UMTS, HSPA, LTE, LDSM. Tecnoloxías sen fíos: Bluetooth, Wi-Fi, WiMax,LMDS. Cableados estruturados. Estándares. Topoloxías. Medidas.

Tema 21.-Seguranza de accesos. Dominios de seguranza. Servidores de seguranza. Tornalumes.

Tema 22.-Xestión de rede. Estándares. Ferramentas e xestión.

Tema 23.-Servizos baseados na internet: correo, transferencia de ficheiros, publicación en formato hipertexto, grupos de discusión, busca e acceso a información estruturada, directorio, sincronización horaria. Accesibilidade e usabilidade. W3C. E-learning.

Tema 24.-Web 2.0. Wikis. Blogs. Comunidades virtuais. Redes sociais. Sindicación de contenidos. Podcast. Modelos de TV en internet. Folksonomías. Suites de ofimática en web. Almacenamiento en web. Escritorios virtuais. Mashups. Widgets. Mundos virtuais. P2P. Web semántica.

III. Sistemas operativos e software de base.

Tema 25.-Principios de funcionamento dos ordenadores. Historia e evolución. Arquitectura e compoñentes dos ordenadores.

Tema 26.-Sistemas operativos Unix/Linux. Administración, xestión e soporte.

Tema 27.-Sistemas operativos Windows. Administración, xestión e soporte.

Tema 28.-Sistemas de correo. Exchange Server.

Tema 29.-Servidores de aplicacións e servidores web. WebSphere 5.1, Tomcat, IIS, Apache.

Tema 30.-Ferramentas ofimáticas de código aberto e propietario. Procesadores de texto, follas de cálculo, bases de datos de PC.

Tema 31.-MS-Office 2007. Aplicacións que o compoñen. Comandos e uso destas.

IV. Sistemas de xestión de bases de datos.

Tema 32.-Sistemas de xestión de bases de datos.

Tema 33.-Modelo entidade-relación. Modelo relacional. Normalización.

Tema 34.-Informix, SQL Server, Oracle: definición e principais características. Conceptos básicos de administración e configuración.

Tema 35.-SQL. Linguaxe de definición de datos (DDL). Linguaxe de manipulación de datos (DML) e DCL.

Tema 36.-Bases de datos XML Nativas.

Tema 37.-Datawarehouse. Data Marts. Arquitectura. Análise Multidimensional e arquitecturas OLAP. ROLAP/MOLAP/HOLAP.

Tema 38.-Bases de datos distribuídas. Bases de datos documentais.

V. Seguranza nos sistemas de información.

Tema 39.-A seguranza da información. Normas de serie ISO 27000.

Tema 40.-Lexislación sobre protección de datos. Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal. Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o reglamento de desenvolvemento da Ley orgánica 15/1999.

Tema 41.-Sinatura electrónica. Lexislación de sinatura electrónica. Autoridades de certificación. Administración electrónica.

VI. O contorno TIC na sanidade galega. Sistemas de información sanitarios. Estándares sanitarios.

Tema 42.-Estrutura das unidades TIC da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde. Órganos con competencia informática. Funcións da comisión técnica. A comisión de informática.

Tema 43.-Sistemas HIS. Historia clínica electrónica. Receita electrónica. Imaxe dixital. PAC.

Tema 44.-Estándares tecnolóxicos no eido sanitario: DICOM, HL7, CDA, IHE, CEN TC/251, AEN/CTN 139

Tema 45.-A tarxeta sanitaria. Tarxeta de profesional.

VII. Metodoloxía.

Tema 46.-A Biblioteca de Infraestruturas de Tecnoloxías da Información (ITIL). Versión 2. Service Support.

Tema 47.-A calidade dos servizos TIC. ISO 20000.

Temario de técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información.

I. Enxeñaría do software. Metodoloxías de desenvolvemento.

Tema 9.-Metodoloxías de desenvolvemento de sistemas de información. Métrica 3. RUP. Metodoloxías áxiles.

Tema 10.-Análise orientada a obxectos.

Tema 11.-Modelos de calidade. Enxeñaría de procesos de software: CMMI, ISO 15504. Modelos áxiles.

Tema 12.-Linguaxe unificada de modelado (UML).

Tema 13.-Enxeñaría do software. Proceso software, modelos de proceso software. Ciclos de vida. Modelos de ciclo de vida. Fases do ciclo de vida. Modelos de desenvolvemento.

Tema 14.-Enxeñaría de requisitos. Verificación. Validación. Especificación de requisitos. Xestión de requisitos.

II. Desenvolvemento de aplicacións.

Tema 15.-Técnicas de programación. Programación estruturada. Programación orientada a obxectos. Enxeñaría inversa e reenxeñaría. Programación multiproceso.

Tema 16.-Deseño e desenvolvemento de aplicacións en contorno 4GL (Informix e Multibase).

Tema 17.-Deseño e desenvolvemento de aplicacións en tres capas. Clientes pesado, lixeiros e RIA (Aplicacións de Internet Enriquecidas).

Tema 18.-Patróns de deseño e frameworks. MVC, Struts. JSF. Antipatróns.

Tema 19.-HTML, CSS, XML, XLS, XLST. Definición. Orientación. Características e programación.

Tema 20.-Contornas .NET. Arquitectura. Características e programación en C#.

Tema 21.-Contornas J2EE. Arquitectura. Características e programación en Java. Applets. Servlets. EJB.

Tema 22.-WebServices. Compoñentes COM+, EJB.

Tema 23.-Linguaxes de guións. Javascript, Jscript, ECMA Script, VBScript. Definición e orientación. Características e programación.

Tema 24.-Configuración de servidores en clúster: alta dispoñibilidade e balanceo de carga.

Tema 25.-Métodos de proba do software. Fundamentos. Caixa negra e caixa branca. Estratexias de proba do software.

III. Comunicacións e redes.

Tema 26.-Redes de comunicacións. Definicións. Topoloxías. Clasificacións. Descrición dos principais estándares de área local, área metropolitana e área extensa.

Tema 27.-Elementos de interconexión de redes. Concentradores. Conmutadores. Repetidores. Pontes. Encamiñadores. Pasarelas.Sistemas de cableado.

Tema 28.-Modelo OSI. Niveis. Descrición de servizos e protocolos. TCP/IP. Protocolos e servizos.

Tema 29.-Principais redes de transmisión de datos: RDSI. ADSL. ATM. DWDM: conceptos e servizos.

Tema 30.-Principais redes sen fíos: GSM, GPRS, UMTS, Bluetooth, WiFi, WiMAX, LMDS, Satélite.

Tema 31.-Planificación, xestión e configuración de redes.

Tema 32.-Seguranza de accesos. Dominios de seguranza. Servidores de seguranza. Tornalumes.

Tema 33.-Xestión de rede. Estándares. Ferramentas e xestión.

Tema 34.-Servizos baseados na internet: correo, transferencia de ficheiros, publicación en formato hipertexto, grupos de discusión, busca e acceso a información estruturada, directorio, sincronización horaria. Accesibilidade e usabilidade. W3C. E-learning.

Tema 35.-Web 2.0. Definición e características: Wikis. Blogs. Comunidades virtuais. Redes sociais. Sindicación de contidos. Podcast. Modelos de TV en internet. Folksonomías. Suites de ofimática en Web. Almacenamento na web. Escritorios virtuais. Mashups. Widgets. Mundos virtuais. P2P. Web semántica.

IV. Sistemas operativos e software de base.

Tema 36.-Principios de funcionamento dos ordenadores. Historia e evolución. Arquitectura e compoñentes dos ordenadores.

Tema 37.-Sistemas operativos Unix/Linux. Administración, xestión e soporte.

Tema 38.-Sistemas operativos Windows. Administración, xestión e soporte.

Tema 39.-Sistemas de almacenamento de datos.

Tema 40.-Sistemas de correo. Exchange Server.

Tema 41.-Servidores de aplicacións e servidores web. WebSphere, Tomcat, IIS, Apache.

V. Sistemas de xestión de bases de datos.

Tema 42.-Sistemas de xestión de bases de datos.

Tema 43.-Modelo entidade-relación. Modelo relacional. Normalización.

Tema 44.-Administración e configuración de Informix, SQL Server, Oracle.

Tema 45.-SQL. Linguaxe de definición de datos (DDL). Linguaxe de manipulación de datos (DML) e DCL.

Tema 46.-Protocolos estándar de acceso aos datos.

Tema 47.-Bases de datos XML Nativas.

Tema 48.-Datawarehouse. Data Marts. Arquitectura. Análise multidimensional y arquitecturas OLAP. ROLAP/MOLAP/HOLAP.

Tema 49.-Bases de datos distribuídas. Bases de datos documentais.

VI. Seguranza nos sistemas de información.

Tema 50.-Seguranza informática: autentificación, integridade, confidencialidade, dispoñibilidade, copias de seguridade.

Tema 51.-A seguranza en redes públicas de datos. Seguranza en contornos de rede privados. Mecanismos de protección da confidencialidade.

Tema 52.-Sinatura electrónica. Normativa internacional. Lexislación de sinatura electrónica. Autoridades de certificación. Infraestrutura de PKI. Certificados dixitais. Tarxetas criptográficas. Técnicas de cifrado.

Tema 53.-Lexislación sobre protección de datos. Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal. Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999.

Tema 54.-A seguranza da información. Normas de serie ISO 27000.

Tema 55.-Xestión de riscos: metodoloxía Magerit. Método.

VII. O contorno TIC na sanidade galega. Sistemas de información sanitarios. Estándares sanitarios.

Tema 56.-Estrutura das unidades TIC da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde. Órganos con competencia informática. Funcións da comisión técnica. A comisión de informática.

Tema 57.-Sistemas HIS. Historia clínica electrónica. Receita electrónica. Imaxe dixital. PAC. A tarxeta sanitaria. Tarxeta de profesional.

Tema 58.-Estándares tecnolóxicos no eido sanitario: DICOM, HL7, CDA, IHE, CEN TC/251, AEN/CTN 139.

VIII. Metodoloxía e lexislación

Tema 59.-A Biblioteca de Infraestruturas de Tecnoloxías da Información (ITIL). Versión 2.

Tema 60.-A calidade dos servizos TIC. ISO 20000.

Tema 61.-Administración electrónica: Lei de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Lei de medidas de impulso da sociedade da información. Normativa en materia TIC da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

Tema 62.-Lexislación de propiedade intelectual. Modelos de licenciamento de software. Software de código aberto.

Temario de técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información.

Parte I. Xestión e dirección TIC.

I. Dirección das TIC.

Tema 9.-Dirección e xestión de proxectos de tecnoloxías da información. Planificación de recursos técnicos e humanos.

Tema 10.-Organización e xestión para a calidade total. Etapas na busca da calidade. A visión, os valores, a misión. As estratexias básicas dun sistema de calidade. As ferramentas estatísticas. O desenvolvemento da función de calidade. As normas ISO.

Tema 11.-Planificación e control das TIC, CoBIT (Control Objectives for Information and Related Technology), obxectivos de control e métricas. Propostas de proxectos (casos de negocio ou business case), análise de custos/ beneficios, análise de riscos, factores críticos de éxito.

Tema 12.-Xestión estratéxica das TIC, cadros de mando integral (balanced scorecards), mapas estratéxicos, xestión de coñecementos e innovación, gobernabilidade das TIC.

Tema 13.-Conceptos de xestión de proxectos. PMI. Xestión da integración. O plan xeral do proxecto. Xestión do alcance. Xestión do custo. Orzamentos. Xestión do tempo. Técnicas de planificación. Xestión da calidade. Plan de calidade. Xestión de RRHH. Capacidades do xefe de proxecto. Xestión das comunicacións. Xestión do risco. Continxencias. O risco en proxectos TIC. Xestión da subcontratación e adquisicións. Modelos áxiles.

II. Metodoloxías de xestión.

Tema 14.-A biblioteca de infraestrutura TI (ITIL). Versión 2. Soporte ao servizo. Entrega de servizos.

Tema 15.-ISO 20000. Obxectivos da norma. Mapa e descrición dos procesos. O proceso de certificación.

Tema 16.-Marco xeral da auditoría informática. Metodoloxía da auditoría informática. Auditoría dos grandes sistemas informáticos. Auditoría da informática persoal e as redes de área local.

III. Explotación de datos.

Tema 17.-Datawarehouse. Data Marts. Arquitectura. Análise multidimensional e arquitecturas OLAP. ROLAP/MOLAP/HOLAP.

Tema 18.-Minaría de datos.

IV. Lexislación informática.

Tema 19.-Lei de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Rexistro telemático.

Tema 20.-Lei de medidas de impulso da sociedade da información. Factura electrónica.

Tema 21.-Lei de sinatura electrónica.

Tema 22.-Lei de servizos da sociedade da información e comercio electrónico. Accesibilidade.

Tema 23.-Normativa da Consellería de Sanidade / Servizo Galego de Saúde.

Tema 24.-Normativa no ámbito da propiedade intelectual.

Tema 25.-Protección de datos: Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal. Regulamento de desenvolvemento. Ficheiros existentes na Consellería de Sanidade / Servizo Galego de Saúde.

Tema 26.-Órganos lexisladores de servizos de telecomunicacións: Ministerio de Industria e Comisión do Mercado das Telecomunicacións. Lei 32/2003, xeral de telecomunicacións.

Parte II. Sistemas de información.

V. Arquitecturas de desenvolvemento de software.

Tema 27.-Arquitectura SOA. Servizos web.

Tema 28.-Contorno de desenvolvemento Microsoft .NET para software con distribución.

Tema 29.-Contorno de desenvolvemento J2EE para software con distribución.

Tema 30.-Aplicacións de internet enriquecidas (RIA).

Tema 31.-Software de código aberto. Tipos de licenzas. Software libre. Aplicacións de software libre.

Tema 32.-XML, XSLT, XML Schemas.

VI. Internet.

Tema 33.-Arquitectura das redes intranet e internet: concepto, estrutura e características. A súa implantación nas organizacións.

Tema 34.-Modelo de capas: servidores de aplicacións, servidores de datos, granxas de servidores. Integración de contido, son, imaxe e animación. Scripts do cliente.

Tema 35.-Arquitectura web en NET. Arquitectura web en J2EE.

Tema 36.-Motores de busca. Correo electrónico. Listas de distribución. Grupos de noticias de rede (NNTP). Foros de discusión. Chat. Sistemas de videoconferencia. Mensajería instantánea. Accesibilidade e usabilidade. W3C. E-learning.

Tema 37.-Web 2.0. Wikis. Blogs. Comunidades virtuais. Redes sociais. Sindicación de contidos. Podcast. Modelos de TV en internet. Folksonomías. Suites de ofimática en web. Almacenamento en web. Escritorios virtuais. Mashups. Widgets. Mundos virtuais. P2P. Web semántica.

Tema 38.-Sistemas de xestión de contidos. Sistemas de xestión documental. Sistemas de xestión de procesos de negocio. Xestión do coñecemento. Xestión de rexistros.

VII. Administración electrónica.

Tema 39.-Custodia de documentos dixitais. Certificacións electrónicas. Rexistro electrónico. Pagamento electrónico.

Tema 40.-A web do Servizo Galego de Saúde. Servizos de administración electrónica do Servizo Galego de Saúde.

VIII. Enxeñaría do software. Metodoloxías de desenvolvemento.

Tema 41.-Enxeñaría do software. Proceso software, modelos de proceso software. Ciclos de vida. Modelos de ciclo de vida. Fases do ciclo de vida. Modelos de desenvolvemento.

Tema 42.-Enxeñaría de requisitos. Verificación. Validación. Especificación de requisitos. Xestión de requisitos.

Tema 43.-Métodos de proba do software. Fundamentos. Caixa negra e caixa branca. Estratexias de proba do software.

Tema 44.-Metodoloxías de desenvolvemento de sistemas de información. Métrica 3. RUP. Metodoloxías áxiles.

Tema 45.-Análise orientada a obxectos.

Tema 46.-Modelos de calidade. Enxeñaría de procesos de software: CMMI, ISO 15504, ISO 9000-3. Modelos áxiles.

Tema 47.-Linguaxe unificada de modelado (UML).

IX. Desenvolvemento de aplicacións.

Tema 48.-Patróns de deseño e frameworks. MVC, Struts. JSF. Antipatróns.

Tema 49.-Técnicas de programación. Programación estruturada. Programación orientada a obxectos. Enxeñaría inversa e reinxeñaría.

X. Sistemas de xestión de bases de datos.

Tema 50.-Sistemas de xestión de bases de datos.

Tema 51.-Modelo entidade-relación. Modelo relacional. Normalización.

Tema 52.-Administración e configuración de INFORMIX, SQL SERVER, ORACLE.

Tema 53.-SQL. Linguaxe de definición de datos (DDL). Linguaxe de manipulación de datos (DML), e DCL.

Tema 54.-Protocolos estándar de acceso aos datos.

Tema 55.-Bases de datos XML Nativas. Tamino XML Server.

Tema 56.-Sistemas de integración de datos. Sistemas de integración de aplicacións. Sistemas EAI, EII.

XI. Sistemas de información sanitarios. Estándares.

Tema 57.-Estrutura dos servizos de informática.

Tema 58.-Sistemas de información na sanidade pública.

Tema 59.-Estándares tecnolóxicos no ámbito sanitario: DICOM, HL7, CDA, IHE, CEN TC/251, AEN/CTN 139.

Tema 60.-Sistemas HIS. Historia clínica electrónica. Receita electrónica.

Tema 61.-Imaxe dixital. PAC.

XII. Seguranza nos sistemas de información.

Tema 62.-Sistemas de xestión da seguranza da información: Normas da serie ISO 27000.

Tema 63.-Seguranza Informática: autentificación, integridade, confidencialidade, dispoñibilidade, copias de seguridade.

Tema 64.-Seguridade en redes públicas de datos. Seguranza en contornos de rede privados. Mecanismos de protección da confidencialidade. Tipos de conectividade acceso remoto. VPN.

Tema 65.-Virus e outro software maligno. Tipos. Medios preventivos e reactivos. Sistemas antivirus e de protección.

Tema 66.-Xestión de riscos: metodoloxía Magerit.

Tema 67.-Infraestrutura de PKI. Sinatura dixital. Certificados dixitais. Tarxetas criptográficas. Técnicas de cifraxe.

Parte III. Telecomunicacións.

XIII. Conceptos de comunicacións e redes.

Tema 68.-Modelo OSI. Niveis. Redes LAN, MAN e WAN. Redes públicas de trasmisión de datos. Interrede. Protocolos de rede.

Tema 69.-Redes de banda larga. RDSI, ADSL, cable, satélite. Liñas punto a punto. Tecnoloxía MetroEthernet. Frame Relay. DWDM. Fibra escura. Redes de NGN de nova xeración.

Tema 70.-Rede troncal e nodos de distribución. Rede de acceso.

Tema 71.-Tecnoloxías sen fío: Bluetooth, WiBree, Wireless USB, Wi-Fi, Wimax, LMDS, satélite. Tecnoloxía RFID.

Tema 72.-Comunicacións mediante cable eléctrico: PLC.

Tema 73.-Intercambio electrónico de datos (EDI).

Tema 74.-Planificación, xestión e configuración de redes.

Tema 75.-Arquitectura de redes internet (I): direccionamento e sistemas de nomes de domino. Protocolos IP e ICMP. Gateways (routers) TCP/IP: básicos e avanzados.

Tema 76.-Arquitectura de redes internet (II): algoritmos de encaminamento. Protocolos TCP e UDP. Modelo cliente-servidor. Aplicacións básicas: Telnet, FTP (TFTP) e SMTP.

Tema 77.-Seguranza en redes Wan e Internet: criptografía e autentificación. Arquitectura de seguranza en redes. Sistemas de autentificación para seguranza en redes. Protocolo TCP/IP. Elementos de seguranza para internet.

Tema 78.-Arquitectura de rede de área local. Redes Ethernet. Sistemas de cableado. Redes de alta velocidade. Redes conmutadas e redes virtuais. Xestión de redes.

Tema 79.-Electrónica da rede: hubs, bridges, routers.

Tema 80.-Interrede de área local. Protocolo IP. Encaminamento en redes IP. Nivel de transporte. Aplicacións TCP/IP.

Tema 81.-Deseño de centro de procesos de catos. Instalacións (electricidade, control de acceso, control de presenza, sistema antincendios, climatización, sistemas de alimentación ininterrompida). Sistemas de cableado estruturado. Estándares ISO 11801, TIA568B, UNE50173.

Tema 82.-Tecnoloxías de voz sobre IP. Plans de numeración. Sinalización de VoIP. Control de chamadas.

Tema 83.-Calidade de servizo en VoIP. Protocolos SIP, H323 e QSIG.

Tema 84.-Converxencia TI/telecomunicacións. Sistemas de mensaxaría unificada. Comunicacións unificadas.

Tema 85.-Converxencia telefonía móbil/fixa/red de datos. Telefonía móbil dual GSM/Wi-fi. Correo móbil. Sistemas buscapersoas. Plataformas de envío masivo de SMS.

Tema 86.-Estándares móbiles: GSM, GPRS, UMTS, WAP, I-NODE, HSDPA, HSUPA, HSPA, LTE.

Parte IV. Infraestrutura de sistemas.

XIV. Sistemas.

Tema 87.-Conceptos xerais dos sistemas operativos. Sistema operativo UNIX. Sistema operativo Windows.

Tema 88.-Monitores transaccionais.

Tema 89.-Servidores de mensaxaría. Sistemas de correo. Exchange Server.

Tema 90.-Servidores de aplicacións e servidores web. WebSphere, Tomcat, IIS, Apache.

Tema 91.-Virtualización de servidores. Virtualización do almacenamento. Virtualización do posto cliente. Computación baseada en servidor (SBC). Grid Computing.

XV. Almacenamento e copias de protección.

Tema 92.-Redes SAN e elementos dun SAN. Redes de almacenamento: topoloxías, protocolos, elementos de conexión. Sistemas de almacenamento: Arquitecturas e compoñentes. Servidores: HBA e software MultiPath.

Tema 93.-Sistemas de backup: hardware e software de backup. Estratexias de backup a disco. Dispoñibilidade da información RPO, RTO. Replicación local e remota, estratexias de recuperación.

Tema 94.-Administración e xestión de redes e sistemas de almacenamento. Virtualización do almacenamento. Xestión do ciclo de vida da información (ILM).

Tema 95.-Redundancia hardware. Alta dispoñibilidade a nivel de sistema operativo. Sistemas de clúster e balanceo de carga. Alta dispoñibilidade en servidores de aplicacións e servidores de Bases de datos. Alta dispoñibilidade a nivel de aplicación. Dispoñibilidade en contornos virtualizados. Centros de protección xeográficos. Plans de continxencia.

Temario traballador social.

Tema 9.-A autonomía do paciente. Dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica. Normas reguladoras do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.

Tema 10.-A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal: disposicións xerais; protección de datos; dereitos da persoas; ficheiros de titularidade pública.

Tema 11.-A regulación da saúde mental en Galicia: obxecto e directrices xerais. Coordinación da saúde mental. Dispositivos básicos de saúde mental e funcións. Dispositivos complementarios de saúde mental e funcións. Educación, docencia, investigación e avaliación da saúde mental.

Tema 12.-Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia. Normativa nacional e autonómica de desenvolvemento.

Tema 13.-Lei 2/2007, do 28 de marzo de 2007, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. A violencia de xénero e a violencia doméstica. Definición e causas. Formas de prevención, detección e intervención dende a atención primaria e especializada de saúde. Programas de intervención con persoas maltratadas e con maltratadoras.

Tema 14.-O traballo social: natureza, obxecto, obxectivos e funcións. A ética profesional do traballo social. O Código de ética profesional. O segredo profesional. Conflitos éticos na práctica profesional.

Tema 15.-Principios básicos do traballo social: individuación. Expresión de sentimentos. Participación emocional. Aceptación. A “neutralidade” do/a traballador/a social. Autodeterminación. Participación do paciente no proceso de traballo social: integración do paciente durante todo o proceso de intervención a nivel individual, familiar e de grupo.

Tema 16.-O traballo social no sistema de saúde. Historia e evolución. Teorías contemporáneas do traballo social. Diferentes enfoques: o condutista, o psicodinámico, o cognitivo, o humanista e o sistémico. Modelos de práctica profesional.

Tema 17.-O proceso metodolóxico no traballo social: fases do proceso. Estudo e diagnóstico social. Elementos do diagnóstico. Obxectivos, técnicas e procedementos metodolóxicos utilizados. Tipos de diagnóstico no traballo social: diagnóstico dinámico, diagnóstico clínico, diagnóstico etiolóxico.

Tema 18.-O proceso de planificación no traballo social. Plans. Programas. Proxectos. A planificación como parte do proceso metodolóxico no traballo social: a planificación na atención individualizada e familiar e no traballo social con grupos.

Tema 19.-O proceso de intervención no traballo social. Deseño da intervención. Fases do deseño da intervención. Intervención directa e indirecta. Actitudes profesionais na intervención. Os recursos, definición e tipoloxía de recursos.

Tema 20.-A avaliación no traballo social. Avaliación do deseño, avaliación da implementación, avaliación de resultados. Tipos de avaliación: externa, interna e mixta. Técnicas de avaliación cuantitativa e cualitativa.

Tema 21.-O traballo social familiar. A familia como unidade de intervención no traballo social. A estrutura familiar. As relacións no sistema familiar, comunicación, roles e regras. O traballo social familiar e a terapia de familia. Obxectivos, métodos e técnicas de intervención do traballo social familiar. A visita domiciliaria como técnica no traballo social; obxectivos e forma de preparar a visita domiciliaria. Límites á visita domiciliaria.

Tema 22.-O traballo social con casos. Características da intervención. Técnicas e instrumentos documentais básicos utilizados no traballo social de casos. A historia social como instrumento de traballo do/a traballador/a social. Aspectos máis relevantes. Utilización no diagnóstico, tratamento e derivación de casos. Os documentos básicos do traballo social: o informe social, a ficha social, a historia social. O contrato: un instrumento para o cambio.

Tema 23.-A intervención profesional no traballo social con grupos, obxectivos. Técnicas de traballo social con grupos. Fases do proceso de formación dos grupos. A motivación na vida do grupo. Dinámica de grupos, principios xerais. A orientación do traballo social con grupos de persoas enfermas. Instrumentos documentais básicos utilizados no traballo social de grupos.

Tema 24.-A entrevista no traballo social: concepto, características, fases e tipos de entrevista. Estrutura e proceso da entrevista. A entrevista como medio de diagnóstico e de tratamento no traballo social. Habilidades e destrezas para a realización de entrevistas.

Tema 25.-A intervención social directa: concepto e obxectivos. A transferencia e contratransferencia na relación traballador/a social-usuario/a. O uso da relación profesional como relación de apoio e acompañamento.

Tema 26.-A intervención social indirecta: concepto, obxectivos, técnicas. O traballo en redes: concepto. Utilidades deste tipo de intervencións. Relación con outras formas de intervención do traballo social. Interdisciplinariedade no traballo en redes.

Tema 27.-O traballo social como proceso psicosocial. O/a paciente como realidade biopsicosocial. Aspectos internos e externos. Relacións. Comunicacións. Utilización dos servizos e recursos sociais polo/a traballador/a social: obxectivos. O/a traballador/a social no equipo multidisciplinar: achegas específicas do/a traballador/a social.

Tema 28.-A supervisión no traballo social: concepto. Supervisión clínica. Supervisión institucional. Importancia da supervisión na práctica clínica do traballo social.

Tema 29.-O método científico. Características e elementos básicos. A investigación social: características. O campo da investigación social. Relacións entre teoría e investigación. Investigación básica e investigación aplicada. O proceso de investigación. Obxectivo da investigación. Deseño. Selección de métodos e técnicas. Elección da mostra. Recompilación de datos. Elaboración, análise e interpretación.

Tema 30.-Procedementos para a recompilación de datos. A observación. A entrevista. O cuestionario. Escalas de actitudes e opinións. Test. A sociometría. Recompilación documental. A semántica diferencial. Análise de contido. Aspectos máis importantes de cada unha destas técnicas. Vantaxes e limitacións de cada unha delas.

Tema 31.-Elaboración, análise e interpretación de datos. Parámetros de posición. Parámetros de dispersión. Razóns, proporcións, porcentaxes e taxas. Correlación e regresión. Presentación de datos. A redacción do informe. Preparación e estrutura. Uso de referencias e estilo.

Tema 32.-Estatísticas de saúde pública aplicables ao traballo social.

Tema 33.-Epidemioloxía da saúde e da enfermidade. Causalidade múltiple dos fenómenos biolóxicos. Constitución, ambiente e saúde. Patoloxía social. Concepto da enfermidade social. Epidemioloxía: o método epidemioloxico. Relación entre o método clínico e o epidemiolóxico. Algúns principios fundamentais da epidemioloxía: multicausalidade, susceptibilidade e vulnerabilidade; variabilidade na resposta do hóspede. Usos da epidemioloxía. Expresións de uso frecuente en epidemioloxía. Determinación do nivel de saúde: índice para medir o nivel.

Tema 34.-Saúde e enfermidade como fenómenos ecolóxicos. O individuo e o seu ambiente interno. O individuo e o seu ambiente externo. O individuo e o seu ambiente social.

Tema 35.-Determinantes multidimensionais da saúde. Persoas, situacións e sistemas sociais. Cargas xenéticas, conduta persoal, contorno familiar e social. O estrés e o apoio social. Sistema económico. Sistema social e sistema de saúde.

Tema 36.-Atención primaria de saúde. Concepto e características xerais. Intervencións e funcións do/a traballador/a social como membro do equipo interdisciplinar no servizo de atención primaria.

Tema 37.-A saúde do neno dende o seu nacemento ata a idade escolar. Aspectos psicosociais. Prevención. Tratamento. Educación sanitaria.

Tema 38.-Prevención e educación sanitaria. A saúde no escolar. Aspectos psicosociais. Intervención do/a traballador/a social. Traballo en redes.

Tema 39.-O adolescente: etapa de problemas biolóxicos, psicolóxicos e sociais. Prevención. Intervención do/a traballador/a social.

Tema 40.-O sistema de saúde e a protección de menores. Maltratamento infantil, tipoloxías de maltratamento. Detección e comunicación de situacións de risco social e/o maltratamento, prevención e intervención desde o sistema de saúde. Conceptos xurídicos de risco, desamparo, medidas de protección, tutela, garda, acollemento e adopción.

Tema 41.-A saúde na idade adulta. Aspectos psicosociais na saúde da persoa adulta. Factores de risco, prevención. Importancia dos factores ambientais. Concepto de testamento vital. Papel do/a traballador/a social.

Tema 42.-Embarazo. Planificación familiar. Aborto. Enfermidades xinecolóxicas. Aspectos psicosociais. O papel do/a traballador/a social no equipo de saúde da muller.

Tema 43.-Cancro. Enfermidades cardiovasculares. Enfermidades infecto-contaxiosas. Aspectos psicosociais. Papel do/a traballador/a social na prevención, tratamento e rehabilitación.

Tema 44.-O proceso de envellecemento: xeriatría e xerontoloxía. Prevención. Tratamento e rehabilitación. A intervención do/a traballador/a social na atención xerontolóxica. Relación cos organismos de benestar social.

Tema 45.-Atención multidisciplinar das situacións de dependencia desde os equipos de saúde. A valoración funcional. Instrumentos de valoración da función social. O/a traballador/a social como profesional de enlace co sistema de atención á dependencia.

Tema 46.-O programa de atención domiciliara en atención primaria de saúde. A coordinación intrainstitucional: primaria-especializada. A coordinación interinstitucional con servizos sociais, outras institucións, organizacións non gobernamentais.

Tema 47.-O traballador social sanitario e a intervención comunitaria. Obxectivos. Diferentes formas de intervención. A participación da comunidade. O/a traballador/a social como nexo de unión entre o equipo e a comunidade.

Tema 48.-Traballo social hospitalario: concepto. Características e estrutura do servizo de traballo social hospitalario. Intervención e funcións do/a traballador/a social nos distintos servizos hospitalarios. A interdisciplinariedade no traballo social hospitalario.

Tema 49.-A planificación da alta hospitalaria: conceptos e aspectos fundamentais. Importancia do sistema de información e da investigación como base para a elaboración de novos programas.

Tema 50.-A atención sociosanitaria. Unidades de media e longa estancia: concepto, características e intervención multidisciplinar. O traballo social nos dispositivos intermedios.

Tema 51.-Coidados paliativos: a atención integral en coidados paliativos. O apoio na toma de decisións. A participación do paciente, da familia e da comunidade. Integración do traballo social nos diferentes dispositivos asistenciais.

Tema 52.-Saúde mental. Principais categorías diagnósticas. Características e especificidades de cada unha delas. Influencia dos factores psicosociais na saúde mental. Intervención do traballo social. Concepto de incapacitación legal, tutela e curatela.

Tema 53.-Drogodependencia non alcohólica. Características xerais dos drogodependentes. Factores psicosociais. Tratamento, rehabilitación e reinserción psicosocial. Intervención do/a traballador/a social nos programas de prevención.

Tema 54.-Alcoholismo. Factores psicosociais do alcoholismo. Problemática sociolaboral e familiar do paciente alcohólico. Intervención do/a traballador/a social nos programas de prevención, asistencia e rehabilitación psicosociais. Programas de integración comunitaria.

Tema 55.-Tabaquismo. Características socioculturais do hábito de fumar. Efectos do tabaco sobre a saúde. Intervención do/a traballador/a social en programas de prevención, tratamento e rehabilitación do fumador crónico.

Tema 56.-Grupos marxinais. O fenómeno do «senfogarismo». A atención sanitaria a persoas sen fogar. Problemática sociosanitaria da poboación en situación e/ou risco de exclusión social. A intervención do/a traballador/a social.

Tema 57.-Inmigración e saúde. Aspectos sociais na atención ao inmigrante. Muller e inmigración. O dereito á asistencia sanitaria das persoas estranxeiras. Intervención do/a traballador/a social nas prestacións sociosanitarias desta poboación.