DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.083

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2009, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se procede a dar publicidade ás listaxes definitivas de persoas aspirantes a vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos, correspondentes ao proceso de incorporación de novos méritos e selección de novas persoas aspirantes, formalizado pola Resolución do 28 de xuño de 2007 do citado centro directivo.

O proceso de incorporación de novos méritos polas persoas aspirantes xa inscritas e a selección de novas persoas aspirantes para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde foi formalizado pola resolución deste centro directivo do 28 de xuño de 2007 (DOG nº 140, do 19 de xullo).

De conformidade coas atribucións conferidas polo Decreto 46/2006, do 23 de febreiro (DOG nº 56, do 21 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 8 de maio de 2006 (DOG nº 99, do 25 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta división

RESOLVE:

Primeiro.-Darlles publicidade ás listaxes definitivas, de acordo co establecido na norma xeral 6.1.3 do pacto sobre selección temporal (DOG nº 104, do 1 de xuño de 2004), e coa base oitava da resolución da convocatoria, unha vez resoltas as reclamacións interpostas contra as listas provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas, correspondentes ás categorías sanitarias e de xestión e servizos que se relacionan a seguir, todas elas de ámbito de comunidade autónoma:

-Grupo técnico da función administrativa.

-Técnico/a superior.

-Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información.

-Enxeñeiro/a superior.

-Psicólogo/ clínico/a.

-Técnico/a superior en seguridade no traballo.

-Técnico/a superior en hixiene industrial.

-Técnico/a superior en ergonomía e psicosocioloxía aplicada.

-Logopeda.

-Grupo de xestión da función administrativa.

-Enxeñeiro/a técnico/a.

-Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información.

-Traballador/a social.

-Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo.

-Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información.

Segundo.-As listaxes definitivas serán publicadas o mesmo día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Sanidade, das direccións provinciais e das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, así como na páxina web do organismo (www.sergas.es).

Terceiro.-Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición perante a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego da Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2009.

Antonio José Fernández Paniagua

Director xeral da División de Recursos Humanos

e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego

de Saúde