DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 26 de febreiro de 2009 Páx. 4.079

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 20 de febreiro de 2009 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualificar os procesos ordinario e extraordinario de consolidación de emprego para o ingreso na agrupación profesional de persoal subalterno.

Unha vez convocados os procesos ordinario e o extraordinario de consolidación de emprego para o ingreso na agrupación profesional de persoal subalterno pola orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 4 de xullo de 2008, publicada no Diario Oficial de Galicia número 130, do 7 de xullo, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar os procesos ordinario e o extraordinario de consolidación de emprego para o ingreso na agrupación profesional de persoal subalterno coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2009.

José Luís Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Agrupación profesional de persoal subalterno

Tribunal titular:

Presidencia:

-Pablo Nimo Ríos.

Secretaría:

-Mª Consuelo Quintás Tirado.

Vogais:

-Mª Camino Triguero Salas.

-Sandra López Blanco.

-Julio Formigo Rodríguez.

Tribunal suplente:

Presidencia:

-Luz Marina Álvarez Moreira.

Secretaría:

-Sonia Gil Alonso.

Vogais:

-Cristina Inés Framil Pérez.

-Rosa Mariño Betanzos.

-Pablo Cutrin Garabal.